Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos da materia
A.- OBXECTIVO XENÉRICO: Que os alumnos de Fruticultura coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos froiteiros, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtiva.
B.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS: Os obxectivos específicos, cognitivos e procedementais, son:
- Recoñecer especies froiteiras e comprender a problemática actual e as novas tendencias de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies froiteiras e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, fecundación e desenvolvemento do froito.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos do medio ecolóxico nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo de plantacións froiteiras.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo froiteiro, sendo capaz de seleccionar especies, patróns e variedades para cada situación concreta e valorar a importancia da conservación de recursos fitoxenéticos.
- Coñecer as técnicas de preparación do chan e plantación das especies froiteiras.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de propagación de especies froiteiras, de forma que adquira habilidade na realización de enxertos e estaquillados.
- Coñecer as diferentes técnicas de cultivo aplicables ás plantacións froiteiras e ser capaz de elixir, programar e aplicar as máis axeitadas a cada caso, en función dos condicionantes agronómicos.
- Coñecer os hábitos de desenvolvemento, os criterios e as técnicas aplicables á formación e produción en especies froiteiras e manexar axeitadamente as ferramentas precisas.
- Coñecer a problemática da recolección e os criterios de calidade dos froitos.
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: "Morfología y fisiología del árbol frutal. Medio productivo y ecología del árbol frutal. Multiplicación y propagación de especies frutales. Diseño y establecimiento de plantaciones. Técnicas de cultivo. Gestión técnico-económica de la explotación frutal. Aspectos legales implicados en la actividad frutícola."
Estos contidos se desenvolverán dacordo co seguiente temario:
1. BLOQUE TEMÁTICO I. INTRODUCIÓN Á FRUTICULTURA. 3 h P (presencial) y 3 h NP (non presencial)
Tema 1. CONCEPTO DE FRUTICULTURA.
2. BLOQUE TEMÁTICO II. BIOLOXÍA DO FROITEIRO. 7 h P (presencial) y 7 h NP (non presencial)
Tema 2. ORGANOGRAFÍA DA FROITEIRA: SISTEMA RADICAL E SISTEMA AÉREO.
Tema 3. FORMACIÓNS VEXETATIVAS E FRUTÍFERAS.
Tema 4. CICLOS ANUAIS E VITAIS DOS FROITEIROS.
Tema 5. MORFOLOXÍA E FISIOLOXÍA DA FLORACIÓN.
Tema 6. FISIOLOXÍA DA FECUNDACIÓN E A FRUTIFICACIÓN.
Tema 7. CALLADO, DESENVOLVEMENTO e MADURACIÓN DO FROITO.
3. BLOQUE TEMÁTICO III. O MEDIO ECOLÓXICO. 7 h P (presencial) y 7 h NP (non presencial)
Tema 8. O MEDIO EDÁFICO.
Tema 9. O CLIMA E OS CULTIVOS FROITEIROS.
4. BLOQUE TEMÁTICO IV. PROPAGACIÓN DO MATERIAL VEXETAL.
Tema 10. MATERIAL VEXETAL
Tema 11. MÉTODOS DE PROPAGACIÓN DE ESPECIES FROITEIRAS.
5. BLOQUE TEMÁTICO V. TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN FROITEIRA: ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS E LABORES CULTURAIS. 7 h P (presencial) y 7 h NP (non presencial)
Tema 12. DESEÑO E ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS.
Tema 13. MANTEMENTO DO CHAN.
Tema 14. A PODA: FINALIDADE, PRINCIPIOS E TIPOS.
6. BLOQUE TEMÁTICO VI. HORAS INTERACTIVAS (SEMINARIOS E PRÁCTICAS). 18 h P (presencial) y 18 h NP (non presencial)
Práctica 1. Visita ás coleccións de cultivos froiteiros da EPS. Práctica de campo.
Práctica 2. Morfoloxía das froiteiras. Práctica de campo e laboratorio.
Práctica 3. Propagación: sementes, enxerto, estaquillado e acodo. Práctica de campo.
Práctica 4. Poda. Práctica de campo.
Práctica 5. Criterios de calidade e maduración dos froitos. Práctica de laboratorio.
SEMINARIO 1. PROPAGACIÓN SEXUAL.
SEMINARIO 2. PROPAGACIÓN VEXETATIVA
SEMINARIO 3. A PODA I.
SEMINARIO 4. A PODA II.
SEMINARIO 5. PROXECTOS DE PLANTACIÓNS DE FRUTAIS.
Trabajos: 12 h P (presencial) y 12 h NP (non presencial)
Traballo Individual: Proxecto de plantación de frutais
Traballo individual: Elaboración de glosario de termos galego/español/inglés.
Viaxes de Prácticas. 6 h P (presencial) y 6 h NP (non presencial)
Visita a plantacións frutais en Lugo onde na actualidade se producen arandos, framboesas, moras e fresas tanto en suelo como en cultivo hidropónico cas últimas variedades e tecnoloxía. A visita é obrigatoria e avaliable cun resumen individual sobre os contidos da visita: material vexetal, preparación do solo, disposición das plantas, maquinaria empregada, fertilización, tratamentos fitosanitarios, poda, comercialización.
BLOQUE 1-5. Competencias CG1, CEG5, CT1, CT12, HJ8, HJ1, HJ2, MC1
BLOQUE 6. Competencias CG1, CEG5, CT1, CT2, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
TRABAJOS. CT1, CT2, CT12, CG1, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
Básica:
Sansavini, S., Costa, G., Gucci, R., Inglese, P., Ramina, A., Xiloyannis, C., and Desjardins,Y., eds. (2019). Principles of Modern Fruit Science (Leuven, Belgium: ISHS), pp.421. ISBN 978-94-6261-204-4.
AGUSTÍ, M. 2010. Fruticultura. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
FERNANDEZ-ESCOBAR, R. 2019. Planificación y diseño de plantaciones frutales. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 484
GIL-ALBERT, F. 1996. Tratado de Arboricultura Frutal. Vol. I: Morfología y fisiología del árbol frutal. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 12
GIL-ALBERT, F. 1998. Tratado de A. Frutal. Vol. II: La ecología del árbol frutal. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 20
GIL-ALBERT, F. 1995. Tratado de Arboricultura Frutal. Vol. IV: Técnicas de mantenimiento de suelo. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 196
Complementaria:
BALDINI, E. 1992. Arboricultura General. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 337
BADENES, M.L.; BYRNE, D.H. 2012. Fruit breeding / Springer Series “Handbook of Plant Breeding” (M.L. Badenes and D. Byrne eds.), XVI, Springer, 875 pp.
BECCARO Gabriele, Alberto Alma, Giancarlo Bounous, José Gomes-Laranjo. The chestnut handbook. Crop and forest management. . CRC Press, 53-119. 2020. ISBN -13:978-1-138-33402-1 (Hardback)
BRETAUDEAU, J.; FAURE, Y. 1992. Atlas d’arboriculture fruitière. Ed. Tech. et Doc., Lavoisier, Paris. CAFR 88
BRUCE MACDONALD. 2006. Practical Woody Plant Propagation for Nursery Growers. Timber Press. ISBN-10: 0881928402. ISBN-13: 978-0881928402
COLETO, J. M. 1995. Crecimiento y desarrollo de las especies frutales. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 267
COUTANCEAU, M., 1.997. Fruticultura. Ed. Oikos-Tau, Barcelona. CAFR 364
COQUE, M.; DÍAZ, M. B. 2005. Poda de frutales y técnicas de propagación y plantación. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. CAFR 282
DÍAZ, M. B.; RAMOS A. M.; PEREIRA, S. 2007. Estudio comparativo de los principales cultivares de manzano "Malus x domestica" de Asturias, País Vasco y Galicia. Ed. INITAA, Madrid.
DÍAZ-HERNÁNDEZ, M.B.; CIORDIA-ARA, M.; RAMOS-CABRER, A.M.; PEREIRA-LORENZO, S. 2009. Cultivares de castaño (Castanea sativa Mill.) de Asturias. SERIDA, 1-81 (2009). ISBN: 978-84-8367-063-7
Díaz Losada, E.; Orriols Fernández, I.; Rego Martínez, F.; Tato Salgado, A.; Ramos-Cabrer, A.M.; Pereira-Lorenzo, S. 2012. La colección de vid de la Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. Xunta de Galicia, 2012, 383 pp. ISBN:978-84-453-5003-4. http://83.165.217.41/ebooks/156843643/index.html#/4/zoomed
HIDALGO, L. 1999. Tratado de viticultura general. Mundi-Prensa, Madrid, 1172 p.
