Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer, analizar e valorar individualmente a(s) función(s) dos diversos órganos, aparellos e sistemas do organismo.
• Analizar cada función e os seus mecanismos en cada un dos niveis de organización que a Fisiología teña descrito.
• Coñecer os elementos básicos e comúns nas distintas formas de realizar unha función, de maneira que se mostre a unidade de funcións e a rica diversidade de formas que apareceron na filoxenia animal.
• Comprender as posibilidades funcionais do organismo que o condicionan e o posibilitan respecto do medio ambiente.
• Coñecer os diversos sistemas de adaptación ao medio ambiente con que conta o organismo.
• Coñecer e comprender o significado biolóxico de todas as funcións en circunstancias normais, en diferentes etapas especiais da vida, así como en circunstancias especiais.
• Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos sobre funcións e a súa regulación ante circunstancias anormais que tendan a modificalas.
• Ser capaz de valorar críticamente as hipóteses emitidas para explicar cientificamente o mecanismo dunha función definida.
• Poder valorar as funcións alteradas dun organismo en función da análise dunha serie de parámetros fisiolóxicos.
Funcionamento, regulación e coordinación dos distintos órganos, aparellos e sistemas fisiolóxicos das principais especies de interese veterinario.
CAPÍTULO I.- MEDIO INTERNO, SANGUE E HEMOSTASIA (3h).
T01 Compartimentos líquidos do organismo. Sede.
T02 Sangue e sistema linfático
T03 Hemostasia
CAPÍTULO II.- SISTEMA CARDIOCIRCULATORIO (8h).
T04 Electrofisioloxía cardíaca.
T05 O corazón como bomba. Ciclo cardíaco.
T06 Regulación da actividade cardíaca.
T07 Fisioloxía vascular. Hemodinámica.
T08 Presión arterial e a súa regulación.
T09 Fisioloxía da microcirculación. Intercambio transcapilar
CAPÍTULO III.- SISTEMA RESPIRATORIO (4h).
T10 Mecánica respiratoria. Traballo respiratorio.
T11 Intercambio gasoso. Transporte de gases. Hemoglobina.
T12 Circulación pulmonar. Equilibrio ventilación/perfusión.
T13 Regulación da respiración.
CAPÍTULO IV.- SISTEMA EXCRETOR RENAL (3h).
T14 Organización do sistema excretor renal. Filtración glomerular.
T15 Manexo tubular do filtrado. Reabsorción. Transporte máximo. Secreción.
T16 Mecanismos de concentración de urina. Balance hidrosalino.
CAPÍTULO V.- EQUILIBRIO ÁCIDO-BÁSICO (2h).
T17 Equilibrio ácido básico (I).
T18 Equilibrio ácido básico (II).
CAPITULO VI.- FISIOLOXÍA ENDÓCRINA (9h).
T19 Principios xerais de acción endócrina.
T20 Hormonas hipotalámicas.
T21 Hormonas hipofisarias: adenohipófise e neurohipófise.
T22 Hormonas tiroideas.
T23 Homeostase do calcio e o fósforo.
T24 Glándula adrenal
T25 Páncreas endócrino: homeostase da glicosa.
T26 Hormonas Gastrointestinais
CAPITULO VII.- SISTEMA REPRODUTOR (6h)
T27 Eixo hipotálamo-hipófiso-testicular.
T28 Eixo hipotálamo-hipófiso-ovárico.
T29 Ciclos reprodutivos.
T30 Xestación e parto.
T31 Fisioloxía da lactación.
PRÁCTICAS (22h).
1. Análise de sangue e probas serolóxicas (OR)
2. Fisioloxía e dinámica cardiovascular (OR)
3. Mecánica do sistema respiratorio (OR)
4. Fisioloxía renal (OR)
5. Equilibrio ácido-básico (OR)
6. Fisioloxía endócrina (OR)
Bibliografía básica:
Fisiología Veterinaria (2ª edición) 2018. Albino García Sacristán. Edit. Tébar Flores
PhysioEx 9.0: Laboratory Simulations in Physiology. 2012. Zao - Stabler - Smith - Lokuta - Griff. Ed. Pearson
Fisiología Veterinaria (5ª edición), 2013. Cunningham-Klein. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología. (6º edición), 2009. Berne e Levy. Edit. Elsevier-Mosby
Bibliografía complementaria:
Tratado de Fisiología Médica. (12ª edición). 2011. Guyton & Hall. Edit. Elsevier-Saunders
Fisiología Humana (6ª edición), 2014, Silverthorn. Edit. Médica Panamericana
Fisiología Animal (1ª edición), 2006. Hill-Wyse-Anderson. Edit. Méd. Panamericana
Norman & Henry. Hormones. 3ª ed., 2015. Academic Press.
Norris, D.O. y Carr, J.A. Vertebrate endocrinology. 5ª ed., 2013. Academic Press.
Competencias xenéricas:
Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC01)
Capacidade de análise e síntese (GVUSC02)
Coñecementos xerais sobre a área de traballo (GVUSC03)
Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC06)
Competencias disciplinares:
Coñecemento xenérico dos animais, do seu comportamento e as bases da súa identificación (CEDVUSC 01)
Estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC 02)
Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación (CEDVUSC 16)
Competencias profesionais:
Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos (D1VUSC 03)
Competencias académicas:
Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais do veterinario (CEAVUSC 01)
Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade (CEAVUSC 02)
Competencias transversais:
Capacidade para o razoamento e a argumentación (CTVUSC 01)
Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e analizala dunha forma crítica (CTVUSC 02)
Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC 03)
Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e concisa (CTVUSC 04)
Habilidade no manexo de TICs (CTVUSC 05)
Utilización de información en lingua estranxeira (CTVUSC 06)
Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos (CTVUSC 07)
As clases maxistrais consistirán na explicación, por parte do persoal académico coa axuda do encerado e os medios audiovisuais que considere oportunos, dos contidos da materia reflectidos na guía docente anual.
As prácticas de ordenador (OR), impartidas na aula de informática, servirán para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estarán orientadas fundamentalmente a que o estudante adquira habilidades e experiencia prácticas.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
A temporalidade é de aproximadamente unha hora expositiva por cada tema do programa/seminario e 3,5 horas de traballo por cada práctica.
Para todas as actividades académicas utilizarase como recurso fundamental a Aula Virtual da USC.
A exención de asistencia a clase non é aplicable.
A cualificación de cada estudante frase en base a tres criterios:
1.- Cualificación teórica (80% da puntuación final): Exame final tipo test, pregunta curta e/ou tema (SE1). En caso de que o exame final se divida en bloques, para o cálculo da media final é indispensable que ningún dos bloques teña una cualificación inferior a 3,5.
Competencias avaliadas: GVUSC01, GVUSC03, CEDVUSC01, CEDVUSC02.
2.- Cualificación práctica (20% da puntuación final): Exame tipo test e asistencia a prácticas (SE5).
Competencias avaliadas: GVUSC06, CEDVUSC16, D1VUSC03, CTVUSC06.
3.- Avaliación contínua (ata un 20% adicional): Contémplase a posibilidad de mellorar nota mediante a realización de controis escritos (exames tipo test, pregunta curta e/ou tema), realización e exposición de traballos individuais e/ou en grupo, participación dos estudantes na aula, titorías, etc, que permitirán obter (SE4) unha nota adicional de ata 2 puntos, que se sumará linealmente á cualificación teórico-práctica ATA COMPLETAR O MÁXIMO DO 100%.
Competencias avaliadas: GVUSC02, GVUSC06, CEAVUSC01, CEAVUSC02, CTVUSC01, CTVUSC02, CTVUSC03, CTVUSC004, CTVUSC05, CTVUSC06, CTVUSC07.
Para realizar a ponderación final é requisito indispensable que tanto a cualificación teórica como a práctica, superen 3,5 puntos.
Non se contempla a posibilidade de dispensa ás actividades académicas.
As cualificacións obtidas na parte práctica conservaranse para sucesivas convocatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de aviación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A presencialidade é do 40% e as horas de traballo do alumno ocupan o 60%.
Traballo presencial:
Expositivas: 35 h
Interactivas laboratorio: 04 h
Interactivas ordenador: 18 h
Titorías: 03 h
Traballo individual
Estudo individual: 57 h
Elaboración de traballos: 18 h
Revisión bibliográfica, etc: 04 h
Asistencia a relatorios ou outras actividades recomendadas: 01 h
Resolución de casos/problemas: 03 h
Presentacións orais: 02 h
Realización de exames: 05 h
Coñecementos previos de Ciencias Fundamentais, Anatomía Veterinaria I e II, Bioquímica, Citoloxía e Histoloxía Veterinaria e Fisioloxía Veterinaria I.
A materia impartirase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma: Castelán e Galego.
Jesús Antonio Casabiell Pintos
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- x.casabiell [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Mercedes Rodríguez Vieytes
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mmercedes.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Mercedes Camiña Garcia
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- merchi.camina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Pablo Cabezas Sainz
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- pablo.cabezas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rebeca Alvariño Romero
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- rebeca.alvarino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS10 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS08 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS11 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS09 | Castelán | Aula 2 |
13:00-14:00 | Grupo /TI-ECTS12 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
16.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
16.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.07.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |