Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A memoria de título especifica os seguintes contidos da materia:
Estes contidos desenvolveranse a través do seguinte programa teórico:
Programa práctico:
Bibliografía básica:
Bibliografía complementaria:
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da titulación que nos ocupa. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias xerais e básicas:
CG2 - Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
CG5 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CG6 - Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se atopa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais:
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Capacidade de análise e síntese. Capacidade para o razonamento e a argumentación. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT3 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social.
CT6 - Capacidade de xestionar tempo e recursos: desenvolver planes, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumplilos. Capacidade de traballo individual con actitude autocrítica.
CT7 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CE58 - Coñecemento adecuado dos sistemas de información xeográfica.
CE59 - Deseño, produción e difusión de cartografía básica e temática. Implementación, xestión e explotación de sistemas de información xeográfica.
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, será presencial e de acordo co horario oficial.
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
O sistema de avaliación consta de dúas compoñentes:
Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en ambas compoñentes da avaliación e 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia para que esta se considere superada. Os estudantes que teñan superado (4/10) unha das dúas compoñentes da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetila na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
A proba escrita avaliará as competencias CG2, CG5, CG6, CB1, CT1, CE58.
A avaliación continua ou, no seu caso, a proba práctica, avaliarán as competencias CB2, CB3, CB4, CB5, CT2, CT6, CE58, CE59.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 6 créditos (ECTS), que se distribúen en 30 horas de clase expositiva, 30 horas de clase interactiva e 90 horas de traballo persoal, de acordo co indicado no programa teórico e práctico.
Recoméndase ter superado a materia obrigatoria Sistemas de Información Xeográfica 1 (G4101122).
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, estarán instaladas nas aulas de informática que o centro pon á súa disposición.
Jose Ignacio Vila Vazquez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jose Balsa Barreiro
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- jose.balsa.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Eduardo Jose Corbelle Rico
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982823324
- Correo electrónico
- eduardo.corbelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
Martes | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |