Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1.XERAIS
Polo que concerne ao desenvolvemento das habilidades productivas e receptivas para a comunicación nunha lingua estranxeira, ao longo do curso agárdase que o alumnado consolide o nivel de inglés B1 a B2 do Marco Común Europeo de Referencia (intermedio a intermedio superior, ou niveles PET a FCE de Cambridge), o cal lle permitirá afrontar situacións de ensino dunha materia a través da lingua estranxeira con confianza e eficacia, e proporcionar un modelo axeitado para a produción lingüística dos seus estudantes
Así mesmo, mediante as actividades levadas a cabo dentro e fóra da aula (traballos escritos, presentacións orais, debates, etc.), espérase que o alumnado desenvolva competencias xenéricas relacionadas co pensamento crítico, o traballo en equipo, e a selección, análise e tratamento da información.
2. ESPECÍFICOS
Ao remate do curso o alumnado terá acadados os seguintes obxectivos específicos relacionados cos contidos da asignatura:
- Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados empregando o inglés como lingua vehicular
- Capacidade para promover as competencias lingüísticas correspondentes nos seus futuros estudantes.
Ao longo do curso vanse introducir e desenvolver contidos conceptuais, procedimentais e actitudinais. Os contidos específicos da asignatura organizaranse ao redor dos seguintes apartados globais:
1. Competencias do profesor AICLE
2. Metodoloxía e estratexias de ensino na AICLE. Inclúese a adquisición de estruturas e vocabulario básico relacionado coas distintas áreas da educación primaria: ciencias da natureza, ciencias sociais, educación artística (plástica e música), educación física, e matemáticas.
3. Recursos e avaliación
4. Da teoría á práctica: elaboración de currículos integrados
En canto aos contidos procedimentais, o alumnado continuará coa práctica integrada das catro destrezas lingüísticas co fin de mellorar ou consolidar o seu nivel de competencia comunicativa na lingua estranxeira, e desenvolverá a súa capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á súa futura práctica docente.
Para rematar, polo que atinxe aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística e cultural, e para amosar actitudes tolerantes e respectuosas cos falantes doutras linguas, así como para fomentar o desenvolvemento desas actitudes e capacidades nos seus futuros estudantes
Bibliografía básica:
• Alzu Goñi, J.L, Henao, J.T. y Guerrini, M.C. 2006. Essential Science. Science, Geography and History. Student’s Book, Activity Book and CD; Teacher’s Book and CD. Levels 1, 2, 3, 4, 5 and 6. Madrid: Richmond Santillana
• Bentley, K. 2009. Primary Curriculum Box: CLIL Lessons and Activities for Young Learners. Book + CD. Cambrige: CUP [
• Coyle, D., Hood, P. y Marsh, D. 2010. CLIL: Content and Language Integrated Learning. Cambridge: CUP
• European Commision, Directorate-General for Education and Culture. 2006. Content and Language Integrated Learning (CLIL) at School in Europe. Brussels: Eurydice Versión electrónica: http://ec.europa.eu/languages/documents/studies/clil-at-school-in-europ…
• Lagasabaster, D. y Ruiz de Zarobe, Y. 2010. CLIL in Spain: Implementation, Results and Teacher Training. London: CUP.
• Mehisto, P., Marsh, D y Frigols, M.J. 2008. Uncovering CLIL. Content and Language Integrated Learning in Bilingual and Multilingual Education.Oxford: MacMillan Education.
• Wright, A. 2008. Art and Crafts with Children. Oxford: OUP
Recursos electrónicos complementarios (consultados: MAIO 2022)
Arts and Crafts for Kids [www.artsandcraftsforkids.co.uk]
British Council: CLIL [https://www.teachingenglish.org.uk/resources/primary]
Dallas Symphony Orchestra: DSO Kids [https://www.mydso.com/dso-kids]
Eather, J. (Webmaster): A Maths Dictionary for Kids
[http://www.amathsdictionaryforkids.com/]
European Comission: Content and Language Integrated Learning
[http://ec.europa.eu/languages/language-teaching/content-and-language-in…]
Physical Education Lesson Plan Page [http://pazz.tripod.com/lesson.html]
Resources for CLIL Teachers [https://sites.google.com/site/clilteacher/]
Science Kids: Fun, Science and Technology for kids [www.sciencekids.co.nz]
The CLIL Matrix [http://archive.ecml.at/mtp2/CLILmatrix/EN/qMain.html]
COMPETENCIAS XERAIS
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en equipo
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües, e capacidade para afrontar a lectura e o comentario crítico de textos.
G.10. Capacidade para reflexionar sobre as prácticas de aula co fin de innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E1. Capacidade para comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao periodo que abrangue entre os 6 e os 12 anos no seu contexto familiar, social e escolar.
E2. Capacidade para coñecer as características do alumnado desa etapa e dos seus contextos motivacionais e sociais.
E52. Capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E53. Capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos axeitados e para promover as competencias correspondentes nos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar a adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos a área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao ámbito profesional, co fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.4. Capacidade para transmitir información en ámbitos especializados e non especializados.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
A asignatura desenvolverase ao longo dun cuadrimestre, en sesións semanais (expositivas, interactivas e de titorías grupais) que se impartirán preferentemente en inglés, co fin de desenvolver a competencia específica de ‘Expresarse oralmente e por escrito nunha lingua estranxeira’, así como a competencia transversal referida ao dominio dunha lingua estranxeira.
As sesións expositivas adicaranse fundamentalmente (pero non exclusivamente) á presentación de contidos por parte do profesor e á resolución grupal de problemas prácticos (práctica controlada). Xunto con estas actividades, a lectura de documentos e consulta doutras fontes de información contribuirán a desenvolver as competencias relacionadas coa lectura e o comentario crítico de textos. As sesións interactivas destinaranse fundamentalmente ao comentario e debate de textos orais e escritos, a presentación de proxectos e a realización de actividades dirixidas ao desenvolvemento das competencias referidas ao traballo autónomo e cooperativo. Nas actividades de avaliación verificaranse esencialmente os coñecementos do alumnado sobre a AICLE, a súa capacidade para afrontar situacións de aprendizaxe desde unha perspectiva integradora, o desenvolvemento da aprendizaxe autónoma e a capacidade para a comunicación escrita na lingua estranxeira. Nas presentacións avaliaranse especialmente a expresión oral na lingua estranxeira e a capacidade para expoñer e aplicar os coñecementos didácticos adquiridos sobre o tema correspondente. As titorías grupais se impartirán como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para o seu traballo autónomo e para a elaboración de presentacións. Así mesmo, instarase ao alumnado a asistir a titorías individuais no despacho do profesor para obter a orientación e supervisión que precise. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas, aplicando e consolidando os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais e exercitando a aprendizaxe autónoma.
Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Detállase a continuación o proceso de avaliación previsto para a asignatura (sistema, porcentaxe na cualificación, actividades e competencias avaliadas):
1. Participación (10%): listas de control, presentacións na aula. Competencias: G3, G10, E1, E2, E52, E53, B1, B2, B4, T1
2. Probas específicas (45%): probas escritas, exercicios de preparación de presentacións. Competencias: G1, G2, G3, G10, E1, E2, E52, E53, B1, B2, T1
3. Informes escritos e outras producións (30%): traballos escritos, actividades prácticas sobre contidos. Competencias: G1, G2, E1, E2, E52, E53, B1, B2, T1
4. Presentacións orais (15%): presentacións na aula. Competencias: G1, G2, E1, E2, E52, E53, B1, B2, B4, T1
En canto ás actividades de avaliación e o seu peso na nota, para aprobar o curso será necesario obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, cos mínimos que se detallan a continuación. Nas actividades de avaliación comprobarase o grao de adquisición de contidos relacionados coa AICLE e a capacidade para a aplicación didáctica dos devanditos contidos, así como o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita na lingua estranxeira.
A) Actividades de avaliación continua: 7 puntos.
a) Traballo en grupo para presentación pública sobre un tema relacionado coa AICLE e a súa aplicación na clase: 4 puntos. Puntúa nos apartados 1 (1 punto), 4 (1,5 puntos) e 3 (1,5 puntos)
b) Actividades grupais orais e escritas realizadas na clase: 1,5 puntos (puntúan no apartado 2: 1,5 puntos)
c) Controis individuais dos contidos impartidos durante o curso: 1,5 puntos (puntúan no apartado 3: 1,5 puntos)
ADVÍRTESE AO ALUMNADO QUE, DE ACORDO CO REGULAMENTO ACADÉMICO, CALQUERA PLAXIO DETECTADO NAS ACTIVIDADES DE PRODUCIÓN ESCRITA SERÁ PENALIZADO. AS SANCIÓNS PODERÁN VARIAR DENDE A INVALIDACIÓN DO TRABALLO Á PERDA POR PARTE DOS ESTUDANTES IMPLICADOS NO SEU DEREITO Á AVALIACIÓN CONTINUA.
B) Actividades de avaliación final: 3 puntos (avalíanse na sección de probas específicas). Nota mínima requirida: 1,2 puntos. Se non se obtén esta nota mínima, non se valorarán as actividades de avaliación continua e a materia considerarase suspensa. En calquera caso, as actividades incluirán cuestións de carácter teórico e práctico sobre os contidos desenvolvidos na clase durante o curso.
Tendo en conta os requisitos xerais das materias nos novos graos e as características particulares desta materia, o sistema de avaliación que se ofrece aos estudantes por defecto é o detallado anteriormente, é dicir, avaliación continua + proba final, o que implica asistencia obrigatoria a un mínimo do 80% das sesións.
Non obstante, considérase a posibilidade de que, en casos excepcionais (por exemplo, estudantes con dispensa: ver “Observacións”), e logo de consultar co profesor, a avaliación se poida realizar exclusivamente mediante unha proba final, na que se requerirá unha nota mínima en cada unha das partes (teórica e práctica). Esta proba constará das actividades especificadas anteriormente para a avaliación final (teórica e práctica), que terán neste caso un valor de 5 puntos cada unha. Para aprobar a materia é necesario obter unha nota total de polo menos 5 puntos e unha nota non inferior a 2 puntos en cada unha das partes. Se non se obtén esta nota mínima en cada parte, non se agregarán as cualificacións parciais e a materia considerarase suspensa.
No caso de que non se cumpran os obxectivos previstos e sexa necesaria unha proba de recuperación, os estudantes poden optar, logo de consulta co profesor, entre manter o sistema de avaliación continua (no que manterían as cualificacións obtidas durante o curso e repetirían a proba final coa mesma distribución de puntuacións), ou ser avaliados mediante a proba final mencionada anteriormente. En convocatorias posteriores, o sistema de avaliación por defecto será a avaliación final.
Finalmente, advírtese de que os estudantes que de forma sistemática e sen xustificación incumpran os criterios de asistencia serán avaliados exclusivamente mediante a proba final mencionada anteriormente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tal e como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique aproximadamente 112,5 horas, das que 38,5 corresponden a traballo presencial na aula e 74 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo del alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Para aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que o alumnado asista regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, co fin de que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén é recomendable levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fóra da aula, planificar o traballo autónomo e distribuir o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe que o Centro pon á súa disposición, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
A asignatura disporá dunha páxina no Campus Virtual, onde o alumnado poderá localizar documentos e materiais de interese.
PRERREQUISITOS:
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é aconsellable posuír un nivel mínimo inicial de competencia comunicativa na lingua inglesa equivalente ao B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Así mesmo, recoméndase ter cursado e aprobado a asignatura obrigatoria “Ensino e aprendizaxe de competencias comunicativas: Inglés”. Finalmente, recoméndase posuír un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
OBSERVACIÓNS:
O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes do comezo das clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de ser o caso, establecer un plan de traballo individualizado.
Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure traballar de xeito continuado e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que sexan valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
Para máis información sobre a asignatura, o alumnado poderá consultar a Guía Docente, que se porá á súa disposición coa suficiente antelación.
Paula Lopez Rua
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982821063
- Correo electrónico
- paula.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 25 |
10.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |