Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
. Capacidade para analizar a calidade dos informes financeiros da empresa
· Comprensión do impacto da elección das prácticas contables nos resultados e na situación financeira
· Capacidade para aplicar o estudo dos estados financeiros, a análise por ratios e outras técnicas para analizar e valorar empresas.
· Coñecemento e comprensión do uso e as limitacións da análise en diferentes escenarios de decisión (concesión de préstamos, investimento, fusións e adquisicións)
· Capacidade para elaborar estados previsionales e avaliar o efecto das decisións da dirección sobre a situación económico financeira futura
Obxectivos e panorama xeral da análise de estados financeiros.
Calidade da información contable.
Análise de ratios financeiros e de fluxos de tesouraría.
Análise de estados financeiros en situacións especiais
Básica:
GARRIDO MIRALLES, P. e ÍÑIGUEZ SÁNCHEZ, R. (2015): Análisis de estados contables. Elaboración e interpretación de la información financiera. Ed. Pirámide.
PALEPU, K.; HEALY, P.;BERNARD, V. e PEEK, E. (2007): Business analysis and valuation. IFRS Edition. Ed. South Western.
PALOMARES, J. e PESET, M.J. (2015): Estados financieros. Interpretación y análisis. Ed. Pirámide..
Complementaria:
PENMAN, S. (2013): Financial statement analysis and security valuation. McGraw Hill
WILD, J.; SUBRAMANYAM, K. e HALSEY, R. (2007): Análisis de estados financieros. Ed. Mc Graw Hill
COMPETENCIAS XERAIS
X1 - Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito financeiro e contable da empresa, en situacións de incerteza que emulen á realidade, así como para xestionar a información.
X2 - Capacidade para elaborar e defender argumentos sobre cuestións especializadas e resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso do coñecemento adquirido sobre a realidade financeira e contable da empresa, as teorías, os modelos e os métodos axeitados.
X3 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de xestión financeira e contable e propostas de solución, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma de técnicas de presentación, a públicos especializados e non especializados.
X4 - Capacidade de traballo en equipo e desenvolvemento de habilidades directivas. A toma de decisións leva consigo determinados riscos que é fundamental tomar de forma consciente. Esta toma de decisións require a integración da información achegada por persoas con distintos puntos de vista e información que pode resultar dispar ou responder a obxectivos diferentes. O/a alumno/a deberá ser capaz de integrar estes puntos de vista distintos, desenvolvendo as habilidades sociais para interactuar como membro dun equipo de traballo.
X5 - Capacidade crítica e autocrítica. O/a alumno/a ha de ser capaz de formarse un criterio propio, integrando os coñecementos adquiridos, para determinar as bases sobre as que asentar os seus posicionamentos.
X6 - Capacidade de aprendizaxe autónoma para que o alumno poida seguir actualizándose constantemente no ámbito financeiro e contable, no que xorden continuamente novas teorías e prácticas.
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T1 - Organización e planificación
T2 - Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo.
T3 - Traballo en equipo
T4 - Sentido ético
COMPETENCIAS ESPECIFICAS
E1 - Capacidade para recoñecer o marco xurídico nacional e internacional en materia fiscal e contable, comprendendo as súas distintas implicacións na información financeira e permitíndolle a formación dunha opinión.
E2 - Capacidade para identificar as relacións existentes entre estratexia e competitividade, podendo alegar en cada caso, elementos de xuízo para a determinación das mellores opcións posibles.
E3 - Capacidade para analizar a información pertinente para comprender as implicacións financeiras dos negocios internacionais.
E4 - Capacidade para integrar a ética na xestión como valor recollido nos Códigos de Conduta, co obxectivo financeiro da empresa e a capacidade de xerar valor dunha forma sostible.
E5 - Capacidade para identificar e analizar a estrutura de custos e os procesos operativos e financeiros fundamentais na empresa, combinando datos cuantitativos e aspectos cualitativos da realidade analizada.
E6 - Capacidade para analizar a interrelación existente entre as alternativas de investimento e financiamento na empresa, integrando coñecementos financeiros e contables.
E7 - Coñecemento e comprensión do papel da información contable como mecanismo para a avaliación e o control.
E8 - Capacidade para comprender e aplicar os conceptos e métodos empregados para a valoración e xestión do risco financeiro.
As clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, e guiar ao alumnado a través do material teórico, resaltando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. As presentacións serán realizadas con canón de proxección e estarán a disposición do alumnado na aula virtual da materia en data previa á da súa exposición en clase. Así mesmo, facilitaranse a través da aula virtual, exercicios, casos e indicacións sobre lecturas ou outras actividades a realizar.
Nas clases interactivas: tratase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe en equipo e desenvolva a capacidade de comunicación, en particular, a de presentación e argumentación. Nestas sesións resolveranse parte dos exercicios propostos, analizaranse casos, debateranse cuestións formuladas polo profesorado e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados en equipo.
Contarase sempre que sexa posible coa presenza de profesionais na área que proporcionen ao alumnado unha visión da utilidade e operativa real da materia.
Titorías: As horas destinadas a titorías utilizaranse para orientar ao alumnado acerca dos traballos a realizar, exercicios, casos e lecturas, a solucionar as dúbidas ou problemas formulados no proceso de aprendizaxe e a proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do devandito proceso.
Actividades de traballo persoal do alumnado: inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a preparación dos exercicios propostos, para os que en parte se requirirá a entrega por escrito, a busca, lectura e síntese de material bibliográfico relacionado cos temas obxecto de estudo e a preparación de debates e presentacións a realizar na aula.
Traballo en equipo: Co fin de desenvolver a competencia para traballar en equipo, formaranse grupos que han de realizar un traballo consistente na análise da información correspondente a unha empresa real. Baseándose nos informes contables públicos e noutros datos que o equipo deberá recompilar a través de diversas fontes de información. Requirirase a presentación dun informe escrito e, ademais, as conclusións da análise efectuada presentaranse e discutiranse na aula.
Esta materia conta con Aula Virtual. O material para a preparación da asignatura ou as referencias ao mesmo estarán dispoñibles para o alumnado na páxina web do curso, que tamén será usada como un medio adicional de comunicación cos alumnos. Asimesmo, na aula virtual o alumnado disporá dunha guía docente da materia onde se tratará máis polo miúdo aspectos relativos á organización das clases, estudo e avaliación desta materia. Toda esta información presentarase ao alumnado o primeiro dia de clase.
A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final obrigatoria.
A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación e consistirá na realización de actividades diversas, individuais ou en grupo, (procura e análise de información, elaboración de informes de análises e presentación dos mesmos).
A proba teórica-práctica final na que se evaluará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso do 60% na nota final. O alumnado deberá conseguir nesta proba un mínimo de 2.4 puntos.
A cualificación final determinarase sumando a nota obtida no exame e a correspondente á avaliación continua sempre que a primeira supere a nota mínima esixida. En caso contrario, a cualificación que se recollerá en actas será a obtida no exame. Para aprobar a materia a suma deber ser 5 ou superior. En calquera caso, o alumnado debe asistir, polo menos, a un 80% das horas de clase para poder ser avaliado a través deste sistema de 40% avaliación continua e 60% proba teórico-práctica final.
EVALUACION DE COMPETENCIAS
Avaliación continua: X1-X2-X3-X4-X5-X6-CB7-CB8-CB9-T1-T2-T3-T4-E1-E2-E3-E4-E5-E6-E7
Exame final: CB6 - CB7 - CB3 - CB10 - T1-T2-T4-E1-E2-E3-E4-E5-E6-E7-E8
Na guía docente dispoñible na aula virtual da materia recóllese de forma máis detallada o sistema de avaliación.
Esta forma de avaliación será de aplicación nas dúas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo). Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ámbalas dúas convocatorias.
O sistema de avaliación é único para os alumnos de primeira e posteriores matrículas.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 18 horas
Clases interactivas: 24 horas
Titorías en grupo moi reducido: 6 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 10 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas
Resolución de exercicios e preparación de casos: 40 horas
Exame: 2 horas
Considérase necesario:
- A revisión dos coñecementos adquiridos nas materias contables do grao de Administración e Dirección de Empresas ou de Economía.
- A preparación das sesión expositivas e interactivas, a través da lectura do material teórico e a resolución previa dos exercicios propostos, a busca de información sobre empresas e a análise da información.
- A participación nas sesións expositivas e interactivas e o plantexamento e discusión de dúbidas nas sesións e nas horas de titoría.
A materia impártase no idioma español.
Maria Milagros Vivel Bua
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811621
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 25 |
Martes | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 25 |
10.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |
10.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
18.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 25 |
18.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |