Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento do marco legal e normativo da explotación dos modos de transporte terrestre.
Coñecemento das particularidades do mercado do transporte dentro dos diversos sectores económicos. Nocións de Demanda de transporte e Custos de Transporte segundo Modos.
Coñecemento das implicacións da Política Común de Transportes da UE e as repercusións para o transporte en España.
Adquirir destrezas na avaliación e rendibilidade de investimentos, coñecendo as técnicas de avaliación económica de proxectos e os factores específicos na avaliación dos investimentos en transporte.
Coñecer o marco normativo do transporte terrestre, tanto en de carácter xeral como a propia lexislación sectorial propia de cada modo.
A Memoria do Título contempla, para esta materia, os seguintes contidos:
O transporte terrestre.
O mercado do transporte e os seus aspectos especiais.
Formas de xestión por modos de transporte.
A política comunitaria de transportes.
Marco legal da xestión de transporte terrestre.
Xestión dos servizos públicos de transporte.
Xestión das empresas de transporte.
A demanda de transporte.
Custes.
Financiación de infraestruturas e servizos.
Avaliación e rendibilidade de inversións.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo aos seguintes temarios teórico e práctico:
Programa teórico
Bloque de Enxeñería do Transporte
1. O transporte por estrada. Introdución. Elementos da circulación. Variables características do tráfico por estrada. Estudos de tráfico. (3 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
2. O transporte ferroviario. Introdución. Características do transporte ferroviario. Clasificación das liñas ferroviarias. Medida do tráfico ferroviario. Material móvil. O ferrocarril no sector transportes de España. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
3. Custos. Definicións. Clasificación dos custos. Aproximación aos modelos de custos. Custo de transporte segundo modos. (3 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
4. A demanda de transporte. Concepto. Análise de demanda actual. Análise de demanda potencial. Modelos. (2 horas presenciais e 4 horas non presenciais)
Bloque de Explotación do Transporte
1. O transporte. Características e funcións. Transporte e economía, desenvolvemento rexional, sistema territorial, enerxía e sistema económico e social. Evolución histórica do sistema de transporte. (4 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
2. Marco normativo do transporte terrestre. Normativa de carácter xeral. Lexislación sectorial propia de cada modo. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
3. A política comunitaria de transportes. Concepto de Europa, os tratados comunitarios, o marco institucional das Comunidades Europeas, o sistema financieiro e as axudas comunitarias. A política común de transportes. Financiamento das infraestruturas de interese comunitario. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
4. Xestión dos servizos públicos de transporte. Modos de xestión, relacións entre administracións públicas e as empresas prestatarias de servizos públicos de transporte. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
5. Xestión das empresas de transporte. Tipos de empresas de transporte, xestión e explotación das empresas de transporte. Xestión da empresa de transporte por estrada. Xestión da empresa ferroviaria. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
6. Financiamento de infraestruturas e servizos. A formación dos prezos e as tarifas. A fiscalidade do transporte. O financiamento dos servizos persoais. O financiamento dos servizos públicos. O financiamento das infraestruturas. (2 horas presenciais e 3 horas non presenciais)
Programa práctico
Bloque de Enxeñería do Transporte
Práctica 1 Resolución de exercicios e/ou supostos prácticos relativos ao movemento dos vehículos. (2 horas presenciais e 2 hora non presencial)
Práctica 2 Resolución de exercicios e/ou supostos prácticos relativos a estudios de tráfico en estradas. (2 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Práctica 3 Resolución de exercicios e/ou supostos prácticos relativos a custes/demanda de transporte. (4 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Bloque de Explotación do Transporte
Práctica 1 Resolución de exercicios e/ou supostos prácticos relativos á relación do transporte cos restantes sectores económicos. (6 horas presenciais e 2 horas non presenciais)
Práctica 2 Resolución de supostos prácticos relativos á Xestión de Servizos Públicos de Transporte e Xestión de empresas de transporte. (4 horas presenciais e 2 hora non presencial)
Práctica 3 Resolución de supostos prácticos relativos á formación de prezos e tarifas no transporte e á fiscalidade do transporte. (4 horas presenciais e 2 hora non presencial)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• "Transporte: Un enfoque integral". Izquierdo. R. (ed.). Publicacións do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Madrid, 1994
• "Economía del transporte ", de Rus, G., Campos, J. e Nombela, G. Antoni Bosch Ed., Barcelona. 2003
• "Fundaments of Transportation Engineering", Fricker, J.D. and Whitford, R.K. Pearson Prentice Hall, New Jersey. 2004
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• "Handhook of Transportarian Engineering". Kiilz, M. (ed.). McGraw-Hill, New York, 2004
• "Sistemas de Transporte ", Rúa A., Publicacións do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Madrid, 1995
• "Análisis del Transporte en España: Informe basado en el Sistema de Indicadores de Seguimiento" ANEGÓN ESTEBAN, MARÍA CRUZ, SÁNCHEZ VICENTE, ALFREDO, APARICIO MOURELO, ÁNGEL CARLOS, MINISTERIO DE FOMENTO Y MEDIO AMBIENTE, 2009
• "El Contrato de Transporte Terrestre de Mercancías" LLOP ALBIACH, SIXTO, ORRIOLS AROCAS, LORENZO, FUNDACIÓN INSTITUTO VALENCIANO, 2010
• "Productos y Servicios Logísticos: LOGISNET 2009" MARGE BOOKS, MARGE BOOKS, 2010
• "El Transporte Terrestre de Mercancías" COLOMER FERRÁNDIZ, JOSÉ V., COCA CASTAÑO, PEDRODIR., COCA CASTAÑO, FUNDACIÓN DE LA COMUNIDAD VALENCIANA
• "Legislación de Transporte por Carretera" ARROYO MARTÍNEZ, IGNACIO, TECNOS EDITORIAL, 2010
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias Básicas, Xerais e Transversais
BÁSICAS
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunír e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
(A adquisición destas competencias xerais é de xeito parcial, na medida na que os contidos están relacionados co exercicio da profesión)
CX1 - Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CX3 - Coñecemento, comprensión e Capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas
CX7 - Capacidade para o mantemento, conservación e explotación de infraestruturas, no seu ámbito.
CX10 - Coñecemento da historia da Enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
ESPECÍFICAS
CETESU5 - Coñecemento do deseño e funcionamento das infraestruturas para o intercambio modal, tales como portos, aeroportos, estacións ferroviarias e centros loxísticos de transporte.
Esta competencia tamén se desenvolve nas materias Enxeñería de Tráfico, Transporte e Territorio, Loxística Urbana e Explotación de Portos
TRANSVERSAIS
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT10 Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Coa finalidade de alcanzar os obxectivos propostos, contémplase a posibilidade de utilización de:
a) Transmisión aos alumnos da información necesaria por parte do profesor.
b) Participación dos alumnos na procura de información (lecturas textos).
c) Análise e debate de casos prácticos.
d) Realización e exposición de traballos polos alumnos.
CLASES EXPOSITIVAS: Exposición oral do profesor dos distintos temas en grupo grande. Nestas clases tentarase de implicar activamente ao estudiante (dúbidas sobre o que se vai presentando, necesidades de profundización nalgún contido, curiosidades sobre cuestións concretas e todo aquello que axude a unha mellor comprensión e asimilación por parte dos estudiantes dos contidos que se desenvolvan por parte do profesor en cada sesión).
SEMINARIOS INTERACTIVOS: Resolución de problemas breves, exercicios e análise de supostos prácticos vencellados cos contidos impartidos nas sesións Expositivas. A organización do traballo farase en grupos reducidos, baixo a supervisión dos profesores, sendo fundamental unha participación activa dos alumnos.
TRABALLOS DE CURSO:
T1. Informe técnico que analice o comportamento da circulación nunha estación de aforo
Este traballo consiste na realización das seguintes actividades: búsqueda de información oficial de tráfico da rede de estradas de Galicia, análise da documentación disponible, selección dunha estación de aforo, análise dos datos de trafíco da estación seleccionada, obtención de conclusiones a partir dos datos de tráfico analizados, elaboración dun informe técnico.
T2. Análise relativo á explotación e funcionamento dunha liña de transporte público por estrada.
Este traballo consiste na realización das seguintes actividades: búsqueda de información oficial
sobre as liñas de transporte público existentes no Concello de Lugo ao inicio da prestación do contrato en vigor e comparación coas liñas da proposta de mellora oficial do ano 2019. Obtención dos parámetros esenciais de funcionamento para cada unha das situacións (anterior á mellora e con posterioridade á mesma), tales coma distancia percorrida, frecuencias, demanda cuberta (potencial e real) e obtención de conclusións sobre a mellora de funcionamento detectada en relación co incremento de custes de explotación rexistrado.
TITORÍAS EN GRUPO REDUCIDO:
As titorías en grupo reducido se empregarán, fundamentalmente para desenvolver cuestións relativas aos traballos de curso. A finalidade perseguida é a de orientar correctamente os traballos a fin de resolver calquera dúbida que puidera acontecer con carácter previo ás entregas dos documentos.
TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS:
Atención personalizada ao alumno para resolver dúbidas e calquera vicisitude en relación á materia, tanto das clases expositivas, dos seminarios interactivos coma dos traballos de curso.
CAMPUS VIRTUAL
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimiendo axilidade á docencia da asignatura, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno. Ademáis será o modo de entrega das diferentes tarefas e actividades programadas na materia. Asemade será o vehículo que permita o debate e comentario por parte de tódolos los participantes do foro (profesores e alumnos) de novas ou temas que se poñan de relevo pola súa actualidade e que teñan relación cos contidos da materia, permitindo a participación activa dos alumnos e unha comunicación áxil e fluída cos alumnos.
EXAME
Exame obligatorio de carácter teórico-práctico para cada unha das partes da materia.
Avaliación de competencias
Todas as actividades metodolóxicas permiten traballar as competencias básicas CB1 a CB5.
As clases expositivas permiten traballar as seguintes competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7, CX10
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10
Os seminarios interactivos permiten traballar as seguintes competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7, CX10
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10
Os traballos de curso permiten traballar as seguintes competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axustarase a unha avaliación continuada, que debe contribuír de forma decisiva a estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
Así pois, óptase por un sistema de avaliación que inclúe as consideracións seguintes:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
1) Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais con participación activa (10%).
2) Exame obrigatorio de carácter teórico-práctico para cada unha das partes da materia (45%).
3) Realización de dous traballos de curso (45%).
Traballo 1. Análise de datos de tráfico a partir de datos oficiais de aforos
Traballo 2. Análise relativo á explotación e funcionamento dunha liña de transporte público por estrada.
A cualificación final da materia obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 45 e 45% respectivamente.
A relación entre competencias avaliadas e o sistema de avaliación queda como se indica a continuación:
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB1 a CB5.
Sesións presenciais e participación nos foros do Campus Virtual (10%). Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7, CX10
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT10
Traballos de curso vencellados coas competencias a adquirir (45%). Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12
Proba escrita (45%): Permite a avaliación das competencias
XERAIS: CX1, CX3, CX7, CX10
ESPECÍFICAS: CETESU5
TRANSVERSAIS: CT1, CT2, CT3, CT5, CT8, CT12
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA
1) Asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior na seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa (10%).
2) Exame obrigatorio de carácter teórico-práctico para cada un dos bloques da materia (45%).
O exame consta de dúas partes correspondentes a cada un dos bloques da materia. Ambas deben ser superadas por separado obtendo unha cualificación mínima de 5,0 puntos sobre 10 puntos en cada unha delas.
3) Realización de dous traballos de curso (45%).
Traballo 1. Análise de datos de tráfico a partir de datos oficiais de aforos
Traballo 2. Análise relativo á explotación e funcionamento dunha liña de transporte público por estrada.
Para este conxunto a cualificación global mínima necesaria a obter será de 5,0 puntos sobre 10 puntos en cada un dos traballos. A data previsible de entrega dos devanditos traballos será na primeira semana de decembro.
A cualificación final, tal e como se recolle para cada un dos apartados da materia obterase ponderando os apartados anteriores na proporción de 10, 45 e 45% respectivamente.
Para aprobar a materia o alumno deberá cumprir dúas condicións:
- Obter unha cualificación mínima de APTO en cada aspecto de avaliación.
- Obter unha cualificación global non inferior a 5,0 puntos sobre 10 puntos.
OPORTUNIDADE ORDINARIA (XANEIRO)
Aqueles alumnos que non superen algún dos aspectos de avaliación terán a seguinte cualificación final en función do aspecto non superado
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: NON PRESENTADO
2) Realización de exercicios e problemas breves propostos/presentación e defensa do traballo: NON PRESENTADO
3) Exame: CUALIFICACIÓN OBTIDA NO MESMO
Aqueles alumnos que superen TODOS os aspectos de avaliación terán unha cualificación final igual ao promedio ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN (XULLO)
A cualificación obtida polo alumno naqueles aspectos de avaliación superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) conservarase para a oportunidade de recuperación (Xullo).
Os aspectos de avaliación non superados durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) poderanse recuperar ata obter unha cualificación mínima de APTO mediante a realización das actividades de recuperación propostas polo profesor.
No caso do exame, si unha das dúas partes independentes do exame fora superada (calificación superior a 5,0 puntos sobre 10 puntos) durante a oportunidade ordinaria de avaliación (Xaneiro) poderase conservar para a oportunidade de recuperación (Xullo).
Unha vez superados TODOS os aspectos de avaliación os alumnos terán unha cualificación final na oportunidade de recuperación (Xullo) igual ao promedio ponderado das cualificacións obtidas en cada aspecto de avaliación.
ALUMNOS REPETIDORES
En caso de non superar a asignatura e matricularse novamente o alumno no seguinte curso académico (alumnos repetidores), a cualificación obtida nos aspectos de avaliación superados durante o curso académico anterior conservaranse baixo as seguintes condicións:
1) Asistencia e participación nas sesións presenciais: CONSÉRVASE DURANTE UN CURSO ACADÉMICO
2) Realización de traballos de curso: NON SE CONSERVA
3) Exame: NON SE CONSERVA
DISPENSA ASISTENCIA
No caso de ter concedida unha dispensa de asistencia quedará dispensado da primeira condición (asistencia obrigatoria ao conxunto das actividades presenciais que deberá ser superior no seu cómputo xeral ao 75%, con participación activa) para a obtención do APTO que será substituída pola realización dun traballo individual sobre unha temática relacionada coa materia.
De xeito orientativo exponse a seguinte distribución:
Impartiranse 24 horas de clases expositivas e celebraranse 24 horas de seminarios interactivos. Asemade se contemplarán 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas se adicarán unhas 95 horas de traballo persoal.
O reparto deste tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia se podería distribuir do seguinte xeito:
Lectura e preparación de temas: 32 horas
Realización de exercicios: 12 horas
Elaboración de traballos de curso: 30 horas
Preparación de probas de avaliación: 23 horas
Seguimento continuado da materia durante o semestre
Seguimento continuado das actualizacións do Campus Virtual
Planificación e organización do tempo de estudo
Consulta de dúbidas a medida que van xurdindo, nunca días antes do exame
Consulta de dúbidas a través dos foros para compartir as nosas inquedanzas cos compañeiros
Participar activamente no foro de noticias, propoñendo temas ou comentando os existentes
Aproveitamento das sesións presenciais
Pablo Fuentes Failde
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Correo electrónico
- pablo.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alberte Castro Ponte
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría e Infraestruturas dos Transportes
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
Xoves | |||
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |
16.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 (Aulario 4) |