Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais
• Coñecer os principais elementos da historia do Traballo Social e a acción social, e as tendencias actuais do mesmo
• Coñecer as principais correntes teóricas constitutivas do Traballo Social como disciplina.
Tema I. Precedentes na Idade Media da Historia da Acción Social (S. V - XV)
Tema II. O Camiño cara á Acción Social Organizada: Idade Moderna (S. XVI- S. XVIII)
Tema III. Representantes da Acción Social Organizada en España: Idade Contemporánea (S. XIX)
Tema IV. O Traballo Social fora de España: o salto da acción social á profesionalización: Idade Contemporánea (S. XIX - S. XX)
Tema V. O Traballo Social en España: da beneficencia ao Traballo Social na Idade Contemporánea ( S. XX - S. XXI)
BÁSICA:
Addams, J. (2013). Hull House: el valor de un centro de acción social. Consejo General del Trabajo Social; Paraninfo.
Bastidas, V., Ginnett, K. e Obando, V. (2019). Octavia Hill y sus aportes en el origen de Trabajo Social en la Inglaterra del siglo XIX. Trabajo Social, 22 (1), 203-223.
Capilla, A. e Villadóniga, J. C. (2004). Los pioneros del Trabajo Social: Una apuesta por descubrirlos. Escuela Universitaria de Trabajo Social de Huelva.
Cebolla, O. (2020). El arte del trabajo social. Alejandro R. R Robledillo.
Cebolla, O. (2022). Diez historias asombrosas de trabajadoras sociales. Canal de lo Social.
Colomer, M. (2009). El trabajo social que yo he vivido. Impulso a la Acción Social.
Fernández García, T. e Lorenzo, de, R. (Coords.). (2014). Trabajo social: una historia global. McGraw-Hill Educación.
Herra, M. e Ahedo, J. (Coords.). (2013). El trabajador social del siglo XXI. Universidad de la Rioja.
López, A. (2004). Concepción Arenal. Bahía.
Miranda, M. (2004). De la caridad a la ciencia. Pragmatismo, interaccionismo simbólico y Trabajo Social. Mira.
Moix, M. (2006). Teoría del Trabajo Social. Síntesis.
Nogal, E. (2008). Alice Salomon (1872-1948). Revista Trabajo Social Hoy, 53, 173-180. http://www.comtrabajosocial.com/paginas/revista-trabajo-social-hoy/
Raya, E., Caparrós, N., Lorente, B. e Anaut, S. (2018). Ciencia y esencia en la práctica del trabajo social. Tirant humanidades.
Richmond, M.E. (2005). Diagnóstico Social. Siglo XXI.
Soydan, H. (2004). La historia de las ideas en el trabajo social. Tirant Lo Blanch.
COMPLEMENTARIA:
Addams, J. (1910). Twenty Years At Hull-House. The Macmillan Company.
Alemán, C. E. e Fernández, T. (2007). Introducción a los servicios sociales. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Ander-Egg, E. (1984). Historia del Trabajo Social. Humanitas
Ander-Egg, E. (1992). Introducción al Trabajo Social. Siglo XXI.
Arenal, C. (1993). El Visitador del Pobre: La Beneficencia, la Filantropía y la Caridad. Atlas.
Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales. (1985). De la beneficencia al bienestar: Cuatro siglos de acción social. Autor.
Consejo General del Trabajo Social. (1990). Trabajo social en España: situación y perspectivas. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 20.
Consejo General del Trabajo Social. (2013). La intervención social en tiempos de malestares [Monográfico]. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 103.
Escartín, M.J. e Suárez, E. (1994). Introducción al Trabajo Social: Historia y Fundamentos teórico-prácticos. Aguaclara.
Fernández García, T. (Coord.). (2009). Fundamentos del Trabajo Social. Alianza.
Fernández García, T. e Alemán, C. (Coords.). (2003). Introducción al Trabajo Social. Alianza.
Kisnerman, N. (1985). Introducción al Trabajo Social. Humanitas.
Maza, E. (1987). Pobreza y asistencia social en España, siglos XVI al XX: Aproximación histórica. Universidad de Valladolid.
Moix, M. (1991). Introducción al Trabajo Social. Trivium.
Molina, M. V. (1994). Las enseñanzas del Trabajo Social en España 1932-1983. Universidad Pontificia de Comillas.
Muñiz, R. (1996). O pobo oculto. Pobreza e acción social en Galicia. A Nosa Terra.
Red, de la, N. (1993). Aproximaciones al Trabajo Social. Siglo X
Xenéricas:
. Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
Específicas:
. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión
. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Transversais:
. Capacidade de análise e síntese
. Capacidade de comunicación oral e escrita
. Capacidade de razoamento crítico
. Capacidade de aprendizaxe autónoma
. Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do alumnado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exame ten un peso do 70% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 30%. É necesario acadar unha puntuación igual ou superior a 1,5 sobre 3 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame. Ademais, tamén é necesario acadar a puntuación mínima de aprobado no exame (3,5 sobre unha puntuación máxima de 7 puntos) para sumar a puntuación de avaliación continua.
Esta avaliación continua realizarase mediante a participación e realización de traballos individuais e en grupo que consistirán na resolución de casos prácticos, lecturas e análise de textos, tamén se realizará análise de material audiovisuais e/ou casos a través doutros medios, etc. Na Guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases, e de xustificarse as faltas de asistencia, estas tarefas poderán ser compensadas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados polo profesor. Unha vez confirmada a ausencia de asistencia, o alumnado deberá poñerse en contacto co profesor para asignarlle a tarefa compensatoria no caso de proceder algunha actividade puntuable. Unha vez realizado o informe en que conste a xustificación da ausencia(s), o alumnado dispón dun prazo de 5 días hábiles para solicitarlle ao profesorado a tarefa de compensación da puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas son os establecidos no Regulamento de asistencia a ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC).
do 25 de marzo de 2010).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 1,5 puntos, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o alumno que non supere a materia, e queira conservar a puntuación obtida no curso anterior deberá solicitarse ao profesor da materia a través dun correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
Poderá acollerse a esta modalidade o alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia. O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles contados desde a data de publicación da acta na que se recoñeza a dita concesión. As actividades de exención da asistencia, o sistema de avaliación e as pautas de entrega estarán dispoñibles na páxina web da materia de Traballo Social e Inclusión Social (www.euts.es)
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- As persoas que suspendan a parte práctica da materia (avaliación continua) poderán recuperala nas datas oficialmente establecidas mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada, é decir, mediante acta na que conste resolución favorable. O alumnado ten un prazo de 5 días hábiles para porse en comunicación coa docente a través de correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)) e 5 días hábiles para a súa realización despois da comunicación da docente.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, só poderán recuperalas na segunda convocatoria mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- As notas das partes aprobadas na 1º convocatoria gardanse para a 2ª.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante 1 curso académico. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
Total: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Evelia Murcia Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- evelia.murcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
30.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |