Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o estado actual da Organización dos centros escolares e a súa incidencia nas Ciencias da Educación.
- Coñecer a estrutura organizativa e administrativa de primaria tendo en conta o marco normativo estatal e autonómico.
- Entender que unha organización escolar está configurada non so polos elementos estruturais, senón tamén polas relación interpersoais e de grupo.
- Analizar a realidade contextual dos centros educativos e identificar problemas educativos susceptibles de cambio e mellora.
- Coñecer as vías de participación e colaboración da comunidade educativa e a contorna social.
- Ter capacidade de analizar criticamente o papel dos distintos factores materiais, funcionais e persoais que interveñen cara a conquerir unha escola democrática e, polo tanto, unha escolarización mais efectiva.
- Analizar as técnicas de dirección, planificación, organización, xestión e control dos centros educativos para facilitar o traballo dos futuros mestres como profesionais da ensinanza.
- Motivar ao alumnado cara a profesión docente na Educación Primaria, con actitudes de apoio nos procesos de cambio e reforma.
- Coñecer e saber empregar adecuadamente conceptos e terminoloxía propia da organización e xestión escolar.
- A escola como organización: Características e dimensións.
- Marco normativo, estruturas e mecanismos do funcionamento dos centros escolares.
- Características específicas dos centros de Educación Primaria.
- Proxectos de centro: estrutura e procesos.
- Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
- Xestión e calidade nos centros de Educación Primaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Bernal, J. L. (2006). Comprender nuestros centros educativos. Perspectiva micropolítica. Zaragoza: Mira Editores.
- Cantón, I. e Pino, M. (Coords.). (2014) Organización de Centros educativos en la sociedad del conocimiento. Madrid: Alianza.
- González, M. T. (coord., 2003): Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid: Pearson.
- Martín-Moreno C, (2007). Organización y dirección de centros educativos innovadores. El Centro Educativo Versátil. Madrid: McGraw-Hill.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Ball, S. (1989). La micropolítica de la escuela. Paidós. Madrid.
- Carda, R. M. y Larrosa, F. (2004). La organización del centro educativo. Manual para maestros. Alicante: Club Universitario.
- Chomsky, N. y Dieterich, H. (1995). La sociedad global. Educación, mercado y democracia. Mortiz. México.
- Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. Barcelona: Graó
- Gento, S. (2002). Participación en la gestión educativa. Madrid: Santillana.
- Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Madrid: Sanz y Torres.
- Moreno, J. (coord., 2004). Organización y gestión de centros educativos. Madrid: UNED.
- Vera, J.; Mora, V.; Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes. Guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Barcelona: Graó.
- Perrenoud, PH. (2012). Cuando la escuela pretende preparar para la vida. Barcelona: Graó.
- Rosales, C. (2017). Alumnos, maestros, colegios e incidentes. Santiago: Andavira.
- Tchorne, Villalta y Torrell (1992). Padres y madres en la escuela: una guía para la participación. Paidós. Barcelona.
- Tyler, W. (1991). Organización escolar. Morata. Madrid.
REVISTAS:
- Cuadernos de Pedagogía. CISSPRAXIS. http://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Organización y Gestión Educativa. Feae. http://www.oge.net/
- Revista Galega de Educación. Nova Escola Galega
- Revista Innovación Educativa. USC. http://www.usc.es/revistas/index.php/ie
COMPETENCIAS BÁSICAS E XENERAIS
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao
longo da vida.
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E9 - Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
E18 - Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
A metodoloxía do proceso ensino-aprendizaxe empregará unha combinación de clases expositivas e interactivas cunha metodoloxía activa e participativa, xunto co traballo autónomo e o autoaprendizaxe. As distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio, que corresponde ás clases expositivas e interactivas, e un horario non presencial que implica o traballo autónomo por parte do alumnado. Proponse a posibilidade de realizar unha saída didáctica como experiencia educativa, que conecta a aula co medio e expande o contexto de aprendizaxe. As sesións expositivas en gran grupo inclúen clases de natureza explicativa, dirixidas a introducir e explicar os aspectos xerais dos temas, clarificar os conceptos máis significativos e achegar unha visión global dos contidos dos distintos bloques, todo iso coa finalidade de achegar as bases teóricas necesarias para outro tipo de traballos posteriores da materia, tanto teóricos como prácticos. Empregaranse materiais de apoio didáctico para facilitar o seguimento e comprensión do contido por parte do alumnado (presentacións multimedia, material audiovisual, recursos en rede, etc.).As sesións en grupo mediano (grupo interactivo) inclúen sesións nas que se trata de profundar nos aspectos concretos das sesións expositivas, mediante a lectura e comentario de documentos, o establecemento de relacións conceptuais, o propiciar a transferencia da teoría á práctica, a elaboración e presentación de informes, a elaboración de mapas conceptuais, a formulación de dúbidas, o estudo de casos, os vídeos, a planificación de traballos e actividades prácticas, os debates e a exposición de traballos individuais ou de grupo. Todas estas actividades estarán encamiñadas a desenvolver o traballo independente e de carácter crítico, as actividades de carácter grupal e a toma de decisións, a procura e o manexo da información. Nas sesións de grupo pequeno (grupo de titorías) trátase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir en relación coa elaboración dos distintos traballos e prácticas que se propoñan. Xa que logo, estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinarias dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada alumno/a.- Na materia prevese o desenvolvemento de algunha práctica de campo, xa ben sexa co alumnado da materia, ou compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
*CONSIDERACIÓNS XERAIS:
A avaliación será continua e formativa tratando de valorar o traballo cotiá do alumno, tanto o realizado de forma individual como en grupo, na que prime a valoración da capacidade para relacionar contidos, analizalos criticamente, buscar información e xerar novo coñecemento, por enriba de capacidades memorísticas. Terase en conta, por conseguinte, o esforzo pola adquisición e dominio de certas competencias básicas para o desenvolvemento persoal e profesional do mestre/a: análise e síntese, expresión escrita, comunicación oral e traballo colaborativo.
Todos estes aspectos, a pesar da dificultade para telos en conta en grupos tan numerosos, serán considerados na avaliación.
*AVALIACIÓN para o ALUMNADO ASISTENTE:
a) PROBA FINAL (60 %): esta proba poderá consistir en cuestións curtas e/ou tipo test e/ou en comentarios críticos sobre os contidos da materia. NON se poderá utilizar na proba ferramentas tecnolóxicas (ordenadores, tablets, smartphones, etc.). Non se poderá empregar ningún material impreso e/ou dixital para a súa realización.
b) PRESENTACIÓN ORAIS de traballos de diversa índole (20 %): de carácter colectivo e/ou individual, desenvolveranse empregando algunha dinámica de grupo. A temática seleccionada estará vinculada cos contidos asociados á materia é a propia etapa educativa. As pautas para a súa elaboración serán indicadas convenientemente ao inicio da materia e caberá a posibilidade de exposición oral ao grupo clase.
c) ASISTENCIA e PARTICIPACIÓN NA AULA (20%): valoración da asistencia asidua a clase e a participación activa a través do control de asistencia, diario da/o docente, realización de comentarios escritos recollidos na aula, etc.
*AVALIACIÓN para o ALUMNADO NON ASISTENTE/EXENTO: estarán nesta situación, tanto o alumnado con faltas de asistencia non xustificadas superior ao 20% do total de horas da materia, como aquel alumnado que por algún motivo considerado non poida asistir a clase de forma continuada. Neste último caso, estes alumnos/as deberán contar cunha “Dispensa de asistencia” (véxase o apartado de “Observacións”).
O alumnado con exención oficial de asistencia a clase deberá solicitar unha SESIÓN DE TITORÍA antes do 13 de outubro de 2023, na que se fixarán individualmente os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
a) PROBA FINAL (60 %): realización exame final completo (na data estipulada oficialmente) con elevada carga teórica sobre os contidos da materia. Esta proba poderá consistir en cuestións curtas, tipo test e un comentario crítico sobre os contidos da materia. Para a súa elaboración contará coas indicacións docentes acerca da documentación teórica máis importante que cubra os contidos da materia. NON se poderá utilizar na proba ferramentas tecnolóxicas (ordenadores, tablets, smartphones, etc.). Non se poderá empregar ningún material impreso e/ou dixital para a súa realización.
b) TRABALLO XERAL (40 %): de carácter individual, desenvolverase atendendo á temática e planificación individualizada que considere o/a docente para o alumnado non asistente en relación coa materia. As pautas para a súa elaboración serán indicadas convenientemente ao inicio da materia.
**NOTAS ACLARATORIAS:
1) RECUPERACIÓN DA MATERIA: para aprobar esta materia será necesaria a superación da proba final e acadar globalmente unha puntuación de 5.
2) PASO do GRUPO de ASISTENTES ao de NON ASISTENTES: para que o alumnado poida acollerse ao sistema de avaliación indicado para o alumnado asistente, deberá acudir ao 80% das clases (véxase o apartado de “Observacións”). Se algún alumno incumpre este criterio, automaticamente será incluído no grupo de “alumnado non asistente/exento”, debendo realizar a proba escrita baixo as condicións establecidas para o citado grupo.
3) COPIA/PLAXIO: a detección por parte do docente de producións e traballos copiados/plaxiados ou sen a debida citación de fontes (Normativa APA), incorrerá na SUSPENSIÓN AUTOMÁTICA DA MATERIA e a concorrencia á convocatoria extraordinaria de xuño, nas condicións indicadas no apartado “Recuperación da Materia” (nota aclaratoria núm. 1).
4) ASPECTOS IMPORTANTES A VALORAR NO ALUMNADO: terase especialmente en conta na cualificación a entrega das tarefas e traballos en tempo e forma, xunto coa participación activa, dispoñibilidade, boa actitude, interese e cumprimento das obrigas propias do alumnado.
5) CASOS PARTICULARES DO ALUMNADO: aqueles/as alumnos/as que teñan determinadas circunstancias particulares (diversidade funcional, necesidades educativas, situacións persoais excepcionais, etc.) deberán realizar unha TITORÍA o antes posible para expoñer o seu caso ao profesorado (véxase o apartado “Observacións”). Estas circunstancias particulares serán valoradas en profundidade polo/a docente e negociará co/a alumno/a o desenvolvemento da materia de xeito máis individualizado.
6) CONVOCATORIAS SEGUINTES (cursos académicos posteriores ao actual): aquel alumnado que teña que acudir a segunda e sucesivas convocatorias para a superación desta materia deberán facer un exame completo dos contidos da materia. Por tanto, NON se lles gardarán as cualificacións dos apartados de avaliación e traballos realizados en convocatorias e/ou anos anteriores.
7) O alumnado coa materia pendente do curso pasado pode optar por un dos seguintes sistemas de avaliación:
1º O xeral establecido para todo o alumnado.
2º Realizar o Exame Final. Non sendo necesario acudir as sesións de seminario.
O exame final é o mesmo para todo o alumnado e as súas características constan na Nota aclaratoria sobre o exame.
O alumnado pode optar por un dos dous sistemas de avaliación ata o día 13 de outubro. Despois desta data non se admiten cambios. O xeito de comunicar por que sistema de avaliación se opta, será enviando un correo electrónico ao profesor da materia expoñendo claramente por cal sistema de avaliación se opta.
No caso de non comunicar o sistema de avaliación polo que se opta, ou si se comunica despois do día 13 de outubro, o sistema de avaliación que se empregará será o xeral establecido para todo o alumnado.
8º As persoas que teñan que realizar o Traballo Xeral tamén deberán acadar unha puntuación mínima do 50% nesta tarefa.
Horas de actividade presencial: 51h
- Actividades expositivas en gran grupo: 24 h
- Actividades interactivas: 24 h
- Actividades de titoría e supervisións programadas: 3 horas de traballo autónomo do alumnado fora da aula: 99 horas
Total: 150 horas
- A asistencia continuada ás sesións presenciais e a entrega en tempo e formados traballos e actividades que se propoñan.
- É recomendable posuír ordenador e conexión a internet, así como coñecementos de informática a nivel básico de usuario.
- Amosar, tanto nas intervencións en clase coma nos escritos, unha actitude ética e de compromiso coa Infancia.
- Traballar e participar activamente nas diversas actividades propostas, tanto dentro coma fóra da aula. A aula enténdese como un espazo para a construción de coñecementos, mediante a interacción entre os participantes.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida e reflexiva do programa da materia nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesor, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
Este programa contará, sempre que sexa factible, co apoio de materiais colgados na USC Virtual que no seu momento se poñerán a disposición do alumnado.
A USC é unha Universidade presencial; por conseguinte é obrigatorio axustarse á normativa específica da mesma na que se esixe a asistencia a un mínimo do 80% das sesión de aula (de xeito equilibrado entre as sesión interactivas e expositivas).
Naqueles casos nos que o alumnado non poida asistir asiduamente ás sesións poderá solicitar unha “Dispensa Oficial de Asistencia”, que será outorgada por Xunta de Facultade. Neste caso, deberán contactar co/a docente da materia no momento no que realicen a solicitude (mesmo sen resolución/resposta oficial) para concretar un plan de traballo individual para o/a alumno/a e o sistema de avaliación pensado para estes casos.
Igualmente, pode darse a posibilidade de alumnado con casuísticas persoais particulares (p. e. alumnado con Diversidade Funcional, necesidades educativas concretas, situacións persoais moi concretas, etc.). Nestas situacións, recoméndase acudir a unha titoría co profesor/a da materia para tomar determinados acordos e decisións sobre o desenvolvemento individual da mesma.
Máis concretamente, infórmase a aquel alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultades para o seguimento ordinario das sesións que a USC conta co Servizo de Promoción e Integración Universitaria que, despois dunha valoración previa do alumno/a, encargase de expedir o documento acreditativo e proporcionar as nocións didácticas ao profesorado axustadas ás necesidades do alumno/a.
Os horarios de titorías estarán a disposición do alumnado na Web da USC e no taboleiro do despacho do/a docente correspondente.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
Pódese obter información ao respecto en:
https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Maria Eugenia Gomez Andre
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- meugenia.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula de Música |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula de Música |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Música |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
20.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |