Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
- Coñecemento especializado do Dereito de familia.
- Identificación das materias especialmente conflitivas no ámbito das relacións familiares (matrimonio, parellas de feito, crises matrimoniais e de convivencia, filiación).
- Correcto manexo das normas legais vixentes e das orientacións xurisprudenciais actuais sobre os problemas básicos propios da disciplina.
- Adquisición de coñecementos prácticos básicos sobre a intervención do xurista nos conflitos familiares: desenvolvemento dos procesos matrimoniais, problemática das accións de filiación...
- Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo, en materia de familia, singularmente con textos legais (en particular o Código civil; pero tamén coa Lei de Axuizamento civil e a Lei de Dereito civil de Galicia) e as decisións xurisprudenciais.
__________________________________________________________________________________________________
PROGRAMA DEREITO DE FAMILIA
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de Familia: a súa evolución
2. A familia na Constitución española de 1978.
3. Os cambios na concepción da familia e a súa repercusión na modificación da lexislación civil.
4. Principio de igualdade, interese superior do menor, violencia doméstica e de xénero e a súa incidencia no Dereito de Familia.
5. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia: a lexislación da Comunidade Autónoma de Galicia.
.
O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e carácteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: capacidade e impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes.
A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO
Lección 3.- Sistema de organización económica do matrimonio
1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
6. O réxime económico familiar no Dereito civil de Galicia: os pactos previos sobre liquidación da sociedade de gananciáis.
Lección 4.- Sociedade de gananciais
1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.
Lección 5.- Xestión e administración da sociedade de gananciais
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.
INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS
Lección 6.- As crises matrimoniais
1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio: medidas na fase preliminar e medidas durante o procedemento.
6. Efectos das sentencias: convenio regulador e medidas xudiciais supletorias.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. Os pactos previos sobre as consecuencias das crisis matrimoniais.
9. A mediación familiar.
AS UNIÓNS DE FEITO
Lección 7.- As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e situación no Dereito estatal
2. Otratamento xurisprudencial das parellas non casadas no Dereito estatal: efectos persoais e patrimoniais da convivencia e cese da vida en común.
3. As lexislacións autonómicas sobre as unións de feito: doutrina do Tribunal Constitucional.
4. A regulación das unións de feito no Dereito civil de Galicia.
RELACIÓNS PATERNO-FILIAIS
Lección 8.- A Filiación
1. Nocións fundamentais e clases.
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da filiación matrimonial.
4. Determinación da filiación non matrimonial.
5. Accións de filiación
Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida
1. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
2. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
3. Efectos: impugnación e extinción da adopción.
Lección 10.- Patria potestade
1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos: os menores e o interese do menor
3. Exercicio: a complexidade dos proxenitores non convivintes e as discrepancias sobre as decisión que afectan aos menores
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Protección dos menores ante o incumprimento dos deberes da patria potestade: declaración de desamparo, tutela ex lege, garda e acollemento
.
ALIMENTOS ENTRE PARENTES
Lección 11.- A obriga de alimentos entre parentes
1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.
_________________________________________________________________________________________________
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
BIBLIOGRAFIA BASICA:
É imprescindible para a preparación adecuada da materia que o estudantado estea en posesión dun Manual; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, a Lei de Dereito Civil de Galicia e a lexislación complementaria.
ÚLTIMAS EDICIÓNS:
- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho Civil. Derecho de Familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil, vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid,
- LACRUZ BERDEJO, J. L. e outros, Elementos de Derecho civil, tomo IV (Familia). Ed. Dykinson. Madrid.
- LASARTE ALVAREZ, Principios de Derecho Civil. Tomo VI (Derecho de Familia). Marcial Pons, Madrid.
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
- Dominio da linguaxe xurídica.
- Destreza no manexo dos textos de dereito positivo e na utilización dos instrumentos
básicos de interpretación e aplicación das normas.
- Comprensión da realidade plurilexislativa española en materia civil e as súas consecuencias na ordenación das relacións familiares.
- Capacidade de análise crítico das decisións xurisprudenciáis e percepción das
orientacións actuais en torno aos problemas básicos propios da disciplina.
- Identificación das materias especialmente conflictivas no ámbito do dereito de familia e dos grandes principios que o informan (igualdade entre cónxuxes, liberdade, interese do menor...).
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente, complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá demostrar a adquisición ou posesión de certas competencias que se pretenden avaliar na asignatura. O desenrolo das clases interactivas tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios e casos serán realizados na aula, de modo síncrono.
O alumnado contará, como apoio complementario á docencia, cun aula virtual, á que poderán acceder tódolos matriculados oficialmente na materia. Esta aula será unha ferramenta de uso obrigado polo alumnado, pois na mesma atopará materiais de diferente tipo, necesarios para a preparación da materia, así como actividades relacionadas coas aulas interactivas.
Os horarios das clases serán os programados e publicados pola facultade, así como as aulas onde se impartirá a docencia.
O profesor realizará as titorías no despacho situado la Área de Dereito Civil, de xeito presencial. Excepcionalmente, en casos xustificados e a petición do alumnado, poderían ser realizadas de xeito virtual a través da plataforma Teams.
GRUPO A: PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teórico-práctica final. Para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
1. A avaliación continua supón o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva da asistencia as aulas expositivas e intervención activa nas mesmas (10%) e dos traballos e prácticas que se realizarán nas aulas interactivas (20%), valorándose a estrutura dos mesmos e asemade o manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
2. A proba final, supón o 70% (7 puntos) da cualificación final, e terá unha parte expositiva na que debe darse resposta ás cuestións que se formulen (40% da nota: 2,8 puntos) e unha parte práctica (60% da nota; 4,2 puntos), consistente, xa na elaboración dun ditame sobre un problema xurídico real, xa na resolución dun caso práctico, xa nun comentario xurisprudencial. Para a realización da proba final o alumnado poderá utilizar todos os textos legais (en formato papel) que estimen convenientes, pero non auxiliarse doutro material bibliográfico.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 2,8 sobre 7. En ningún caso poderá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída a parte práctica, en branco o cualificada con 0.
A cualificación final se determinará sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
GRUPO B: PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA:
Para a comprobación individualizada dos resultados da aprendizaxe do alumnado a avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba escrita final. Para un total de 10 puntos da cualificación final, a mesma distribúese do seguinte xeito:
1. A avaliación continua supón o 30% (3 puntos) da cualificación final, e deriva da asistencia as aulas expositivas e intervención activa nas mesmas (10%) e da asistencia ás clases interactivas así como da realización dos traballos e prácticas que se realizarán presencialmente nas aulas interactivas (20%), valorándose a estrutura dos mesmos e asemade o manexo de bibliografía e xurisprudencia e a exposición oral.
2. A proba final supón o 70% (7 puntos) da cualificación final e consistirá nunha proba escrita de tres ou catro preguntas teóricas ou prácticas a desenvolver. Valorarase especialmente a capacidade de comprensión, de análise dos problemas, relación cos problemas afíns, capacidade de síntese, rigor na utilización dos termos, claridade e corrección dá expresión escrita.
Para a superación da materia en todo caso é necesario conseguir na proba final unha puntuación mínima de 3,5 sobre 7. En ningún caso poderá superar a materia o alumnado que na proba final deixe algunha pregunta, incluída a parte práctica, en branco o cualificada con 0.
A cualificación final se determinará sumando a nota correspondente á proba final e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia a suma debe ser 5 ou superior. O alumno/a que non participase nas actividades de avaliación continúa, para superar a materia deberá obter na proba final unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Para o avaliación en 2ª oportunidade seguiranse os mesmos criterios. Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico considerarase en ambas convocatorias.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".
____________________________________________________________________________________________
GRUPO C. PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán avaliables dacordo cos seguintes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases (expositivas e interactivas), e realización das actividades propostas (cuestionarios, ditames, resolución de casos prácticos, etc.): 30% da nota final. Para esta avaliación continua, valorarase a estrutura e corrección formal das prácticas entregadas, o manexo correcto da xurisprudencia e da doutrina e a capacidade lóxica, discursiva e comunicativa do alumno. Tamén se valorará, xunto á asistencia ás clases, a participación axeitada tanto nas clases expositivas coma nas clases interactivas.
2º. Exame presencial escrito: 70% da nota final. Nesta proba final avaliarase o dominio dos conceptos teóricos adquiridos e a súa aplicación práctica, por medio da resposta de preguntas teóricas ou prácticas. O alumno deberá obter no exame presencial escrito unha cualificación mínima de 3,5 puntos (sobre 7) para superar a materia e para que se some a nota das actividades interactivas. Non poderá aprobarse a materia cunha pregunta do exame en branco ou cualificada con 0.
A cualificación final da materia determinarase sumando a nota correspondente ao exame presencial escrito e a obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser, alomenos de 5. O alumno que non participase nas clases en todo o cuadrimestre debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7).
Esta forma de avaliación é única para a primeira e a segunda oportunidade. A tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do curso académico apli carase en ambas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame escrito na segunda oportunidade.
EXENCIÓN DE DOCENCIA
No caso de exención de docencia, a cualificación corresponderase coa obtida no exame final (100% da nota). O alumnado poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS E PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións".
NOTA IMPORTANTE. NORMATIVA DE PERMANENCIA
Lémbrase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Master" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2: "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de 'suspenso', salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como 'non presentado' ". Por tanto, o alumno que entregue algún traballo avaliable ou se presente ao exame será cualificado, de non superar a materia, como suspenso, e só terá a cualificación de non presentado o alumno que non entregue ningún traballo avaliable, nin se presente ao exame.
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
Docencia expositiva 22,5/30 Estudio individual ou en grupo: 55
Docencia interactiva: 17,5/10
Preparación de presentaciones orais, debates e similares: 5
Titorías grupo reducido: 5
Resolución de casos prácticos e outros traballos: 7,5
Total horas de traballo presencial na aula: 45.
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5/69
GRUPOS A (PROF. ÁNGEL LUIS REBOLLEDO VARELA), B (PROFA. MARTA MADRIÑÁN VÁZQUEZ E PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA) E C (PROFA. ISABEL ESPÍN ALBA)
Asistencia regular ás aulas como medio para obter un enfoque práctico da materia e simplificar o seu estudo.
No mesmo sentido, recoméndase a asistencia ás clases para aclarar os conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar as dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaran e interiorizaran.
Lectura das fontes bibliográficas e xurisprudenciais recomendadas.
Dedicación especial á análise do Dereito positivo, en particular da normativa contida no Código civil, a Lei de Axuizamento Civil e a Lei de Dereito Civil de Galicia. Aconséllase asistir á clase co material lexislativo correspondente a cada lección.
Angel Luis Rebolledo Varela
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814649
- Correo electrónico
- angelluis.rebolledo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Isabel Espin Alba
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Marta Madriñan Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814741
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 5 |
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
16.01.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
16.01.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
11.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
11.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
11.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |