Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o estado actual da Educación. Aproximarse ao ensino como vehículo de transmisión cultural a través do que ensinan as escolas.
- Coñecer os distintos tipos de “currícula” dende a formulación do modelo utilitarista clásico, até os novos modelos teóricos que teñen unha especial incidencia na Educación e mesmo capacidade para guiar a práctica do ensino.
- Motivarse cara á profesión docente na especialidade de Primaria, conquistando actitudes de apoio nos procesos didácticos de cambio.
- Conseguir o coñecemento do que é a acción de ensinar e aprender (docente e discente) e facer especial fincapé na práctica pedagóxica a través dos proxectos docentes
1º/ Teoría do currículo:
Aproximación ao concepto de currículo
Ámbitos de deseño: do currículo ás programacións de aula
O currículo da Educación Primaria e o papel dos Mestres e mestras
2º/ A programación na Educación Primaria:
A Programación de aula e as Unidades Didácticas
Elementos dunha Unidade Didáctica
3º/ Avaliación do proceso:
O proceso educativo versus control formativo
Concepto e diversas formas de avaliación
Técnicas e instrumentos de avaliación
4º/ A innovación curricular
Os Mestres e as mestras como elemento clave para a innovación curricular
Fases, estratexias e experiencias de innovación curricular
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades do grupo.
Básica
- Llorent, V.J. (Coord.) (2019). "Planificación e innovación en Educación Primaria: Fundamentos para la elaboración de programaciones y unidades didácticas". Madrid: Ediciones Pirámide. [Dispoñible en versión dixital]
Complementaria
- Cantón e Pino-Juste (Coords.) (2016). "Diseño y desarrollo del currículum". Madrid: Alianza Editorial. [Dispoñible en versión dixital]
- Sarceda, M.C. (2011). "Os contidos pedagóxicos na elaboración de unidades didácticas". Santiago de Compostela: Unidixital. Recuperado de https://cutt.ly/Kau36Lu
- Llorent, V.J. e Torres-Porras, J. (Eds) (2018). "Innovación docente en el Grado de Educación Primaria. Acercando la realidad escolar a las aulas universitarias". Barcelona: Octaedro. Recuperado de https://cutt.ly/Gau72lg
No desenvolvemento da materia achegarase bibliografía específica de cada un dos bloques nos que se estruturan os contidos.
BÁSICAS E XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
G2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E6 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe
E16 - Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula
E17 - Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria
E19 - Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación educativa e ser capaz de deseñar proxectos de innovación identificando indicadores de avaliación
A metodoloxía será activa e participativa, na que o alumnado é o protagonista da súa aprendizaxe e potenciarase a súa implicación, autonomía e responsabilidade. O alumnado asumirá un rol activo e la profesora da materia actuará de guía que acompañará ao alumnado, descubríndolles posibilidades de aprendizaxe e ofrecéndolles retroalimentación continua.
Utilizaranse diferentes métodos u estratexias didácticas (aula invertida, ludificación, aprendizaxe cooperativa, etc.), en función das necesidades que poidan xurdir durante o desenvolvemento da materia, da diversidade do alumnado, dos diferentes agrupamentos, etc.
A distribución do horario semanal constará dunha sesión de 1´5 horas en grupo expositivo e 1´5 horas en grupo interactivo. Cada alumno/a terá 3 horas de titoría programada o longo do semestre en sesións de 1´5 horas.
Farase uso do Campus Virtual da USC, para comunicarse co alumnado, subir documentación, solicitar tarefas e entregalas, facilitar a colaboración, realizar seguimento das aprendizaxes, etc.
Desenvolveranse tanto traballos individuais como grupais, así como probas de autoavaliación ao rematar cada bloque temático. A profesora da materia irá guiando o proceso a seguir en todo momento.
O alumnado con exención de docencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, deberá informar da súa situación á docente ao inicio da materia, a fin de concretar o plan de traballo, o cal estará formado por traballos individuais e probas de autoavaliación. En caso de non facelo antes das dúas primeiras semanas, seguirá o sistema de avaliación do alumnado asistente.
Habilitarase un lugar específico no Campus Virtual no que poder acceder á documentación relativa a cada bloque da materia e onde tamén se incluirán as informacións correspondentes a cada entrega.
En canto ao alumnado repetidor, deberá poñerse en contacto coa profesora da materia ao inicio do curso escolar para acordar o plan de traballo. En caso de non facelo antes das dúas primeiras semanas, seguirá o sistema de avaliación do alumnado de primeira matrícula. Ao igual que co alumnado con exención de docencia, habilitaráselle un lugar específico no Campus Virtual, mais recoméndaselle seguir as sesión de aula e participar na materia como o fará o alumnado de primeira matrícula.
Todo o alumnado empregará o correo oficial da USC (@rai.usc.es) na súas comunicacións por correo electrónico coa profesora así como para empregar as plataformas e medios da USC.
A avaliación terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos.
AVALIACIÓN CONTINUA. Para acollerse a ela será requisito imprescindible contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas, dada a súa estreita vinculación coa actividade de aula, e que se controlará nas sesións presenciais.
a) Participación activa nas sesións, tanto expositivas como interactivas, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 10% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: control de asistencia, observación do profesor e actividades de clase.
Indicadores/orientacións para a avaliación: valoraranse aspectos actitudinais como atención, actitude colaboradora, participación, etc., así como o contido das actividades realizadas.
b) Informes escritos e outras producións. Isto suporá un 40% da cualificación final.
Instrumentos de avaliación: Traballo en grupo e/ou individual.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Con carácter xeral, valorarase a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información, calidade estética da presentación e corrección lingüística. Estes indicadores concretaranse de xeito máis específico nas orientacións do traballo que se facilitará ao alumnado ao comezo de curso. En informes escritos e outras producción, o alumnado debe acadar 5 sobre 10 que se corresponde con 2 sobre 4 puntos.
c) Presentacións orais. Suporá un 10% da cualificación final. Instrumentos de avaliación: tomarase en consideración neste apartado a presentación oral dos traballos. Indicadores/orientacións para a avaliación: calidade e coherencia da presentación e capacidades comunicativas.
PROBA ESPECÍFICA FINAL. Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas e interactivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia. Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento. Representa o 40% da cualificación final. Instrumento de avaliación: exame escrito. Indicadores/orientacións para a avaliación: é necesario, para superar a materia, alcanzar no exame final unha cualificación mínima de 5 sobre 10 (que se corresponden con 2 puntos sobre 4).
**NOTA ACLARATORIA: A detección por parte do docente de producións e traballos copiados / plaxiados ou sen a debida citación de fontes, incorrerá na suspensión automática do apartado b) e a concorrencia á convocatoria extraordinaria de xullo. Por outra parte, o intento de copia na proba específica final implicará o suspenso automático, debendo o alumno concurrir á seguinte convocatoria.
Para superar a materia será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos, debendo obter a cualificación mínima esixida no exame final (5 sobre 10) e en informes escritos e outras producións (5 sobre 10).
OBSERVACIÓNS con respecto á avaliación.
- O alumnado con faltas de asistencia non xustificadas superior ao 20% do total de horas da materia, non será cualificado nos apartados de avaliación continua (60% da cualificación), podendo presentarse ao exame final (40% da cualificación).
- O alumnado que, por determinadas causas consideradas na normativa, non poida asistir a un mínimo dun 80% das sesións da materia, poderá solicitar unha dispensa de asistencia, que deberá ser aprobada pola Facultade. Este alumnado deberá asistir á clase ata o momento de solicitar a dispensa, debendo comunicarlle tanto a solicitude como a resolución da mesma ao profesorado responsable da materia nun prazo máximo de cinco días hábiles dende a solicitude e a resolución. Neste caso, as condicións de avaliación serán:
a) Proba específica: exame final (peso na cualificación: 50%). Será necesario acadar nesta proba unha cualificación mínima de 2,5 puntos sobre 5. Esta proba incluirá preguntas tipo test e/ou preguntas curtas.
b) Informes escritos e outras producións (avaliación continua): traballo individual (peso na cualificación: 40%). Valoraranse, a nivel global, a estrutura do informe, organización da información, calidade lingüística, rigor científico dos contidos, manexo de fontes de información e calidade estética da presentación, entre outros. Deberá acadar unha cualificación mínima de 2 puntos sobre 4.
c) Presentacións orais (avaliación continua): 10% da cualificación
RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
1. Se no período ordinario asistiu como mínimo ao 80% das sesións presenciais, participando da avaliación continua, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade, debendo só presentarse ás partes non superadas que esixen unha cualificación mínima
2. Se no período ordinario, non asistiu como mínimo ao 80% das sesións presenciais, non poderá participar da avaliación continua e só poderá participar do exame final.
3. O alumnado con dispensa deberá presentarse só á parte non superada.
ACTIVIDADES E HORAS PRESENCIAIS: 51 horas.
- Actividades en gran grupo (expositivas 24 horas):
o Actividade expositiva
o Discusión
o Presentación de plans de traballo
o Realización de probas e actividades específicas.
- Actividades en grupo mediano (interactivas 24 horas):
o Proxecto de traballo
o Estudio de casos
o Análise de documentos
o Debate
- Actividades en pequeno grupo (individuais, titoría 3 horas):
o Comentario de documentos
o Auto-avaliación
o Reflexións
ACTIVIDADES E HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 HORAS.
- Actividades de grupo expositivo (35 horas)
o Lectura e análise de documentos
o Estudo e preparación de probas específicas
o Prácticas independentes
- Actividades en grupo interactivo (45 horas)
o Lectura e análise de documentos
o Preparación das presentación
o Búsqueda de información complementaria
o Elaboración de materiais, traballo en subgrupo (proxecto)
o Estudo
- Actividades en grupo pequeno e individual (19 horas)
o Lectura de documentos
o Resolución de dúbidas
o Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150 Horas.
- É recomendable posuír coñecementos no manexo do computador a nivel básico de usuario: sistema operativo, procesador de textos, navegación pola rede e uso do correo electrónico.
- A asistencia continuada ás sesións de clase, tanto teóricas como prácticas, así como a entrega en tempo e forma dos traballos propostos, é imprescindible para un adecuado seguimento da materia e para poder superala na convocatoria ordinaria.
- O alumnado repetidor e con exención de clases respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto co profesorado.
- Considérase moi recomendable que os alumnos e alumnas posúan computador con conexión a internet no seu domicilio, xa que isto facilitará o acceso aos materiais en liña que se presentan, o uso do Campus Virtual, a realización de diversas actividades, etc.
- Aconséllase un estudo comprensivo e non memorístico da materia. Mostrar, tanto nas intervencións na clase como nos escritos, unha actitude ética e de compromiso co maxisterio
Este programa segue as normas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.A materia baséase, entre outros, nun principio de responsabilidade ambiental que fundamenta a seguinte recomendación en relación á entrega dos traballos individuais ou de grupo: empregarase o soporte dixital, - Campus Virtual ou o que se indique, segundo o caso-, para a devandita entrega.
Ademais, en atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase, -e fomentarase-, o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
Alicia Diaz Balado
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Carmen Sarceda Gorgoso
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821034
- Correo electrónico
- carmen.sarceda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 23 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
22.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |