Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Obxectivos específicos
A continuación relaciónanse os obxectivos específicos da materia, vinculados aos novos coñecementos ou habilidades a adquirir coa mesma:
• Coñecer os trazos fundamentais do urbanismo: os seus principios xurídicos, o seu asento lexislativo, os organismos competentes, … Entender o porqué da división clásica do urbanismo entre planeamento, xestión e disciplina
• Entender o concepto de ordenación do territorio, a partir do de urbanismo. Coñecer os diferentes organismos con competencias sobre ordenación do territorio e entender a lóxica da súa división de funcións
• Coñecer e manexar as ferramentas do planeamento, con especial incidencia nas súas diferentes funcións e obxectivos: plans territoriais, plans xerais, plans parciais ou de sectorización, plans especiais. Coñecer a lexislación incidente, desde o ámbito europeo ao autonómico
• Entender o mecanismo de posta en práctica dun planeamento e dun proxecto urbanístico. Coñecer os recursos da xestión: o seu funcionamento, os principios xurídicos que os animan e os organismos competentes para implementalos
• Analizar criticamente exemplos concretos de planeamento e xestión: áreas degradadas ou singulares [cascos históricos, antigas áreas industriais, enclaves paisaxísticos ou patrimoniais], novos barrios de crecemento da cidade
Obxectivos xenéricos
A continuación relaciónanse os obxectivos xenéricos da materia, vinculados á destreza no manexo de ferramentas de análise, aprendizaxe, coñecemento e formación, a adquirir coa mesma:
• Desenvolvemento de capacidade de abstracción e modelización. O contido da materia forzará o alumno ao estudo e investigación de fenómenos complexos, resultado de multitude de axentes e sucesos aparentemente independentes. Para a súa comprensión, a materia deberá estimular no alumno a súa capacidade para a modelización dun fenómeno como paso previo á súa análise
• Aprendizaxe en procura e selección de información. No seu futuro exercicio profesional, o alumno necesitará unha constante actualización dos seus coñecementos, polo cal, no seu período de estudante deberá familiarizarse con calquera técnica que, de xeito autodidacta, lle axude a mellorar a súa formación. Neste sentido, a materia deberá fomentar a habilidade e versatilidade do alumno na procura de información e a súa inmediata e adecuada selección e tratamento
• Manexo de aplicacións informáticas.- O contido da materia animará ao alumno a iniciarse en aplicacións informáticas específicas
Obxectivos actitudinais
• Desenvolvemento da crítica e a análise como actitude vital. Son múltiples as ocasións en que a materia intérnase en áreas suxeitas a debate, ou nas que existen formulacións de moi recente introdución que chocan coas ata entón asentadas. Iso ocorreu, singularmente, cos modelos teóricos de cidade: os modelos CIAM dos anos 30 postos en práctica máis adiante por Le Corbusier; a cidade sistema dos anos 60 e 70, coas súas experiencias de zoning, a primacía da planificación e o seu corolario nos 80 con Aldo Rossi ou o urbanismo de redes [Dupuy, 1991] aínda baixo desenvolvemento. Toda esta controversia resulta comprensible dado que se centra en fenómenos debidos ao home e cuxa natureza, problemática e dimensión variaron enormemente nos últimos anos. Resulta entón de esperar que se sucedan as estratexias, as análises e as teorías. Existe, por iso e coas lóxicas limitacións, un amplo campo para a controversia e o debate. A materia debería aproveitalo para espertar no alumno unha actitude vital reflexiva, crítica e analítica que o afaste de simplezas doutrinais
Contido
A Memoria verificada da titulación de Grado en Enxeñaría Civil contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Planeamento urbano e territorial
• Principios xurídicos do planeamento urbano
• Axentes no planeamento urbano e territorial
• Legislacións sectoriais
• Áreas de reparto
• Sistemas Xerais e Locais
• Equilibrio no planeamento
• Planeamento e mercado de solo
• Principios de Xestión Urbanística
• Sistemas de Actuación
• Disciplina Urbanística
• Natureza do planeamento territorial
• Planeamento territorial e inversión pública
Temario
Estes contidos se desenvolverán de acordo có temario exposto a continuación
TEMA 1.- Introdución ao Urbanismo
Programa parte teórica
1. Razón e Obxecto do Urbanismo
planeamento, xestión e disciplina: a división clásica do urbanismo
2. Fundamentación Xurídica e Principios
3. Ferramentas do Urbanismo
Tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial en aula 2 horas
Traballo personal do alumno 2 horas
Total 4 horas
TEMA 2.- Formulación práctica do Urbanismo: O Planeamento
Programa parte teórica
1. Concepto de Planeamento
2. Ordenación e Intervención : as dúas caras do Planeamento
3. Sistematización do Planeamento: Niveis, Principios de Articulación, Autoridades Competentes e Obxectivos
O principio de xerarquía normativa aplicado ao Planeamento
Regulación en ausencia de planeamento xeral
4. Clasificación e Cualificación de Solo
Solo Urbano
• Categorías de Solo Urbano
Solo Urbanizable
• Categorías de Solo Urbanizable
• Dereitos e Deberes dos propietarios de Solo Urbanizable
Solo Non Urbanizable ou Rústico
• Categorías de Solo Non Urbanizable ou Rústico
• Dereitos e Deberes dos propietarios de Solo Non Urbanizable ou Rústico
Figuras de planeamento. Niveis e Obxectivos dos diferentes plans
• Planeamento de ámbito municipal: o Plan xeral
• Planeamento de desenvolvemento: plans parciais e de sectorización
• Planeamento especial: plans de protección, de reforma interior, de mellora,…
A iniciativa privada no planeamento
5. A Técnica da Ordenación Urbana
6. Planeamento para a Sostibilidade
Aplicación do concepto de Sostibilidade ao planeamento
Estándares de Sostibilidade no planeamento
Programa parte práctica
• Exercicios de asignación de estándares urbanísticos a tecidos coñecidos
• Exercicios de Clasificación e Cualificación de Solo
• Ensaios de ordenación
Tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial en aula 14 horas
Traballo personal do alumno 34 horas
Total 48 horas
TEMA 3.- A execución do Planeamento. Xestión e desenvolvemento de proxectos urbanísticos
Programa parte teórica
1. Introdución á Xestión Urbanística
2. A execución do Planeamento
Figuras para a execución do planeamento: as reparcelacións
Marco territorial e ferramentas para a execución do planeamento: unidades e sistemas de actuación
Técnica da reparcelación
Autoridades competentes en xestión urbanística
Xerencias municipais
Programa parte práctica
• Ensaios de reparcelación
Tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial en aula 14 horas
Traballo personal do alumno 28,5 horas
Total 42,5 horas
TEMA 4.- Control da Edificación e Protección da Legalidade Urbanística
Programa parte teórica
1. O control da edificación
O principio de exixencia de edificación
O deber de conservación da edificación. A inspección técnica de edificios
Licencias. Concepto e Tipos
2. A protección da Legalidade Urbanística. Infraccións e Sancións
O principio de reposición da legalidade urbanística
Lexislación de referencia
Autoridades competentes
Tipificación de infraccións e sanciones
As Axencias de Protección da Legalidade Urbanística
Análisise crítica
Programa parte práctica
Traballo de investigación e análise:
• Cuestionamento / Defensa do principio de exixencia de edificación
• Cuestionamento / Defensa do principio de reposición da legalidade urbanística
Tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial en aula 4 horas
Traballo personal do alumno 4 horas
Total 8 horas
TEMA 5.- ORDENACIÓN do TERRITORIO
Programa parte teórica
1. Introdución e recensión histórica. Concepto de Ordenación do Territorio
Obxectivos
2. Ferramentas e Metodoloxía
Caracterización do Medio. Unidades Ambientais
Caracterización de Usos e Actividades
Modelos de Aptitude e Impacto
Definición do Ámbito
3. A Ordenación do Territorio na actualidade
Marco lexislativo e Competencias
Plans e outras figuras normativas da Ordenación do Territorio
Exemplos recentes. Crítica
Conflitos
Programa parte práctica
Traballo de investigación e análise:
• Exemplos de Ordenación do Territorio: As Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia
Tempo de estudo e traballo personal
Traballo presencial en aula 2 horas
Traballo personal do alumno 2 horas
Total 4 horas
Bibliografía Básica e Complementaria
Bibliografía básica
• J. A. SANTAMERA, Introdución al planeamiento urbano. CICCP, 1996
• L.MOYA, Práctica del planeamento urbanístico, Ed. SINTESIS, Barna, 1994. Ambos libros pretenden expoñer de xeito global o urbanismo como disciplina científica e práctica, nas súas facetas de planeamento e xestión. A amplitude do obxectivo provoca brevidade, a veces excesiva, nas exposicións. Con todo, tratase de dous libros singularmente útiles para o estudante
• F. STUART CHAPIN, Planificación del Uso del Suelo Urbano. OIKOS-TAU. 1977
Bibliografía complementaria, por bloques temáticos
TEMAS 1,2 .- O Urbanismo. Lexislación, Planificación e Goberno do Medio Urbano
• SERRATOSA, Objetivos y metodología de un plan metropolitano. OIKOS-TAU 1989.-
• Varios autores, Planeamiento especial y rehabilitación urbana. MOPT 1994.-
• F. STUART CHAPIN , Planificación del uso del suelo urbano. OIKOS-TAU., 1988
• Varios autores. El impacto ambiental en el planeamento urbanístico. Fundación COAM, 1996
TEMA 3.- A execución do Planeamento. Xestión e desenvolvemento de proxectos Urbanísticos
• M.M.GONZÁLEZ, Planeamento y gestión urbanística, UNED, 1995
• Varios autores, Práctica de la reparcelación. MOPT 1994.-
• Varios autores, Gerencias y oficinas municipales de gestión urbanística. MOPT., 1992
TEMA 5.- Ordenación do Territorio
• D.GÓMEZ OREA, Ordenación Territorial, Ed. Mundi Prensa, Madrid, 1992
Competencias básicas e xerais
CG2.- Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se suscitan na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
CG6. Capacidade para a realización de estudos de planificación territorial e dos aspectos medioambientais relacionados coas infraestruturas, no seu ámbito.
Competencias específicas
CETESU3.- Coñecemento do marco de regulación da xestión urbanística
CETESU4.- Coñecemento da influencia das infraestruturas na ordenación do territorio e para participar na urbanización do espazo público urbano, e nos proxectos de servizos urbanos, tales como distribución de auga, saneamento, xestión de residuos, sistema se transporte, tráfico, iluminación, etc.
Docencia presencial
Clases expositivas Presentación y desarrollo de los contenidos de la materia por parte del profesor, mediante explicaciones teóricas y ejemplos prácticos, en aula y ante la totalidad del alumnado. Se procurará que la exposición sea concisa y participativa. Durante las sesiones, se animará al alumno a participar activamente en las mismas, suscitando dudas o la necesidad de profundizar en determinadas cuestiones. Se procurará, asimismo, que cada tema haya sido anticipado por trabajo de investigación y búsqueda realizado por el alumno
Clases interactivas El alumno realizará varios tipos de actividades formativas, siempre a partir de los contenidos de clase expositiva. A saber:
1. Ejercicios cortos, de ordenación y/o cálculo, con trasfondo teórico
2. Trabajos de Investigación y Análisis, sobre cuestiones teóricas, o sobre aspectos sometidos a debate / discusión. El alumno expondrá sus resultados, y ello servirá de introducción a la clase expositiva
3. Ensayos de Ordenación / Reparcelación, sobre ámbitos dados
Las actividades formativas podrán requerir trabajo del alumno fuera del aula y del tiempo reservado a la docencia presencial
Además, por grupos de alumnos, se realizará Ejercicio largo de Ordenación u Reparcelación, que servirá para la evaluación de la asignatura. En las clases interactivas se prestará orientación regular al mismo
Tutorías en grupo/ individuales Las tutorías en grupo reducido servirán, en lo fundamental, para resover dudas suscitadas en otras actividades de la docencia [prácticas, búsquedas de información,…]
Las tutorías, sean en grupo o individuales, podrán celebrarse a petición del alumno o grupos de alumnos, o ser convocadas por el profesor
Actividades de Evaluación Podrán realizarse, con carácter de Ensayo de pruebas de evaluación, y sobre modelos facilitados
Docencia no presencial
Prácticas Podrán consistir en la realización de parte de las actividades formativas de clases interactivas:
1. Ejercicios cortos, de ordenación y/o cálculo, con trasfondo teórico
2. Trabajos de Investigación y Análisis, sobre cuestiones teóricas, o sobre aspectos sometidos a debate / discusión
3. Ensayos de Ordenación / Reparcelación, sobre ámbitos dados
Trabajo en grupo Sobre ámbitos y bajo condiciones dadas, y por grupos de alumnos, se realizará Ejercicio largo de Ordenación u Reparcelación. Servirá para la evaluación de la asignatura
El ejercicio seguirá etapas lógicas en su realización. En las clases interactivas se prestará orientación regular al mismo
Período Ordinario de Docencia
1. Asistencia. Suporá un 5% da cualificación da Materia
2. Traballo en grupo Exercicio largo de Ordenación / Reparcelación. Suporá o 95% da cualificación da Materia. Competencias : CG2, CG6, CETESU3, CETESU4
Convocatorias de recuperación
A avaliación se realizará a través de Exercicio largo de Ordenación / Reparcelación. Competencias: CG2, CG6, CG10, CETESU3, CETESU4
Alumnos repetidores
No existirán diferenzas na avaliación de alumnos de primeira matrícula e alumnos repetidores.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral deben ter en conta que, para aprobar a asignatura, será obrigatoria a realización do exercicio longo de Ordenación/Reparcelación que, durante o curso, se formule. Para eles, a cualificación final da asignatura resultará da ponderación seguinte:
• Exercicio longo de Ordenación / Reparcelación: 100%
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula
1. Clases expositivas 18 horas
2. Clases interactivas 18 horas
3. Titoría en grupos 2,0 horas
4. Actividades de avaliación 4 horas
Total 42,0 horas
Traballo persoal do alumno
1. Lectura e preparación previa de temas, con recollida de información e análise da mesma: 27 horas
2. Exercicios 9 horas
3. Elaboración de traballos de curso [en grupo ou individuais] 20 horas
4. Preparación de probas de avaliación 14,5 horas
Total : 70,5 horas
Mario Iglesias Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Correo electrónico
- mario.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 (Aulario 2) |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario II (Pav.III) |