Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia Moderna de España
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia Moderna de España
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica
A presente materia tratará de achegar ao alumnado aos acontecementos máis salientables da Historia Moderna de España, entendido como o periodo que abrangue dende finais do século XV ata finais do século XVIII.
Para iso, atenderase a unha presentación das grandes etapas nas que se divide esta cronoloxía, con interese no coñecemento da estrutura política da Monarquía Hispánica no Antigo Réxime, a organización social, os fundamentos económicos e as representacións culturais e relixiosas da antedita realidade.
A materia estrutúrase en catro grandes bloques temáticos, ademáis da presentación:
1. Presentación da materia. Cronoloxía, conceptos e contextos
2. Da Unión Dinástica á Monarquía Hispánica (séculos XVI-XVII)
3. A conquista do Novo Mundo
4. Política e administración na Monarquía dos Habsburgo
5. Igrexa e relixión(s)
6. A sociedade do Antigo Réxime
7. As mulleres na Monarquía Hispánica
8. Economía, facenda e prezos
9. A crise do século XVII
10. Política interior e exterior da Monarquía dos Borbóns
11. Clase práctica
12. Movementos culturais: Humanismo, Barroco e Ilustración
13. Educación, cultura e mentalidades
14. A crise do Antigo Réxime
15. Clase final. Proba de avaliación
*** A clase práctica celebrarase na Aula de Informática da Facultade de Humanidades
BENNASSAR, Bartolomé (2001), La España de los Austrias (1516-1700), Barcelona, ed. Crítica
BENNASSAR, Bartolomé (2006), La monarquía española de los Austrias: conceptos, poderes y expresiones sociales, Salamanca, Ed. Universidad de Salamanca
BUSTOS RODRÍGUEZ, Manuel (2008), Época Moderna. De la Monarquía Hispánica a la crisis del Antiguo Régimen, Madrid, Ed. Sílex
CASTELLS, Irene; MOLINER, Antonio (2000), Crisis del Antiguo Régimen y Revolución Liberal en España (1789-1845), Barcelona, Ed. Ariel
FLORISTÁN IMÍZCOZ, Alfredo (coord..), (2011), Edad Moderna: Historia de España, Barcelona, Ed. Ariel
CASTILLA SOTO, Josefina (2011), Historia moderna de España (1665-1808), Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid
FERNÁNDEZ DÍAZ, Roberto (1993), La España moderna: siglo XVIII, Madrid, Ed. Historia 16
MARCOS MARTÍN, Alberto (2000), España en los siglos XVI, XVII y XVIII: economía y sociedad, Barcelona, Ed. Crítica
MOLAS RIBALTA, Pere (1993), Manual de Historia Moderna, Barcelona, Ed. Ariel
RODRÍGUEZ GARCÍA, Justina (2005), Diccionarios de términos de la Historia de España: Edad Moderna, Barcelona, Ed. Ariel
• Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Moderna de España, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ao alumno/a para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno/a mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde, semanalmente, se facilitarán os contidos da clase inmediata (con antelación) para o repaso previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Na clase práctica, que se celebrará na aula de informática, poderase ver e analizar documentación orixinal dixitalizada, baixo a supervisión do profesor, a través de PARES (Portal de ARchivos ESpañoles)
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos arredor dun tema a partir dun formulario breve, de 3 preguntas, formulado polo profesor de cara a súa entrega na clase seguinte. Esta actividades é absolutamente voluntaria, dirixida a aquelas persoas interesadas en avaliar semanalmente a súa aprendizaxe.
Na avaliación final teráse en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (50%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (25%) e un exame final ou proba tipo test (25%).
Recoméndase efusivamente a asistencia continuada ás clases, así como a participación activa na mesma. Para un mellor aproveitamento, é recomendable visualiza-los recursos que ofertará o docente, sobre todo aqueles diseñados para a aprendizaxe fóra do horario das clases.
Ante calquera dúbida ou interese particular, recoméndase igualmente contactar co docente vía email.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 982824716
- Categoría
- Profesor/a área externa