GAUTIER, M. 1988. La culture fruitière. Ed. Technique el Documentación, Lavoisier, Paris.
MICHAEL A. Dirr (Autor), CHARLES W. HEUSER (Autor). 2009. Reference Manual of Woody Plant Propagation: From Seed to Tissue Culture. Timber Press; Edición: 2nd edition (5 de enero de 2009). ISBN-10: 1604690046. ISBN-13: 978-1604690040
Nuez, F.; Llácer, V. 2001. La Horticultura española Sociedad Española de Ciencias Hortícolas, 382-385.
PEREIRA-LORENZO, S.; FERNANDEZ-LOPEZ, J. 1997. Los cultivares autóctonos de castaño (Castanea sativa Mill.) en Galicia. Monografías I.N.I.A., Madrid, 99, 1-533
PEREIRA-LORENZO, S.; ASCASÍBAR-ERRASTI, J.; RAMOS-CABRER, A.M.; PIÑEIRO-ANDIÓN, J. 2002. Colección de cultivares autóctonos gallegos de manzano (Malus x domestica) del Banco de Germoplasma de Mabegondo. Monografía INIA-Serie Agricultura, 9, 1-466
PEREIRA-LORENZO, S.; RAMOS-CABRER, A.M. 2003. Características morfológicas e isoenzimáticas de los cultivares de castaño (Castanea sativa Mill.) de Andalucía. Monografías INIA: Agrícola, 13, 1-160
Pereira-Lorenzo, S.; Ramos-Cabrer, A.M.; Fischer, M. 2009. Breeding apple (Malus x domestica Borkh.). In: Breeding Plantation Tree Crops: Temperate Species Springer (S.M. Jain, P.M. Priyadarshan eds.), 33-83 (2009). ISBN: 978-0-387-71202-4. Springer Science+Business Media, DOI: 10.1007/978-0-387-71203-1_2.
Pereira-Lorenzo S.; Díaz-Hernández, M.B.; Ramos-Cabrer, A.M. 2009. Spain. In: Following chestnut footprints (Castanea sativa L.) (Damiato and Bounous eds.). 2009. Scripta Horticulturae n° 9, 143-148. International Society for the Horticultural Science. ISBN: 978-90-6605-632-9.
Varios. 2020. The chestnut handbook. Crop and forest management. Edited by: Gabriele Beccaro, Alberto Alma, Giancarlo Bounous, José Gomes-Laranjo. CRC Press, 53-119. 2020. ISBN -13:978-1-138-33402-1 (Hardback)
Competencias
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Coñecemento de materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan a aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ambientes cambiantes.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade de razoar e argumentar
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade de escribir e asinar estudos de desenvolvemento rural, impacto ambiental e xestión de residuos para as industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras e espazos relacionados coa xardinería e o deseño de xardíns.
CEG6 - Capacidade para traballar en equipos multidisciplinares e multiculturais.
HJ1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da produción de froitas e vexetais
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía básicos da produción e da produción hortícolas, de froitas e ornamentais. Control de calidade dos produtos hortícolas. Comercialización.
HJ4 Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios das zonas verdes, locais deportivos e granxas de froitas e hortalizas.
HJ5 Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios de obras civís, instalacións e infraestruturas de zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Regas e drenaxes. Maquinaria para horticultura e xardinaría.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios do material vexetal: produción, uso e mantemento.
MC1 - Capacitade para comprender, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción animal e vexetal: fitotecnia; biotecnoloxía e mellora vexetal; cultivos; protección dos cultivos; xardinaría e paisaxismo. Espazos deportivos.
1. As clases teóricas impartiranse utilizando a lección maxistral apoiándose na USC-Virtual para conseguir alcanzar os obxectivos da docencia. CG1, CEG5, CT1, CT2, CT11,CT12, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
As sesións interactivas realizaranse con grupos reducidos para poder alcanzar unha maior interacción co alumno, e a asistencia considerarase de carácter obrigatorio.
Preparación dun proxecto individual dunha plantación frutal
Elaboración dun glosario de termos galego/español/inglés en grupos.
Coas Ferramentas de "Avaliación-Traballos" poderase examinar a oferta, directrices e data tope dos envíos.
Realízanse titorías presenciais e tamén "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
Docencia expositiva: P (presencial) 24 horas. NP (non presencial) 24 horas
1. BLOQUE TEMÁTICO I. INTRODUCIÓN Á FRUTICULTURA. 3h P y 3h NP
2. BLOQUE TEMÁTICO II. BIOLOXÍA DA ÁRBORE FROITEIRA. 7h P y 7 h NP
3. BLOQUE TEMÁTICO III. O MEDIO ECOLÓXICO. 15%
4. BLOQUE TEMÁTICO IV. PROPAGACIÓN DO MATERIAL VEXETAL. 7h P y 7h NP
5. BLOQUE TEMÁTICO V. TECNOLOXÍA DA PRODUCIÓN FROITEIRA: ESTABLECEMENTO DE PLANTACIÓNS E LABORES CULTURAIS. 7h P y 7h NP
2. Sesións Interactivas. CT1, CT2,CT11, CT12, CG1, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
6. BLOQUE TEMÁTICO VI. HORAS INTERACTIVAS: SEMINARIOS (8h P y 8h NP), VIAXE (6h y 6 h NP) E PRÁCTICAS (10h y 10NP).
Docencia interactiva: 24 horas P y 24 h NP.
Trabajos: 12 h P y 12 h NP
Realízanse rotacións curtas. Teñen lugar na aula (e tamén no Campo de Prácticas) asignada ao grupo, segundo o horario que establece o calendario académico.
A asistencia ás prácticas é obrigatoria e imprescindible para poder realizar o exame final da materia. A non asistencia –agás causa de forza maior debidamente xustificada– supón non realizar o exame final da parte (ou partes) da asignatura relacionadas coa dita ausencia.
3. Titorías
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, porén poderanse programar titorías virtuais pero respectando as franxas horarias que figuran no horario 2020-21.
Existen dous tipos de titorías no actual plan e estudos: a titoría de grupo e a individual. A primeira terá lugar na data definida no calendario académico.
A segunda é o modelo tradicional, recomendable para clarexar cantas dúbidas e dificultades podan xurdir durante o semestre. É necesario fixar unha data co profesorado antes de acudir a esta titoría que adoita ter lugar no despacho do docente.
A proba final será presencial (avaliacións da 1ª e 2ª oportunidade) mediante a realización dun exame escrito cuxa nota supón o 70% da cualificación global. A avaliación continua esencialmente baseada nos traballos representa o 30% restante.
- 70% CONTENIDOS TEÓRICOS
CG1, CEG5, CT1, CT2, CT11,CT12, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
- 30% PRÁCTICAS (5%), VIAXE (5%) e TRABALLOS (20%)
CT1, CT2,CT11, CT12, CG1, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
O alumnado repetidor ou con dispensa de asistencia examinarase da totalidade dos contidos da materia. As actividades docentes de asistencia obrigatoria e inescusable para alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia serán as PRÁCTICAS, VIAXE e TRABALLOS.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nos traballos farase unha revisión de plaxio.
TRABAJO PRESENCIAL EN EL AULA .......... 54 horas
--------------------------------------------
- Sesiones expositivas .................. 24
- Sesiones interactivas ................. 24
- Tutorías ...................................... 3
- Realización de exames ............... 3
TRABAJO PERSOAL DO ESTUDIANTE ..... 74 horas
Lectura e preparación de temas .........24
Preparación previa das prácticas etTraballo posterior sobre as mesmas... 10
Traballo posterior aos seminarios.........8
Preparación previa viaxe e traballo posterior....6
Elaboración de traballos de curso....... 12
Preparación de probas de avaliación ..14
Recoméndase asistir regularmente ás clases teóricas, así como consultar a bibliografía proposta.
Ademais, aconséllase acudir á titorías para resolver as dúbidas relativas á materia. Os profesores da materia están dispoñibles para calquera consulta, previa cita
Santiago Pereira Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- santiago.pereira.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 (Aulario 3) |