Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Espérase que o alumnado:
1. Teña unha visión global do proceso analítico, coñecendo as diferentes etapas do mesmo e as estratexias para a validación dos procedementos de análise.
2. Teña coñecementos dos tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas os métodos clásicos de análise (gravimetrías e volumetrías).
3. Saiba recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
4. Comprenda os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos
5. Poida interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
-Tema 1. O PROCESO ANALÍTICO. Etapas fundamentais. Resolución de problemas analíticos.
-Tema 2. INTRODUCIÓN Á ANÁLISE GRAVIMÉTRICA. Características das reaccións utilizadas en gravimetría. Formación e evolución dos precipitados. Contaminación. Técnicas e operacións da análise gravimétrica. Precipitación en disolución homoxénea. Filtrado e lavado dos precipitados. Tratamento térmico. Cálculos. Aplicacións.
-Tema 3. INTRODUCIÓN AOS MÉTODOS VOLUMÉTRICOS DE ANÁLISE. Fundamento dos métodos volumétricos. Características das reaccións utilizadas nas volumetrías. Tipos de volumetrías. Modos de valoración. Sustancias patrón tipo primario. Disolucións patrón. Detección do punto final dunha valoración. Cálculos.
-Tema 4. VOLUMETRÍAS DE PRECIPITACIÓN. Curvas de valoración. Indicadores de punto final: método de Mohr, método de Volhard, método de Fajans. Aspectos prácticos e aplicacións.
-Tema 5. VOLUMETRÍAS ÁCIDO-BASE. Curvas de valoración. Sistemas monopróticos: valoración de ácidos e bases fortes, valoración de ácidos e bases débiles. Sistemas dipróticos. Indicadores ácido-base. Aspectos prácticos e aplicacións analíticas.
-Tema 6. VOLUMETRÍAS DE FORMACIÓN DE COMPLEXOS. Curvas de valoración. Indicadores metalocrómicos. Aspectos prácticos e aplicacións: complexometrías con ligandos polidentados (AEDT). Aspectos prácticos e aplicacións analíticas.
-Tema 7. VOLUMETRÍAS REDOX. Curvas de valoración. Indicadores redox. Reactivos utilizados en volumetrías redox. Tratamento previo da mostra con oxidantes e reductores. Aspectos prácticos e aplicacións.
-Tema 8. PARÁMETROS DE CALIDADE DOS MÉTODOS ANALÍTICOS. O erro en Química Analítica. Calibración en Química Analítica. Validación de métodos: concepto e tipos. Parámetros de calidade.
-Tema 9. A MOSTRA ANALÍTICA. Mostraxe: obxectivo e tipos. Erros de mostraxe. Plan de mostraxe. Operacións previas: tipos e riscos. Introdución á preparación da mostra para a análise.
Programa de Prácticas
Práctica 1. Determinación gravimétrica de Ni en aceiro/Determinación gravimétrica de ferro nun mineral.
Práctica 2. Determinación de cloruro en auga/ Determinación da dureza da auga.
Práctica 3. Determinación de carbonato e bicarbonato en auga.
Práctica 4. Determinación da materia orgánica en auga/Determinación de hipoclorito (cloro activo) en lixivia.
1. Básica (Manual de referencia):
D.C. HARRIS, Análisis Químico Cuantitativo, 3ª ed.; Reverté, imp. 2016
2. Complementaria:
J. GUITERAS; R. RUBIO; G. FONRODONA, Curso Experimental en Química Analítica, Ed Síntesis. Madrid. 2003.
Competencias xerais
CG3- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB1- Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias transversais
CT1- Capacidade de análise e síntese.
CT2- Capacidade de organización e planificación.
CT3- Coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT4- Resolución de problemas.
CT5- Toma de decisións.
Competencias específicas
CE4 -Tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas.
CE14- Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvoltos.
CE15-Recoñecer e analizar novos problemas e plantexar estratexias para solucionalos.
CE18- Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE 20- Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das teorías que a sustentan.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
O ensino da materia impartirase da seguinte maneira:
A) Clases expositivas que servirán para titorizar ao alumnado no seu traballo persoal. Habitualmente estas clases seguirán os contidos dun manual de referencia proposto na Guía Docente da materia.
B) Clases de seminario na que o profesorado, ademais de resolver problemas tipo de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle expoñan ao alumnado ao resolver os exercicios ou cuestións propostos, como parte do traballo persoal a realizar polo/as estudantes. Ademais, dentro destas clases, o/as estudantes deberán resolver para entregar algún exercicio proposto polo/a profesor/a que, servirá para valorar o seu nivel de compresión e para a nota da avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria, dado que se teñen en conta as actividades realizadas nelas para a avaliación continua.
C) Clases prácticas de laboratorio. Para estas prácticas, o/a alumno/a disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía a seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O/a alumno/a deberá a acudir a cada sesión de prácticas lendo atentamente o contido deste manual. Ao comezar cada sesión de prácticas, nunha aula, os/as alumnos/as responden a unhas cuestións previas que o/a profesor/a cualifica e ten en conta para a nota de prácticas. Tras unha explicación do profesor/a, o/a alumno/a realizará as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando os resultados, que serán avaliados. A entrega dunha memoria final é un requisito adicional para a avaliación. A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose razóns de exame e de saúde, así como aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. A práctica non realizada recuperarase, se é posible, de acordo co/a profesor/a e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías en grupo reducido: Titorías programadas polo/o profesor/a e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno/a 2 horas por cuadrimestre e materia. Proponse actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría e/ou as prácticas, lecturas, realización de cuestionarios, realización de problemas, exercicios e/ou outras tarefas, así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. O profesorado esixirá aos alumnos/as a entrega dos exercicios e/ou o traballo realizado na aula. A asistencia a estas clases é obrigatoria, dado que se teñen en conta as actividades realizadas nelas para a avaliación continua.
Soporte docente en liña (Campus Virtual): Farase uso do campus virtual para deixar material docente, propor tarefas, realizar cuestionarios, etc., e para facilitar a comunicación entre profesorado e alumnado.
Seguirase o criterio xeral de avaliación das materias do Grao en Química.
1.- A cualificación de cada estudante realizarase mediante unha avaliación continua e a realización dun exame final.
a) A non participación dos/as estudantes ás clases interactivas de seminarios e titorías repercutirá de forma negativa na avaliación continua, podendo chegar á situación de cualificar esta parte da avaliación da materia cun cero. En todo caso, o alumnado conserva o dereito a presentarse ao exame.
b) Será obrigatoria a realización da totalidade das prácticas de laboratorio programadas. Para superar a materia, será un requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
2.- As cualificacións correspondentes á avaliación continua baséanse nos resultados das probas que se propoñan ao longo do curso nas clases expositivas e interactivas, e na participación dos estudantes nas actividades propostas polo profesorado da materia. Para a avaliación das prácticas de laboratorio os items a avaliar serán os seguintes: test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe da práctica e test final.
A porcentaxe da avaliación continua na nota final será do 30% repartida do seguinte modo:
-Seminarios, Titorías e exercicios/tarefas realizadas e entregadas o profesorado: 20%
-Prácticas de Laboratorio (test previo, organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe da práctica, test final): 10%
3.- O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da materia e incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, que contribuirán nun 20% a nota global do exame (N2).
4. A cualificación do estudante, que non será inferior á do exame final ni á obtida ponderándoa coa nota da avaliación continua, obterase como resultado de aplicar a fórmula seguinte :Nota final= máximo (0,30 x N1 + 0,70 x N2, N2)
Sendo N1 a nota numérica correspondente á avaliación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10).
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible ter a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
-Non se superará á materia se a nota do exame final é inferior a 3,5 puntuado sobre 10.
- Os estudantes repetidores dunha materia teórico-práctica que aprobasen a avaliación continua das prácticas de laboratorio nunha edición previa, conservaráselles a cualificación obtida neste apartado durante un máximo de dous cursos académicos. Por tanto, non terán a obriga de realizar novamente as prácticas de laboratorio neste período permitido.
No exame e nos traballos realizados ao longo do curso avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG3, CG4, CG5, CT1, CT3, CT4, CT5, CE4, CE14, CE15, CE24
Prácticas no laboratorio: CG3, CG4, CT1, CT2, CT4, CT5, CE4, CE18, CE20, CE24
Titorías: CG4, CT1, CT2, CE4, CE14, CE15
Exame: CG3, CG4, CT1, CB1, CE14, CE4, CE15, CE20, CE24
Procedemento de entrega de tarefas daavaliación continua: telemático/presencial
Exame final: presencial
Exame 2ª oportunidade: presencial
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial na aula
Clases expositivas en grupo grande (23 horas)
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) (8 horas)
Prácticas de laboratorio (20 horas)
Titorías en grupo moi reducido (2 horas)
Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio (53 horas)
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo, individual ou en grupo (49 horas)
Resolución de exercicios, ou outros traballos (20 horas)
Preparación de presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar (11 horas)
Preparación do traballo de laboratorio (10 horas)
Total horas traballo persoal do alumno/a (90 horas)
É altamente recomendable participar de xeito activo en todas as clases da materia.
É importante manter o estudo da materia ao día.
Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, identificando os puntos chave do tema que se deben lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda o seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións a utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
É conveniente que os/as alumnos/as traian resoltos os problemas dos boletíns aos seminarios. Os boletíns entregaranse co tempo suficiente para que isto sexa posible.
É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co/a profesor/a.
Las clases se impartirán en español y en inglés.
Maria Del Carmen Yebra Biurrun
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814267
- Correo electrónico
- mcarmen.yebra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Isaac Rodriguez Pereiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814387
- Correo electrónico
- isaac.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mª Del Carmen Casais Laiño
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814265
- Correo electrónico
- carmela.casais [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonia María Carro Díaz
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814388
- Correo electrónico
- tuchi.carro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Ramil Criado
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881816035
- Correo electrónico
- maria.ramil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814272
- Correo electrónico
- rosario.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.42 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Matemáticas (3º andar) |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.42 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Xeral (2º andar) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.42 |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Física (3º andar) |