Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia de Dirección e Xestión de Recursos Humanos ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha visión ampla sobre a importancia de dirixir e xestionar ás persoas no ámbito empresarial. Dende un enfoque estratéxico, o contido da materia céntrase na razón de ser dos recursos humanos, os obxectivos e as funcións da área dos recursos humanos no ámbito empresarial. Así, esta materia está encamiñada a que o alumnado adquira as habilidades e competencias necesarias, os coñecementos e conceptos básicos para que estes coñezan, aprendan e valoren a Dirección e Xestión de Recursos Humanos.
1. Introdución á dirección de recursos humanos
2. Tendencias actuais na xestión de recursos humanos
3. Procesos básicos
4. Procesos de afectación
5. Procesos de desenvolvemento
6. Procesos de avaliación e compensación
7. Procesos de desafectación
Bibliografía básica
DE LA CALLE DURÁN, M.C. y ORTIZ DE URBINA CRIADO, M. (2018), “Fundamentos de Recursos Humanos”, Pearson Educación: Madrid.
Bibliografía complementaria
ALBIZU GALLASTEGUI, E. y LANDETA RODRÍGUEZ, J. (2013): “Dirección Estratégica de los Recursos Humanos”, Pirámide: Madrid.
BONACHE, J. y CABRERA, A. (2008) “Dirección Estratégica de Personas”, Prentice Hall.
CHIAVENTATO, J. y NAGARE CÁZARES G. (2017): “Administración de Recursos Humanos: El Capital Humano de las Organizaciones”. McGraw-Hill: México.
DOLAN, S.L.; VALLE CABRERA, R.; JACKSON, S.E. y SCHULER, R.S. (2003) “La Gestión de los Recursos Humanos”. McGraw Hill.
GÓMEZ-MEJÍA, L. R. BALKIN, D.; CARDY, R. (2016): “Dirección de Recursos Humanos”. Pearson: Madrid.
SULLIVAN, P.H. (2005) “Rentabilizar el Capital Intelectual. Técnicas para Optimizar el Valor de la Innovación” Paidos.
Contribución ás competencias xerais e específicas da titulación
CG2 - Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes de información.
CG5 - Expoñer e defender axeitadamente, de xeito oral y/ou escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
CG6 - Traballar individualmente e en equipo.
CG7 - Traballar e relacionarse cos outros, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CE5 - Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión de recursos humanos.
Competencias específicas da materia:
Recoñecemento da globalización e influenza na dirección de organizacións.
Avaliación da relevancia da función de dirección de recursos humanos.
Identificación das actividades de xestión de recursos humanos.
Desenvolvemento de habilidades relacionadas co desempeño das actividades propias da xestión de recursos humanos.
As sesións dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á resolución e debate de casos e exercicios prácticos, noticias de prensa ou vídeos educativos, entre outros. Con iso preténdese mellorar a habilidade do alumnado para recoñecer e definir os problemas aos que se enfrontan as empresas no ámbito da xestión dos recursos humanos e poder tomar decisións máis adecuadas. Outro aspecto para destacar é o fomento do traballo en grupo. Aínda que todas as actividades presentan unha parte de traballo individual, a posta en común e a procura de acordos en grupos reducidos antes do debate xeral constitúen unha parte importante do traballo para realizar nestas sesións. A exposición de traballos individuais ou en grupo contribúe a desenvolver as habilidades de argumentación e comunicación.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de xeito presencial no horario oficial publicado polo centro.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do alumnado que poderá incluír, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración de traballos individuais ou colaborativos. Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos
As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, aínda que se poderán realizar parcialmente de maneira virtual. tanto síncrona (a través da plataforma institucional MS Teams) como asíncrona (campus virtual ou correo electrónico institucional). En calquera caso, desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle. Poderanse habilitar tarefas na aula virtual da materia con data e hora límite para a entrega de casos, traballos ou exercicios.
A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade (de recuperación). O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: 40% da cualificación. Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización de informes profesionais, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas, así como a actitude e o comportamento nas clases. Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CG2, CG5, CG6, CG7, CE5.
2. Exame final de contidos: 60% da cualificación. Proba de carácter obrigatorio na que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas ao longo do cuadrimestre. Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias CG2, CG5, CE5.
Para poder engadir á nota do exame de contidos a puntuación alcanzada na avaliación continua, o alumnado deberá alcanzar unha nota mínima de 3 puntos sobre 6 no exame final de contidos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia. O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 6 puntos.
Segunda oportunidade (recuperación). Na segunda oportunidade de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará (de alcanzar o mínimo de 3 sobre 6) coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O sistema de avaliación é o mesmo tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que se lle concedeu dispensa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
- Presenciais (horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 60 horas.
- Traballo persoal do alumnado: 90 horas. A distribución inclúe o estudo autónomo individual ou en grupo (45 horas) e a realización de diversas actividades fora da aula (45 horas): lecturas, realización de traballos, preparación de exposicións, resolución de casos, etc.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e revisar antes das clases o material complementario facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Analia Lopez Carballeira
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- analia.lopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 5 |
18:00-20:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 5 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
08.01.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
13.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |