Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Enxeñaría Química, Área externa M.U en Investigación Química e Química Industrial
Centro Facultade de Química
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer os diferentes sistemas de xestión que se empregan na industria química, así como os procesos de implantación, mantemento e auditoría, e as Normas de referencia asociadas. O curso se centrará en tres sistemas básicos: a xestión da calidade, a xestión ambiental e a xestión da prevención de riscos laborais, así como na súa integración nun sistema de xestión único.
Os contidos desta materia de acordo á memoria do título son os seguintes: Sistema de xestión: implantación, mantemento e certificación. Xestión de calidade: ISO 9001. Xestión ambiental: ISO 14001 e EMAS. Sustentabilidade (plans de minimización de residuos, etc). Xestión da prevención de riscos laborais: OSHAS 18001. Sistema Integrado de Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Prevención.
Por iso, os contidos se estruturaron en seis capítulos:
Tema 1: Conceptos básicos. Sistema de xestión; normas nacionais e internacionais (ISO; EN; UNE…). Certificación. Mellora Continua. Sistema PDCA.
Tema 2: Xestión de Calidade. ISO 9001. Modelo EFQM. Calidade Total. Custos da Calidade. Ferramentas da calidade.
Tema 3: Xestión Ambiental. ISO 14001. EMAS. Emisións ó medio e o seu control. Residuos e a súa xestión. Sustentabilidade.
Tema 4: Xestión de Prevención de Riscos Laborais. OHSAS 18001 e ISO 45001. Seguridade de traballadores e instalacións. Saúde e ergonomía. Riscos: probabilidade e severidade.
Tema 5. Auditorías de los sistemas de xestión. Conceptos xerais e tipos de auditorías. Etapas dunha auditoría. Técnicas de auditoría.
Tema 6. Integración de sistemas de xestión: Calidade, Medio Ambiente e Prevención. Semellanzas e diferenzas dos sistemas. Sistemas integrados: vantaxes e inconvenientes. Plan de integración e UNE 66177. Evidencias para un sistema integrado.
Bibliografía básica:
• ABRIL SÁNCHEZ, C. et al.: Guía para la integración de sistemas de gestión: calidad, medio ambiente y seguridad y salud en el trabajo FC Editorial y Laborprex auditores, 2010. Signatura: EMX 2841 ; EMX 2553 ; Q9 17; DEP 16059 ISBN 978-84-92735-26-6
• PASTOR FERNÁNDEZ, A. et al.: Sistemas integrados de gestión, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz, 2013. Signatura: EMX 2924 ISBN 978-84-9828-404-1
• CAMISÓN, C. Et al.: Gestión de la calidad: conceptos, enfoques, modelos y sistemas, Pearson Educación, 2006. ISBN (electrónico) 84-8322-256-6. Texto dispoñible via INGEBOOK. Signatura: A144 13; EMX 1096; EMX 932; EMX 933. ISBN: 978-84-205-4262-1
• Normas UNE dispoñibles online na Base de Datos AENORmás (Acordo AENOR/CRUE)
Bibliografía complementaria:
• ALONSO, J.M. y PROVEDO, P.: Gestión de la calidad 3ª ed, Santillana, 2005. Signatura A QAS 27 ISBN: 84-294-8139-7
• ROMERO GONZÁLEZ, E. Evaluación y gestión medioambiental para planes, programas y proyectos de ingeniería. Universidad de Sevilla, 2015. Signatura: A242 39 ISBN: 9788447217656
• CLAVER CORTÉS, E. et al.: Gestión de la calidad y gestión medioambiental: fundamentos, herramientas, normas ISO y relaciones. 3ª ed. Pirámide, 2011. Signatura: A244 18 C; A244 18 D; A EM 99 A; EMX 929 ISBN: 9788436824582
• GARCÍA NINET, J.I., et al.: Manual de prevención de riesgos laborales: seguridad, higiene y salud en el trabajo. 3ª ed. Atelier, 2017. Signatura: CA/E57.1 300 ; ISBN 9788416652464
• MENÉNDEZ DÍEZ, F.: Higiene industrial: manual para la formación del especialista. 3ª ed. Lex Nova, 2009. Signatura: A57.1 48; A57.1 48 cd; EMT 846 1; A QAS 10 1 A QAS 10 2. ISBN: 9788498980769; 84-8406-612-6
• Comisión Europea: Comunicación COM(2015) 614 final (2.12.2015): Cerrar el círculo: un plan de acción de la UE para la economía circular. https://eur-lex.europa.eu/legal-content/ES/ALL/?uri=CELEX:52015DC0614
• European Environment Agency, EEA Report No 9/2014: Waste prevention in Europe - the status in 2013. https://www.eea.europa.eu/publications/waste-prevention-in-europe-2014
• Ihobe: Estudios de Minimización de Residuos Peligrosos. Guía de apoyo. Herramienta Excel: https://www.ihobe.eus/publicaciones
• Ihobe: De la iso 14001 al emas. http://www.ihobe.net/Documentos/Eventos/Taller%20de%20la%20ISO%2014001%…
• Lea-Artibai Ikastetxea: Evaluación de riesgos. UNIDAD DIDÁCTICA 01. Año 2009. Deposito-legal: BI-209-09. https://www.osalan.euskadi.eus/contenidos/informacion/fp_gaztetxoko/es_…
• Asepeyo. Prevención de riesgos laborales en la Industria Química. 1ª edición, 2017:
https://prevencion.asepeyo.es/wp-content/uploads/R1E17081-Gu%C3%ADa-Pre…
• Competencias xerais:
CG1 - Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a Investigación Química
CG4 - Demostrar habilidade para analizar, descreber, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como as implicacións ambientais do seu traballo
• Competencias básicas:
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sosteñen a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo
• Competencias transversais:
CT1 - Elaborar, escreber e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT5 - Demostrar unha actitude de respeito ás opinións, valores, comportamientos e as prácticas de outros.
• Competencias específicas:
CE5 - Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais
CE6 - Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos
CE9 - Promover a innovación e o emprendedorismo na industria e na investigación Química
Utilizarase a Aula Virtual para a distribución do material didáctico e outro complementario considerado de interese para a ampliación dos temas dados na clase, buscando fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado. As clases serán impartidas nas linguas oficiais da USC.
MD1. Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual. CG5, CT4, CT5.
MD3. Seminarios realizados co profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cós alumnos. CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CB9, CB10, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE5, CE6, CE9.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.). CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CB10, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE5, CE6, CE9.
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido. CG3, CG5, CG8, CT4, CE5, CE6, CE9.
MD6. Realización de traballos, tanto individualmente, como en grupo, sobre temas científicos relacionados coas distintas materias do Máster. CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CB9, CB10, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE5, CE6, CE9.
MD7. Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos. CG1, CG3, CG5, CG6, CG8, CB9, CT1, CT2, CT4, CT5, CE5, CE6, CE9.
MD8. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual). CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CB10, CT3, CT4.
MD10. Estudo persoal basado nas diferentes fontes de información. CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CB10, CT3, CT4, CE5, CE6, CE9.
MD11. Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes. CG1, CG3, CG4, CG5, CG6, CG8, CB9, CT3, CT4, CT5, CE5, CE6, CE9.
Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos ou resolución de problemas. Esta avaliación continua será a base para unha primeira puntuación que se corresponderá co 20 % da nota final. O traballo das titorías en grupo será tamén avaliada, e a nota computará como o 20 % da nota final. Ó finalizar as clases realizarase un exame con cuestiones teórico-prácticas, que corresponderá ao 60 % da nota final. Será preciso un 30% de nota mínima EN CADA PARTE para superar a materia.
A asistencia ás titorías de grupo é obrigatoria para superar a materia. As calificacións dos traballos, actividades e titorías se comunicarán ó alumno antes do exame. O sistema de avaliación será o mesmo para dúas oportunidades de exame. Non se conservará ningunha nota entre convocatorias.
-Sistema de avaliación:
Actividade; % calificación; (% mínimo na actividade, se aplica); Requisito; Avaliación de competencias
Actividades da avaliación continua; %calif: 20%; CG.1, CG.5, CG.6, CG.8, CB.9, CE.5, CE.6
Titoría en grupos; % calif: 20% (min. 30%); Obrigatorio; CG.1, CG.3, CG.5, CG.6, CG.8, CB.9, CB.10, CE.2
Exame: %calif: 60% (min. 30%); CG.8, CE.5, CE.6
A calificación necesaria para atinxir o aprobado é de 5,0. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
A materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, que se reparten da seguinte maneira: 12h de clase expositiva, 7h de clase interactiva/seminario, 2h de titorías en grupo:O traballo do Alumno se estima en 54h. Total: 75h.
Asistencia ás clases. Manexo a nivel usuario de ferramentas informáticas e de procura de datos e información: paquete Office (Word, Excel, PowerPoint) ou similar (LibreOffice, OpenOffice, etc), correo electrónico, consulta de páxinas web, Moodle.
Contarase coa Aula Virtual nunha plataforma accesible ás 3 Universidades como repositorio da documentación da materia. As clases serán impartidas nas linguas oficiais da USC.
Óscar Rodríguez Figueiras
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816704
- Correo electrónico
- oscar.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.14 |
21.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |