Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Proporcionar aos estudantes unha base de coñecementos das distintas áreas que compoñen a Enxeñería Química con especial énfase nas ecuacións de conservación e a aplicación dos fenómenos de transporte, que lles permita entender as principais operacións unitarias e os fundamentos dos equipos que permiten operar e fan funcionar correctamente unha instalación química industrial
Os contidos da materia xiran en torno aos seguintes descritores: Proceso químico e industria química. Balance de materia e enerxía. Aplicación dos mecanismos de transporte. Transporte molecular e convectivo. Operacións unitarias: circulación de fluídos, transmisión de calor e transferencia de materia. Deseño de reactores químicos.
Estrutúranse os seguintes temas:
Tema 1.- A Enxeñaría Química e os procesos químicos.
Orixe, concepto e institucionalización da enxeñeria química. Esquema xeral da industria química. Operacións continuas e descontinuas. Réxime estacionario e réxime non estacionario. Clasificación das operacións unitarias
Tema 2.- Principios de conservación I: Balances de materia
Balances de materia en sistemas sen reacción química. Balances de materia en sistemas con reacción química. Reactores químicos
Tema 3.- Principios de conservación II: Balances de enerxía
Balances de enerxía en sistemas sen reacción química. Balances de enerxía en sistemas con reacción química
Tema 4.- Fluxo de fluídos.
Ecuación de continuidade. Balances de enerxía mecánica
Tema 5.- Transferencia de calor.
Mecanismos de transferencia de calor. Balances de enerxia calorífica
Tema 6.- Introdución ós procesos de separación
Aspectos xerais. Contacto continuo e intermitente. Destilación
Básica
Calleja, G.; García, F., de Lucas, A., Prats, D., Rodríguez, J. M.: “Introducción a la Ingeniería Química”. Ed. Síntesis, Madrid, 2008. ISBN 9788499581095 (Online)
Himmelblau, D.M., Principios Básicos y Cálculos en Ingeniería Química, 6ª edición Ed. Pearson, 2002
Complementaria
Costa, J., Cervera, S., Cunill, F., Esplugas, S., Mans, C., Mata, J. Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte. Reverte, Barcelona (2002).
Felder, R. M.; Rousseau, R. W.: “Principios Elementales de los Procesos Químicos”, 3ª ed., Ed. Limusa., México D.F, 2003.
Feijoo, G.; Lema, J.M; Moreira, M.T.: "Mass balances for chemical engineers", 1ª ed., Ed. De Gruyter, Berlin, 2020.
Himmelblau, D.M., Riggs, J.B., Basic Principles and Calculations in Chemical Engineering, 8ª Edición, Prentice Hall, 2015
Levenspiel, O.: “Flujo de Fluidos e Intercambio de Calor”, Ed. Reverté. Barcelona, 1993.
Vian Ortuño, Á.: “Introducción a la Química Industrial”, 2ª ed., Ed. Reverté; Barcelona, 1994.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información y resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de xeito oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de xeito autónomo, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT7 - Realizar traballo nun equipo de carácter interdisciplinario.
CT8 - Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT11 - Acadar un compromiso ético.
CT12 - Adquirir unha aprendizaxe autónoma
CT15 - Capacidade de liderado.
CT16 - Desenvolver a motivación pola calidade.
CT17 - Adquirir sensibilidade cara temas medioambientais.
ESPECÍFICAS
CE9 - Adquirir coñecementos das operacións unitarias da Enxeñaría Química
CE14 - Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE15 - Ser capaz de recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos
A materia será impartida en base a clases expositivas e clases interactivas, fundamentalmente seminarios que se adicarán á resolución de problemas dos boletíns que se entreguen, por parte do profesor ou dos estudantes. Realizaranse duas titorías de grupo.
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio a docencia.
A docencia impartirase en castelán/galego.
Clases expositivas e interactivas de seminario: presenciais, desenvolveranse na aula
Titorías grupais: presencial, na aula. Nunha das titorías de grupo se plantexará a realización dun traballo de equipo.
Titorías individuais: presenciais
A avaliación desta materia levarase a cabo mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa da avaliación continua
A avaliación continua terá un peso do 35% na cualificación final repartido segundo:
5% participación activa na clase;
15% seminarios (inclúe a avaliación dos problemas resoltos polos estudantes recollidos ao final de seminarios)
15% titorias (inclúe o traballo en equipo)
Haberá un único exame final para todos os estudantes da materia cun peso do 65% da cualificación total (teoría 1/3, problemas 2/3) que versará sobre a totalidade dos contidos da materia.
Requirirase unha puntuación mínima de 35% en cada parte (tanto en teoría como e problemas) para poder aprobar o exame.
Os estudantes repetidores rexeranse polas mesmas normas que os que cursan a materia por primeira vez.
As notas da avaliación continua mantéñense para a segunda oportunidade de exame do curso académico correspondente.
De non superar a materia na primeira oportunidade e de ser o caso, o estudante poderá recuperar a parte correspondente ao traballo en equipo na segunda oportunidade.
Avaliación por competencias
Exame final: CG2, CG3, CG4, CG5, CT11, CT12, CT16, CE9, CE14
Participación/Seminarios: CG2, CG3, CG4, CG5, CT7, CT8, CT11, CT17, CE9, CE14, CE15
Titorías: CG2, CG3, CG4, CG5, CT15, CT16, CE15
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A materia e de 6 ECTS, que correspondendo un ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten, de media, do seguinte xeito:
Presenciais Traballo autónomo estudante
Clases expositivas 24 40
Seminarios 22 44
Titorías 2 6
Exame 4 8
Total 52 98
Para esta materia son necesarios os coñecementos básicos de física e matemáticas
É recomendable a asistencia a clase así como a preparación previa dos seminarios por parte dos estudantes
A docencia impartirase en castelán/galego
Empregarase a Aula Virtual (na plataforma web da USC) como ferramenta de apoio a docencia
Jose Antonio Souto Gonzalez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816757
- Correo electrónico
- ja.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Sara Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816806
- Correo electrónico
- sara.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Física (3º andar) |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Técnica (planta baixa) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Física (planta baixa) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |