Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
.- Coñecer os fundamentos e compoñentes da Política Social como disciplina académica e a súa relación histórica co Traballo Social.
.- Coñecer e comprender o proceso histórico de reforma social, e as orixes, desenvolvemento e crise do Estado do Benestar.
.- Coñecer e ser capaz de analizar as diferenzas entre os tipos. E modelos de política social, os seus valores de base e os seus resultados.
Tema 1. O Estado como instrumento da acción política. A orixe do Estado. O Estado moderno. O Estado liberal. O Estado social. O Estado do Benestar.
Tema 2. As ideoloxías e as políticas sociais. Conservadurismo. Liberalismo. Socialismo. Anarquismo. Fascismo. Feminismo. Ecoloxismo. Nacionalismo. Os modelos de política social.
Tema 3. A formación e consolidación do Estado de Benestar. Antecedentes do Estado de Benestar no século XIX. Os comezos do Estado de Benestar no século XX. A consolidación e extensión do Estado de Benestar.
Tema 4. A crise do Estado de Benestar e a súa xestión. A reformulación do Estado interventor. A crise do Estado de Benestar a partir dos anos setenta. A xestión da crise nos anos oitenta: primeira reestruturación do Estado de Benestar. A xestión da crise nos anos noventa: segunda reestruturación do Estado de Benestar. O Estado de Benestar na actualidade: Perfil do Estado de Benestar hoxe en día; Estado de Benestar competitivo?; Estado de Benestar sustentábel?.
Tema 5. A formación, consolidación e reformulación do Estado social español. A experiencia española anterior á Constitución de 1978. A construción do “Estado social democrático y de derecho” proclamado pola Constitución de 1978. O desenvolvemento do Estado do Benestar: os gobernos socialistas (1982-1996) e os gobernos conservadores (1996-2004). Políticas sociais e o proceso de descentralización territorial.
Tema 6. A Política Social no marco da Unión Europea. ¿Que é a Unión Europea (UE)?. A Política Social europea: perspectiva histórica. A Política Social europea no Tratado Constitucional europeo. Os instrumentos financeiros comunitarios e os programas para a Política Social común.
.- Abellán, J. (2012). Política. Conceptos políticos fundamentales. Alianza.
.- Alemán, C. e Fernández García, T. (Coord.). (2006). Política social y estado de bienestar. Tirant Lo Blanch.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (Coord.). (1998). Política Social. McGraw-Hill.
.- Basavé, A. (2015). La cuarta socialdemocracia. La Catarata.
.- Corcuff, P. (2008). Los grandes pensadores de la política. Alianza.
.- Fernández A. e Rozas M. (2013). Políticas Sociales y Trabajo Social. Editorial Humanitas.
.- Fernández, T. e De la Fuente, Y. Mª. (Coords.). (2009). Política social y Trabajo Social. Alianza Editorial.
.- Lorente, M. A. e Capella, J. R. (2009). El crack del año ocho. La crisis. El futuro. Ed. Trotta.
.- Martorell, M. e Juliá, S. (2022). Manual de Historia política y social de España (1808-2018). Alianza.
.- Molina, I. (2007). Conceptos fundamentales de ciencia política. Alianza.
.- Montagut, T. (2000). Política Social. Editorial Ariel.
.- Muñoz, R. (Ed.) (2000). El estado de bienestar en el cambio de siglo. Alianza Editorial.
.- Navarro, V. (Coord.) (2004). El Estado de Bienestar en España. Tecnos.
.- Navarro, V. (2002). Bienestar insuficiente, democracia incompleta. Anagrama.
.- Navarro, V.; Torres, J.; y Garzón, A. (2011). Hay alternativa. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España. Sequitur.
.- Parekh, B. (2005). Pensadores políticos contemporáneos. Alianza.
XENÉRICAS:
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
ESPECÍFICAS:
.- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
TRNASVERSAIS:
.- Capacidade de análise e síntese .
.- Capacidade de comunicación oral y escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titorías en grupo reducido e o traballo persoal.
As sesións de aula nas aulas expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado o aprendizaxe autónomo.
A docencia interactiva, de 18 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individualmente ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
No último período do cuadrimestre realizaránse sesións de titorías en grupos reducidos nos que se desenvolverán actividades orientadas á realización do exame final.
A través das titorías asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Haberá un exame final tipo test, correspondente ás convocatorias oficiais (tanto para a primeira como para a segunda oportunidade), que é necesario superar para aprobar a materia.
O exame final liberará o 70% da nota final.
O 30% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.
Na Guía da Materia, que se entrega ao comezo das aulas, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados polo profesor. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada o acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar ao profesor a tarefa para compensar a puntuación correspondiente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pódese conservar para cursos posteriores, non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sea incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido ao profesor da materia (bascuas [at] euts.es (bascuas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se pode xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia ás ulas nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas y que teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios ou traballos que deberá entregar por escrito, despois de acordalo co profesor nunha titoría.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a cinco días hábiles dende a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
O tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación dos Fundamentos da política social é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte xeito:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
Exercicios: 15 horas.
Lectura de textos: 15 horas.
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
Preparación de exposicións: 04 horas.
Non hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.
Xoán Carlos Bascuas Jardón
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xoancarlos.bascuas [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
08.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |