Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Mercantil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer o concepto, a historia e as perspectivas actuais do Dereito Mercantil.
- Coñecer o estatuto xurídico do empresario (responsabilidade, colaboradores, rexistro mercantil, contabilidade do empresario, etc).
- Coñecer o sector do Dereito mercantil denominado Dereito industrial.
INTRODUCCIÓN
LECCIÓN 1.ª
HISTORIA, CONCEPTO E PERSPECTIVAS DO DEREITO MERCANTIL
1. Xénese e evolución.
2. Concepto e características do Dereito Mercantil
3. Tendencias na evolución do Dereito Mercantil
LECCIÓN 2ª
FONTES DO DEREITO MERCANTIL
1.- Fontes do Dereito Mercantil
1.1. As fontes materiais: as competencias da Administración Central e das Comunidades Autónomas en materia xurídico-mercantil
1.2. As fontes formais. Xerarquía de fontes no Dereito Mercantil (Peculiaridades)
1.3. Os usos de comercio: concepto, clases, alcance e proba.
2. O Dereito da Unión Europea e a súa incidencia no Dereito Mercantil español.
3. A aplicación do Dereito Mercantil: xurisdicción e arbitraxe.
O ESTATUTO XURÏDICO DO EMPRESARIO
LECCIÓN 3ª
O EMPRESARIO E A EMPRESA
1. Concepto e caracteres do empresario.
2. Clases de empresario.
3. Responsabilidade civil do empresario
3.1. Réxime xeral
3.2. Rexímenes específicos
3.2.1. A responsabilidad obxectiva do empresario: especial referencia á responsabilidade civil por danos causados por productos defectuososo
3.2.2. O Emprendedor de Responsabilidade Limitada
3.2.3. O beneficio da exoneración do pasivo insatisfeito: Lei de segunda oportunidade.
4. A empresa na esfera mercantil
4.1. Concepto.
4.2. A empresa como obxecto de negocios xurídicos
LECCIÓN 4.- TIPOS DE EMPRESARIO
1. O empresario individual.
1.1. Capacidade e prohibicións
1.2. Adquisición, proba e pérdida da condición de empresario.
2. O empresario social.
2.1. Delimitación.
2.2. O contrato de sociedad.
2.3. Personalidade xurídica das sociedades mercantís.
2.4. Tipoloxía das sociedades mercantís.
2.5. Distinción entre sociedades civís e mercantiles: sociedades civís con forma mercantil.
LECCIÓN 5ª
COLABORADORES DO EMPRESARIO
1. Os Colaboradores do Empresario: tipoloxía.
2.O factor ou apoderado xeral
2.1. Concepto
2.2. A relación xurídica que media entre o empresario e o factor
2.3. O ámbito de apoderamento do factor.
2.4. Deberes do factor
2.5. Duración do poder
3. Dependentes e Mancebos.
4. Colaboradores independientes.
LECCIÓN 6ª
O REXISTRO MERCANTIL
1.O Rexistro Mercantil como institución da publicidade legal do empresario.
2.Organización estructural e funcional.
3. Os principios rectores da publicidade rexistral.
4.Eficacia da inscripción sobre o feito inscrito.
LECCIÓN 7ª.
A CONTABILIDADE DO EMPRESARIO
1. Sentido e fin da contabilidade mercantil.
2. Forma de levar a contabilidade.
2.1. Libros do empresario obligatorios e potestativos.
2.2. Levanza e conservación dos Libros.
2.3. Valor xurídico dos asientos contables. Eficacia probatoria dos Libros.
4. Formulación polo empresario das contas anuais.
O DEREITO DA COMPETENCIA E DA PROPIEDADE INDUSTRIAL
LECCIÓN 8ª
A LIBRE COMPETENCIA COMO MARCO DE DESENROLO DA ACTIVIDADE DO EMPRESARIO
1. O principio de liberdade de empresa e a libre competencia.
2. Protección xurídica da libre competencia.
2.1. Normativa e órganos de defensa da competencia
2.2. Conductas prohibidas.
2.2.1. Conductas colusorias
2.2.2. Abuso de posición dominante
2.2.3. Falseamento da libre competencia por actos desleais
2.2.4. Conductas exentas por ley, conductas de menor importancia e declaracións de inaplicabilidade.
2.3. Control das Concentracións económicas.
2.4. Control de Axudas Públicas.
3. A aplicación do Dereito da competencia polas Comunidades Autónomas.
LECCIÓN 9ª
A PROTECCIÓN XURÍDICA CONTRA A COMPETENCIA DESLEAL
1. Fins e ámbito do réxime en vigor.
2. Cláusula xeral prohibitiva.
3. Análise dos concretos actos de competencia desleal legalmente tipificados.
4. Accións nacidas da competencia desleal.
LECCIÓN 10ª.
OS DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL (I)
1.Consideracións xerais
2. As patentes de invención.
2.1. As patentes nacionais e as patentes europeas.
2.2. Requisitos de patentabilidade
2.3. O dereito á patente; as invencións laborais.
2.4. O procedemento de concesión de patente.
2.5. Contido do dereito de patente. Límites.
2.6. A patente como obxecto de negocios xurídicos. As Licencias de explotación: contractuales, de pleno dereito e obrigatorias.
2.7. Nulidade e Caducidade.
3. Os Modelos de Utilidade.
4. O Deseño industrial.
5. A protección xurídica das obtencións vexetais
LECCIÓN 11ª.
OS DEREITOS DE PROPIEDADE INDUSTRIAL (II)
1. A marca.
1.1. Concepto, funcións e clases.
1.2. Marcas nacionais, marcas da UE e marcas internacionais
1.2. Adquisición, contido e protección do dereito de marca.
1.3. Transmisión da marca.
1.4. Nulidade e caducidade da marca.
2. O Nome Comercial: concepto e réxime xurídico.
3. As denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas
5.- Os nomes de dominio.
- Bibliografía básica:
Código de Comercio y Legislación Mercantil Complementaria, edición actualizada
Bibliografía complementaria (por orden alfabético)
Para a preparación da materia, ademais de seguir as explicacións de clase e utilizar os materiais fornecidos polos profesores, recoméndase manexar algún dos seguintes manuais:
- Broseta Pont, Manual de Derecho Mercantil, Tecnos, última edición.
- Esperanza Gallego, Derecho Mercantil, I, Tirant lo Blanch, última edición
- Menéndez/Rojo, Lecciones de Derecho Mercantil, I, Civitas, última edición.
- Vicent Chuliá, F., Introducción al Derecho Mercantil, Tirant lo Blanch, última edición.
- Resolver supostos de feito nos que entren en xogo institucións mercantís.
- Resolver problemas xurídicos de Dereito industrial (patentes, marcas, deseño industrial, etc).
- Posibilidade de resolver cuestións xurídicas referentes aos empresarios..
- Capacidade para asesorar sobre as posibles resolucións dun caso e para deseñar estratexias alternativas conducentes as distintas solucións.
- Capacidade para decidir se as circunstancias de feito son suficientemente claras para unha decisión fundada en dereito.
-Capacidade para elaborar e presentar una decisión xuridicamente fundamentada.
O profesor desenvolverá a explicación teórica das diferentes leccións do programa nas clases expositivas. Nembargantes, alomenos un tercio das leccións do programa poderán ter que ser preparadas polo estudante.
Na aula virtual os profesores poderán poñer ao dispor dos alumnos informacións e materiais complementarios que deberán ser consultados polo alumnado.
Nas clases interactivas os alumnos realizarán as actividades propostas polo profesor, consolidando o seu coñecemento sobre a materia.
PARA TODOS OS GRUPOS
1.- A nota virá determinada pola cualificación obtida nun único exame final escrito (90% da nota final, polo tanto un 9 sobre 10) e a cualificación obtida mediante a asistencia e participación nas clases interactivas (10% da nota final, polo tanto, un 1 sobre 10). Como complemento da nota final poderase ter en conta tamén a asistencia asidua e participación nas clases expositivas, así como a asistencia a seminarios ou xornadas sobre materias do programa que se poidan celebrar na USC.
2.- O exame final escrito consistirá nun exame cunha única proba tipo test. O test terá 36 preguntas (con catro alternativas, de resposta única), e para a súa realización disporase dun tempo de 60 minutos. Cada pregunta ben contestada terá unha puntuación de 0,25 puntos. Cada pregunta mal contestada restará 0.15 puntos. As preguntas en branco nen suman nen restan puntuación. A puntuación máxima con todas as respostas correctas será de 9 puntos.
3.- Non se poderá empregar o programa, nen a guía docente, nen ningún outro material, na realización do exame.
4.- A asistencia e participación nas clases interactivas terá unha valoración dun 10% sobre a nota final, polo que a nota máxima a obter coas mesmas será de 1 punto sobre 10. Só se terá en conta a valoración das clases interactivas cando no exame se acade, alomenos, unha puntuación de 4 puntos.
Conforme á normativa da USC, a cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será a de “suspenso”, salvo que o estudante non realice nengunha actividad académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso no que constará como “non presentado” (art. 5.2 da normativa de permanencia aprobada polo Consello social da USC). Dado que a asistencia e participación nas clases interactivas desta asignatura é avaliable, eso implica que o alumno que asista ás clases interactivas non poderá figurar como non presentado (incluso aínda que só asista a unha soa).
5.- Para superar a asignatura será preciso alcanzar alomenos unha nota de 5 puntos (entre o exame e, no seu caso, a valoración das clases interactivas).
6.-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
RÉXIME ESPECIAL PARA OS ALUMNOS CON EXENCIÓN DE DOCENCIA
Os alumnos que teñan recoñecida pola USC a exención de docencia nesta materia, deberán facer o exame tipo test nas mesmas condicións que os demáis estudantes.
O punto que os demáis estudantes poden acadar coa asistencia e participación nas clases interactivas, estes estudantes poderán acadalo cun exame práctico.
1) A realización do exame práctico é voluntaria. Do mesmo xeito que a asistencia ás clases interactivas non é imprescindible para aprobar a asignatura, tampouco será obrigatorio que se presente a este exame práctico. En caso de non presentarse, a cualificación máxima que poderá obter é a de 9 puntos (que son os que se poden obter no test)
2) O exame práctico consistirá en contestar ás preguntas que se lle formulen en relación cun suposto práctico que se lle entregará.
3) Só se correxirá o exame práctico se no test se acada unha cualificación mínima de 4 puntos. En caso contrario a nota final será a nota do test.
4) Non poderá empregar nen lexislación, nen xurisprudenza, nen nengún outro material para a resolución do exame práctico.
5) Disporá dun tempo de 45 minutos para a súa realización.
6) Este exame práctico realizarase o mesmo día, e a continuación do exame da asignatura fixado pola Xunta de Facultade.
7) Dado o carácter excepcional da exención de docencia e que non é obrigatorio presentarse a este exame práctico, os estudantes deberán comunicar por correo electrónico ao seu profesor se teñen intención de se presentar ao exame práctico, cunha antelación de cinco días naturais á data oficial da correspondente convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
RÉXIME ESPECIAL PARA OS ALUMNOS CON DEREITO A PRESENTARSE Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE FIN DE CARREIRA
Aos alumnos con dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de fin de carreira aplicaráselles o réxime previsto neste programa para os alumnos con exención de docencia
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia depende, loxicamente, das peculiares capacidades intelectuais de cada alumno. Non obstante, calcúlase como media, que será necesario dedicar 67.5 horas de traballo propio, que se sumarán ás horas de clase.
Recoméndase encarecidamente o manexo directo do Código de Comercio e da lexislación mercantil complementaria.
Francisco Hernandez Rodriguez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881811670
- Correo electrónico
- francisco.hernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Angel Garcia Vidal
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814711
- Correo electrónico
- angel.garcia.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Mar Maroño Gargallo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Mercantil
- Teléfono
- 881814701
- Correo electrónico
- mariadelmar.marono [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
20.12.2024 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
20.12.2024 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
13.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
13.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
13.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |