Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Aproximación xeral ao coñecemento e funcionamento da sociedade internacional actual e do seu ordenamento xurídico, mediante o exame da estrutura da orde xurídica internacional a través dos seus principios básicos fundamentais, dos procedementos de elaboración e de aplicación das normas xurídicas internacionais, e da subxectividade internacional, atendendo principalmente á figura do Estado e da Organización internacional.
PARTE I.- A SOCIEDADE INTERNACIONAL E O SEU ORDENAMENTO XURÍDICO
Lección 1.- A Sociedade internacional e o seu Dereito
1. A Sociedade internacional: A) Evolución e estructura. B) Pluralidade de suxeitos e actores.
2. O Dereito Internacional: A) Concepto e caracteres básicos do Dereito Internacional. B) Soberanía do Estado e relativismo do Dereito Internacional. C) Funcións
3. Os principios estruturais do Dereito Internacional
PARTE II.- O PROCESO DE ELABORACIÓN DAS NORMAS XURÍDICAS INTERNACIONAIS
Lección 2.- A creación das normas xurídicas internacionais. A norma convencional
1. O "proceso de formación" das normas internacionais e a estrutura normativa do sistema xurídico internacional. O Ius cogens internacional
2. A norma convencional: A) Concepto e elementos constitutivos do tratado internacional. B) O proceso de celebración e entrada en vigor dos tratados. Dereito español. C) Observancia, aplicación e interpretación dos tratados D) A dinámica dos tratados.
Lección 3.- A norma consuetudinaria
1. Concepto e elementos do costume
2. A oponibilidad do costume xeral. O costume particular
3. A interacción entre costume e tratado
Lección 4.- Outros procedementos de creación das normas internacionais
1. Actos das Organizacións internacionais
2. Actos unilaterais dos Estados
3. Principios xerais do Dereito
4. Medios auxiliares
PARTE III.- A APLICACIÓN DAS NORMAS XURÍDICAS INTERNACIONAIS
Lección 5.- O proceso de aplicación do Dereito internacional
1. Aplicación das normas e eficacia do sistema internacional
2. A recepción das normas internacionais na orde jurídico interno. Dereito español
3. A execución das normas internacionais na orde jurídico interno. Dereito español
Lección 6.- Aplicación da norma e controversia internacional
1. Controversia internacional. Concepto e clases
2. Principio de arranxo pacífico de controversias e prohibición do uso da forza: A) Obrigación de arranxo pacifico e principio de liberdade de elección de medio B)Principio de prohibición do uso da forza: Alcance e excepcións
3. Procedementos de arranxo pacífico de controversias de carácter non xurisdiccional
4. Procedementos de arranxo pacifico de controversias de carácter xurisdiccional. A Corte Internacional de Xustiza.
Lección 7.- Feito internacionalmente ilícito e responsabilidade internacional do Estado
1. Concepto e elementos do feito internacionalmente ilícito
2. Circunstancias que exclúen a ilicitud
3. A responsabilidade internacional e as súas consecuencias fundamentais: A reparación
4. A violación grave de normas imperativas de Dereito internacional xeral
Lección 8.- Novos desenvolvementos no Dereito da responsabilidade internacional
1. A responsabilidade por actos non prohibidos polo Dereito internacional
2. A responsabilidade internacional do individuo: A) Desenvolvemento normativo. B) Xurisdición penal internacional: A Corte Penal Internacional. C) Os tribunais estatais: A xurisdición universal
Lección 9.- Procedementos para asegurar a aplicación das normas internacionais
1. A protección diplomática
2. Medidas de autotutela. As contramedidas
3. Procedementos institucionalizados: A) A sanción internacional e o poder disciplinario
B) O poder de coerción. Medidas coactivas no sistema de Nacións Unidas
PARTE IV.- OS SUXEITOS DO DEREITO INTERNACIONAL
Lección 10.- O Estado
1. Elementos constitutivos e competencias
2. O recoñecemento de Estados
3. A dinámica do Estado: Recoñecemento de Gobernos e Sucesión de Estados
4. A inmunidade do Estado e dos seus órganos
Lección 11.- A Organización Internacional
1. Aspectos xerais: A) Concepto e clases. B) Personalidade xurídica e competencias. C) Membros, estrutura e formación da vontade institucional
2. A Organización das Nacións Unidas: A) A Carta. B) Estrutura Orgánica
Lección 12.- Outros suxeitos de carácter non estatal
1. O individuo e os mecanismos universais e rexionais de protección dos dereitos humanos. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos
2. Os pobos
MANUAL BÁSICO RECOMENDADO
CASADO RAIGÓN, R.: Derecho internacional, Madrid, 4ª ed., Tecnos, 2020.
INSTRUMENTO NORMATIVO BÁSICO RECOMENDADO
- PUEYO LOSA, J., PONTE IGLESIAS, M. T. (coordinadores): Derecho Internacional Público. Organización Internacional. Unión Europea. Recopilación básica de instrumentos jurídicos (Espacio Europeo de Educación Superior), Santiago de Compostela, 2ª ed., Andavira Editora. 2016.
Este Manual e a Recompilación de Instrumentos normativos servirán como contidos mínimos de referencia na impartición da docencia teórica e interactiva da materia e na súa avaliación. Por iso, recoméndase a todos os alumnos que dispoñan destes textos como materiais básicos de estudo da materia.
OUTROS MANUAIS E OBRAS XERAIS COMPLEMENTARIAS
- ANDRÉS SAÉNZ DE SANTAMARÍA, P.: Sistema de Derecho Internacional Público, Madrid, 7ª ed. Civitas, 2023.
- CASANOVAS, O., RODRIGO, A. J.: Compendio de Derecho Internacional Público, Madrid, 12ª ed. Tecnos, 2024.
- JUSTE RUIZ, J., CASTILLO DAUDÍ, M., BOU FRANCH, V.: Lecciones de Derecho Internacional Público, Valencia, 4ª ed. Tirant Lo Blanch, 2023.
- MARIÑO MENÉNDEZ, F.: Instrumentos y regímenes de Cooperación Internacional, Madrid, 2ª ed., Trotta, 2017.
- MARTÍN MARTÍNEZ, M. M.; JIMENEZ SÁNCHEZ, C.: Derecho Internacional Público. Síntesis de Teoria y Práctica, Ed. Comares, Granada, 2019.
- PASTOR RIDRUEJO, J. A.: Curso de Derecho Internacional Público y Organizaciones Internacionales, Madrid, 27ª ed. Tecnos, 2023.
OUTROS TEXTOS NORMATIVOS E MATERIAIS DE PRÁCTICAS COMPLEMENTARIOS
- ANDRES SAENZ DE SANTA MARÍA, P.: Legislación básica de Derecho Internacional Público, Madrid, 23ª ed., Tecnos, 2023.
- Coñecer as características da sociedade internacional contemporánea e a súa incidencia sobre a estrutura do Dereito internacional público.
- Entender as peculiaridades do sistema de fontes do Dereito internacional público e os seus mecanismos de aplicación.
- Coñecer as características dos principais suxeitos do Dereito internacional, con especial atención ás organizacións internacionais.
- Comprender a interacción entre os planos normativos interno e internacional, con especial atención ao dereito español.
- Utilizar adecuadamente a terminoloxía propia e específica do Dereito internacional público.
- Capacidade para analizar e resolver problemas que susciten a elaboración e aplicación das normas internacionais en supostos da práctica.
- Adquirir habilidades na análise de cuestións de actualidade que afecten ao dereito internacional público aplicando razoamentos xurídicos.
- Uso de técnicas informáticas na obtención de información relacionada co Dereito Internacional Público (instrumentos xurídicos, documentación, xurisprudencia bibliografía... en bases de datos, catálogos ou en páxinas web).
Clases teóricas, clases prácticas e organización de seminarios, traballos tutelados, lecturas recomendadas.
-O exame suporá o 70% da calificación final e aprobalo será requisito para superar a asignatura. O exame, que estará composto por unha parte teórica e outra práctica, busca valorar a adquisición de coñecementos teóricos por parte do alumno e a súa capacidade para aplicalos nun suposto práctico.
-As actividades programadas, particularmente as clases interactivas (elaboración e entrega de casos prácticos, traballos tutelados e exposición, comentarios de xurisprudencia, seminarios ou calqueira outra actividade que se indique), así como a asistencia ás clases teóricas e interactivas suporá o 30% restante da calificación final.
Os criterios de valoración serán os seguintes:
• Asistencia en máis do 90% as actividades docentes realizadas durante o curso.
• Elaboración e entrega por escrito a través da aula virtual da USC dos casos prácticos ou calquera outra actividade que se indique.
• A participación activa do alumno durante o desenvolvemento da clase interactiva será un requisito indispensable para a valoración da mesma.
- Poderase convocar a una proba adicional para a obtención da Matrícula de Honra aos estudantes que obtiveran a cualificación de Sobresaínte na avaliación final, para o que terán que inscribirse no prazo que fixe o Profesor responsable da materia.
- No caso de que o alumno realice algunhas das actividades programadas, pero non o exame, a calificación será de "non presentado".
- Aqueles alumnos que non superen a asignatura ou ben non se teñan presentado ao exame, poderán conservar para o curso inmediatamente seguinte a nota obtida nas clases interactivas, sempre e cando o soliciten por escrito, ao inicio do cuatrimestre, no prazo sinalado polos Profesores responsables da docencia.
- Os alumnos aos que a Xunta de Facultade lles recoñeza o dereito a desfrutar dunha "exención de docencia" serán avaliados exclusivamente en función da calificación que obteñan no exame final da asignatura e das actividades interactivas que entregarán por escrito a través da aula virtual da USC.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O estudante debe realizar un seguimento continuado da materia para poder asimilar e comprender de forma continuada os distintos conceptos explicados. Para iso, debe servirse da bibliografía recomendada como material de apoio, tanto na vertente teórica como na práctica. Iso redundará nunha dedicación ao longo de todo o curso que alcanza aproximadamente 90 horas de traballo persoal, a distribuír entre o tempo de estudo e o empregado na resolución de casos práctico e a realización de traballos e lecturas.
Asistir a clase regularmente e participar activamente nos debates.
Recorrer ás tutorías para resolver calquera dúbida sobre a materia.
Planificar o traballo con antelación.
Estudar con tempo e periodicidade.
Completar o ensino cos recursos bibliográficos.
O uso de computadores e outros dispositivos electrónicos en clase poderá limitarse a criterio do docente encargado da materia.
Maria Isabel Lirola Delgado
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814700
- Correo electrónico
- isabel.lirola [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Enrique Arenas Meza
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814706
- Correo electrónico
- miguelenrique.arenas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Teresa Ponte Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Teléfono
- 881814709
- Correo electrónico
- mteresa.ponte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carmen Montero Ferrer
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais
- Correo electrónico
- carmen.montero.ferrer [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
16:30-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
16:00-17:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
18.12.2024 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
18.12.2024 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
18.12.2024 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
17.06.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
17.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
17.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |