Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 72.5 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 10 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Comprender o específico sistema de fontes do DEP, identificándoas e entendendo o seu funcionamento.
2) Identificar e lembrar a estrutura dos crimes internacionais.
3) Coñecer os principios e mecanismos para a súa represión e persecución nos sistemas xurídicos nacionais e internacional, especialmente a Corte Penal Internacional.
Lección 1. O Dereito Internacional Penal: Concepto e Fuentes
1. O concepto de Dereito Internacional Penal:
A) Bens xurídicos protexidos e obxectivos. B) A interacción co Dereito Internacional dos Dereitos Humanos e o Dereito Internacional Humanitario.
2. O específico sistema de fontes do Dereito Internacional Penal:
A) As particularidades dos Tratados internacionais de DIP. B) A contribución das normas consuetudinarias internacionais á formación do DIP. C) A incorporación das normas de DIP nos ordenamentos internos.
Lección 2. Orixe e evolución do Dereito Internacional Penal
1. Antecedentes: O Tratado de Paz de Versalles.
2. O desenvolvemento tras a II Guerra Mundial: Os primeiros tribunais internacionais penais e a Declaración dos Principios de Núremberg.
3. A actividade da Comisión de Dereito Internacional.
4. Os tribunais penais internacionais ad hoc.
5. O Estatuto de Roma e o establecemento da Corte Penal Internacional.
6. Tendencias actuais: Tribunais penais híbridos e internacionalizados.
PARTE II. A INCRIMINACIÓN E Os PRINCIPIOS DE REPRESIÓN NO DEREITO INTERNACIONAL PENAL
Lección 3. Os crimes internacionais: Concepto e elementos
1. O concepto de crime internacional. Diferenzas cos delitos transnacionales.
2. A estrutura dos crimes internacionais:
A) Elementos materiais. B) Elemento mental ou subxectivo.
Lección 4. Categorías de crimes internacionais
1. O crime de xenocidio: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O dolo específico.
2. Os crimes contra a Humanidade: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O elemento contextual.
3. Os crimes de guerra: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O elemento contextual.
4. O crime de agresión: A) Orixe e evolución. B) Ben xurídico protexido. C) Definición. O rol do Consello de Seguridade.
5. Outros posibles crimes internacionais.
Lección 5. Principios de represión dos crimes internacionais
1.Formas punibles de participación.
2.Responsabilidade do superior.
3.Circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes de responsabilidade.
4. Irrelevancia do cargo oficial e inmunidades.
PARTE III. A APLICACIÓN DO DEREITO INTERNACIONAL PENAL
Lección 6. A aplicación polos tribunais nacionais. Principios.
1. O principio de xurisdición universal: A) Concepto e condicións de aplicación B) A práctica española.
2. O principio aut dedere aut iudicare. Outros mecanismos de cooperación penal internacional. Cooperación penal no ámbito rexional: O Espazo de liberdade, seguridade e xustiza da Unión Europea.
Lección 7. O sistema de xustiza penal internacional: A Corte Penal Internacional
1. Natureza xurídica e estrutura: A) Órganos. B) As partes procesuais: Fiscalía e defensa C) A Asemblea de Estados parte.
2. O principio de complementariedade: A) Competencia e activación do procedemento B) Criterios de admisibilidad.
3. A implementación do Estatuto de Roma nos sistemas xurídicos nacionais.
Lección 8. O funcionamento da Corte Penal Internacional
1.O procedemento:
A) O exame preliminar.
B) A investigación e o xuízo oral.
C) A apelación, revisión e execución.
F) Multas e reparacións.
2. As vítimas.
3. A cooperación coa Corte Penal Internacional.
Lección 9. A Xustiza Transicional e Restaurativa.
1.Orixe e evolución do concepto de ‘xustiza transicional’.
2.Mecanismos de xustiza transicional: A) A xustiza penal. Amnistías e indultos. B) O dereito para saber: as Comisións da Verdade. C) As reparacións.
Bibliografía básica:
MONTERO FERRER, C., Lecciones de Derecho internacional penal, Aranzadi, 2024.
-BOLLO AROCENA, D., Derecho internacional penal. Estudio de los crímenes internacionales y de las técnicas para su represión, Universidad del País Vasco, 2004.
-CRYER, R., An Introduction to International Criminal Law and Procedure, Cambridge University Press, Cambridge, 2019.
-GIL GANDÍA, C., La reparación de las víctimas de crímenes internacionales y la Corte penal internacional, Thomson Reuters Aranzadi, 2020.
-GIL GIL, A y MACULAN, E., Derecho penal internacional, 2ª edición, Dykinson, Madrid, 2019.
-LIROLA, I & MARTÍN, M., La Corte Penal Internacional: justicia vs. impunidad, Barcelona, Ariel, 2001.
-MARTINEZ JIMENEZ, A., Derecho Penal Internacional. Evolución Histórica, Régimen Jurídico y Estudio de Casos, Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2022.
-OLASOLO, H., Derecho Internacional Penal, Justicia transicional y delitos transnacionales: dilemas políticos y normativos, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
-SANDOVAL MESA, J.A., Manual de Derecho Penal Internacional, Tirant lo Blanch, ´Valencia2022
-STAHN, C., A Critical Introduction to International Criminal Law, Cambridge University Press, 2018.
-WERLE, G y JESSBERG, F., Tratado de derecho penal internacional, 3ª edición, Tirant lo Blanch, Valencia, 2017.
1) Capacidade para analizar desde un punto de vista xurídico cuestións de actualidade que platee a aplicación do Dereito Internacional Penal.
2) Habilidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións en relación coa materia.
3) Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
4) Capacidade para entender e identificar as distintas etapas procesuais nas que se atopa un caso concreto ante a Corte Penal Internacional.
5) Capacidade para analizar e resolver supostos prácticos nos que se expoñan cuestións relativas á aplicación de normas de Dereito Internacional Penal.
6) Capacidade para cualificar uns feitos ou situación como crime internacional, determinando o tipo ou categoría de crime e os seus elementos.
7) Habilidade para traballar en equipo.
Para a impartición das clases teóricas utilizarase a seguinte dinámica destinada a facilitar a preparación e seguimento da clase polos estudantes:
- Presentación de cada lección mediante un vídeo interactivo con comentarios, preguntas aos estudantes e links aos instrumentos normativos aplicables
- Explicación dos contidos da lección co apoio dun esquema dispoñible na aula virtual.
- Realización de actividades de reforzo.
Esta aproximación teórica complétase coas clases interactivas que nos servirán para aplicar os conceptos teóricos a través do método de casos (interactivas relativas aos temas 1, 3, 4, 5), a aula investida (temas 6 e 9) e simulación xudicial (7 e 8). Así mesmo, prevese a realización dun proxecto de APS cunha ONG que traballe pola xustiza internacional e os dereitos humanos, sempre que sexa posible.
-O exame suporá o 70% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran na proba final a cualificación de Sobresaínte para a que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 30% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da aula virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se teñan presentado ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, sempre e cando o soliciten por escrito, ao inicio do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O estudante debe realizar un seguimento continuado da materia para poder asimilar e comprender de forma continuada os distintos conceptos explicados. Para iso, debe servirse da bibliografía recomendada, como material de apoio, tanto na vertente teórica como na práctica. Iso sen dúbida redundará nunha dedicación ao longo de todo o curso que conleva 90 horas de traballo persoal, a distribuír entre o tempo de estudo e o empregado na resolución de casos práctico e a realización de traballos e lecturas.
-Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates.
-Recorrer ás titorías para liquidar calquera dúbida sobre a materia.
-Planificar o traballo con antelación.
-Estudar con tempo e periodicidade.
-Completar a aprendizaxe cos recursos bibliográficos recomendados.
O uso de computadores e outros aparellos electrónicos en clase poderá limitarse a criterio do docente encargado da materia.
Carmen Montero Ferrer
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- carmen.montero.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
19.12.2024 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 1 |
18.06.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |