Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia destínase a dotar ao alumnado das ferramentas e os métodos específicos para que sexa capaz de elaborar un plan estratéxico desde un punto de vista práctico, na súa secuencia habitual: diagnóstico selectivo, plan de acción, etc. Perséguese como principal obxectivo que o alumnado desenvolva por escrito unha simulación de plan estratéxico seguindo unha estrutura prefixada. Pártese de discutir este tipo de planificación no seo dos debates teórico-conceptuais sobre as modalidades da ordenación territorial e as súas múltiples interconexións e solapamentos. Cabe realizar un estudo específico sobre o carácter indicativo/vinculante dos procesos de planificación estratéxica, o que implica recoñecer as ambigüidades asociadas aos mesmos. A materia inclúe, así mesmo, un sistema de avaliación dos documentos de planificación estratéxica, que se aplica a plans xa elaborados que se estudan desde a perspectivas das boas prácticas.
1. Idiosincrasia e especificidade da planificación estratéxica. Orixe da modalidade planificadora e primeiras experiencias territoriais e urbanas. Difusión e xeneralización do modelo estratéxico. Relacións con outras modalidades planificadoras: urbanismo, planificación territorial, etc.
2. Organización dos procesos estratéxicos
3. O diagnóstico estratéxico
4. Escenarios, alternativas e visións
5. A dimensión propositiva do plan estratéxico
6. Xestión e avaliación dun plan estratéxico
Un contido obrigatorio desta materia é a saída de campo de día enteiro en desenvolvemento do temario práctico. Computaranse entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Básica
-ALBRECHTS, L. (2006): Shifts in strategic planning? Some evidence from Europe and Australia, Environment and Planning A, 38:1149-1170.
-FARINÓS, J. et al. (2005): Planes estratégicos territoriales de carácter supramunicipal, Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 39:117-149.
-FONT, J. (1998): La planificación estratégica, en PUJADAS, R. e FONT, J.: Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis, pp. 365-386.
-MARTÍN, A. & MERINERO, R. (coords.) (XX): Planificación Estratégica Territorial: estudios metodológicos. Sevilla: Junta de Andalucía.
-MERINERO, R. (2010): Planificación estratégica urbana y territorial: elementos básicos para su aplicación en la administración local. Sevilla: Junta de Andalucía.
-PASCUAL, J.M. (1999): La estrategia de las ciudades. Los planes estratégicos como instrumento: métodos, técnicas y buenas prácticas. Barcelona: Diputació de Barcelona.
-PASCUAL, J.M. & TARRAGONA, M. (2009): Estrategia territorial y gobierno relacional. Manual para la planificación estratégica de 2ª generación. Sevilla: Junta de Andalucía.
-PUJADAS, R. y FONT, J. (1998): Ordenación y planificación territorial. Madrid: Síntesis.
-VERA, J. (coord.) (1997): Planificación estratégica y concertada, en Análisis territorial del turismo. Barcelona: Ariel. pp. 390-395.
Complementaria
-ELISE, P. (ed.) (2014): Strategic Territorial Agendas for Small and Middle-sized Towns and Urban Systems. Ljubljana: Urban Planning Institute of the Republic of Slovenia (UIRS).
-GANAU, J. e MALLARACH, J. (2003): La planificació estratègica territorial a Catalunya. Quinze anys d’evolució. Barcelona: Generalitat de Catalunya.
-SIMEONOVO, V. et al. (2018): SPIMA - Spatial dynamics and strategic planning in metropolitan areas. Luxembourg: ESPON.
-XUNTA DE GALICIA (2015): Plan Estratégico de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
-PAÜL, V. et al. (2019): Estratexia do Río Miño Transfronteirizo 2030. Pontevedra: De. de Pontevedra.
Específicas contidas na memoria de título:
-Coñecer os principais instrumentos de ordenación e xestión territorial e as principais figuras de planeamento en ordenación
do territorio e urbanismo.
-Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do
urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
-Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e
xestión territorial e ambiental.
-Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade
para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
-Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes
escalas (rexional, urbana, etc.).
Clases expositivas. Desenvolvemento de contidos teóricos e de conceptos relacionados coas materias.
Clases interactivas. Aplicación dos contidos teóricos á análise de problemas ou situacións concretas. Inclúen actividades cunha participación activa dos estudantes como seminarios, discusión de casos prácticos, simulacións, resolución de problemas, defensa de informes, exposición de traballos e saída de campo de día enteiro obrigatoria. Esta última computará entre 4,5 e 12 h en función do acordo que se acade na Comisión Académica do Máster en Planificación e Xestión Territorial.
Titorías. Reunións voluntarias e concertadas do profesor cos estudantes, individualmente ou en pequenos grupos.
A avaliación é de tipo continuo e de acordo e seguiranse estes criterios:
1. 30%: Elaboración dun portafolio da materia, cunha breve referencia crítica e reflexiva aos contidos tratados nas clases e na saída de campo de día enteiro obrigatoria, cun máximo de 10 páxinas. A listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto deberán ser correctos.
2. 15%: Participación activa e debate nas clases e na saída, incluíndo breves presentacións. Nesta porcentaxe terase en conta a asistencia ás clases, que é obrigatoria.
3 40 %: Traballo de curso consistente nunha exposición crítica centrada nalgún plan estratéxico, cunha proposta alternativa. A listaxe bibliográfica e as referencias dentro do texto deberán ser correctos. Para realizar media entre os tres apartados, só pode estar un suspenso. Tanto se están tres ou catro apartados suspensos, coma se a media non permite aprobar, fai falta afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, será necesario repetir exclusivamente aqueles apartados que non estean superados. Seguiranse, por tanto, os mesmos criterios que na primeira oportunidade.
4. 15% Proba de avaliación de coñecementos e competencias.
5. Aos/a alumnos/ as con dispensa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
6. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Con todo, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
A materia presenta unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Con carácter xeral, recoméndase ao alumnado contemplar cada materia como un aspecto particular dunha problemática máis ampla, neste caso a planificación estratéxica como clave para o desenvolvemento dun territorio. Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das clases e un esforzo dedicado á elaboración do portafolio e do traballo de curso. Máis aló das clases, recoméndase utilizar as titorías para un adecuado seguimento da materia. Así mesmo, espérase do/da alumno/a unha aprendizaxe autónoma e iniciativa.
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Angel Miramontes Carballada
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- angel.miramontes [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Juan Manuel Trillo Santamaria
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- juanmanuel.trillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 |
13.01.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |