Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento das bases e fundamentos xeolóxicos e climatolóxicos no ámbito da Enxeñería Civil.
Estrutura interna da Terra. Teoría da dinámica de placas.
Mineraloxía e Petroloxía.
Procesos ígneos, sedimentarios e metamórficos.
Formas do relevo.
Estratigrafía e xeoloxía estrutural.
Cartografía xeolóxica.
Xeoloxía histórica e rexional.
Climatoloxía.
Xeoloxía e Enxeñería Civil
Estes contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
Bloque I.- XEOLOXÍA
1.- INTRODUCIÓN. 1.1.- Xeoloxía. O tempo xeolóxico. 1.2.- Estrutura interna da Terra. 1.3.- Ideas básicas de tectónica de placas. Oróxenos e acreción continental. Isostasia. Sismicidade. 1.4.- Ciclo petroxenético.
Horas expositivas: 3
Horas traballo alumno: 6
2.- MINERALOXÍA. 2.1. Definición e composición dos minerais. 2.2. Clasificación mineral. 2.3. Propiedades físicas e identificación de minerais. 2.4. Silicatos e minerais non silicatos más importantes. 2.5. Cristalografía: Conceptos básicos.
Horas expositivas: 3
Horas traballo alumno: 10
3.- PETROLOXÍA. 3.1. Magmatismo e Rochas ígneas. Plutonismo e vulcanismo. 3.2. Sedimentos e rochas sedimentarias: Meteorización, erosión, transporte e sedimentación. Alteritas. Edafoxénesis. Litificación.. 3.3. Metamorfismo e Rochas metamórficas. 3.4. Comportamento mecánico dos solos. 3.5 Riscos xeolóxicos.
Horas expositivas: 6
Horas traballo alumno: 20
4.- ESTRATIGRAFÍA. Ambientes e estruturas sedimentarias. Datación relativa. Fósiles, cronoloxía e rexistro xeolóxico. Datación numérica. Series estratigráficas. Discordancias.
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 4,5
5.- DEFORMACIÓNS DA CODIA. Esforzo e deformación. Pregamentos: Xeometría e clasificación. Asociación de pregamentos. Fracturas. Diaclasas e Fallas. Asociación de fracturas. Grandes estruturas tectónicas.
Horas expositivas: 1,5
Horas traballo alumno: 4,5
6.- FORMACIÓNS SUPERFICIAIS. Modelado litolóxico. Modelado fluvial. Modelado periglaciar e glaciar. Modelado litoral. Modelado eólico. Modelados climáticos.
Horas expositivas: 4
Horas traballo alumno: 10
Bloque II.- CLIMATOLOXÍA
7.- ATMOSFERA e VARIABLES CLIMÁTICAS. A atmosfera: composición e estrutura. A radiación solar. A temperatura do aire. A presión atmosférica. O vento. Humidade atmosférica e precipitación.
Horas expositivas: 2
Horas traballo alumno: 3
8.-EVAPORACIÓN E BALANCE HÍDRICO. Evaporación e Evapotranspiración. Balance Hídrico.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
9.- CIRCULACIÓN ATMÓSFERICA. ANÁLISIS E PREDICIÓN DO TEMPO. Masas de aire e frontes. Situacións sinópticas. Rede de estacións. Predición.
Horas expositivas: 1
Horas trabajo alumno: 1
10.- CLASIFICACIONES CLIMÁTICAS. Clasificación de climas. Índices climáticos.
Horas expositivas: 1
Horas traballo alumno: 1
Seminarios e prácticas.
SEMINARIOS:
Seminario 1: Interpretación de mapas topográficos.
Horas interactivas: 2
Seminario 2: A Terra (I).
Horas interactivas: 0,5
Seminario 3: A Terra (II).
Horas interactivas: 0,5
Seminario 4: Historia xeolóxica de Galicia e do NO da Península Ibérica.
Horas interactivas: 2
Seminario 5: Interpretación de mapas xeolóxicos I.
Horas interactivas: 2
Seminario 6: Interpretación de mapas xeolóxicos II.
Horas interactivas: 2
Seminario 7: Xeoloxía e paisaxe.
Horas interactivas: 2
Horas traballo alumno:
Seminarios 1, 5 e 6: 9 h
Seminarios 2 e 3: 0,5 h
Seminarios 4 e 7: 2 h
PRÁCTICAS:
Práctica 1.- Identificación de minerais de visu-I.
Horas interactivas: 2
Práctica 2.- Identificación de rochas de visu -I.
Horas interactivas: 2
Práctica 3.- Identificación de minerais e rochas de visu -II.
Horas interactivas: 1
Práctica 4.- Climatoloxía-1: Fontes de datos climáticos e cálculos de axuste mais habituais. Cálculo de evapotranspiración e de balance hídrico con ferramentas informáticas.
Horas interactivas: 2
Práctica 5.- Climatoloxía-2: Obtención de clasificacións climáticas e de índices climáticos con ferramentas informáticas.
Horas interactivas: 2
Práctica 6.- Viaxe de campo: Recorrido xeolóxico para o recoñecemento de materiais, estruturas xeolóxicas e modelado superficial.
Horas interactivas: 4
Horas traballo alumno:
Prácticas 1, 2 e 3: 6,5 h
Prácticas 4 e 5: 3 h
Práctica 6: 1 h
Bibliografía básica
BIBLIOGRAFÍA XEOLOXÍA
De Pedraza Gilsanz, J. (1996). Geomorfología. Principios, Métodos y Aplicaciones. Ed. Rueda. Madrid.
Monroe J.S., Wicander, R., Pozo, M. (2008). Geología. Dinámica y evolución de la Tierra. Ed. Paraninfo. Madrid.
Okrusch, M., Frimmel, HE. (2020) Mineralogy: An Introduction to Minerals, Rocks, and Mineral Deposits. Springer, 1st ed. 981pp.
Parriaux, A.(2009). Geology basics for engenieers. CRC Press/Balkema. The Netherlands
Pozo, M., González, J., Giner, J. (2003). Geología Práctica. Prentice Hall, Madrid.
Tarbuck E.J., Lutgens, F.K. (2005). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la Geología Física. 6ª Ed. Prentice Hall, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA CLIMATOLOXÍA
Elías F., Castellví F. (2001). Agrometeorología. MundiPrensa. Madrid.
Hartmann D.L. (2016). Global Physical Climatology..Elservier 2ª Edition. WA, USA 472pp.
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA XEOLOXÍA
González de Vallejo, L.I., Ferrer, M., Ortuño, L., Oteo, C. (2002). Ingeniería Geológica. Pearson Education. Madrid.
Gutiérrez Elorza. M. (2008). Geomorfología. Prentice Hall, Madrid.
I.T.G.E. (1987). Riesgos Geológicos.
I.T.G.E./I.G.M.E. Mapas xeolóxicos, xeotécnicos e de riscos xeolóxicos.
Klein, C., Hurlbut, C.S.Jr (1996). Manual de Mineralogía. 4ª Ed Reverté. Barcelona.
Lambe T.W., Whitman R.V. (1993). Mecánica de Suelos. Ed. Limusa. México, D.F.
Maltaman. (1990). Geological Maps: An introduction.Open University Press.
Plaza Díez, O. Geología Aplicada. Universidade Politécnica de Madrid (Manual on line)
López Marinas, J.M.(2013). Geología Aplicada a la Ingeniería Civil. 4ª Edición CIe Inversiones Editoriales Dossat, 4ª Edición- Madrid . (2ª Edición-2002, on line).
BIBLIOGRAFÍA CLIMATOLOXÍA
Carballeira A. et al. (1983). Bioclimatología de Galicia. Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Martínez Cortizas A., Pérez Alberti et al. (1999). Atlas Climático de Galicia. Xunta de Galicia (On line).
Competencias básicas
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais
CG1 - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación
Esta competencia adquírese, parcialmente, nesta materia, concretamente no referente a: “Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funciones de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación no campo da Xeoloxía e Climatoloxía”. O resto adquírese noutras materias
CG2 - Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que xorden na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública
Esta competencia adquírese, parcialmente, nesta materia, concretamente no referente a: “Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico que xorden na construción dunha obra pública dende o ámbito xeolóxico e climatolóxico, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente”. O resto adquírese noutras materias.
-CG6 - Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medio ambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
Esta competencia adquírese, parcialmente, nesta materia, concretamente no referente a: “Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medio ambientais relacionados coas infraestrutura, no ámbito xeolóxico e climatolóxico”. O resto adquírese noutras materias.
Competencias transversais
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
-CEFB5 - Coñecementos básicos de xeoloxía e morfoloxía do terreo e a súa aplicación en problemas relacionados coa Enxeñería. Climatoloxía.
Para determinadas actividades promoverase o emprego voluntario (sen repercusión na cualificación) de recursos en idiomas adicionais ó galego e ó castelán, como inglés e francés. Como exemplos específicos, recomendarase o acceso a webs con recursos interesantes sobre Xeoloxía neses idiomas, así como empregar a versión en inglés (ou francés) do programa Cropwat que se usa nas prácticas de Climatoloxía, e tamén se proporá acceder a páxinas web con información meteorolóxica e climática en inglés, francés ou outras linguas. Estas actividades teñen relación coa competencia CT11.
As actividades presenciais estruturaranse en clases expositivas teóricas e clases interactivas (seminarios, prácticas e titorías). Como apoio ás clases teóricas e ás actividades prácticas facilitaráselle ós alumnos material docente axeitado, ben impreso ou a través do Campus Virtual.
Clases expositivas:
Nas clases expositivas de teoría o profesor presentará os conceptos teóricos que permitan o alumno abordar o estudio e compresión da materia. Como apoio utilizaranse os medios audiovisuais e programas informáticos axeitados.
Competencias traballadas: CG1, CG2, CB1, CB3, CB4, CT1, CT2, CEFB5
Clases interactivas:
As clases interactivas son un complemento ós contidos presentados nas clases de teoría. Realizaranse as seguintes actividades:prácticas en aula, laboratorio e no campo.
1. Prácticas de laboratorio e campo: No laboratorio ensinarase a metodoloxía para identificar de visu diferentes exemplares de minerais e rochas. Os alumnos traballarán a relación entre as características das rochas e a súa tendencia a meterorización. No campo completarase o estudo petrolóxico utilizando os coñecementos adquiridos no laboratorio, e visitaranse, para o seu recoñecemento, distintos modelados xeolóxicos.
Competencias traballadas: CG1, CG2, CG6, CB2, CB3, CEFB5
2. Prácticas de aula informática: Utilizaranse programas informáticos para a realización de estudos climáticos.
Competencias traballadas: CT5, CT10
3. Seminarios: Realizaranse dous tipos de seminarios con obxectivos diferentes: a) interpretación de mapas topográficos e xeolóxicos de diferentes zonas; Os alumnos traballarán e familiarizaranse coa información topográfica (cálculo de pendente, orientación etc ) e cartográfica no ámbito xeológico, coa representación de elementos estructurais (pregues, fallas, buzamento…), elaborarán un perfil topográfico e un corte xeolóxico, así coma unha ordenación cronolóxica dos estratos; b) reforzar certos aspectos teóricos que teñen máis relevancia no ámbito de Galicia, utilizando para iso medios audiovisuais.
Competencias traballadas: CG1, CG2, CG6, CT1, CT2, CEFB5
4. Elaboración de un traballo de curso: O alumno realizará un traballo consistente nun estudo climático dunha zona determinada. O alumno utilizará bases de datos climáticos, comprobará a idoneidade deses datos, realizando os axustes mais habituais. Utilizando ferramentas informáticas o alumno calculará a evapotranspiración, un balance hídrico e, posteriormente, elaborará e manexará distintas clasificacións e índices climáticos
Competencias traballadas: CB2, CB3, CT2, CT1, CT3, CT5, CT6, CT10, CT11
5. Titorías: Realizaranse en grupos moi reducidos e utilizaranse para facer un seguimento dos coñecementos adquiridos polo alumno e, no seu caso, para resolver as cuestións que se formulen. Haberá tamén titorías individualizadas nas que o alumno poderá resolver dúbidas relacionadas con calquera actividade relacionada coa materia
Competencias traballadas: CG2, CT1, CT2, CT12, CEFB5
Seguindo as recomendacións das autoridades, e cos medios específicos que indiquen, de ser o caso, promoverase evitar o plaxio ou reducilo todo o posible.
A avaliación do aprendizaxe farase tendo en conta probas teóricas, probas prácticas, traballos individuais e asistencia e implicación nas diferentes actividades programadas, das que se indica a continuación o porcentaxe de cada parte sobre a cualificación final:
1. Probas teóricas (inclúe todos os contidos explicados nas clases teóricas e seminarios) (55%). Con estas probas avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CG6, CT1, CT2, CT12 e CEFB5.
2. Probas prácticas (15%)
2.1. Identificación de minerais e rochas de visu. Con esta probas avaliaranse as seguintes competencias: CG6, CB2, CB3, CEFB5.
3. Traballos entregados e/o presentados
3.1. Interpretación de mapas topográficos, xeolóxicos e prácticas de campo (15%). Con esta actividade avaliaranse as seguintes competencias: CG2, CG6, CB2, CB3, CT2, CEFB5
3.2. Traballo de Climatoloxía (15%). Coas actividades prácticas e o traballo práctico de Climatoloxía avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CG1, CG2, CG6, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT10, CT12 e CEFB5
Durante o curso farase unha proba parcial que será eliminatoria, sempre e cando se alcance unha cualificación mínima de 5 nas disintas partes avaliadas. Para presentarse a esta proba parcial será imprescindible unha asistencia ás clases teóricas e prácticas dun 75% en cada unha delas no período considerado. Para os alumnos repetidores esta porcentaxe será do 50%.
Na primeira oportunidade (convocatoria de xaneiro) o alumno examinarase de toda a materia (en caso de non superar o primeiro parcial) ou só da segunda parte do temario (caso de superar o primeiro parcial). Poderanse compensar as partes non superadas sempre e cando se alcance en cada unha das probas anteriores (1, 2.1, 2.2, 3: teoría de Xeoloxía e Climatoloxía, as distintas prácticas e o traballo de climatoloxía) unha cualificación mínima de 4,5.
Na segunda oportunidade o alumno deberá presentarse a/as parte/s non superadas. Para calcular a cualificación final manteranse os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
Os alumnos con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante exame de cada unha das partes (teoría, prácticas e seminarios) e mediante avaliación dos informes/memorias dos traballos referentes aos seminarios de Mapas e das prácticas de Climatoloxía. Poderán realizar probas parciais.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
PLectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 95 h
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 55
-Seguimento da materia de maneira continuada e lectura da bibliografía recomendada
Xose Lois Otero Perez
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813300
- Correo electrónico
- xl.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Josefa Fernandez Sanjurjo
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 982823141
- Correo electrónico
- mf.sanjurjo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Avelino Nuñez Delgado
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- avelino.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Raquel Cela Dablanca
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- raquel.dablanca [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Pablo Souza Alonso
- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- pablo.souza [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 13 (Aulario 4) |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
10.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |