Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ser capaz de analizar a natureza das relacións entre profesionais e usuarios, e as potencialidades e dificultades que as marcan, tendo en conta os aspectos relativos ao xénero e a diversidade cultural.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con individuos e familias para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer os modos de intervir con persoas e familias para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dos usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
- Coñecer os modos de implicar aos usuarios nos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influír nos factores que afectan as súas vidas.
- Ser capaz de desenvolver os principais métodos de apoio individual e familiar.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte ás necesidades.
- Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
- Ser capaz de defender ás persoas e familias e actuar no seu nome se a situación o require.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os resultados.
Tema I: O individuo e as familias como unidade de intervención en Traballo Social.
Tema II: Modelo sistémico-relacional. A perspectiva ecosistémica da intervención. A intervención na rede.
Tema III: Recollida de información e análise do sistema individual-familiar. As técnicas para o coñecemento e a análise operativa da familia.
Tema IV: A perspectiva estrutural das familias. As familias como sistema de relación. Perspectiva evolutiva das familias.
Tema V: A relación de axuda e o proceso de cambio. A entrevista e as súas técnicas. Instrumentos e competencias de intervención individual-familiar. A avaliación familiar. A visita ao fogar.
Tema VI: Sistemas e contextos de intervención: institución, cliente e traballador/a social.
Tema VII: A familia en situación de dificultade sociofamiliar. A familia multiproblemática. A vulnerabilidade e a situación de risco e/ou exclusión social.
Bibliografía básica
Bermudez, C. e Brik, E. (2010). Terapia familiar sistémica: Aspectos teóricos y aplicación práctica. Sintesis.
Campanini, A. (2012). La intervención sistémica: Un modelo operativo para el servicio social . Miño y Dávila.
Caparrós, N. y Cuesta, A.B. (Coord.). (2022). El acompañamiento en la intervención social. Estudio de casos desde el Trabajo Social. Praxis.
Ceberio, M. R. (2018). El genograma: Un viaje por las interacciones y juegos familiares. Morata S.L.
Cruz, B., Bembibre, J. e Barranco, J. (Coords.). (2015). Herramientas para la reflexión de la práctica de la intervención social. El genio maligno.
Fernández i Barrera, J. (Coord.). (2016). La intervención con familias desde el trabajo social. Grupo 5.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2012). Trabajo social individualizado: Metodología de intervención. Ediciones académicas.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2019a). Trabajo social con familias. Alianza editorial.
Fernández, T. e Ponce de León, L. (2019b). Trabajo social individualizado: metodología de intervención. Ediciones académicas.
Fonbuena, J. (2012). El trabajo social y sus instrumentos: Elementos para una interpretación a piacere. Nau llibres.
Fonbuena, J. (2020). El trabajo social y su acción profesional. Nau llibres.
Goldrik, M. e Gerson, R. (1987). Genogramas en la evaluación familiar. Gedisa.
Gómez Gómez, F. (2010). Intervención social con familias. McGraw-Hill.
Guinot, C. e Ferran, A. (Eds.). (2017). Trabajo Social: arte para generar vínculos . Universidad de Deusto.
Hidalgo, A. (2011). Trabajo social con familias: Reflexiones y sugerencias. Gesbiblo.
Ituarte, A. (Coord.). (2017). Prácticas del Trabajo Social Clínico. Nau Llibres
Jurado, T. (Ed.). (2012). Cambios familiares y trabajo social. Ediciones académicas.
Martín-Sacristán, J. M., Garrido, M. e Rodríguez, L. (2012). Salud Familiar: Fundamentos, evaluación y aplicaciones para el trabajo con familias en riesgo psicosocial. CCS
Martínez González, M. C., Álvarez González, B. e Fernández Suárez, A.P. (2015). Orientación familiar: Contextos, evaluación e intervención . Sanz y Torres.
Minuchin, P., Colapinto, J. e Minuchin, S. (2000). Pobreza, Institución, Familia. Buenos Aires: Amorrortu editores
Núñez Bustos, M. (2012). Intervención Familiar. Grupo 5.
Ramos, R. (2015). Terapia narrativa con familias multiproblemáticas. Morata.
Rossell, T. e Rodríguez, P. (2017). La entrevista en el trabajo social. Herder.
Segado, S. (2011). Nuevas tendencias en Trabajo Social con Familias: Una propuesta para la práctica desde el empowerment. Trotta.
Segado, S. (2022). Trabajo social con familias desde el empowerment. Aranzadi, S.A.U.Urraca, L. (2021). La dimensión terapéutica del trabajo social . Naullibres
Urraca, L. (2021). La dimensión terapéutica del trabajo social . Naullibres
Bibliografía complementaria
Arranz, E. e Oliva, A. (Coord.). (2010). Desarrollo psicológico de las nuevas estructuras familiares. Pirámide.
Coletti, M. e Linares, J. L. (Comp.). (1997). La intervención sistémica en los Servicios Sociales ante la familia multiproblemática: La experiencia de la ciutat Vella. Paidós.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento nese campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e cos colegas profesionais negociando o subministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
- Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o require.
- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mesmo.
- Desenvolver aptitudes para traballar de maneira eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira construtiva os posibles desacordos existentes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de resolución de problemas.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía empregada combina a docencia presencial de clases expositivas, interactivas e titoría presencial en grupo reducido.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesoraráse ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de forma autónoma, o que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Na titoría presencial en grupo reducido, dinamízase, oriéntase e supervísase o traballo autónomo do alumnado, ao tempo que permite facer o seguimento e orientación na realización de tarefas e actividades derivadas do desenvolvemento individual e colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A proba escrita ou exame terá un valor do 60% sobre a cualificación global e o peso da avaliación continua será do 40%.
É necesario acadar o apto no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Na avaliación final terá en conta o desenvolvemento de actividades do alumnado, individual ou grupalmente. A ponderación destas actividades é a que se sinala a continuación:
-Exame ou proba escrita: 6 puntos. Se poderán realizar exames parciais.
- Asistencia ás clases interactivas nas que se traballará a discusión, reflexión, análise de casos ou supostos prácticos, análise de documentos ou de textos bibliográficos e realización de rolle-playing: 2 puntos
- Asistencia ás clases expositivas: 1 punto
- Traballo, individual ou grupal dos/as alumnos/as a realizar fora da aula: 0.6 puntos.
- Titoría en grupo reducido: 0.4 puntos.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro a tales efectos. O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, realizará un traballo, a determinar entre o/a alumno/a e a profesora, que entregará por escrito y procederá a súa defensa.
Poderán producirse cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
Traballo persoal do alumno/a (total 99 Horas)
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 Horas.
- Exercicios: 15 Horas.
- Lectura de textos: 10 Horas.
- Elaboración de traballos, visualización do material: 20 Horas.
- Outras tarefas propostas: Análise de familias no cine: 4 Horas.
A asistencia as clases expositivas é de especial importancia para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase que no desenvolvemento temporal da materia o/a alumno/a manteña un contacto periódico coa profesora para a clarificación de conceptos e a orientación bibliográfica axeitada para facilitarlle que poida afondar naquelas parcelas do seu interese.
Respecto á bibliografía recoméndase consultar a que se presenta na Guía da materia, dado que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
Recomendacións previas
Ter cursadas as asignaturas de Fundamentos do Traballo Social; Historia do Traballo Social; Ética e Traballo Social; e Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social.
Nos casos plaxio e uso indebido das tecnoloxías, e polo tanto da realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Diana Morela Escobar Árias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
08.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
23.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |