Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Preténdese que o alumno que cursou e superou esta materia teña capacidade para:
- Coñecer a importancia da madeira como materia prima renovable
- Manexar unha visión ampla –a nivel mundial e nacional– e local –a nivel rexional– da importancia da industria da celulosa na economía actual
- Ter unha visión de conxunto da evolución histórica destas industrias
- Describir detidamente as técnicas e procesos de maior produción nestes momentos
- Concienciar da importancia do cumprimento das normativas ambientais nunhas industrias historicamente vistas como altamente contaminantes
- Ver “in situ” unha planta moderna do grupo ENCE (xa sexa en Pontevedra ou en Asturias)
- Coñecer a historia da produción do papel: métodos e tipos
- Relacionar os tipos de polpa coas clases e calidades de papel
- Coñecer os mecanismos e métodos de elaboración e acabado do papel
- Entender e detectar a problemática industrial que supón o abastecemento de madeira, os conceptos que interveñen nela e a súa manifestación a niveis global, rexional e local
- Traballar en equipo
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• A materia prima para a industria da polpa e do papel
• Historia e evolución dos procesos de produción de polpa
• A química celulósica para a obtención de polpa
• Procesos de produción de polpa ó sulfato e mecánica
• Branqueo, recuperación de licores, produción de enerxía, limpeza e embalaxe
• Fibras usadas para a produción de papel ó longo da historia
• Tipos de papel xerados segundo a polpa utilizada
• Proceso clásico de produción de papel
• Tratamentos do papel
Que serán desenrolados de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORIA.
Tema 1. A Industria da celulosa: introdución (6 horas)
Importancia da Industria da celulosa e do papel na economía nacional e internacional. Distribución do mercado da celulosa e do papel no mundo. O mercado da celulosa e do papel en Europa: importancia da produción española. Análise e evolución da industria da celulosa e do papel en España.
Tema 2. As fibras como fonte de produción de celulosa papeleira (1 horas)
Fibras de froitos: algodón y outras. Fibras liberianas: cáñamo, yute e outras. Fibras de gramíneas: esparto, bambú y outras. Fibras de follas. Outras fibras: animais, minerais, rexeneradas e sintéticas.
Tema 3. Historia dos procesos de fabricación da celulosa (2 horas)
Introdución. Procesos comercialmente importantes. Polpa mecánica. Polpa á sosa. Polpa ó sulfito. Polpa ó sulfato. Polpa semiquímica. Historia dos procedementos de branqueo da celulosa.
Tema 4. A celulosa. Definición e importancia na produción de celulosa (2 horas)
Definición de celulosa e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Características da celulosa en xeral. O proceso de oxidación da celulosa. Solución da celulosa. A celulosa da madeira: características e descrición por especies.
Tema 5. A lignina. Definición e importancia na produción de celulosa (2 horas)
Definición de lignina e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Estrutura e características químicas da lignina. Propiedades físicas da lignina. Historia dos procesos de extracción da lignina. As reaccións químicas da lignina: grupos funcionais, oxidacións, hidrólise, sulfonación, hidroxenación, hidroxenólise e haloxenación.
Tema 6. Hemicelulosa y azucres. Influencia na recuperación de licores (1 hora)
Hemicelulosas: definición e extracción. Diferenzas entre a celulosa e as hemicelulosas. Importancia das hemicelulosas nas polpas de papel. Estrutura da fibra de hemicelulosas. Os azucres nos licores de recuperación dos procesos de produción de celulosa para papel. Influenza de diversos extractos.
Tema 7. Polpa ó sulfato ou polpa Kraft. Proceso, equipo e polpa (5 horas)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Variables de cocción. Características da polpa resultante. Equipo utilizado: dixestores, tanque de descarga, lavadores e difusores. Proceso de recuperación de reactivos: licores. Fornos de recuperación do licor negro.
Tema 8. Polpa ó sulfito. Proceso, equipo e polpa (1 hora)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Procesos de produción de polpa ó sulfito: P. ó sulfito ácido, P. ó sulfito alcalino, P. ó bisulfito, P. ó sulfito en etapas múltiples e P. ó sulfito con alto rendemento. Características físicas da polpa resultante: propiedades ópticas e mecánicas.
Tema 9. Polpa mecánica. Proceso, equipo e polpa (2 horas)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso. Características da polpa resultante. Análise da calidade da polpa. Equipo utilizado: muíños e condicións de uso. Recomendacións para unha fábrica de polpa mecánica.
Tema 10. Branqueo. Historia e clasificación (2 horas)
Historia de los procesos de branqueo. Xustificación do branqueo. Diferenzas nos procesos de branqueo das distintas polpas químicas.
Tema 11. Preparación da celulosa para a elaboración do papel (2 horas)
Definición, xustificación e obxectivos. Accións máis importantes nos procesos de preparación da celulosa. Parámetros de definición da calidade da celulosa.
Tema 12. Máquinas formadoras del papel. Evolución e tipos (2 horas)
Evolución das máquinas formadoras de papel. Funcións e principios da máquina Fourdrinier e os seus distribuidores de celulosa. Máquina de cilindros: descrición, avantaxes e inconvenientes. Cubas, sacudidores e regadeiras. Secadores. Calandrias. Gofradoras.
Tema 13. Proceso de formación del papel (2 horas)
Descrición do proceso de formación. A distribución da celulosa. Drenado e formación. Prensado. Secado e ventilación. Calandrado. Embobinado e gofrado.
Tema 14. Encolado y tinxido do papel (2 horas)
El encolado del papel: xustificación, métodos, materiais e exemplos. Tipos de papel encolados. O tinxido do papel: os tons. Métodos de tinxido. Tipos de colorantes: básicos, ácidos, directos e pigmentos sintéticos.
Tema 15. Tratamentos superficiais do papel (2 horas)
Definición y obxectivos. Adhesión. Especificacións. Recubrimento. Vernices: retención e uso. Problemas coa aplicación de vernices.
Tema 16. Recuperación do papel. Situación e potencialidade (2 horas)
Antecedentes. Tipos de recollida. Situación da recollida selectiva de papel na Unión Europea e en España. Aceptación social da recollida selectiva de papel.
TEMARIO DE PRACTICAS.-
Práctica: Na parte práctica farase unha visita ás instalacións dunha das plantas de ENCE na Península Ibérica (Pontevedra ou Navia).
O Grupo ENCE é o maior grupo produtor de celulosa polo método Kraft na Península Ibérica, con un volume de produción anual entre as dúas plantas de case un millón de toneladas de celulosa. A total dispoñibilidade por parte de ambas plantas a explicar todo o proceso produtivo, o elevado nivel tecnolóxico de calquera das dúas plantas e a súa constante evolución e mellora na xestión ambiental e da calidade, fan da planta de Pontevedra e da de Navia o complemento perfecto ás explicacións teóricas realizadas en clase.
Esa visita implicará unha preparación previa por parte do alumnado que incluirá a descrición da súa situación, tipo de produción e capacidade, breve percorrido histórico do grupo ENCE e a análise do compromiso de ENCE coa calidade e o medio ambiente: ISO 9002, ISO 14001, SIGMA (Sistema de Xestión Medioambiental).
O tempo estimado entre a visita á planta de celulosa e a preparación previa é de 12 horas
• Historia e evolución dos procesos de produción de polpa
• A química celulósica para a obtención de polpa
• Procesos de produción de polpa ó sulfato e mecánica
• Branqueo, recuperación de licores, produción de enerxía, limpeza e embalaxe
• Fibras usadas para a produción de papel ó longo da historia
• Tipos de papel xerados segundo a polpa utilizada
• Proceso clásico de produción de papel
• Tratamentos do papel
Que serán desenrolados de acordo co seguinte temario:
TEMARIO DE TEORIA.-
Tema 1. A Industria da celulosa: introdución (6 horas. Horas non presenciais do tema: 18 horas)
Importancia da Industria da celulosa e do papel na economía nacional e internacional. Distribución do mercado da celulosa e do papel no mundo. O mercado da celulosa e do papel en Europa: importancia da produción española. Análise e evolución da industria da celulosa e do papel en España.
Tema 2. As fibras como fonte de produción de celulosa papeleira (1 horas. Horas non presenciais do tema: 3 horas)
Fibras de froitos: algodón y outras. Fibras liberianas: cáñamo, yute e outras. Fibras de gramíneas: esparto, bambú y outras. Fibras de follas. Outras fibras: animais, minerais, rexeneradas e sintéticas.
Tema 3. Historia dos procesos de fabricación da celulosa (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Introdución. Procesos comercialmente importantes. Polpa mecánica. Polpa á sosa. Polpa ó sulfito. Polpa ó sulfato. Polpa semiquímica. Historia dos procedementos de branqueo da celulosa.
Tema 4. A celulosa. Definición e importancia na produción de celulosa (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Definición de celulosa e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Características da celulosa en xeral. O proceso de oxidación da celulosa. Solución da celulosa. A celulosa da madeira: características e descrición por especies.
Tema 5. A lignina. Definición e importancia na produción de celulosa (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Definición de lignina e a súa importancia na produción de celulosa para papel. Estrutura e características químicas da lignina. Propiedades físicas da lignina. Historia dos procesos de extracción da lignina. As reaccións químicas da lignina: grupos funcionais, oxidacións, hidrólise, sulfonación, hidroxenación, hidroxenólise e haloxenación.
Tema 6. Hemicelulosa y azucres. Influencia na recuperación de licores (1 hora. Horas non presenciais do tema: 3 horas)
Hemicelulosas: definición e extracción. Diferenzas entre a celulosa e as hemicelulosas. Importancia das hemicelulosas nas polpas de papel. Estrutura da fibra de hemicelulosas. Os azucres nos licores de recuperación dos procesos de produción de celulosa para papel. Influenza de diversos extractos.
Tema 7. Polpa ó sulfato ou polpa Kraft. Proceso, equipo e polpa (5 horas. Horas non presenciais do tema: 15 horas)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Variables de cocción. Características da polpa resultante. Equipo utilizado: dixestores, tanque de descarga, lavadores e difusores. Proceso de recuperación de reactivos: licores. Fornos de recuperación do licor negro.
Tema 8. Polpa ó sulfito. Proceso, equipo e polpa (1 hora. Horas non presenciais do tema: 3 horas)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso: etapas. Procesos de produción de polpa ó sulfito: P. ó sulfito ácido, P. ó sulfito alcalino, P. ó bisulfito, P. ó sulfito en etapas múltiples e P. ó sulfito con alto rendemento. Características físicas da polpa resultante: propiedades ópticas e mecánicas.
Tema 9. Polpa mecánica. Proceso, equipo e polpa (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Introdución: xustificación, materia prima e papel resultante. Descrición do proceso. Características da polpa resultante. Análise da calidade da polpa. Equipo utilizado: muíños e condicións de uso. Recomendacións para unha fábrica de polpa mecánica.
Tema 10. Branqueo. Historia e clasificación (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Historia de los procesos de branqueo. Xustificación do branqueo. Diferenzas nos procesos de branqueo das distintas polpas químicas.
Tema 11. Preparación da celulosa para a elaboración do papel (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Definición, xustificación e obxectivos. Accións máis importantes nos procesos de preparación da celulosa. Parámetros de definición da calidade da celulosa.
Tema 12. Máquinas formadoras del papel. Evolución e tipos (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Evolución das máquinas formadoras de papel. Funcións e principios da máquina Fourdrinier e os seus distribuidores de celulosa. Máquina de cilindros: descrición, avantaxes e inconvenientes. Cubas, sacudidores e regadeiras. Secadores. Calandrias. Gofradoras.
Tema 13. Proceso de formación del papel (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
Descrición do proceso de formación. A distribución da celulosa. Drenado e formación. Prensado. Secado e ventilación. Calandrado. Embobinado e gofrado.
Tema 14. Encolado y tinxido do papel (2 horas. Horas non presenciais do tema: 6 horas)
El encolado del papel: xustificación, métodos, materiais e exemplos. Tipos de papel encolados. O tinxido do papel: os tons. Métodos de tinxido. Tipos de colorantes: básicos, ácidos, directos e pigmentos sintéticos.
Tema 15. Tratamentos superficiais do papel (2 horas. Horas non presenciais do tema: 3 horas)
Definición y obxectivos. Adhesión. Especificacións. Recubrimento. Vernices: retención e uso. Problemas coa aplicación de vernices.
Tema 16. Recuperación do papel. Situación e potencialidade (2 horas. Horas non presenciais do tema: 3 horas)
Antecedentes. Tipos de recollida. Situación da recollida selectiva de papel na Unión Europea e en España. Aceptación social da recollida selectiva de papel.
TEMARIO DE PRACTICAS
Práctica: Na parte práctica farase unha visita ás instalacións dunha das plantas de ENCE na Península Ibérica (Pontevedra ou Navia).
O Grupo ENCE é o maior grupo produtor de celulosa polo método Kraft na Península Ibérica, con un volume de produción anual entre as dúas plantas de case un millón de toneladas de celulosa. A total dispoñibilidade por parte de ambas plantas a explicar todo o proceso produtivo, o elevado nivel tecnolóxico de calquera das dúas plantas e a súa constante evolución e mellora na xestión ambiental e da calidade, fan da planta de Pontevedra e da de Navia o complemento perfecto ás explicacións teóricas realizadas en clase.
Esa visita implicará unha preparación previa por parte do alumnado que incluirá a descrición da súa situación, tipo de produción e capacidade, breve percorrido histórico do grupo ENCE e a análise do compromiso de ENCE coa calidade e o medio ambiente: ISO 9002, ISO 14001, SIGMA (Sistema de Xestión Medioambiental).
O tempo estimado entre a visita á planta de celulosa e a preparación previa é de 12 horas.
Bibliografía básica en Industria da celulosa e do papel
• 1. Casey, J.P. (1990): Polpa y papel: Química y tecnología química. Vol. I y II. Noriega editores. Limusa. Méjico.
• 2. Earl Libby, C. (1967): Ciencia y tecnología sobre polpa y papel. Tomo I: polpa. Tomo II: papel. México. Compañía Editorial Continental.
Bibliografía complementaria para cada unha das Unidades didácticas
• 3. Bermúdez, J.D. (1999):La Industria de la pasta de la celulosa, papel y cantón. CIS-Madera. Nº. 3 (nov. 1999) ; p. 6-29
• 4. FAO (1998):Guía para planificar empresas y fábricas de pasta y papel. Colección FAO Montes. Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. Roma.
• 5. Galin, R. D. (1994): Paper marketing and distribution trends Robert B. & Galin. Eds. Miller Freeman, cop. San Francisco.
• 6. Grant, J. (1966): Manual sobre la fabricación de polpa y papel: laboratorio. Sucursal Editorial Continental. México.
• 7. Rydholm S. (1965): Pulping processes. New York.
Publicacións periódicas de consulta recomendada
• ASPAPEL: Informes estadísticos. España
Publicacións electrónicas de consulta recomendada
• www.ence.es
• www.polpandpaperonline.com
En esta materia el alumno adquirirá o practicará una serie de competencias xenéricas, desexables en calquer titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría técnica forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CT1: Capacidade de análise y síntese
• CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
• CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5: Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
• CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
• CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
• CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais
• CT11: Utilización de información en lingua extranxeira
• CG11: Capacidade para caracterizar as propiedades anatómicas e tecnolóxicas das materias primas forestais madeirables e non madeirables, así como das tecnoloxías e industrias destas materias primas
• CG14: Capacidade para entender, interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenrolar e transferir tecnoloxía e para traballar nun entorno multilingüe e multidisciplinar
Competencias específicas:
• CECF13 - Aproveitamentos Forestais
• CETEIF2 - Suministro de materias primas en la industria forestal
• CETEIF3 - Coñecemento dos principios básicos dos procesos de primeira e segunda transformación da madeira
• CETEIF5 - Coñecementos dos principios básicos da Química celulósica e papeleira e dos seus procesos industriais
• CETEIF9 - Control da calidade na industria forestal
• CETEIF11 - Xestión ambiental de la industria forestal
É competencia de todo educador proceder a unha elección lúcida entre os diferentes métodos pedagóxicos e os medios específicos que implican. A variedade e complexidade dos contidos a impartir na materia, así como a amplitude e diversidade dos obxectivos que se pretenden acadar mediante a súa docencia, poñen de manifesto a imposibilidade de utilizar un único método de ensino.
Dado o tamaño dos grupos de alumnos, pódese recorrer á lección maxistral como técnica de docencia nunha parte reducida do temario ó resultar máis axeitada e rápida para o desenrolo e exposición. Sen embargo é preciso utilizar tamén outros métodos e técnicas didácticas que favorezan a capacidade de análise e síntese do alumno.
Para que o alumno adquira os coñecementos que conforman a materia e satisfacen as competencias básicas, xerais, transversais e específicas citadas debese poñer á súa disposición toda a información necesaria, auxiliándose para elo nunha serie de técnicas que lle axuden a desempeñar con eficacia as súas funcións docentes, tales como: as clases teóricas (maxistrais e seminarios), as clases prácticas, as titorías (en grupos e persoais), as viaxes de prácticas e os traballos individuais.
Ademáis, a materia integra un elemento moi importante como potencial tema de realización de Proxectos e Traballos Fin de Grado.
Para o idóneo desenrolo da docencia, utilizaranse unha serie de recursos ou medios didácticos que serven para estimular a atención do alumno e facilitarlle a comprensión, asimilación e aplicación dos coñecementos. Dentro destes medios pódense citar os seguintes: bibliografía, apuntes manuscritos, encerado, medios audiovisuais, visitas a instalacións de produción e visita de persoal profesional axeno á universidade.
Este é o reparto horario segundo tipoloxía das actividades
Clases teóricas (expositivas de grupo grande): 36 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos): 2 horas
Prácticas/Viaxes: 6 horas
Titorías individuais: 3 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
1. Méritos básicos non imputables na avaliación numérica
Asistencia a, polo menos, o 80% das clases presenciais (teóricas, titorías, seminarios e prácticas).
As competencias CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7 e CT8 serán traballadas na clase mais non avaliadas.
2. Méritos imputables na avaliación numérica
Os alumnos se examinarán de la parte teórica de la materia mediante un exame escrito que terá lugar nas datas aprobadas polo centro, e que será necesario aprobar para superar a materia. O exame constará dun conxunto de entre 8 e 10 preguntas curtas, moi concretas, con espazo limitado para a resposta e relacionadas co explicado na clase. A materia incluída no exame non será todo o temario, se non únicamente un grupo de 9 temas. En concreto os temas 1, 2, 3, 7, 11, 12, 13, 14, 15.
Os demais temas serán presentados na clase polo profesor, pero preparados e expostos polos alumnos en grupos de 3 a 4 integrantes, valorándose tanto o contido textual como a presentación feita por cada un dos integrantes do grupo.
En resumen, a importancia na avaliación final da materia de cada un dos elementos comentados e a relación entre cada actividade avaliadora e as competencias definidas para a materia, plásmase no seguinte cadro:
Sistema de avaliación Competencias Peso na calificación
Asistencia e participación 10 %
Proba escrita CG11, CECF13, CETEIF2, CETEIF3, CETEIF5, CETEIF11, CETEIF11 40 %
Traballos en grupo CG11, CG14, CT11, CECF13, CETEIF2, CETEIF5, CETEIF9, CETEIF11 50 %
Todo menos a proba final forma parte da avaliación continua.
O alumnado que non superasen a materia na convocatoria ordinaria e teñan presentados os traballos, só terán que realizar o exame da convocatoria de xullo. O alumnado repetidor conservará a nota obtida nos traballos para cursos seguintes, podendo realizar os exámenes parciais e/ou o final.
O estudantado que teña concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas, segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que, para aprobar esta materia, é obrigatoria a presentación de traballos prácticos sinalados no horario e programados na guía docente.
Respeto do plaxio e o uso indebido das tecnoloxías é importante destacar que, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión das calificacións.
Estímase que por cada hora de docencia teórica se necesitan ó redor de 1,5 horas de adicación á materia, o que supón un total de, aproximadamente 72 horas. A isto sería necesario engadir un complemento de 45 horas para a preparación e exposición dos traballos elaborados en grupo sobor de diferentes aspectos das industrias tratadas.
- Lectura e preparación de temas 18 horas
- Preparación de probas de avaliación 36 horas
- Elaboración e exposición dos traballos elaborados en grupo 45 horas
- Preparación da visita a unha planta de celulosa 3 horas
- Total horas de estudio e traballo persoal 102 horas
É dicir, son necesarias un total de 102 horas
Trátase dunha materia obrigatoria impartida pola área de coñecemento de Enxeñaría Agroforestal. A materia aportará unha visión ampla no que afecta ó estudo e á organización das industrias dos sectores importantes dentro das industrias transformadoras da madeira, un de Primeira Transformación (celulosa) e outro de Segunda (papel). Iso suporá o estudo de materias primas, liñas de produción, tecnoloxía, produtos,... Iso implica que se recomende a asistencia e a participación activa nas clases, así como a consulta das posibles dúbidas en titorías.
É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía básica e complementaria, especialmente a lectura da bibliografía referente á próxima clase conforme ás indicacións do profesor. Ademais, vinculado con esa relación profesor – alumno, recoméndase consultar dúbidas durante o desenrolo da clase correspondente ou en titorías, para o que será necesario o repaso da materia explicada en clase e a elaboración dunha síntese esquemática.
Finalmente, recoméndase abordar os traballos elaborados en grupo dende un punto de vista moi práctico, de xeito planificado e anticipado. Tanto estes traballos documentais como a visita á planta de celulosa, permitirán coñecer moito mellor o sector e observar na práctica todo o que foi manexado nas clases teóricas.
Unha información máis ampla sobor deste programa está dispoñible na guía do estudantado da materia: Industrias da Celulosa e do Papel, para o Curso 2023_24.
A materia tamén utiliza a USC virtual: https://www.usc.gal/gl/campusvirtual
Pablo Vila Lameiro
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- pablo.vila.lameiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 (Aulario 1) |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 (Aulario 1) |