Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Historia
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O igual que o ambiente actual, calquera ambiente do pasado ten que ser considerado como un sistema dinámico de complexidade emerxente, produto das interaccións entre os subsistemas terrestres (litosfera, atmosfera, hidrosfera, biosfera), xogando a actividade humana un papel crecente nos cambios ambientais. Esta complexidade demanda unha visión interdisciplinar. Por iso, nesta asignatura preténdese introducir ós alumnos nos conceptos chave de cómo se leva a cabo o estudo dos ambientes pretéritos, as ferramentas dispoñibles na actualidade en diversas disciplinas, e amosar a complexa relación entre a actividade humana e as transformacións da paisaxe.
Os obxectivos concretos son os seguintes:
- Introducir os conceptos teóricos sobre cambio ambiental e reconstrucción de ambientes pretéritos, mediante una aproximación sistémica
- Introducir as principais técnicas de datación absoluta e establecemento de cronoloxías en arquivos ambientais
- Presentar os aspectos metodolóxicos da toma e conservación de mostras de arquivos ambientais, así como describir sucintamente a enorme variedade de técnicas analíticas dispoñibles
- Resumir brevemente a natureza do sistema climático da Terra e os aspectos máis relevantes da evolución climática a distintas escalas de tempo
- Introducir as disciplinas das Ciencias da Terra relacionadas co rexistro arqueolóxico e ambiental: sedimentoloxía, xeomorfoloxía, edafoloxía, xeoquímica
- Introducir as disciplinas biolóxicas relacionadas co rexistro arqueolóxico e ambiental: paleobotánica
- Introducir a aportación da Osteoarqueoloxía ó estudo das sociedades pretéritas e a súas relación con ambiente
- Introducción a investigación paleoambiental: paleoambiente, arquivos ambientais, sinais ambientais, reconstrucción paleoambiental, paleoambiente e arqueoloxía. 2h
- A cronoloxía: introducción as técnicas de datación absoluta, datación radiocarbónica, calibración, dendrocronoloxía, termoluminiscencia; modelos de idade/profundidade. 2h
- Introducción a toma e análise de mostras: toma de mostras, conservación de mostras, preparación de mostras, analíticas máis habituais. 2h
- Ciencias da Terra e Arqueoloxía: sedimentoloxía, xeomorfoloxía, edafoloxía, e xeoquímica aplicadas a contextos arqueolóxicos. 2h
- Como diseñar, elaborar e presentar un póster. 2h
- Paleoclimatoloxía: o sistema climático, evolución temporal do clima, cambio climático abrupto. 2h
- Paleobotánica: Palinoloxía, antracoloxía, carpoloxía, fitolitos. 2h
- Osteoarqueoloxía: o corpo humano, paleodieta, enfirmidades, xenética, movilidade. 2h
- Actividade humana e transformacións da paisaxe: o exemplo do NW de España, ¿unha paisaxe cultural? 2h
Básica
BUTZER, K.W. 1982. Archaeology as human ecology. Cambridge University Press, Cambridge, UK.
BUXÓ, R. y PIQUÉ, R. 2008. Arqueobotánica. Los usos de las plantas en la Península Ibérica. Barcelona: Ariel Prehistoria.
BUXÓ, R., Arqueología de las plantas. La explotación económica de las semillas y los frutos en el marco mediterráneo de la Península Ibérica, Barcelona, 1997.
CAMPILLO, D. 2001. Introducción a la paleopatología. Barcelona: Bellaterra arqueología
CRIADO BOADO, F.; MARTÍNEZ CORTIZAS, A. 2005. O modelo de formación dun xacemento arqueolóxico. F. Criado Boado & E. Cabrejas Domínguez (coords.). Obras públicas e patrimonio. Estudo arqueolóxico do Corredor do Morrazo. TAPA 41, p. 89-95. Santiago de Compostela: CSIC.
DINCAUZE, D. 2006. Environmental Archaeology. Cambridge University Press. Cambridge, UK.
HARRIS, E.C. 1979. Principles of archaeological stratigraphy. Academic Press, London, UK.
MARTÍNEZ CORTIZAS, A. y MOARES DOMÍNGUEZ, C. 1995. Edafología y Arqueología. Estudio de yacimientos arqueológicos al aire libre en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
SCHIFFER, M.B. 1987. Formation processes of the archaeological record. Albuquerque: University of New Mexico Press.
Complementaria
CHAIX, L y MÉNIEL, P. (2005). Manual de Arqueozoología. Barcelona
DAVIS, S. J. M. 1987. La arqueología de los animales. Barcelona: Ediciones Bellaterra.
HOLLIDAY, V. 2004. Soils in Archaeological Research. Oxford University Press. New York, USA.
MARTÍN SEIJO, M.; RICO REY, A.; TEIRA BRIÓN, A. PICÓN PLATAS, I.; GARCÍA GONZÁLEZ, I.; ABAD VIDAL, E. 2010. Guía de Arqueobotánica. Arqueoloxía/Guías Metodolóxicas. Xunta de Galicia
MARTÍNEZ CORTIZAS, A. 2000. La reconstrucción de paleoambientes cuaternarios: ideas, ejemplos y una síntesis de la evolución del Holoceno en el NW de la Península Ibérica. Estudos do Quaternário 3, 31-41.
SCHAETZL R., ANDERSON, S. 2005. Soils. Genesis and Geomorphology. Cambridge University Press, Cambridge, UK.
Competencias específicas
CE-1. Elaboración da tesis de doutoramento. Implica o coñecemento e emprego, por parte do alumno, das regras que rixen a elaboración das tesis de doutoramento, no ámbito das humanidades, esto é, unha correcta expresión da linguaxe, a adecuada exposición e ordeación dos argumentos, o correcto uso das notas como instrumento para, entre outras cousas, recoñecer as débedas científicas contraídas, evitándose así incurrir en plaxio.
CE-2. Preparación e redacción de informes históricos
CE-3. Xestión de coleccións e museos
CE-4. Asesoramento en plans directores, plans especiais, traballo arqueolóxicos, etc.
CE-5. Xestión cultural
Competencias transversais
CT-1. Empregar bibliografía e ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos xerais e específicos, que inclúen o acceso a internet, vendo as suas enormes posibilidades e potenciando a capacidade discriminatoria do alumno sobre os seus contidos.
CT-2. Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros na toma de decisións.
CT-3. Pontenciar a capacidade de traballo en equipo, en entornos cooperativos, pluridisciplinares ou de alto nivel competitivo.
Se impartirán clases teóricas nas que se aportarán coñecementos básicos ó alumnado, complementadas con clases prácticas de seminarios e visitas de campo – no caso de que sexa factible. Na docencia teórica empregaranse medios audiovisuais como apoio a exposición oral.
Todalas actividades son avaliables pero ningunha delas é obrigatoria.
Avaliación contínua (40%)
- Seguimento do traballo do alumno na aula, laboratorio, seminarios e titoría (CE-1, CT-1, CT-3)
- Entrega e/ou exposición dos traballos, resultados, informes, etc. (CE-1, CE-2, CT-1, CT-2, CT-3)
Avaliación do proceso de aprendizaxe (60%):
- Elaboración e presentación (tipo póster) dun traballo de curso relacioado cos contidos da materia.
- Exames escritos ou orais, que poderán incluir probas tipo test, probas de ensaio de formato diverso, preguntas de razoamento, preguntas tema e curtas, resolución de problemas e casos prácticos. Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro; BOE 18 de stembro). (Todalas competencias)
A evaluación de segunda convocatoria será igual á primeira.
No caso de dispensa oficial, se examinará ao alumno cos mesmos criterios que os aplicados á docencia presencial que se imparta nese momento.
Sistema de calificación: expresado mediante calificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre; BOE 18 de septiembre).
Estudo autónomo (individual ou en grupo) 30 horas
Lecturas recomendadas (actividades de biblioteca) 12 horas
Preparación de presentacións, debates, etc. 4 horas
Outras tarefas asignadas polo profesor. 4 horas
Se recomenda os estudantes que fagan uso da titoría para a resolución de calquera dúbida que xurda durante o estudo da asignatura. Ademáis, terán que asistir e participar activamente e realizar as tarefas que se lles encarguen. E tamén recomendable que fagan uso da bibliografía especializada, no so dos libros de texto senon tamén de artigos de investigación e divulgación científica.
El art. 16 de la Normativa de evaluación do rendemiento académico dos estudantes (DOG 21 de xullo de 2011) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”. Tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da Lei de convivencia universitaria, aplicaranse as sancións previstas pola normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Antonio Manuel Martinez Cortizas
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813379
- Correo electrónico
- antonio.martinez.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Olalla Lopez Costas
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- olalla.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 15 |
14.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
20.06.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |