Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 36 Total: 225
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Adquirir o manexo, baixo un enfoque práctico, das diversas técnicas que permiten unha correcta e rigorosa formulación, recollida, análise e interpretación dos datos, nunha investigación da realidade social e especialmente nunha investigación social vinculada coas relacións laborais e os recursos humanos.
O carácter básico da materia fai que o seu contido resulte de interese para outras da titulación, especialmente para as de Dirección e Xestión de Recursos Humanos, Deseño de Procesos de Traballo e Economía Laboral.
1. Introdución ás técnicas de investigación social: elementos e operacións básicas da investigación social.
O método científico e a investigación social. Tipos de investigacións sociais. Exemplos de investigacións sociais. Elementos básicos e fases dunha investigación social. Estatística e Investigación social.
2. Técnicas de obtención de datos.
A observación. Os cuestionarios. A entrevista. As fontes documentais.
3. Estatística descritiva.
Variable estatística. Variables cualitativas e cuantitativas. Variables discretas e continuas.Táboas de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de tendencia central. Medidas de dispersión e forma.
4. Indicadores sociais e estatísticas sociolaborais.
Índices simples. Índices complexos. Deflactación. Outros indicadores sociais.
5. Análise descritiva da dependencia.
Táboas de continxencia. Medidas de asociación. Regresión lineal. Coeficiente de determinación.
6. Probabilidade e modelos matemáticos para a investigación social.
Resultados dun experimento aleatorio e a súa probabilidade. Variables asociadas a experimentos aleatorios. Distribucións notables.
7. A mostraxe como técnica de investigación social.
Diferentes métodos de mostraxe. Erros na mostraxe. Tamaño da mostra necesaria para estimar unha media ou unha proporción.
8. Probas de decisión na investigación social.
Estimación puntual para medias e proporcións. Obtención de intervalos de confianza. Os tests de hipótese. O nivel de significación.
Prácticas (obrigatorias):
Introdución ao SPSS. Análise de datos.
Regresión e dependencia de variables
Intervalos de confianza. Contraste de hipóteses.
O texto que mellor se adapta ao programa da materia é:
• Fernández Sotelo, M. A.; Coladas Uría, L. (2024). Técnicas de Investigación Social. USC.
Recoméndase tamén a consulta dos seguintes libros:
Bibliografía básica:
• Alcalá, A. (1999). Estadística para Relaciones Laborales. Hespérides.
• Montero Lorenzo, J. M. (2000). Estadística para Relaciones Laborales. Editorial AC.
• Peña, D.; Romo, J. (2003). Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. McGrawHill.
• Sierra Bravo, R. (1995). Técnicas de Investigación Social. Teoría y Ejercicios. Paraninfo.
• Visauta Vinacua, B. (1989). Técnicas de Investigación Social. P.P.U.
Bibliografía complementaria:
• Corbetta, P. (2007). Metodología y técnicas de investigación social. McGrawHill.
• Duverger, M. (1996). Métodos de las Ciencias Sociales. Ariel.
• García Ferrando, M.; Ibáñez, J.; Alvira, F. (2000). El Análisis de la Realidad Social. Métodos y Técnicas de Investigación. Alianza.
• Visauta Vinacua, B. (2007). Análisis Estadístico con SPSS 14: Estadística Básica. 3ª Edición. McGrawHill.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aprender autonomamente.
CG2 - Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
CG6 - Traballar individualmente e en equipo.
ESPECÍFICAS
CE3 - Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e socioeconómicos.
• A materia ten carácter anual con nove créditos ECTS polo que terá 45 horas de docencia expositiva e 27 horas de docencia interactiva, nas que se inclúen as prácticas obrigatorias de ordenador.
• As clases desenvólvense na aula asignada facendo uso fundamentalmente do encerado e de presentacións. Fomentarase a participación do alumnado nas clases, sobre todo nos aspectos mais prácticos. Así mesmo discutiranse e resolveranse diversos exercicios enunciados en boletíns que serán entregados ao alumnado para fomentar o seu traballo persoal, utilizándose tamén para avaliar o seu aproveitamento.
• O alumnado contará co apoio do campus virtual da USC, a través da páxina do curso, para dispoñer de acceso ao programa, bibliografía e aos distintos boletíns de exercicios, así como a apuntamentos dalgúns temas e información sobre actividades complementarias voluntarias e a ferramentas de comunicación.
• Haberá un exame final teórico-práctico consistente na interpretación dunha serie de cuestións ou o desenvolvemento de preguntas de teoría e a resolución de problemas. De acordo co alumnado, poderá realizarse un exame parcial voluntario, que liberará materia, ao remate do primeiro cuadrimestre. Unha vez superado o exame final, a súa cualificación ou, no caso de aprobar o exame parcial, a media dos dous exames, terá un peso do 70% na nota final da materia.
• A avaliación continua levarase a cabo por medio de controis escritos, traballos entregados, asistencia, participación e aproveitamento de clases, titorías e prácticas. Esta avaliación suporá o 30% da nota final.
• A realización con aproveitamento das prácticas de ordenador será imprescindible para superar a materia.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá realizar o exame ou exames de modo presencial e enviar as actividades interactivas en soporte electrónico para a súa avaliación.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
• Estudio individual ou en grupo: 90 horas
• Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 25 horas
• Lecturas recomendadas: 15 horas
• Preparación de presentacións orais, debates e similares: 5 horas
O tempo de traballo necesario para superar a materia depende moito dos coñecementos previos e da destreza do alumnado. Normalmente, unha hora diaria de estudo e traballo persoal que complemente a asistencia a clases debería resultar suficiente.
Para superar con éxito a materia é necesaria a asistencia ás clases teóricas e prácticas, e a resolución e revisión dos boletíns prácticos entregados na aula ao longo do curso.
Ademais, no programa aparece unha lista de textos recomendados para a materia cos que é posible completar ou ampliar calquera tema.
Maria Angeles Fernandez Sotelo
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813210
- Correo electrónico
- mangeles.fernandez.sotelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Ginzo Villamayor
Coordinador/a- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- mariajose.ginzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Angel Manuel Gonzalez Rueda
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Correo electrónico
- angelmanuel.gonzalez.rueda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán, Galego | Aula 5 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Galego | Aula 5 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
04.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
23.06.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |