Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á medida, probabilidade e estatística.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.
- Desenvolver a capacidade de analizar, razoar e comunicar eficazmente argumentacións matemáticas.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Percibir o coñecemento matemático como parte da nosa cultura, con un carácter interdisciplinar e socialmente útil.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Temas a desenvolver:
1. Magnitudes e a súa medida
2. Estimacións. Aproximación e error
3. Organización, representación e análise de datos
4. Tratamento do azar e probabilidade
5. Dificultades de aprendizaxe da medida, probabilidade e estatística
6. Propostas curriculares para a educación primaria
Contidos recorrentes:
Resolución de problemas
Materiais e recursos
Currículo escolar de matemáticas
Bibliografía básica
Os capítulos relacionados co programa das seguintes referencias son un recurso básico para o desenvolvemento da materia:
- ALBARRACÍN, L. et al. (2018). Aprender a enseñar matemáticas en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CARRILLO, J. et al. (Coords.) (2016). Didáctica de las matemáticas para maestros de educación primaria. Madrid: Paraninfo.
- FLORES, P. e RICO, L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en educación primaria. Madrid: Pirámide.
- SEGOVIA, I. e RICO, L. (Coords.) (2011). Matemáticas para maestros de educación primaria. Madrid: Pirámide.
Bibliografía complementaria
- ALSINA, A. (2019). Itinerarios didácticos para la enseñanza de las matemáticas (6-12 años). Barcelona: Graó.
- ALSINA, A. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
- ÁLVAREZ, A. (1996). Actividades matemáticas con materiales didácticos. Madrid: M.E.C.-Narcea.
- BATANERO, C. (2001). Didáctica de la Estadística. Granada: Grupo de Investigación en Educación Estadística. Departamento de Didáctica de las Matemáticas. Universidad de Granada. Recuperado de http://www.ugr.es/~batanero/pages/ARTICULOS/didacticaestadistica.pdf
- BATANERO, C. e GODINO, J. (2003). Estocástica y su didáctica para maestros. Granada: Proyecto Edumat-Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/manual/6_Estocastica.pdf
- CANALS, M. A. (2009-2016). Los dossiers de María Antonia Canals, nº 103. Barcelona: Associació de Mestres Rosa Sensat.
- CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CHAMORRO, M. C. (Coord.) (2003). Didáctica de las matemáticas para primaria. Madrid: Pearson.
- CHAMORRO, M. C. (Ed.) (2001). Dificultades del aprendizaje de las matemáticas. Madrid: M.E.C.
- DE PRADA, M. D. (1990). Cómo enseñar las magnitudes, la medida y la proporcionalidad. Málaga: Ágora.
- GODINO, J., BATANERO, C e ROA, R. (2003). Medida de magnitudes y su didáctica para maestros. Granada: Proyecto Edumat-Maestros. Recuperado de http://www.ugr.es/~jgodino/edumat-maestros/manual/5_Medida.pdf
- NCTM (2003). Principio y Estándares para la Educación Primaria. Sevilla: SAEM Thales.
Dentro da colección “MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE” da Editorial Síntesis, os libros que tratan os contidos do programa constitúen un recurso básico, estes son:
- CHAMORRO, C. e BELMONTE J. M. (1991). El problema de la medida.
- FIOL, M. L. e FORTUNY, J. M. (2000). Proporcionalidad Directa. La forma y el número.
- GODINO, J, BATANERO, C e CAÑIZARES, M. J. (1991). Azar y Probabilidad.
- LUENGO, R. (1990). Proporcionalidad Geométrica y Semejanza.
- NORTES, A. (1991). Encuestas y precios.
- SEGOVIA, I., CASTRO, E., CASTRO, E. e RICO, L. (1989). Estimación en cálculo y medida.
- OLMO Del, M. A., MORENO, M. F. e GIL, F. (1993). Superficie. Volumen.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
- "EPSILON", publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
- "GAMMA", publicada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
- "NÚMEROS", da Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
- "SUMA", editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas.
- "UNO", editada por GRAÓ.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o alumnado debe adquirir:
Competencias xerais (G):
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias básicas (CB):
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da
educación secundaria xeral, e se adoite atopar a un nivel que, se ben se basea en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores
con un alto grao de autonomía.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas (estimación e medida, organización e interpretación da información, azar e probabilidade).
E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais (T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G8, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B1, B4; T2, T3.
As actividades en grupo interactivo de laboratorio desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G4, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B2; T2, T3).
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G1, G2, G8, G11; E38, E39, E40; B1, B2, B3; T2, T3.
A materia contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titoría) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G8, G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, G8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G8, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, G8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación positiva no apartado A será necesaria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. De ser o caso, o profesorado da materia informará oportunamente ao alumnado con dispensa de asistencia da alternativa de avaliación correspondente a este apartado.
Os apartados (B) e (C) corresponderanse en boa medida coa avaliación de varios traballos en grupo. A asistencia a polo menos o 50% das sesións presenciais poderá ser requisito para presentar os traballos.
As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación e implicación” as súas intervencións en galego.
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar co profesorado para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa aos apartados (A), (B) e/ou (C).
O apartado D, parte 2, consistirá nunha proba final sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia, tanto para alumnado ordinario como alumnado con dispensa de asistencia ás clases.
Segunda oportunidade:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado, tanto ordinario como con dispensa de asistencia ás clases, que precisase acudir á oportunidade de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdoselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado, tanto ordinario como con dispensa de asistencia ás clases, que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados A, B e/ou C terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Búsqueda de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos (Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
-O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar co profesorado para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa aos apartados (A), (B) e/ou (C).
-Responsabilidade medioambiental: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios, empregar grampas en lugar de encadernación, imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta", non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes e evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Recoméndase o emprego da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Dolores Rodríguez Vivero
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821046
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez.vivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Aula 30 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Aula 30 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Aula 23 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 26 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Aula 21 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
20.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |