Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 46 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 17 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a utilidade e limitacións da Anatomía Patolóxica nas súas vertentes clínicas diagnóstica e prognóstica.
2. Ser capaces de establecer correlacións clinicopatolóxicas nunha historia clínica típica.
3. Coñecer as formulacións teóricas da clasificación anatomopatolóxicadas enfermidades nas que o diagnóstico anatomopatolóxico é esencial, como tumores de diferentes órganos, linfomas, glomerulonefrite, etc.
4. Coñecer as alteracións anatomopatolóxicas que definen as enfermidades máis importantes pola súa frecuencia e/ou prognóstico.
5. Coñecer a metodoloxía da descrición macro e microscópica,inmunohistoquímica e ultraestrutural das lesións máis importantes ou representativas.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
Unidad tematica 1.- Vasos sanguíneos
Unidad tematica 2.- Corazón
Unidad tematica 3.- Sistema linfoide e hematopoiético
Unidad tematica 4. - Aparato respiratorio
Unidad tematica 5.- Cavidade oral e tracto gastrointestinal
Unidad tematica 6.- Fígado, vias biliares e páncreas
Unidad tematica 7.- Sistema endócrino
Unidad tematica 8.- Aparato urinario
Unidad tematica 9.- Aparato xenital masculino
Unidad tematica 10.- Aparato xenital feminino
Unidad tematica 11.- Mama
Unidad tematica 12.- Óso e tecidos brandos
Unidad temática 13.- Nervio periférico e músculo
Unidad tematica 14.- Pel
Unidad tematica 15.- Sistema nervioso central
DOCENCIA PRÁCTICA
Prácticas clínicas no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Clínico Universitario de Santiago
Textos: Kumar V, Abbas AK, Aster JC, Deyrup. Robbins. Patología Esencial. 2021.
Robbins y Cotran. Patología estructural y funcional. 10ª Ed. 2021.
Kumar V, Abbas AK, Aster JC. Robbins. Patología Humana. 10ª Ed. 2018.
Atlas:
O'Dowd, Bell, Wright. Wheater. Anatomía patológica: Texto, atlas y revisión de histopatología, 6ª ed. 2020.
Klatt. Robbins y Cotran. Atlas de anatomía patológica, 4ª ed. 2022
1. Formular hipóteses diagnósticas e establecer correlacións clinicopatolóxicas nunha historia clínica típica.
2. Describir as alteracións anatomopatolóxicas que definen as enfermidades máis importantes pola súa frecuencia e/ou prognóstico.
Docencia expositiva:
Tipo lección maxistral, de 50 minutos de duración, con explicación do tema por parte do profesor con apoio iconográfico (imaxes e esquemas en diapositivas ou presentacións dixitais). Facilítase un esquema da presentación para facilitar a toma de notas por parte dos alumnos e para usar como guía á hora do estudo nos textos correspondentes. A distribución deste e outros materiais docentes farase a través do campus virtual.
Docencia práctica:
Observación, con apoio e explicación por parte do profesorado, de toda a sistemática de traballo no Servizo de Anatomía Patolóxica, dende estación de tallado ata valoración diagnóstica, con asistencia a sesións internas, demostracións de autopsias e sesións clinicopatolóxicas conxuntas con outros servizos hospitalarios.
Titorías:colaboran na solución individualizada de problemas que xurdan durante o proceso de aprendizaxe. Poden empregarse para a resolución de dúbidas ou para a presentación de traballos.
Método de avaliación:
- 90% da nota: Proba final obxectiva tipo test con penalización dos erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
- 10% restante: Avaliación continua ao longo do curso, para o que se require a asistencia regular ás horas de docencia expositiva, aos seminarios e ás prácticas. Incluirá a realización de diferentes actividades ou probas presenciais ou virtuais.
Estímanse 4 horas semanais para estudo e realización de actividades ou traballos individuais propostos polo profesorado.
Débese asistir regularmente ás clases teóricas e prácticas, de por si obrigatorio, independentemente de que se realice control de asistencia. As clases maxistrais serven de guion á hora de estudar a materia e facilitan a aproximación a unha materia ata ese momento descoñecida. As clases prácticas familiarizan o estudante coa morfoloxía dos procesos que se describiron previamente nas clase maxistrais e é moito máis doado facelo a través do microscopio e coa axuda do profesor que coa simple axuda dos atlas. Estes resultan, sen embargo, útiles para o repaso dos coñecementos adquiridos previamente.
No que se refire ao material para o estudo, ademais da bibliografía recomendada e o material dispoñible no campus virtual (esquemas das clases, preguntas de autoavaliación, etc.) existen recursos de libre acceso en internet con abundante material iconográfico, tan importante para a comprensión desta materia. Por exemplo:
• https://webpath.med.utah.edu/
• https://www.webpathology.com/
• https://www.virtualpathology.leeds.ac.uk/public/example/common.php
• https://www.pathpedia.com/Education/eAtlas/Histopathology.aspx
• http://www.pathologyatlas.ro/
• https://atlases.muni.cz/atlases/stud/atl_en/sect_main.html
Por outra banda, lembrar que o estudo debe facerse con regularidade dende o inicio do curso, en lugar de concentralo nas últimas semanas.
Tamén queremos recordar a posibilidade de asistir a titorías individuais. Igualmente pódense facer consultas puntuais personalizadas ou públicas a través do campus virtual da USC, sistema moi recomendable para solucionar dúbidas que xorden no momento do estudo.
o caso de suspender a materia na primeira convocatoria é necesario examinarse de todo o seu contido novamente. Non é necesaria a repetición das prácticas na convocatoria da segunda oportunidade, aínda que é aconsellable a das titorías, que deberán axustarse ás posibilidades do profesor. Para formular o estudo de novo é importante coñecer en que aspectos se fracasou co fin de realizar un esforzo especial neles. Con respecto á avaliación continua, manterase a valoración obtida na primeira convocatoria cando fose positiva; en caso contrario, daráselle ao alumno a oportunidade de facer unha ou varias actividades/probas similares ás da primeira oportunidade. O exame teórico terá as mesmas características que o realizado na convocatoria anterior.
Maximo Francisco Fraga Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Teléfono
- 881812364
- Correo electrónico
- maximo.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Suarez Peñaranda
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- jm.suarez.penaranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Cameselle Teijeiro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- josemanuel.cameselle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ihab Abdulkader Nallib
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- ihab.abdulkader [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
Martes | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 8 |
Xoves | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
Venres | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 7 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Medicina-Aula 8 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
23.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
25.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |