Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 22 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia aborda o estudo e aplicación de datos espaciais, Open Data, infraestruturas de datos espaciais (IDE), metadatos e servizos IDE no contexto do patrimonio cultural. Tamén se exploran aspectos tecnolóxicos, económicos e sociais, así como o desenvolvemento de proxectos IDE e a xestión de cartotecas e mapotecas. Os estudantes adquiren coñecementos e habilidades para traballar con ferramentas e servizos fundamentais na xestión e difusión do patrimonio cultural relacionados coa información xeográfica.
Desenvóvense principalmente os contidos:
CON7-Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación
CON8-Coñecementos sobre a cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
CON20-Coñecementos sobre infraestruturas de datos espaciais
1. Datos espaciais:
Representación e procesamento de datos espaciais.
Open data e Open Spatial Data.
2. Infraestruturas de datos espaciais:
Introdución ás IDE.
Metadatos, Nomenclátores, Catálogos e Clearing-Houses para a Información Xeográfica.
Aspectos tecnolóxicos, económicos, sociais e de regulación.
Servizos IDE.
3. Desenvolvemento de proxectos IDE:
Ferramentas e servizos fundamentais.
Cartotecas.
Bibliografía básica:
-Michael F. Worboys, Matt Duckham (2004). GIS: A Computing Perspective. CRC Press
-Miguel A. Bernabé Poveda, Carlos M. López Vázquez (2012). Fundamentos de las Infraestructuras de Datos Espaciales. IGN
Bibliografía complementaria:
-Philippe Rigaux, Michel Scholl and Agnès Voisard (2002). Spatial Databases With Application to GIS. Morgan Kaufmann
HABILIDADES
HAB3-Ser capaz de establecer relacións e interactuar cos enfoques de diversas disciplinas
HAB5-Ser capaz de elixir e presentar os resultados de proxectos de todo tipo relacionados coa xestión do patrimonio dixital
DESTREZAS
DES3-Ser capaz de traballar en equipo cunha actitude colaborativa e interdisciplinar
COMPETENCIAS
CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ?e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan? a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
CG4. Integrar destrezas de comunicación orientadas ao marketing cultural en contornos emprendedores
CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
Sesión maxistral: Exposición dos contidos teóricos fundamentais da materia, en combinación con aspectos de aplicación práctica.
Prácticas a través de TIC: Plantexaranse problemas específicos a resolver polo alumnado utilizando as técnicas e ferramentas vistas na materia.
Traballos tutelados: O alumnado deberá propoñer e desenvolver a resolución a un problema de xestión dixital do patrimonio xeográfico.
Proba mixta: Realización dunha proba escrita individual na que se avaliarán os conceptos explicados na materia.
-Traballos tutelados; avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación: 40% da cualificación final.
-Prácticas a través de TIC; realización das tarefas prácticas propostas: 20% da cualificación final.
-Proba mixta; proba individual escrita, sobre os contidos da materia: 40% da cualificación final.
OBSERVACIÓNS
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais: Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5. Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: Traballos tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. Prácticas a través de TIC: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.Na segunda oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes nas primeiras semanas do curso para determinar as condicións de entrega das prácticas e traballos tutelados.
FRAUDE ACADÉMICO A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con ?suspenso? (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Dedicación orientativa:
Prácticas a través de TIC (17 presenciales; 34 trabajo autónomo): 51 horas.
Trabajos tutelados (3 presenciales; 33 trabajo autónomo): 36 horas.
Proba mixta (0 presenciales; 20 trabajo autónomo): 20 horas.
Sesión maxistral (15 presenciales; 0 trabajo autónomo): 15 horas.
Atención personalizada (3 presenciales; 0 trabajo autónomo): 3 horas.
Los requisitos de formación previa son os marcados/recomendados por el propio máster. Entre outros o cursado da materia: Tecnoloxías Aplicadas ao Patrimonio.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto nas “Normas de avaliación do rendemento académicodo alumnado e revisión de cualificacións”.
Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista, etc.) traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas.
David Santomil Mosquera
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- david.santomil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 16 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 16 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |