Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obter un coñecemento básico de áreas xeográficas, socioeconómicas e políticas de Galicia.
Adquirir a través de exercicios prácticos coñecementos específicos sobre temas de interese territorial.
Reflexionar criticamente sobre os principais problemas territoriais de interese que afectan actualmente e a medio prazo á ordenación e desenvolvemento territorial de Galicia.
Que é Galicia; Galicia no contexto internacional; medio físico e medio ambiente. Un espazo atlántico; A organización administrativa do territorio; as infraestruturas de transporte e a estrutura desequilibrada de Galicia; a rede urbana galega; as novas tendencias na poboación galega e a transformación da economía galega.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte Temario:
BLOQUE 1. Que é Galicia? Lecturas xeográficas do “territorio galego”
BLOQUE 2. Galicia no contexto internacional.
BLOQUE 3. Medio físico e medioambiente.
BLOQUE 4. A organización administrativa do territorio
BLOQUE 5. As infraestruturas de transporte e a desequilibrada vertebración de Galicia
BLOQUE 6. A rede urbana galega.
BLOQUE 7. As novas tendencias na poboación galega.
BLOQUE 8. As transformacións da economía galega.
Blibliografía básica
Precedo Ledo, A. (1998): Geografía Humana de Galicia. Oikos Tau. Barcelona.
Souto González, X.M. (1988): Xeografía Humana de Galicia. Galaxia, Vigo.
Santos Solla, X. M. Piñiera Mantiñán, M. J. (Cood.). (2011). Nova Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
Ferrás Sexto, C. (1996): Cambio rural na Europ Atlántica. Os casos de Galicia e Irlanda. Universidade de Santiago.
Lois González, R. C,. Adrey Vázquez, J. A. (2010). Breve Xeografía de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo
Bibliografía complementaria
Aldrey Vázquez, J. A. (1999): Análise da poboación na área urbana de Santiago de Compostela, Santiago: Consorcio.
— (2006): A poboación galega, 1900-2005, Vigo: Ir Indo.
Alonso Logroño, M. P. e R. C. Lois González (1997): «Proceso de industrialización y organización del espacio en un territorio periférico: Galicia», Boletín de la AGE, núm. 24, Madrid: Asociación de Geógrafos Españoles, pp. 147- 168.
Cabalar Fuentes, M. (2005): «Uso público en la red de Espacios Naturales Protegidos de Galicia.Una visión de conjunto con ejemplos significativos», en Espacios públicos-Espacios privados, un debate sobre el territorio. XIX Congreso de Geógrafos Españoles,Santander [CD-ROM].
Caride, M. J. e E. Pis (2000): «Presente e futuro das infraestructuras de transporte en Galicia», Revista Galega de Economía, vol. 9, núm. 1, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 315-330.
Carmona Badía, X. (1990): «Crise e transformación da base industrial galega, 1850-1936», en J. Nadal e A. Carreiras (dirs.) Pautas rexionais da industrialización española (séculos XIX e XX), Barcelona: Editorial Ariel, pp. 23-49.
Castro López, A. (1989): A comarcalización en Galicia, Pontevedra: Deputación de Pontevedra.
Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal (2007): Plan estratéxico de cooperación Galicia-Norte de Portugal, 2007-2013, Santiago de Compostela e Porto: Xunta de Galicia, Comissão de Coordenação e Desenvolvimento da Região Norte.
Durán Villa, F. R. (1989): «Veintiséis años de emigración gallega a Europa: de la Estabilización a la integración en la C.E.E. (1959-1986)», en Actas do Simposio Internacional Otero Pedrayo ee a Xeografía de Galicia, Santiago: Consello da Cultura Galega, pp. 181-191.
Fernández Fernández, M. e M. Fernández Grela (2003): «Comparación de estructuras produtivas entre rexións fronteirizas: Galicia e a Rexión Norte de Portugal», Revista Galega de Economía, vol. 12, 2 (é o número?), Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, pp. 83-106.
González Laxe, F. (2002): Desarrollo y estrategias de la pesca europea, Oleiros: Netbiblo.
Lois González, R. C., J. A. Aldrey e J. Somoza (2000): «As novas pautas da distribución da poboación en Galicia», en X. Fernández Leiceaga (dir.): Avellentamento demográfico e consecuencias socioeconómicas, Vigo: Edicións Xerais, pp. 259-297.
Lois González, R. C. "Estructura territorial de Galicia." Os concellos galegos para o século XXI. Págs (2004): 101-161.
Paül Carril, V., & Pazos Otón, M. (2009). El transporte como producto turístico en Galicia: un análisis de la oferta actual. Revista Galega de Economía, 18(2), 1-29.
Xerais e Básicas
CG1 - Garantir unha formación xeral e integrada sobre os contidos fundamentais dos distintos ámbitos
temas da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental co ámbito social e humano
CG4 - Combinar un enfoque xeralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polas cuestións territoriais e ambientais
CB1 - O alumnado demostrou posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriies
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Especificas
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
Profesionais
- Utilizar a información xeográfica como instrumento para o desenvolvemento
local.
- Relacionar información territorial diversa de forma sistemática e integral co
obxectivo de entender a complexidade dos espazos rurais.
- Expresar información cartograficamente.
- Traballar con información estatística.
Académicas
- Interrelacionar o medio físico/ambiente coas actividades humanas no territorio galego
- Interrelacionar os fenómenos a escala global, rexional e local.
- Xerar interese e sensibilidade polos temas que afectan a Galicia.
- Analizar e interpretar as principais problemáticas que afectan a Galicia.
Outras
- Ordenar e sintetizar información.
- Entender os problemas de forma multidimensional.
- Xestionar a complexidade.
- Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos.
Instrumentais
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Coñecemento dunha lingua estranxeira.
- Capacidade de xestión da información.
Persoais
- Recoñecemento á diversidade de Galicia
- Razoamento crítico.
- Compromiso ético.
Sistémicas
- Aprendizaxe autónoma.
- Adaptación a novas situacións.
- Creatividade.
Outras
- Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
- Habilidades de investigación.
- Habilidade de comunicación oral.
- Capacidade de comunicarse de forma efectiva con non expertos no tema.
- Capacidade de traballo individual e en grupo
- Deseño e xestión de proxectos/plans de desenvolvemento local.
- Actitude sistemática de precisión no traballo.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial.
Clases teóricas (docencia expositiva) e prácticas (docencia interactiva) na aula, e traballo persoal do alumno fora dela (lectura e recensión de artigos, outro material audiovisual e documentos diversos sobre problemas teóricos e conceptos básicos). As titorías poderán realizarse dentro dos horarios oficiais, parcialmente de xeito virtual e/ou con cita previa solicitada e confirmada por email.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas
- Avaliación continua, a partir do traballo na aula e en relación ao traballo en curso.
- Avaliación mediante un exame dos contidos teóricos.
Criterios de avaliación en primeira convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 60% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
- Traballos prácticos, que Terán un peso do 35% da cualificación final. Consistirá na entrega de traballos a través de Aula Virtual da USC.
- Participación activa nas aulas expositivas e interactivas 5% da cualificación final.
Para superar a materia é necesario acadar un 40% da nota en cada unha das partes, para poder compensar as calificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer o exame da materia e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Criterios de avaliación en segunda convocatoria:
- Exame ou proba escrita presencial, que terá un peso do 100% da cualificación final, na data establecida pola Facultade.
En ambas convocatorias, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos do estudantado e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha asignatura: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Esta equivalencia está dacordo coa norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003 pdf), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
-Asistencia regular ás clases, participación nas mesmas e traballo continuado ó longo do cuatrimestre académico.
-Lectura da bibliografía recomendada.
-Cursar os seminarios de formación en competencias da información impartidos pola Biblioteca Universitaria.
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca:
https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Angel Miramontes Carballada
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
22.05.2025 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
02.07.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |