Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 3 Clínicos EEES: 10 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Patoloxía Animal
Áreas: Medicina e Cirurxía Animal
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Familiarizar os estudantes coas principais patoloxías asociadas á vaca leiteira de alta produción (VLAP).
- Analizar os aspectos básicos que permiten o control das enfermidades de maior incidencia nas vacas de alta produción, con obxecto de conseguir que a actividade produtiva destas femias sexa rendible. Isto pode desagregarse nos seguintes obxectivos específicos:
- Estudar as repercusións das enfermidades da nutrición na produción láctea
- Estudar os efectos da produción láctea sobre a eficiencia produtiva.
- Valorar os métodos de diagnóstico das diferentes enfermidades ligadas á produción láctea.
Docencia expositiva.
Realizarase nos espazos solicitados ao Centro
BLOQUE I MEDICINA (5 horas)
Tema 1.- Síndrome metabólico enerxético. Balance enerxético negativo. Acidose ruminal. Cetose.
Tema 2.- Síndrome metabólico mineral. Hipocalcemia. Síndrome da vaca caída.
Tema 3.- Saúde e manexo do rabaño. Procesos podáis.
Tema 4.- Sistema inmunitario da VLAP. Diagnóstico diferencial de enfermidades do sistema nervioso.
Tema 5.- Semioloxía diagnóstica da vaca leiteira de alta produción. Toma de mostras. Valores normais. Parámetros de saúde e enfermidade.
BLOQUE II, REPRODUCIÓN (9 horas).
Tema 6.- Relación entre a produción láctea e a eficiencia reprodutiva. Consecuencias económicas da subfertilidade. Cambios fisiolóxicos asociados á elevada produción que condicionan a fertilidade.
Tema 7.- Causas da redución da fertilidade: estrés metabólico, estrés ambiental e de manexo, mamite.
Tema 8.- Estratexias de manexo reprodutivo aplicables á mellora da fertilidade da VLAP: tratamentos hormonais. Automatización da detección do celo. Manexo de xestacións de xemelgos.
Tema 9.- Estratexias xenéticas para mellorar a fertilidade na VLAP: inclusión da fertilidade nos obxectivos de selección. Selección xenómica. Control da consanguinidade. Cruzamento con outras razas leiteiras.
Docencia Interactiva:
VLAP C1 (5 horas). Visita á Granxa Experimental na que se evaluarán as instalacións, parámetros de benestar sobre os animais, datos produtivos e reprodutivos.
VLAP C2 (5 horas) Visita á Granxa Experimental na que se evaluarán diferentes patoloxias asociadas á producción.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Church, D.E. (1993). El rumiante: fisiología digestiva y nutrición. Acribia, Zaragoza.
García Partida P.; Prieto F.; Gutiérrez C. (1999). Exploración clínica veterinaria. Ed. Universidad de León, León.
Manual Merck, de Veterinaria (2009) El manual Merck de veterinaria. 6ª ed. Oceano Centrum, Madrid.
Pastor Meseguer J. (2006). Manual de Propedéutica y Biopatología Clínica veterinarias. Mira, Zaragoza.
Radostits, O.M (ed) (2001) Herd Health: Food animal production medicine. WB Saunders Company
Radostits, O.M., Gay, C.G., Clive, C., Blood, D.C., Hinchcliff, K.W. (2001) Medicina Veterinaria: Tratado de las enfermedades del ganado vacuno, ovino, porcino, caprino y equino. Interamericana-McGrawHill. Madrid.
Radostits, O.M., Mayhew, I.G., Houston, D.M. (2002) Examen y diagnóstico clínico en veteinaria. Harcourt. Madrid.
Rebhun, WC. (1999). Enfermedades del ganado vacuno lechero. Acribia, Zaragoza .
Rosenberger, G. (2005) Medicina Interna y Cirugía del Bovino.
Ed. Intermédica. Buenos Aires. (Argentina)
Rosenberger, G.(1983) Enfermedades de los bovinos. I y II. Hemisferio Sur, Buenos Aires. (Argentina)
Rosenberger G. (1994). Exploración clínica de los bovinos, 3ª ed. Hemisferio Sur, Buenos Aires. (Argentina)
Smith, B.P. (2001) Large animal internal medicine. 3rd ed. Mosby Inc, St. Louis.
Underwood, E.J., Suttle, N.F. (2000) The mineral nutrition of livestock. 3rd ed. CABI Publishing, Wallingford.
Smith, B.P. (2019) Large animal internal medicine. 6rd ed. Mosby Inc, St. Louis.
Suttle, N.F. (2010) The mineral nutrition of livestock. 4rd ed. CABI Publishing, Wallingford.
Hansen PJ (2007). Improving Dairy Cow Fertility through Genetics. Proceedings 44th Florida Dairy Production Conference, Gainesville
Hopper RM (2015) Bovine reproduction. Willey-Blackwell. Oxford (UK)
Womack, JE (2012) Bovine genomics. Willey-Blackwell. Oxford (UK)
1.- Competencias Xerais:
GVUSC01. Capacidade de aprendizaxe e adaptación.
GVUSC02. Capacidade de análise e síntese.
GVUSC04. Planificación e xestión do traballo.
GVUSC05. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
GVUSC06. Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo.
GVUSC09. Capacidade de comunicarse en distintos ámbitos.
2.-Competencias Específicas Disciplinares:
CEDVUSC 03. Cativa, mellora, manexo e benestar dos animais.
CEDVUSC 08. Coñecemento e diagnóstico das distintas enfermidades animais, individuais e colectivas, e as súas medidas de prevención, con especial énfasis nas zoonosis e nas enfermidades de declaración obligatoria.
CEDVUSC 10. Coñecer as técnicas aplicables aos animais domésticos, incluíndo aquelas con influencia directa sobre a saúde animal e humana.
CEDVUSC 11. Coñecemento das bases do funcionamento e optimización dos sistemas de produción animal e vegetal e as súas repercusiones sobre o medio ambiente.
CEDVUSC 13. Coñecer os aspectos organizativos, económicos e de xestión en todos aqueles campos da profesión veterinaria.
CEDVUSC 14. Coñecer as Normas e Leis do ámbito veterinario e os reglamentos sobre os animais e o seu comercio.
CEDVUSC 16. Coñecer as técnicas analíticas básicas e a súa interpretación.
3.- Competencias específicas Profesionais
D1VUSC 03. Realizar técnicas analíticas básicas e interpretar resultados clínicos, biolóxicos e químicos.
D1VUSC 04. Diagnosticar as enfermidades máis comúns, mediante a utilización dos protocolos e técnicas complementarias de diagnóstico.
D1VUSC 09. Aplicar os procedementos básicos que garantan o correcto funcionamento da actividade reproductiva, os procesos tecnolóxicos e a resolución dos problemas obstétricos.
D1VUSC 10. Identificar as materias primas destinadas á alimentación animal e manexo da dieta adecuada á especie e estado do animal.
D1VUSC 11. Valorar e interpretar os parámetros produtivos e sanitarios dun colectivo animal, considerando os aspectos económicos, medioambientales e de benestar, buscando o seu optimización.
D1VUSC 14. Realizar análise de riscos, incluíndo os medioambientales e de bioseguridad, así como a valoración, xestión e supervisión de sistemas de xestión da calidade.
4.- Competencias específicas Académicas
CEAVUSC 01. Analizar, sintetizar, resolver problemas e tomar decisións nos ámbitos profesionais de o/a veterinario/a.
CEAVUSC 02. Manter un comportamento ético no exercicio das súas responsabilidades ante a profesión veterinaria e a sociedade.
CEAVUSC 03. Divulgar a información obtida durante o exercicio profesional de o/a veterinario/a de forma fluída, oral e escrita, con outros colegas, autoridades e a sociedade en xeral
CEAVUSC 04. Buscar e gestionar a información relacionada coa actividade de o/a veterinario/a.
CEAVUSC 05. Coñecer e aplicar o método científico na práctica profesional incluíndo a medicina baseada na evidencia.
CEAVUSC 08. Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente.
5.- Competencias transversais
CTVUSC 01 Capacidade para o razonamiento e a argumentación.
CTVUSC 02 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala dunha forma crítica.
CTVUSC 03 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CTVUSC 04 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, coherente e escueta.
CTVUSC 05 Habilidade no manexo das TICs.
CTVUSC 06 Utilización de información en lingua estranxeira.
CTVUSC 07 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A metodoloxía para impartir a materia estará baseada na clase maxistral, no traballo en grupo e o traballo individualizado (mediante o estudo, traballos organizados ou o acceso a programas informáticos para o control da reprodución específicos).
Na clase teórica farase uso de abundantes medios audiovisuais (diapositivas, vídeos, cintas de son, páxinas web) que teñen como fin introducir os contidos esenciais que se verán reforzados nas sesións prácticas. Por último, expóñense distintas situacións clínicas, reais, extraídas de casos clínicos expostos por profesionais veterinarios en distintos foros.
Nas sesións prácticas, realizadas con animais en distintas instalacións, o profesorado presentará as directrices xerais para a práctica que se vai realizar. A partir de entonces, e durante o tempo restante, o alumno en grupos pequenos traballará nos diferentes contidos propostos. A duración de cada sesión será variable segundo o temario. En todo momento contará coa tutela do profesorado presente. Así mesmo, terá á súa disposición o material necesario para a realización das distintas probas diagnósticas, introducíndose no coñecemento do seu manexo.
Aprendizaxe baseada en problemas: parte dos coñecementos relativos ós temas do bloque de reprodución impartiranse por este método. Para esta parte da asignatura serán empregadas 4 das horas expositivas, a práctica de informática e 5 horas das prácticas clínicas. Tras unha presentación na que se explicará en que consistirá esta parte da docencia, aportaranse as ferramentas informáticas e bibliográficas para que o alumno poda avaliar o problema proposto. O problema, consistirá en realizar unha auditoría a unha explotación de leite. Cos datos obtidos, os alumnos, divididos en 2 grupos, explicarán cal é a situación actual da explotación, facendo fincapé nas principais virtudes e defectos e propoñendo actuacións para a súa mellora.
Realizarase avaliación continua dos progresos, tendo en conta a participación activa dos estudantes nas sesións expositivas e interactivas e os traballos entregados polos estudantes ó longo de todo o período.
A asistencia ás actividades programadas será obrigatoria, pero conservaranse as cualificacións obtidas no curso anterior no apartado de clases prácticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Traballo presencial na Aula:
Clases magistrais: 14h
Prácticas clínicas: 10h
Prácticas de ordenador: 3h
Tutorías en grupos reducidos: 3h
Total de horas de traballo presencial: 30h
Traballo persoal do estudante:
Estudo individual: 20h
Elaboración de traballos: 8h
Revisión bibliográfica, biblioteca, etc. 5h
Resolución de casos/problemas: 7h
Realización de exames: 5h
Total de horas de traballo persoal do estudante: 45h
Total Traballo do Estudante: 75horas.
Dada a metodoloxía empregada resulta imprescindible a asistencia ás clases, xa que estas serán de gran utilidade pra o correcto entendemento das prácticas, posto que nelas abordarans aspectos específicos sobre a vaca leiteira de alta produción. Para o bo aproveitamento da materia, considérase recomendable que o alumno teña cursado previamente as asignaturas de Anatomía, Fisioloxía, Epidemioloxía, Economía agraria, Propedéutica clínica, Patoloxía Xeral, Anatomía patolóxica, Nutrición, Xenética, Enfermidades infecciosas e parasitarias, Reprodución e obstetricia I e II; xa que moitos dos coñecementos básicos impartidos nestas materias servirán de base para esta asignatura.
Luís Ángel Quintela Arias
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- luisangel.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Luis Benedito Castellote
- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- joseluis.benedito [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Pedro José García Herradón
Coordinador/a- Departamento
- Patoloxía Animal
- Área
- Medicina e Cirurxía Animal
- Correo electrónico
- garcia.herradon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8 |
10.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 |
25.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Seminarios da materia |