Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforme a criterios académicos.
- Posuír apertura cara ao coñecemento e espírito de tolerancia.
- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un/unha bo/a profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores/as.
1. A educación como fenómeno humano. Fundamentos, conceptos e procesos educativos. Teorías educativas e modos de educación.
2. Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos/as nenos/as pequenos/as.
3. O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4. O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5. O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano.
6. As contribucións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7. Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil.
8. A teoría construtivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9. Análise comparativa dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10. Tendencias actuais na educación infantil. O Instituto Pikler. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Del Pozo, M. (2004). Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Biblioteca Nueva.
González-Agàpito, J. (2003). La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Octaedro.
Sanchidrián, C., & Ruiz Berrio, J. (Coords.). (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Abbagnano, N., & Visallberghi, A. (1992). Historia de la Pedagogía (9ª reimp.). Fondo de Cultura Económica.
Bowen, J. (1992). Historia de la educación occidental. El occidente moderno: Europa y el nuevo mundo. S. XVII-XX. (T.III). Herder.
Colmenar, C. (1991). Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: su desarrollo en la época de la Restauración. Historia de la Educación, (10), 89-105.
Colmenar, C. (1995). Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental. Revista Complutense de Educación, (6), 15-29.
Delgado, B. (1998). Historia de la infancia. Ariel.
Gardner, H., Feldman, D. H., & Krechevsky, M. (2001). El Proyecto Spectrum (3 vols.). Morata.
Gavari, E. (Coord.). (2023). La Educación Infantil en la Geopolítica del Siglo XXI. Sanz y Torres.
Hernández-Laina, Y. (Coord.). (2022). La escuela de la educación infantil en España. UNED.
Hoyuelos, A. (2006). Estética en el pensamiento y obra de Loris Malaguzzi. Octaedro.
Luzuriaga, L. (1994). Historia de la educación y de la pedagogía (reimp.). Losada.
San Román, S. (1998). Las primeras maestras. Ariel.
Sánchez Vera, M. del M. (2022). Pasado, presente y futuro de la Educación Infantil en España. RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil, 11(1), 99-111. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei/article/view/8116
Taylor, A. (1986). Jardines de niños, jardines de Dios: kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX. Revista de Educación, (281), 125-154.
Zabalza, M. (1996). Calidad en la educación infantil. Narcea.
MÁIS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:
https://intef.es/ (Páxina do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF). Unidade do Ministerio de Educación e Formación Profesional responsable da integración das TIC e a Formación do Profesorado nas etapas educativas non universitarias)
https://eacea.ec.europa.eu/national-policies/eurydice/national-descript… (Páxina de Eurydice -Rede Europea de Información sobre Educación-. Información sobre os sistemas educativos nacionais dos 37 países que participan no Programa Erasmus+)
http://www.ibe.unesco.org/es (Páxina da Oficina Internacional de Educación da UNESCO)
http://www.waece.org (Páxina da Asociación Mundial de Educadores Infantís. Especialmente recomendable pola gran información que proporciona, ademais de contar cunha bolsa de emprego)
http://www.montessori-ami.org/ (Páxina da Association Montessori Internacionale)
http://www.piaget.org/ (Páxina da Jean Piaget Society)
http://www.unige.ch/piaget/ (Arquivos de Jean Piaget na Universidade de Xenebra)
http://www.highscope.org/ (Páxina da High/Scope Educational Research Foundation)
http://www.robert-owen.com/ (Páxina con información sobre Robert Owen e New Lanark)
https://www.newlanark.org/ (Páxina oficial de New Lanark)
http://www.aulainfantil.com/ (Páxina especialmente pensada para pais/nais e educadores/as)
http://www.nova-escola-galega.org/ (Páxina da Asociación Nova Escola Galega, referente na renovación pedagóxica e galeguización lingüística e curricular do sistema educativo en Galicia)
http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/ (Páxina con información sobre Preescolar na Casa)
Inclúense aquí as competencias oficialmente establecidas na Memoria Verificada do Título para esta materia.
COMPETENCIAS XERAIS E BÁSICAS
X1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
X9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
B2. Que os /as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha maneira profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os /as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou técnica.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros/as profesionais e axentes sociais.
E31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
Por parte do profesorado (actividades presenciais):
- En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates.
- En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
Por parte do alumnado:
- Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
- Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar.
Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
- En gran grupo: X1, X9, E27, E28, E30, E31, E32, T3, T4.
- En grupo de traballo: X1, E27, E28, E29, E30, T3, T4.
- Actividades en pequeno grupo ou individuais: E29, E30, E32, T3, T4.
Nas clases teóricas a profesora presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que lles facilitará, que é de lectura obrigatoria e estará dispoñible na aula virtual da materia. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico e os aspectos máis relevantes que proporcionan serán indicados pola docente.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto trabállanse máis especificamente as capacidades de análise, síntese e desenvolvemento do pensamento crítico.
Ademais, os alumnos e alumnas deberán presentar un informe grupal (traballo monográfico de curso) que incida nun/nunha autor/a ou movemento pedagóxico que se desenvolven no programa conforme ás indicacións que dea o profesorado. A elaboración do informe e a metodoloxía que debe ser empregada serán explicadas nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias.
Estes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa do alumnado nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia ás clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria.
A avaliación global dos/as estudantes estará baseada nas cualificacións obtidas nas actividades/probas individuais e grupais que obrigatoriamente deberán realizar. Os criterios de valoración serán os seguintes:
- Informe grupal (Traballo monográfico de curso): 20%
A data límite para a entrega será o venres, 22 de novembro de 2024.
- Prácticas de seminario: 30%
- Proba específica: 50%
Para obter unha cualificación positiva será necesario entregar os informes e prácticas de seminario no prazo establecido, e ter superado a proba específica (exame oficial). Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e realizados especificamente para esta materia, agás os traballos de carácter transversal ou interdisciplinario que se acorden entre as materias. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático. A nota dos traballos só será válida para o curso 2024-2025.
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa de asistencia, este deberá realizar unha titoría coa docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación persoal. Con todo, deberá entregar as tarefas correspondentes ás prácticas de seminario e o traballo monográfico de curso (informe) ao igual que o resto de alumnado matriculado na materia, e superar a proba específica.
• En gran grupo: expositivas, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material e debates. 24 horas.
• En grupo de traballo: actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
No que respecta aos coñecementos previos, axuda a lectura de obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, o coñecemento dos/as autores/as clásicos/as da educación infantil e a familiarización co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolvida a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente a través do comentario de texto dos autores/as de referencia e das relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os/As estudantes deben aproveitar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo desenvolvidas.
1. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
2. Responsabilidade medioambiental. No caso de ser solicitada a entrega en papel, deben cumprise os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
3. Perspectiva de xénero.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/area/igualdad/cultura-institucional
4. Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado (mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es (mariadocarmen[dot]cambeiro[at]usc[dot]es)) para a súa oportuna e adecuada consideración, mediante o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
5. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
6. Utilización do móbil na aula. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
7. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado; enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
8. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
Maria Do Carmen Cambeiro Lourido
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- mariadocarmen.cambeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Cr - L) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (M - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Co) + Dobre Grao 2º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
10.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 2º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |