Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 97 Horas de Titorías: 3 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Prácticum 1 e o Prácticum 2 son dúas materias complementarias situadas en distintos momentos do Máster pero que se desenvolven nos mesmos centros escolares, se xestionan a través de mecanismos e figuras practicamente idénticas e mesmo teñen ámbitos formativos en parte comúns. Isto fai que para a orientación do alumnado exista unha única Guía Didáctica na que se recolle de forma integrada toda a información relacionada co Prácticum.
Con todo, o feito de que no Plan de estudos se conciban como materias distintas obriga a que se presenten programas independentes, o que leva a que se reiteren algúns aspectos comúns, que son os que garanten a continuidade entre os dous períodos formativos, a carón doutros máis claramente específicos ou singulares. No que se refire ao Prácticum 1, estes últimos están relacionados coa observación, análise e interpretación da organización e das dinámicas xerais do centro escolar e dos distintos compoñentes que integran a comunidade educativa, tal como se indica deseguido.
Valor do Prácticum 1: 4 créditos ECTS.
OBXECTIVOS:
- Coñecer as características do centro educativo, así como a súa estrutura organizativa e funcional.
- Analizar o contexto socioeconómico e cultural no que se insire o centro, a súa relación con institucións ou entidades extraescolares e a súa implicación en dinámicas da contorna.
- Avanzar no coñecemento do alumnado mediante a observación, a análise e a interpretación dos seus comportamentos e actitudes.
- Observar e interpretar situacións que se producen na vida escolar, tanto desde a perspectiva de centro como desde a de aula ou especialidade.
- Aproximarse ás funcións e responsabilidades educativas a nivel de centro.
CONTIDOS
- O centro educativo: infraestruturas e recursos, órganos de goberno e xestión, departamentos, comisións, ensinanzas impartidas
- Organización da vida escolar e da docencia: PEC, PCC, PAT, Proxecto lingüístico de centro, Plan de convivencia, Plan lector…
- Actividades de innovación educativa: desenvolvemento de proxectos, participación en programas, redes, etc.
- O centro e a contorna: participación das familias, relacións coa administración local e con asociacións ou institucións externas ao centro.
- O departamento da especialidade: organización, funcións, actuacións específicas..
- O profesorado: clima relacional, tarefas docentes e de xestión…
- O alumnado: clima relacional, resposta a dinámicas de ensino-aprendizaxe...
- A aula como ámbito de interacción: distribución do espazo, agrupamentos, relación docente-discentes.
Castro, M.M., et al. (2011). La escuela en la comunidad, la comunidad en la escuela. Barcelona: Graó.
Coll, C. (coord.) (2010). Desarrollo, aprendizaje y enseñanza en la educación secundaria. MEC/Graó.
Elliot, J. (1994). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
Feito, R. (coord.) (2010). Sociología de la educación secundaria. MEC/Graó
Fernández, M. e Terrén, E. (coords.) (2008). Repensando la organización escolar: crisis de legitimidad y nuevos desarrollos. Madrid: Akal.
Fernández, M., Souto X.M. e Rodríguez, R. (2005). La Sociedad del conocimiento: democracia y cultura, los retos de la institución educativa. Barcelona: Octaedro.
Freire, P. (2003). El grito manso. Buenos Aires: S. XXI
García, A. (coord.) (2006). Participación de las familias en la vida escolar: acciones y estrategias. Madrid: MEC/Instituto Superior de Formación del Profesorado.
González, M. e Fuentes, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
Imbernón, F. (coord.) (2010). Procesos y contextos educativos en la educación secundaria. MEC/Graó
Meirieu, Ph. (2006). Carta a un joven profesor. Grao: Barcelona.
Meirieu, Ph. (2007). Frankenstein educador. Barcelona: Laertes.
Pérez, A. (coord.) (2012). Aprender a enseñar en la práctica: procesos de innovación y prácticas de formación en la educación secundaria. MEC/Graó
Perrenoud, Ph. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva en el oficio de enseñar. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
Pozo, J.I. (et al.) (2006). Nuevas formas de pensar la enseñanza y el aprendizaje. Las concepciones de profesores y alumnos. Barcelona: Graó.
