Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten na adquisición de competencias xerais, desexables para a formación xeral en Filosofía, e de competencias propias do campo que cobre esta materia. Outros obxectivos propios desta materia:
- Coñecer e afondar nas distintas interpretacións antropolóxicas da cultura e as principais achegas teóricas e conceptuais da disciplina antropolóxica.
- Achegarse a algúns dos interrogantes actuais da cultura: globalización/localización, apropiación cultural, comercialización, interculturalidade, turistificación, xentrificación, dereitos culturais, etc.
- Adquirir competencias para analizar e xestionar conflitos entre dereitos culturais e relativismo cultural.
- Adquirir destrezas para aplicar as competencias adquiridas á análise de casos concretos e conflitos existentes en contextos de diversidade cultural.
1. Introdución á antropoloxía
2. Civilización-Raza-Cultura: transformacións nos paradigmas antropolóxicos
3. A cultura como praxe
4. Interrogantes e debates actuais no ámbito da cultura: globalización/localización, apropiación cultural, interculturalidade, xentrificación, turistificación...
Lecturas básicas:
Boas, Franz (1966) Race, language and culture. NY: FreePress.
Benedict, Ruth y Weltfish, Gene (1971) The races of mankind. Public affairs pamphlets. https://archive.org/details/TheRacesOfMankind
Malinowski, Bronislaw (1981) Una teoría científica de la cultura. Barcelona: edhasa.
Lévi-Strauss, Claude (1993) Raza y cultura. Raza e historia. Madrid: Cátedra.
Geertz, Clifford (2003) La interpretación de las culturas. BCN: Gedisa.
Díaz de Rada, Ángel (2010) Cultura, antropología y otras tonterías. Madrid: Trotta.
Lecturas complementarias:
Abu-Lughod, Lila (1991) “Writing against culture” en R. Fox (ed.) Recapturing Anthropology: Working in the Present. Santa Fe: School of American Research Advanced Seminar Series.
Bauman, Zygmunt (2008) Multiples culturas, una sola humanidad. Madrid: Katz.
Bauman, Zygmunt (2002) La cultura como praxis. Buenos Aires: Paidós.
Benedict, Ruth (1971) El hombre y la cultura: investigaciones sobre los orígenes de la civilización contemporánea. BCN: Edhasa.
Benhabib, Seyla (2006) Las reivindicaciones de la cultura: igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz.
Bhabha, Homi (1994) El lugar de la cultura. Buenos Aires: Manantial.
Boas, Franz (1990) Cuestiones fundamentales de Antropología Cultural. BCN: Círculo de lectores.
Bohannan, Paul (1996) Para raros nosotros. Madrid: Akal.
Bohannan, Laura (2010) “Shakespeare en la selva” en H. Velasco (ed.) Lecturas de Antropología Social y Cultural. La cultura y las Culturas. Madrid: UNED. Pp. 83-95
Bourdieu, Pierre (1987) “Los tres estados del capital cultural”. Sociológica, 2.
Comaroff, John L.; Comaroff, Jean (2011) Etnicidad S.A. Madrid: Katz.
Eagleton, Terry (2017) Cultura. BCN: Taurus.
D’Eramo, Marco (2014) “Unescocidio”. New left review, 88:52-59.
Evans-Pritchard, Edward E. (1957) Antropología Social. Buenos Aires: Nueva Visión.
Evans-Pritchard, Edward E. (1987) Historia del pensamiento antropológico. Madrid: Cátedra.
Fraser, Nancy (2007) “Feminist Politics in the Age of Recognition: A Two-Dimensional Approach to Gender Justice”. Studies in Social Justice, 1: 23-35.
García Canclini, Nestor (1995) Consumidores y ciudadanos. Conflictos multiculturales de la globalización. México: Grijalbo.
Geertz, Clifford (2003) La interpretación de las culturas. BCN: Gedisa.
Geertz, Clifford (2002) Reflexiones antropológicas sobre temas filosóficos. BCN: Paidós.
Goodenough, Ward H. (1975 [1971]) “Cultura, lenguaje y sociedad” en J.S. Kahn (ed.) El concepto de cultura textos fundamentales. BCN: Anagrama.
Grosfoguel, Ramón (2007b) “The epistemic decolonial turn. Beyond political-economy paradigms”. Cultural Studies, 21: 211-223.
Grosfoguel, Ramón (2013) «Racismo/sexismo epistémico, universidades occidentalizadas y los cuatro genocidios/epistemicidios del largo siglo XVI». Tabula Rasa: 31-58.
Harris, Marvin (2009) Antropología cultural. Madrid: Alianza.
Harris, Marvin (2008) El desarrollo de la teoría antropológica: historia de las teorías de la cultura. Madrid: S.XXI.
Hobsbawm, Eric y Ranger, Terence (eds.) (1983) The invention of tradition, Cambridge: Cambridge University Press.
Kessing, Roger (2010) “Teorías de la cultura” en H. Velasco (ed.) Lecturas de Antropología Social y Cultural. La cultura y las Culturas. Madrid: UNED. pp. 51-82
Kirshenblatt-Gimblett, Barbara (1998) Destination Culture. Tourism, Museums, and Heritage, Berkeley: University of California Press.
Kottak, Conrad P. (2011) Antropología cultural. México: McGraw-Hill.
Kroeber, A. L. (1975 [1917]) “Lo superorgánico”, en J.S. Kahn (ed.) El concepto de cultura textos fundamentales. BCN: Anagrama
Kroeber, A. L. (2002) El estilo y la evolución de la cultura. Madrid: Guadarrama.
Leach, Edmund (1971) Replanteamiento de la Antropología. Barcelona: Seix Barral.
Lévi-Strauss, Claude (1995) Antropología Estructural. BCN: Paidós
Linheira, Jorge (2018) La cultura como reserva india: treinta y seis años de políticas culturales en Galicia. Ed. Libros.com
Mariño Ferro, Xose Ramón (2004) Introdución á antropoloxía. Galicia: Editorial Cep.
Miller, Barbara (2011) Antropología cultural. Madrid: Pearson Educación.
Murdock, George (1987) Cultura y sociedad. México: FCE.
Radcliffe-Brown, Alfred R. (1975) El método de la antropología social. Barcelona: Anagrama.
Rosas Mantecón, Ana (1993) Globalización cultural y antropología. Alteridades, 3 (5): 79-91
Sahlins, Marshall (2017) Cultura y razón práctica. Bcn: Gedisa.
Tylor, Edward B. (1994) Primitive culture: researches into the development of mythology, philosophy, religion, art and custom. London: Routledge.
White, Leslie (1982) La ciencia de la cultura. Un estudio sobre el hombre y la civilización. Buenos Aires: Paidós.
Wolf, Eric (2000) La cultura, ¿panacea o problema? En: Paz Moreno Feliú (ed.) Entre las gracias y el molino satánico: lecturas de antropología económica. Madrid:UNED, 19-31.
Ligazón á bibliografía: http://iacobus.usc.es/search*gag/r?SEARCH=concepto+antropoloxico+de+cul…
Competencias básicas
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
Competencias transversais
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
Competencias específicas
CE1 - Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas e plásticas.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
- Aulas expositivas. Presentación por parte da docente dos contidos teóricos da materia que complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
- Aulas interactivas.
Sesións de seminario interactivo con presentación, análise e comentario das lecturas ou materiais propostos na propia aula, que profundaran en aspectos concretos do temario ou propoñeranse debates.
Sesións de presentación e análise de borradores dos traballos finais.
- Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio ao desenvolvemento das lecturas e o traballo final, recomendación de bibliografía, resolución de dúbidas e revisión de correccións. Estas funcións realizaranse tamén a través da avaliación formativas dos traballos entregados e os comentarios formativos realizados nas presentacións e postas en común. Programarase 1 titoría grupal en relación á elaboración do traballo final de cara á súa planificación, organización, recomendacións metodolóxicas, bibliográficas, resolución de dúbidas e supervisión de borradores.
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación activa nas aulas presenciais expositivas e interactivas – 10%
Presentación oral do traballo – 30%
Traballo final escrito – 60%
1. Avaliación continua formativa (modalidade preferente)
Asistencia e participación activa nas aulas presenciais expositivas e interactivas – 10%
Presentación oral do traballo – 30%
Traballo final escrito – 60%
Existe a opción de que este traballo escrito sexa común ás materias de formación básicas:
- Cidadanía, Xustiza e Democracia
- O concepto antropolóxico de cultura e da diversidade cultural
Cada alumna/o fará un traballo (entre 10-12 páxinas, 1,5 espazo interlineal e letra 12 TNR) en relación cos contidos traballados durante o curso en ambas materias. En función da súa orientación fundamental, o traballo será avaliado por unha das dúas responsables das materias (aínda que a docente da outra materia sempre terá que estar informada por cada alumna/o do traballo que vai facer e de a quen llo entrega para avaliar). A nota deste traballo terase en conta nas dúas materias.
Segundo os Estatutos da Universidade, no seu artigo 130.2, o estudantado ten o deber da “asistencia e participación naquelas actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente”.
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…
Na mesma exponse os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación.
Polo tanto a ausencia de 3 sesións sen xustificar, supón a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na fecha oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua será avaliado cunha proba final. Proba final: 100%
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á docente, segundo o indicado nesta normativa, e poderá preservar o seu dereito á avaliación continua seguindo os criterios anteriormente descritos pero coas seguintes ponderacións:
Presentación oral do traballo – 30%
Traballo escrito -70%
Tamén poderá optar pola modalidade de avaliación non continua seguindo os criterios e ponderacións xerais. Proba final: 100%
Os contidos desta materia e a estratexia de ensinanza-aprendizaxe contribúen a acadar as seguintes competencias propias desta titulación:
A participación nos debates, lecturas e presentacións orais do traballo permitirá acadar as competencias básicas CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, as competencias xerais CG1, CG2, CB3, CG4, CG5, as competencias transversais CT1, CT2, CT3 e CT4 e as competencias específicas CE1, CE2, CE3, CE4, CE5, CE6 e CE7.
O traballo final escrito permitirá acadar as competencias básicas CB6, CB7, CB8, CB10, as competencias xerais CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, as transversais CT1, CT2 y CT3, CT4 e as competencias específicas CE1, CE2, CE4, CE5, CE6, CE7.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas:
Horas presenciais: 24h.
Clases Expositivas 9h.
Clase Interactiva 12 h.
Horas de Titorías 3h.
Horas non presenciais de traballo autónomo do alumnado: 51h.
- Para garantir a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe, o alumnado deberá ter competencia lingüística suficiente para poder seguir o desenvolvemento das aulas e demostralo de xeito oral e escrito.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Responsabilidad Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de Xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Utilización do móbil na aula: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Tódalas comunicacións realizaranse a través do correo RAI e empregaranse as ferramentas tecnolóxicas institucionais como Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola universidade. Será responsabilidade do alumnado seguir as distintas canles de comunicación.
- O proceso de ensinanza-aprendizaxe (clases, titorías, email, comunicacións...) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Guadalupe Jimenez Esquinas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala Hipatia |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Sala Hipatia |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
13.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
03.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
03.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |