Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Bloque I. Lingua e literatura galega:
- Coñecer ferramentas e recursos ós que poder acudir para a resolución de dúbidas, para a ampliación de coñecementos ou para a obtención de datos de cara á reflexión lingüística e literaria.
-Recoñecer, a partir de textos diversos, as características que distinguen os dous planos da variación diamésica (oral e escrita) e as variacións da diversidade literaria.
-Consolidar un dominio avanzado na produción de textos orais e escritos en lingua galega e no coñecemento e na comprensión da literatura galega para a súa posterior aplicación na profesión docente.
Bloque II. Didáctica da lingua e da literatura galega:
-Aprender o emprego dos medios instrumentais adecuados para a práctica docente nesta área, desenvolvendo unidades didácticas de lingua e literatura, planificando contidos e actividades e definindo os criterios de avaliación de cada etapa.
-Dominar os contidos conceptuais e procedementais precisos sobre a lingua e a literatura galegas para desenvolver o proceso de ensino-prendizaxe.
-Coñecer e analizar o marco curricular legal da área na etapa de educación primaria.
Bloque I. Lingua e literatura galega:
a) Lingua oral e lingua escrita. Características específicas. Variación e estándar. A lingua estándar como referente da docencia: o estándar oral e o estándar escrito.
b) A literatura na ensinanza. A literatura como recurso para a aprendizaxe da lingua.
Bloque II. Didáctica da lingua e da literatura galega:
a) O currículum da lingua e da literatura galega na Educación Primaria.
b) A educación lingüística en lingua galega: problemática e retos. O enfoque comunicativo a través das catro destrezas básicas.
c) A educación literaria en lingua galega: claves para o seu desenvolvemento. Animación á lectura e escritura creativa. A literatura infantil e xuvenil galega.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bloque I. Lingua e literatura galega:
GONZÁLEZ GONZÁLEZ, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. https://academia.gal/dicionario
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA / REAL ACADEMIA GALEGA (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. ILG-RAG [2012, 23ª edición], dispoñible en https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/252
Bloque II. Didáctica da lingua e a literatura galega:
CASSANY, D. et al (2007). Enseñar lengua. Barcelona: Graó.
ROIG RECHOU, B. (2013). Educação Literária e Literatura Infantojuvenil / Educación Literaria e Literatura Infantil e Xuvenil. Tropelias&Companhia.
ROIG RECHOU, B. A. (Coord.) (2015). Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Edicións Xerais de Galicia.
SILVA VALDIVIA, BIEITO (coord.) (2001). A lingua e a literatura: algúns aspectos didácticos. Santiago de Compostela: ICE-Universidade de Santiago de Compostela.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Bloque I. Lingua e literatura galega:
ÁLVAREZ, R. e XOVE, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA. https://bvg.udc.es/
CASTELLÀ LIDON, Josep M. (2004). Oralitat i escriptura: dues cares de la complexitat del llenguatge. Barcelona: Publicacións de l’Abadia de Montserrat.
FERNÁNDEZ REI, F. (1990). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ REI, F. e HERMIDA GULÍAS, C. (ed.) (2002). A nosa fala. Bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
FERNÁNDEZ REI, F. (coord.) (2012). Arquivo do Galego Oral (AGO), en http://ilg.usc.gal/ago/.
REGUEIRA, X.L. (coord.) (1998). Os sons da lingua. Vigo: Xerais.
REGUEIRA, X.L (1999) “Estándar oral e variación social”, en ÁLVAREZ, R. e VILAVEDRA, D (editores): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. T. I. Pp. 855-875. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
VILAVEDRA, D. (1999). Historia da literatura galega, Vigo: Editorial Galaxia, Vigo.
Dicionarios:
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2009). Gran dicionario Xerais da lingua. 2 Volumes. Vigo: Xerais.
CARBALLEIRA ANLLO, X.Mª (coord.) (2011). Dicionario Xerais da lingua. Vigo: Xerais.
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega, 2ª ed., Sada-A Coruña: Ediciós do Castro.
FERNÁNDEZ SALGADO, B, (dir) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
REGUEIRA, X.L. (coord.) (2012). Dicionario de pronuncia da lingua galega, Instituto da Lingua Galega–Real Academia Galega. http://ilg.usc.gal/pronuncia/
VILAVEDRA, D. (coord.) (1995 e 2000). Diccionario da literatura galega, 2 vol., Vigo: Editorial Galaxia.
Bloque II: Didáctica da lingua e a literatura galega:
CERRILLO, P (2010). Sobre lectura, literatura y educación. México: Porrúa.
COLOMER, T. (1999). Introducción a la literatura infantil y juvenil. Madrid: Síntesis.
DELMIRO COTO, B. (2002). La escritura creativa en las aulas. Barcelona: Graó.
MARTÍN VEGAS, R.A. (2009). Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura. Madrid: Síntesis.
MENDOZA FILLOLA, A. et al. (2006). Didáctica de la lengua para la enseñanza primaria y secundaria. Madrid: Akal.
SÁNCHEZ MIGUEL, E. (2010). La lectura en el aula. Qué se hace, qué se debe hacer y qué se puede hacer. Barcelona: Graó.
SILVA VALDIVIA, B. (coord.) (1994). Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico. Santiago: ICE-Universidade de Santiago de Compostela.
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o conxunto de coñecementos didácticos arredor dos respectivos procedementos de ensino e aprendizaxe.
G2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos distintos ámbitos científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G5 - Promover a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica dos conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal no alumnado.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas da aula para innovar e mellorar a práctica docente. Adquirir hábitos e habilidades para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e potencialo entre o alumnado.
ESPECÍFICAS
E45 - Adquirir formación literaria e coñecer a literatura infantil.
E46 - Coñecer o currículo escolar de linguas e literatura.
E47 - Falar, ler e escribir correctamente e axeitadamente nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
E48 - Coñecer o proceso de aprendizaxe da lingua escrita e o seu ensino.
E49 - Fomentar a lectura e animar a escribir.
E53 - Desenvolver e avaliar os contidos do currículo a través de recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes no alumnado.
BÁSICAS
B1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que se basea na educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos nos que implican coñecementos procedentes do vangarda da súa área de estudo.
B2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
B4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 - Competencia informacional.
Sesións expositivas (24 horas). Nelas introduciranse os conceptos teóricos e metodolóxicos que fundamentan os contidos da materia, con especial atención a aqueles que supoñan maior dificultade de comprensión. A explicación das profesoras apoiarase con frecuencia na lectura e comentario de textos e na exposición e comentario de exemplos. Supoñerán para o alumnado 35 horas de estudo autónomo.
Sesións interactivas (24 horas). Traballaranse de forma aplicada algúns dos contidos vistos nas sesións expositivas. Faranse comentarios de lecturas, exposicións de traballos e exercicios de diverso tipo. Todas estas tarefas estarán guiadas e supervisadas polas profesoras. Suporán 45 horas de traballo persoal do alumnado.
Titorías (3 horas). O alumnado será atendido en sesións de titoría, en grupos reducidos, coa fin de orientar o seu traballo e aprendizaxe. Dedicaranse especialmente á resolución de dúbidas sobre a materia ou tamén sobre as lecturas obrigatorias ou complementarias. Supoñerán 19 horas de traballo autónomo do alumnado.
O sistema de avaliación estará baseado nos seguintes catro elementos (A, B, C, D):
a) PARTICIPACIÓN NA AULA*: 5%.
b) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%.
c) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS CIENTÍFICAS**: 40%.
d) PRESENTACIÓNS E OUTRAS PRODUCIÓNS ORAIS: 5%.
Cada profesora avaliará a totalidade da actividade correspondente aos contidos impartidos por ela. Ademais, na primeira sesión, cada profesora informará ao alumnado das probas e producións concretas que establece para a súa parte.
Para aprobar a materia será necesario ter aprobado o exame. Poderase facer media entre os dous bloques da materia sempre que ningunha das dúas cualificacións sexa inferior a 4 (sobre 10). Para poder superar a materia cómpre obter unha media de 5 puntos.
*A asistencia ás aulas é obrigatoria, ao tratarse dun sistema de avaliación continua. Unha ausencia superior ao 20% imposibilita que o alumnado obteña puntuación no apartado A.
** Os diversos exercicios e traballos encargados terán que ser entregados / presentados nas datas que se acorden no seu momento na aula. A entrega puntual destes traballos será un requisito imprescindible.
O alumnado que obteña DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE por parte da Xunta de Facultade e o acredite debidamente rexerase, tanto para a convocatoria de xaneiro coma na de xullo, polo sistema de avaliación que se describe na convocatoria de xullo. Aquelas persoas que opten por este sistema deberán poñerse en contacto coas profesoras no momento en que teñan solicitada a dispensa de asistencia.
O alumnado que asista a entre o 50 e o 80% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A, mais si poderá obter puntuación nos apartados B, C e D.
O alumnado que asista a menos do 50% das sesións presenciais non poderá ser avaliado do apartado A. Dada a natureza da materia, unha asistencia tan limitada inflúe na puntuación final dos apartados C e D que, como se sinalou, son avaliados en función dos traballos escritos e as exposicións orais que o alumnado realiza nas sesións presenciais.
OPORTUNIDADE DE XULLO:
1. O alumnado que teña que acudir á convocatoria de xullo só terá dereito á realización da proba específica, e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (A, C, D).
2. Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos 4 apartados, participará na mesma proba final que especificamos no parágrafo anterior pero a súa cualificación será, como máximo, de 5 puntos. [Neste caso non se admitirán outro tipo de traballos].
ALUMNADO REPETIDOR:
Para o alumnado repetidor, por primeira vez, da materia a avaliación reducirase, se así o desexa, á proba final (común ós casos anteriores), e poderáselle respectar, durante o seguinte curso académico as cualificacións obtidas nos restantes apartados obxecto de avaliación, así como a súa proporcionalidade.
No caso do alumnado que repite a materia por segunda vez e sucesivas deberá falar coas docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, coa fin de concretar o plan de traballo que cómpre seguir para superar a materia.
PLAXIO OU FRAUDE:
Debe terse en conta que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como consta na Memoria da Titulación, nesta materia obrigatoria de 6 créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial (clases expositivas, clases interactivas, titorías, exames) e 99 horas a traballo autónomo e preparatorio (lecturas, recensións, redacción de traballos escritos, preparación de exposicións e exercicios de diverso tipo).
-Asistir ás clases presenciais, nas que se darán as pautas e orientacións precisas para a realización do traballo autónomo e permitirán levar un seguimento continuado do traballo realizado polo alumnado mediante a participación na aula e a realización de diversos traballos.
-Participar activamente no traballo común nas aulas cunha actitude aberta e respectuosa cos compañeiros e compañeiras e coas docentes.
-Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua.
-Recoméndase, polo ben común do alumnado, evitar o plaxio nas súas producións científicas. Os traballos entregados deberán ser orixinais.
Alumnado en situación de dispensa:
• O alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas deberá respectar as datas que se establezan para a entrega de traballos. Recoméndase que se poña en contacto coas profesoras en canto teña solicitado esa dispensa de asistencia e que manteña un seguimento activo da materia mediante as titorías e o contacto cos compañeiros/as.
Responsabilidade medioambiental nos traballos impresos:
• Evitar encadernacións de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
• Sempre que for posíbel, empregar grampas en lugar de encadernación.
• Imprimir a dúas caras na modalidade “aforro de tinta”.
• Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
• Recoméndase facer uso de linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Ferramentas virtuais e de comunicación:
• É obrigatorio empregar a conta de correo da universidade (rai).
• É imprescindíbel empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• O teléfono móbil non poderá ser empregado, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Protección de datos:
• Deberá terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, isto é, un proceso de comunicación e intercambio exclusivamente entre as docentes e o estudantado matriculado na materia.
• É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Carmen Ares Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Maria Del Rocio Garcia Pedreira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821014
- Correo electrónico
- mariadelrocio.garcia.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 21 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
09.01.2025 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
04.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |