Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia pertence ao segundo curso (terceiro semestre) do Plan de Estudos do Grao de Mestre/a de Educación Primaria da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, con carácter de Formación Básica, na materia de Procesos e Contextos Educativos.
Os obxectivos principais da materia son:
- Capacitarse para o exercicio das correspondentes actividades profesionais.
- Aproximarse á organización e ao funcionamento dos centros escolares, de forma reflexiva e crítica.
- Utilizar con precisión os conceptos e a terminoloxía deste campo de coñecemento
- Analizar e valorar a vida organizativa dos centros escolares de educación primaria e á natureza do traballo dos docentes, tendo en conta o seu marco normativo.
- Comprender o alcance dos problemas organizativos e de xestión dos centros escolares.
- Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
- Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade, así como actitudes de confianza, sentido crítico e iniciativa persoal.
- Ser capaz de elaborar propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro escolar.
- Desenvolver habilidades e actitudes e adquirir coñecementos básicos para participar en procesos de traballo en grupo.
- Aprender a empregar metodoloxías de traballo útiles nesta área.
1. Marco teórico e conceptual da Organización Escolar.
2. A escola como organización: características e dimensións.
3. Marco normativo, estruturas e mecanismos de funcionamento dos centros escolares.
4. Características específicas dos centros de Educación Primaria.
5. Proxectos de Centro: Estrutura e procesos.
6. Colaboración, participación e democracia nos centros escolares.
7. Calidade e educación.
Básica:
Cantón, I. e Pino, M. (Coords.). (2014) Organización de Centros educativos en la sociedad del conocimiento. Alianza.
González, M. T. (coord., 2003). Organización y Gestión de Centros Escolares. Madrid. Pearson
Santos, M. A. (2009) (coord.). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de instituciones educativas. Wolters Kluwer
Complementaria:
Bolivar, A. (2020). Liderazgos que transforman la escuela. Aula de innovación educativa, 290, pp.10-13
Carrasco, M., Coronel, J., Fernández, M., García, M., González, S., & Moreno, E. (2013). Conocer y comprender las organizaciones educativas. Pirámide
Díaz, M. y Barragán, R. (2021). Centros educativos. Transformación digital y organizaciones sostenibles. Aprender y enseñar en tiempos de pandemia. Dykinson. Gairín, J. Y Rodríguez-Gómez, D. (Coords.) Aprendizaje organizativo e informal en los centros educativos. Pirámide.
Díez, A. (2021). Los cambios de la LOMLOE para este futuro. Educar(nos), (96), 4-6.
Gairín, J. (2021). La autonomía institucional, un reto pendiente. Cuadernos de Pedagogía,516, pp 90-96.
Gather, M. (2004). Innovar en el seno de la institución escolar. GRAÓ.
Gather, M. y Maulini, O. (2010). La organización del trabajo escolar. Una oportunidad para repensar la escuela. GRAÓ.
Fernández-Franco, F. y Verdugo, A. (2021) La Educación Infantil y Primaria en la LOMLOE. En, A. Asegurado y J. Marrodán (Coords). La LOMLOE y su análisis. Una mirada Técnica. (pp 69-82). ANELE-USIE
Leite, A., Rivas-Flórez, J. y Cortéz, P. (2023) Escuela y Transformación social. Otra mirada de la organización educativa. Octaedro.
Martín-Moreno, Q. (2010). Contextualización de los centros educativos en su entorno. Sanz y Torres.
Moya, J. y Rodríguez, J.(2016). Organización, proceso educativo e innovación. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.
Navaridas, F. (2013). Procesos y contextos educativos. Genueve Ediciones.
Rizzi, L. (2017). Escuela y familia. Thesys.
Rodríguez-Mantilla, j.; Fernández, C. y Fernández, M. (2020). Evaluación para la innovación y mejora de centros educativos. Síntesis. Rosales, C. (2017). Alumnos, maestros, colegios e incidentes. Andavira.
Santos, M. A. (2007). Arte y Parte. Desarrollar la democracia en la escuela. Homo Sapiens, MAD.
Revistas
- Cuadernos de Pedagogía. https://www.cuadernosdepedagogia.com
- Educar. https://educar.uab.cat
- OGE. Revista de Organización y Gestión Educativa. http://feae.eu/revista/
- EDUGA. Revista Galega do Ensino. http://www.edu.xunta.gal/eduga/
COMPETENCIAS XERAIS
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
G6 - Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G7 - Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G8 - Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E9 - Analizar a práctica docente e as condicións institucionais que a enmarcan.
E18 -Participar na definición do proxecto educativo e na actividade xeral do centro atendendo a criterios de xestión de calidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como especifícase para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención ou dispensa oficial de docencia. O alumnado que obteña algunha destas figuras deberá presentar o documento oficial ao profesorado da materia de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) alumnado con exención de docencia das clases expositivas: ademais das probas establecidas: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual para determinar polo docente (recensión).
b) alumnado con dispensa de asistencia, tanto ás clases interactivas como as expositivas:
- Participación nas todas as probas establecidas
- Realización dun traballo de lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual para determinar polo docente (recensión).
- Realización dun traballo sobre temática abordada no programa que inclúa o rastrexo da evolución do marco normativo referido aos centros educativos nese tema en particular.
O alumnado pendente de resolución dun proceso de convalidación debe contactar, DESDE O INICIO DO CURSO ACADÉMICO, co profesorado da materia para comunicar a súa situación e prever o proceso de incorporación, en caso de ser necesario. Este alumnado, para poder aprobar en primeira oportunidade, deberá presentar en tempo e forma, do mesmo xeito que o resto de alumno e alumnas, todos os traballos e probas de avaliación establecidos.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descriptores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros escolares.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
Realizaranse diferentes tipos de clases interactivas: debates, estudos de caso, visualización de vídeos, análises e reflexión en pequenos grupos sobres diversas temáticos educativos, deseño e avaliación de proxectos de centro, xogos de roles sobre situacións da vida do centro etc. Os traballos realizados polo alumnado entregaranse, preferentemente, a través da aula virtual.
Todas elas requirirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesor, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as diversas competencias anotadas, varias delas relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.
Farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, dispostas pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar o alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquera outra cuestión que se estime.
Todas as actividades propostas, individuais e/o colectivas, serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión persoal. Todas estas consideracións serán tidas en conta na valoración final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións que realicen, na asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases.
O alumnado ao que se lle conceda a exención ou dispensa oficial de docencia terá a obrigación de achegar, no tempo establecido na normativa (20 días a partir da data de concesión), o documento oficial de exención ao docente e de entregar todos os traballos que se lle soliciten no prazo establecido, por iso é importante o contacto co/a docente da materia desde a primeira semana do curso académico.
A proba final de carácter obrigatorio terá un valor máximo do 40% na nota final é e será necesario conseguir un 5 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa.
Nesta perspectiva, contémplase:
- A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/o en pequenos grupos.
- A elaboración doutro tipo de traballos como presentacións e exposicións individuais ou grupais con diferentes formatos físicos e temporais.
- A elaboración de probas orais ou escritas de carácter individual.
- A participación en actividades desenvolvidas con metodoloxía colaborativa.
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades especificadas.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos evaluativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias ou materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Como xa se explicou no apartado anterior: farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, proporcionadas pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar o alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquera outra #cuestión que se estime oportuna.
Porcentaxe de cualificación para o alumnado con asistencia plena:
-Asistencia e participación: 10 % (máx.: 1 punto)
-Proba eliminatoria sobre contidos do 1º tema: 20% (máx 2 puntos)
-Avaliación final sumativa: 40% (máx. 4 puntos)
-Informes escritos, presentacións e outras producións: 30% (máx. 3 puntos)
Porcentaxes para alumnado con exención oficial de clases expositivas
- Asistencia e participación sesións interactivas 10% (máx: 1 punto)
- Proba eliminatoria sobre contidos do 1º tema: 20% (máx: 2 puntos)
- Avaliación final sumativa: 40% (máx. 4 puntos)
- Informes escritos, presentacións e outras producións: 30% (máx. 3 puntos). Repartirase esta porcentaxe ao 50% entre o traballo realizado sobre un manual da materia (recensión) e o resto de producións. Non poderá superarse a materia sen que estea entregada e aprobada a recensión asignada polo docente.
Porcentaxes para alumnado con dispensa de asistencia, tanto as clases interactivas como as expositivas
- Proba eliminatoria sobre contidos do 1º tema: 20% (máx: 2 puntos)
- Avaliación final sumativa: 40% (máx. 4 puntos)
- Entrega dun traballo sobre temática abordada no programa que inclúa o rastrexo da evolución do marco normativo referido aos centros educativos nese tema en particular. 10% (máx 1 punto). Non poderá aprobarse a materia sen que este traballo estea entregado e aprobado.
- Informes escritos, presentacións e outras producións: 30% (máx. 3 puntos). Repartirase ao 50% entre o traballo realizado sobre un manual da materia (recensión) e o resto de producións. Non poderá aprobarse a materia sen que a recensión asignada polo docente estea entregada e aprobada
Actividades formativas en horas:
Actividades presenciais:
24 Horas de actividades de grupo expositivo
24 Horas de actividades de grupo interactivo
03 Horas de Titorías
51 Horas totais de actividades presenciais
Actividades de traballo autónomo:
35 Horas para preparar actividades derivadas do grupo expositivo
45 Horas para preparar actividades do grupo interactivo
19 Horas de Titorías
99 Horas totais de traballo autónomo
Total: 150 horas
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde inícioo unha implicación e participación nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados na clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da materia como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/o en grupo.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización temporal que permita a elaboración dos traballos propostos, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia.
- Facer uso das titorías a nivel individual ou en pequenos grupos de forma que se posibilite a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo os intereses, expectativas, problemáticas específicas etc.
- Os traballos realizados polo alumnado deben ser entregados, preferentemente, a través da aula virtual.
- RESPONSABILIDADE AMBIENTAL: Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, terase en conta:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… publicado_WEB_USC.pdf
É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
- Existe a obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
- O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- É de obrigado cumprimento a normativa relativa á protección de datos.
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Esther Vila Couñago
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813831
- Correo electrónico
- esther.vila [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nuria Abal Alonso
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813821
- Correo electrónico
- nuria.abal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Julia Maria Crespo Comesaña
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Parada Gañete
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- ana.parada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (Mar - Ped) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Pee - Ro) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 (Ru - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_04 (A - Esp) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (Esq - Maq) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (Mar - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
18.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (A - Maq) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |