Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo desta materia é dotar ao alumno da capacidade para concibir, estudar a viabilidade de sistemas hidráulicos, redactar o proxecto de construción de obras hidráulicas, dirixir a construción destas obras, xestionar, conservar, explotar e reparar sistemas hidráulicos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Recursos hidráulicos
Conducións: en presión e en lamina libre
Hidráulica Fluvial e restauración de ríos
Introdución ao estudo das presas
Estos contidos desarrollanse según o seguiente temario:
Da mesma forma, indicase de modo orientativo o tempo dedicado a cada contido tanto de dedicación presencial (DP) como non presencial (DNP):
Teoría
ESTUDO DE RECURSOS HÍDRICOS (DP= 5h ; DNP= 10h)
OBRAS HIDRÁULICAS DE REGULACIÓN: PRESAS (DP= 5h ; DNP= 10h)
OBRAS HIDRÁULICAS DE TRANSPORTE: CONDUCCIONS (DP= 4h ; DNP= 8h)
BOMBEOS E APROVEITAMENTOS ENERXÉTICOS (DP= 4h ; DNP= 8h)
REGADÍOS, OBRAS FLUVIALES E ACUÍFEROS E RESTAURACIÓN AMBIENTAL (DP= 4h ; DNP= 8h)
OPTIMIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DE SISTEMAS DE RECURSOS HIDRÁULICOS (DP= 2h ; DNP= 4h)
Práctica
1. Estudios de regulación. Laminación de avenidas. (DP= 5h ; DNP= 10h)
2. Estabilidade de presas de fábrica. Presas de materiais soltos. (DP= 4h ; DNP= 8h)
3. Predimensionamiento de presas. (DP= 2h ; DNP= 4h)
4. Órganos de desagüe das presas. (DP= 2h ; DNP= 4h)
5. Conduccions en presión. Conduccions en lámina libre. (DP= 3h ; DNP= 4h)
6. Estacions de bombeo. (DP= 2h ; DNP= 3h)
7. Saltos hidroeléctricos. (DP= 2h ; DNP= 4h)
8. Regadíos. (DP= 2h ; DNP= 2h)
9. Encauzamentos. (DP= 2h ; DNP= 4h)
Básica
Agudo González, J (2008): "Ejecución y gestión de obras hidráulicas". Ed, Comares. Granada.
Custodio, E., Llamas, M.R., Directores de edición (1976): “Hidrología Subterránea”. Eds. Omega- Barna.
Chow, Ven Te (1994): "Hidráulica de canales abiertos". Santafé de Bogotá [etc.]: McGraw-Hill, cop.
Heras, R., (2001) “Recursos hidráulicos. Planificación y medio ambiente. Modelos metodológicos y normas”. Ed. CICCP,
Complementaria
Martín Carrasco, F.J. (2001): "Dimensionamiento y optimización de Obras Hidráulicas". Ed. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos.
Martín Vide, "Hidráulica fluvial". Ed. UPC
Martínez Marín, E. (2005): “Hidrología práctica”. Colegio de ICCP. 2ª edición
Vallarino Cánovas del Castillo, E. (2006): “Tratado básico de presas”, Tomos I y II. Colección Senior No. 11, 6ta. Edición, Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Madrid
Warner, J.C., Brunner, G.W., Wolfe, B.C., Piper, S.S. (2010): “HEC-RAS River Analysis System Applications Guide”, USACE-HEC.
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias fixadas pola Orde Ministerial, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral da enxeñaría civil en particular:
Básicas
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
Transversais
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Xerais
CG1. Capacitación científico - técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Civil e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Específicas
CETEH1. Coñecemento e capacidade para proxectar e dimensionar obras e instalacións hidráulicas, sistemas enerxéticos, aproveitamentos hidroeléctricos e planificación e xestión de recursos hidráulicos superficiais e subterráneos.
Esta competencia adquírese tamén coas materias Xestión de Recursos Hidráulicos en Enxeñaría Civil (3º curso) e Presas (3º curso), e ademais nas materias Ecoloxía dos Sistemas Litorais (4º curso) e Aproveitamentos Enerxéticos Hidráulicos (4º curso).
Clases expositivas, seminarios interactivos, ademais de titorías individuais e en grupos reducidos.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. Os alumnos deberán dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán en clase, así como ao seu estudo posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumno, dentro de cada unidade prográmase un resumen-repaso dos conceptos teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, de modo que ao mesmo tempo se asegure que o alumno dispón dos coñecementos necesarios para o adecuado desenvolvemento dos seminarios interactivos. CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CETEH1, CT1, CT2,CT3, CT5, CT9, CT10, CT11, CT12.
En canto aos seminarios interactivos, estes concíbense como un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento os alumnos resolverán prácicas, exercicios e problemas, a ser posible en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. Do mesmo xeito, tamén se formularán cuestións de difícil comprensión que deberán ser resoltas polo alumnado. CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CETEH1, CT1, CT2,CT3, CT4, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11, CT12.
Os alumnos realizarán un traballo de curso para desenvolver en profundidade algún aspecto da materia.
Nas titorías individuais e en grupo atenderase o alumnado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia.
A documentación da materia subirase ò campus virtual da USC.
Recurrirase a un sistema de avaliación no que se tendrá en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, a nota final da asignatura, ademais do examen final, terá en conta os siguientes aspectos:
1) Entrega de prácticas, exercicios e problemas
Sistema de avaliación: entregas escritas periódicas
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETEH1
Peso: 10%
2) Participación na aula
Sistema de avaliación: asistencia, actividades entregadas/expostas, observación
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETEH1
Peso: 10%
3) Proba final:
Sistema de avaliación: exame escrito
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETEH1
Peso: 60%
4) Traballo de curso:
Sistema de avaliación: entrega escrita
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETEH1
Peso: 20%
A asinatura superarase cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose nos distintos aspectos tidos en consideración na avaliación únicamente unha nota mínima na Proba final de 5 puntos sobre 10(as partes da proba final farán media a partir de 4) e no Traballo de Curso de 5 puntos sobre 10.
A obtención dunha calificación de non apto no traballo de curso o no examen final impedirá aprobar a materia.
Os criterios a seguir na oportunidade extraordinaria de recuperación e para alumnos repetidores serán análogos ós expresados anteriormente. Neste sentido, a nota obtida nos apartados 1, 2, 3 y 4 conservase únicamente durante o propio curso académico (1ª y 2ª oportunidad).
De modo excecional, no caso de existir a imposibilidade por parte dalgún alumno de asistir de forma continuada ás clases expositivas e de seminarios interactivos, será preciso que se dirixa ó profesor coa la maior antelación posible, de modo que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación, seguindo a normativa da USC.
No caso de ter Dispensa de Asistencia, o 10% sobre a nota final correspondente a esta parte, repartirase nos outros tres aspectos de avaliación, sendo un 5% na proba final, un 2,5% en entrega de practicas e un 2,5% no traballo de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios o probas será de aplicación o recogido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
Tempo estimado de traballo persoal do alumno:
- Lectura e preparación de temas: 36 horas
- Realización de exercicios: 12 horas
- Elaboración de traballos de curso: 24 horas
- Preparación de probas de avaliación: 23 horas
Para a total comprensión da materia, se recomenda:
Estudio diario da asignatura.
Preparación dos exercicios propostos antes da sua realización na clase.
Asistencia a tutorías para o seguimento e resolución de dudas da materia.
Ivan Lopez Moreira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Reigosa Castro
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- maria.reigosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
David Mateo Fouz Varela
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- davidmateo.fouz.varela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | Aula 5 (Aulario 2) |
23.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
19.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |