Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender as interaccións entre Transporte e Turismo.
- Coñecer os fundamentos conceptuais do Transporte, a Mobilidade e os fluxos aplicados ao Turismo.
- Coñecer as principais políticas de Transporte e Mobilidade en destinos de turismo urbano.
- Coñecer metodoloxías de análises de fluxos turísticos en destinos urbanos
- Entender os impactos sociais, económicos e ambientais das mobilidades relacionadas co turismo
- Transporte, mobilidade e fluxos: conceptualización básica.
- Transporte para o Turismo: historia e tendencias actuais.
- Políticas de transporte e mobilidade e a súa importancia na estratexia dos destinos urbanos.
- Mobilidade turística e os seus impactos ambientais, sociais e urbanos.
- Análise de fluxos. Información, sinalización e mobilidade.
Bibliografía básica:
Page, S.J. (2005): Transport and Tourism. Global perspectives. Harlow: Pearson.
Page, S; Ge, Y (2009) Transportation and Tourism: A Symbiotic Relationship?. In Jamal, T; Robinson, M (eds). The SAGE Handbook of Tourism Studies. SAGE Publications, Pp 371-395.
Bibliografía complementaria:
Ceron, J.P; Dubois, G (2007). Limits to Tourism? A Backcasting scenario or Suistanable Tourism Mobility in 2050. Tourism and Hospitality planning & Development, 4 (3), 191-209.
Guiver, J., Lumsdon, L., Weston, R. (2008): "Traffic Reduction at visitor attractions: the case of Hadrian's Wall", Journal of Transport Geography, no. 16, pp. 142-150.
Gross, S; Klemmer, L (2014). Introduction to Tourism Transport. CABI Publications
Hall, M.G (2008). Tourism Planning. Policies, Processes and Relationships. Pearson, Prentice Hall.
Lumsdon, L; Page, S.J (2004). Tourism and Transport: Issues and Agenda for the New Millenium. Elsevier
Reid, D.G (2003). Tourism, Globalization and Development. Responsible Tourism Planning. Pluto Press.
Schiefelbusch, M. et al. (2007): "Transport and tourism: roadmap to Integrated Planning and Assessing Integrated travel Developing chains", Journal of Transport Geography, no. 15, pp. 94-103.
Williams, V., Noland, R. and Toumi, R. (2002). “Reducing the Climate Change Impacts of Aviation by Restricting Cruise Altitudes.” Transportation Research D, 7:451–464.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia.
– G1 Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
– G2 Aplicar os coñecementos adquiridos á realidade do sector turístico.
– G5 Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
– E6 Identificar as novas tendencias na xestión de destinos urbanos.
– E7 Definir os principios da xestión sostible.
– E9 Describir o destino turístico como sistema.
– E10 Explicar as políticas que afectan o destino urbano.
Competencias transversais:
– T1 Aplicar a ética á toma de decisións.
– T2 Demostrar razoamento crítico.
– T3 Analizar e sintetizar a información.
– T4 Traballar en equipos de composición diversa.
– T5 Formular propostas creativas e emprendedoras.
Resultados de aprendizaxe: Tras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
– Analizar a importancia do transporte, a mobilidade e a xeración de fluxos en relación co sector turístico.
– Definir a gobernanza e políticas de transporte de carácter estratéxico para os destinos de turismo urbanos.
– Analizar os fluxos turísticos en relación coa oferta de modos de transporte, información e sinalización existente nos destinos de turismo urbano.
– Explicar cales son as principais medidas tendentes á planificación e xestión dos fluxos turísticos en destinos urbanos.
– Identificar cales son os impactos da mobilidade turística e as distintas estratexias para mitigalas.
Clases expositivas. Desenvolvemento de contidos teóricos e de conceptos relacionados coas materias.
Clases interactivas. Aplicación dos contidos teóricos á análise de problemas ou situacións concretas. Inclúen actividades cunha participación activa dos estudantes como seminarios, discusión de casos prácticos, simulacións, resolución de problemas, defensa de informes, exposición de traballos.
Titorías. Reunións voluntarias e concertadas do profesor cos estudantes, individualmente ou en pequenos grupos.
A avaliación é de tipo continuo e de acordo e seguiranse estes criterios:
1. 40%: Exame dos contidos teóricos
2. 30%: Participación activa e debate nas clases e na saída, incluíndo breves presentacións. Nesta porcentaxe terase en conta a asistencia ás clases, que é obrigatoria.
3. 30%: Traballo de curso consistente nunha exposición crítica centrada nun tema a escoller dunha listaxe proporcionada polo profesor as dúas primeiras semanas de clases. A listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto deberán ser correctos. Para realizar media entre os tres apartados, só pode estar un suspenso. Tanto se están dous ou tres apartados suspensos, coma se a media non permite aprobar, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, será necesario repetir exclusivamente aqueles apartados que non estean superados. Seguiranse, por tanto, os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
4. Aos/a alumnos/ as con dispénsaa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Con todo, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Actividades formativas en horas, metodoloxías de ensino-aprendizaxe e a súa relación coas competencias que debe adquirir o/a estudante:
Traballo presencial na aula
Clases expositivas 9
Clases interactivas 12
Titorías en grupo moi reducido 3
Avaliación na aula 3
Total traballo presencial na aula 27
Traballo persoal do alumno
Horas estudo autónomo individual ou en grupo: 22
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 7
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 12
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 7
Total horas traballo persoal do alumno: 48
Durante o desenvolvemento da materia, recoméndase realizar un seguimento da prensa diaria, e en concreto das noticias relacionadas coa temática da materia
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Miguel Pazos Oton
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- miguel.pazos.oton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 18 |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
26.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
26.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 18 |