Puelles, M. de (2006). Problemas actuales de política educativa. Madrid: Morata.
Russell, T. (2012). Cambios paradigmáticos en la formación de profesores: Peligros, trampas y la promesa no cumplida del profesional reflexivo. En Encounters/Encuentros/Rencontres on Education Vol. 13,71 – 91. Recuperado de http://library.queensu.ca/ojs/index.php/encounters/article/view/4426/45…
Santos, M. (2009). Escuelas para la democracia. Wolters Kluwer España.
Santos, M.A. (ed.). (2009): Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la equidad y la calidad. Madrid: Octaedro. http://www.octaedro.com/pdf/16035.pdf
Schön, D.A. (1987): Educating the Reflective Practitioner: Toward a New Design for Teaching and Learning in the Professions. San Francisco: Jossey-Bass (Trad. española: La formación del profesional reflexivo. Barcelona: Paidós. 1992.
Tiana, A. (2011): Un nuevo código deontológico para la profesión docente. En CEE Participación Educativa, 16, marzo 2011, pp. 39-48. Accesible en http://www.mecd.gob.es/revista-cee/pdf/n16-tiana-ferrer.pdf
Trillo, F. e Sanjurjo, L (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario: HomoSapiens.
Zabalza, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J.M. Escudero y A. Luís Gómez (Eds.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, 311-334.
Zeichner, K. (2010): La formación del profesorado y la lucha por la justicia social. Madrid: Morata.
O Prácticum constitúe un compoñente central no plan de estudos e asume a función de servir de elemento vertebrador das distintas materias que configuran o currículum do Máster. A través del o alumnado terá ocasión de desenvolver, nun contexto institucional e laboral real, o coñecemento na acción e sobre a acción que precisa como futuro docente, ao mesmo tempo que lle debe servir como un espazo para a socialización profesional.
O carácter formativo do Prácticum xira arredor de dous eixos:
- Articular a teoría e a práctica, mediante a activación dos coñecementos adquiridos nas distintas materias do Máster para resolver situacións concretas.
- Reflexionar sobre a acción, interpretando, valorando e reformulando alternativas educativas para desenvolver de xeito crítico e consciente as súas capacidades profesionais.
Esta característica de transferencia, aplicación e reflexión sobre a formación recibida fai que o Prácticum contribúa á adquisición e desenvolvemento da maioría das competencias recollidas no título do Máster, pero son específicas do mesmo as seguintes:
a) Adquirir experiencia na planificación, a docencia e a avaliación das materias correspondentes á especialización.
b) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
c) Dominar as destrezas e habilidades sociais precisas para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
d) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión baseada na práctica.
e) Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
f) Respecto á orientación educativa, exercitarse na avaliación psicopedagóxica, o asesoramento a outros profesionais da educación, aos estudantes e ás familias.
No desenvolvemento do Practicum 1, tomando como fundamento a formación recibida nas materias do módulo xenérico, prevese a realización dun conxunto de tarefas e actividades de observación, busca de informacións, análise e reflexión que permitan a aproximación ao coñecemento, interpretación e valoración da organización e funcionamento dun centro de educación secundaria.
Máis en concreto, durante o Prácticum 1 o alumno/a realizará actividades de:
- Contextualización socioeconómica e cultural do contorno do centro educativo e das familias do alumnado.
- Coñecemento da organización xeral, órganos colexiados e estruturas participativas.
- Análise da documentación do centro.
- Observación, participación e análise da vida e clima escolar, e das actividades docentes e discentes de carácter xeral.
- Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas.
- Elaboración da memoria
Atendendo ao carácter de experiencia de aprendizaxe guiada, o alumnado en prácticas contará con dous profesores/as de referencia que orientarán e supervisarán o desenvolvemento do Practicum 1: un titor/a na universidade e un titor/a no centro de secundaria.
No desenvolvemento prevense diversos tipos de sesións de traballo con estes dous titores:
- Sesións presenciais na universidade e no centro de secundaria para recibir a información inicial xeral por parte das coordinacións na universidade e no centro.
- Sesións de titoría en grupo cos titores/as de referencia e sesións de titoría persoal para planificar o período de prácticas, as actividades a desenvolver, recibir orientación concretas sobre o proceso formativo, resolver dúbidas, recoller suxestións, valorar a experiencia, a memoria elaborada, etc.
Os titores na universidade realizarán, como mínimo, dúas sesións formativas cos seus titorados: unha previa á incorporación ao centro de prácticas e outra ao rematar esa estadía.
O alumnado en prácticas cumprirá co horario escolar do seu titor/a e someterase ao código deontolóxico do profesorado en exercicio.
A avaliación do Prácticum 1 realizarase de maneira compartida polo titor do centro de secundaria e polo da universidade, ponderando a cualificación de cada un ao 50%. O titor da universidade será o responsable de facer públicas as cualificacións finais, fixar as datas de revisión das mesmas, atender as posibles reclamacións e cubrir e asinar as actas.
O titor de secundaria valorará os aspectos que se recollen no Informe de avaliación que figurará na Guía do Prácticum, emitindo a cualificación numérica resultante e engadindo os comentarios que considere. Dado que o alumno ten que cumprir cun horario semellante ao do seu titor durante todo o período de prácticas, calquera desvío significativo desta obriga debe ser penalizado na cualificación final. Se o incumprimento superase un terzo do horario, o alumno será considerado “non presentado”.
O titor universitario fará a súa avaliación a partir das tarefas formativas realizadas nas sesións de traballo co alumnado e da revisión da memoria de prácticas segundo os criterios especificados na Guía do Prácticum. O formato, extensión e apartados que debe presentar a memoria recóllense tamén na dita Guía.
Os 4 créditos ECTS de que consta o Prácticum 1 distribuiranse orientativamente do seguinte xeito:
-Coñecemento da organización e da documentación do centro: 25 h.
-Observación e análise da vida do centro, do clima escolar, das actividades docentes ou do departamento de orientación, segundo corresponda, etc.: 25 h.
-Participación noutras reunións ou actividades diversas do centro: 10 h.
-Análise e reflexión persoal sobre as prácticas desenvolvidas: 10 h.
-Elaboración da memoria: 20 h.
-Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum cos titor/a e co coordinador/a de secundaria:5 h.
-Preparación, seguimento e avaliación do Prácticum co titor/a da universidade: 5 h.
Para un bo aproveitamento do Prácticum, é necesario que se manteña unha boa comunicación entre as distintas figuras que participan nel: o alumnado, o titor/a da universidade, o titor/a de secundaria e o coordinador/a no centro de secundaria.
O alumno en prácticas deberá atender as tarefas acordadas cos seus titores, cumprir co horario do titor de secundaria e respectar a normativa de convivencia e utilización do centro e os seus recursos.
Na experiencia de prácticas o alumno debe observar, planificar e intervir, aproveitando as suxestións e orientación do seu titor e tratando de interpretar a realidade educativa á luz dos fundamentos teóricos das outras materias do Máster.
De conformidade coa lexislación vixente, desde o 1 de xaneiro de 2024 será obrigatoria a cotización a Seguridade Social no caso de que curses materias que inclúen prácticas externas, curriculares non remuneradas (como son estas que se realizan tanto no Practicum I coma no Practicum II). En consecuencia, a USC precisa obrigatoriamente o teu Número da Seguridade Social (NUSS) para poder cotizar polos días que realices prácticas.
Tes que entrar na túa Secretaría Virtual (no apartado de Información persoal: Número da Seguridade Social) onde está visible a información sobre a consulta/asignación do NUSS. Hai dúas opcións:
- Que declares o número (se xa o tes asignado, por exemplo, por ter unha actividade laboral previa, por ter participado nalgunha campaña de asignación, etc ou porque fixeches o trámite presencial ou virtual)
- Que autorices á USC a que realice o trámite (neste caso só poderás solicitalo ata o 30 de novembro xa que implica un trámite perante a Seguridade Social). Esta é a opción recomendada.
Tes mais información aquí: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/practi…
- Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruidos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se poidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrucción relacionada coa actividade.
Juan Carlos Pardo Perez
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Emma Mayo Pais
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813773
- Correo electrónico
- emma.mayo [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL