Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que o alumno adquira os coñecementos básicos dos principais procesos inorgánicos, tanto a nivel teórico como a nivel industrial. Preténdese tamén desenvolver actitudes e habilidades para a dedución, relación, formulación e resolución de cuestións e problemas. Finalmente, que o alumnado adquira unha capacidade de síntese, de relacionar coñecementos e de transmisión de información.
- Coñecer as características xerais dos elementos químicos, o seu estado natural e os principais métodos de extracción.
- Coñecer as súas propiedades físicas e químicas e os seus compostos máis importantes, a súa preparación e as aplicacións industriais máis significativas.
- Coñecemento e aplicación da terminoloxía inglesa empregada para describir os conceptos correspondentes a esta materia.
PROGRAMA TEÓRICO:
INTRODUCIÓN. Concepto, metodoloxía e importancia da Química Inorgánica. Bases para o estudo sistemático dos elementos e os seus compostos
TEMA 1. Hidróxeno.
TEMA 2. Elementos do grupo 17: os halóxenos.
TEMA 3. Elementos do grupo 16.
TEMA 4. Elementos do grupo 15.
TEMA 5. Elementos do grupo 14.
TEMA 6. Química dos metais dos grupos principais.
TEMA 7. Química dos metais de transición e compostos de coordinación.
PROGRAMA EXPERIMENTAL:
Síntese de algúns dos elementos e compostos inorgánicos explicados no programa de teoría:
- Obtención de metais
- Síntese e caracterización de compostos. Compostos volátiles
- Sales
- Compostos de coordinación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- RAYNER-CANHAM, G.: “Química Inorgánica descriptiva”. Versión en castelán da2ª ed, Prentice Hall (Pearson Educación), México (2000).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BEYER, L., FERNÁNDEZ HERRERO, V.: “Química Inorgánica”, Ariel Ciencia, Barcelona (2000).
- CASABÓ i GISPERT, J.: “Estructura atómica y enlace químico”, Reverte, Barcelona (1999).
- COTTON, F. A., WILKINSON, G.: “Química Inorgánica básica”. Versión en castelán da 1ª ed. inglesa, 10ª reimpresión, Limusa-Wiley, México (1999).
- COTTON, F. A., WILKINSON, G.: “Química Inorgánica avanzada”. Versión en castelán da 4ª ed. inglesa: Limusa-Wiley, México (2001).
- HOUSECROFT, C. E., SHARPE, A. G.: “Química Inorgánica”. Versión en castelán da 2ª ed. inglesa, Pearson Educación, Madrid (2006).
- PETRUCCI, R. H., HERRING, F. G., MADURA, J. D, BISSONNETTE, C.: “Química General: principios y aplicaciones modernas”. Versión en castelán da11ª ed. inglesa, Pearson Educación, Madrid (2017).
- TEGEDER, F., MAYER, L.: “Métodos de la Industria Química. Parte 1ª: inorgánica”, Reverté, Barcelona (1987).
LIBROS DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
- ADAMS, D. M., RAYNOR, J. B.: “Química Inorgánica práctica avanzada”, Reverté, Barcelona (1966).
- ANGELICI, R. J.: “Técnica y síntesis en Química Inorgánica”, 2ª ed., Reverté, Barcelona (1978).
- ANGELICI, R.J.: “Synthesis and technique in inorganic chemistry: a laboratory manual”, 3ª ed., University Science Books, cop, Sausalito (1999).
- BRAUER, G.: ““Química Inorgánica preparativa”, vols. I e II. Versión en castelán da 2ª ed. alemá, Reverté, Barcelona (1958).
- BRENON, F., RAFFLEGEAU, F., PREVOTEAU, D.: “Chimie Inorganique et Generale“, Dunod, París (1993).
- DOOD, R. E., ROBINSON, P. L.: “Química Inorgánica Experimenta: una guía de trabajo de laboratorio”, Reverté, Barcelona (1965).
- GRUBITSCH, H.: “Química inorgánica experimental : manual de prácticas de química inorgánica”, Aguilar, Madrid, 1959.
- LÓPEZ GONZÁLEZ, J. D.: ORTEGA CANTERO, E.: “Prácticas de Química Inorgánica”, UNED, Madrid (1998).
- MARR, G., ROCKETT, B. W.: “Practical Inorganic Chemistry”, VNR, Londres (1972).
- PASS, G., SUTCLIFFE, H.: “Practical Inorganic Chemistry”, 2ª ed., Chapman and Hall, Londres, (1974).
RECURSOS EN INTERNET
- http: //www.webelements.com/
- http: //ciencianet.com/tabla.html
BÁSICAS:
-CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse pola elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades da aprendizaxe necesarias para emprender estudos superiores cun alto grao de autonomía.
XERAIS:
-CG4: Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
TRANSVERSAIS:
-CT3: Capacidade para xestionar a información.
ESPECIFICAS:
-CE24: Coñecemento dos elementos químicos, a súa natureza, propiedades e aplicacións industriais.
A docencia está repartida, por grupo, e ao longo do semestre en 33 horas de clases expositivas, 4 horas de seminario, 2 de titorías en grupos reducidos e 12 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (na súa maior parte teóricas), explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia e, en clases puntuais, resolver cuestións propostas previamente mediante boletíns, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte do alumnado. O profesorado pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización do encerado, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía e co apoio do campus virtual.
Nas clases interactivas en grupo reducido (seminarios) analizaranse e discutiranse as cuestións e problemas propostos previamente mediante boletíns, intentado que o alumnado participe activamente, ademais, nestas sesións poderanse realizar controis escritos intermedios sobre os coñecementos adquiridos e o traballo realizado. As notas destes últimos contarán para a avaliación continua. Nas titorías en grupos reducidos, resolveranse as dúbidas que podan ter os estudantes relacionadas coa materia impartida e algunhas cuestións propostas nos boletíns. Nestas, ao igual que nos seminarios, poderanse realizar probas para avaliar o traballo do alumnado que contarán para a avaliación continua.
Nas clases prácticas aplícanse os coñecementos e conceptos adquiridos polo estudante nas clases teóricas e de seminario. As prácticas realizaranse no laboratorio en parellas nos horarios publicados a tal efecto e estarán orientadas a que o alumnado adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenrole as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo se incidirá na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. Para elo o estudante realizará en catro sesións, de tres horas cada unha, unha serie de experimentos de laboratorio dos incluídos no programa. A realización do traballo experimental realizarase a partires dun guión, previamente subministrado ao alumnado, que leva incluídas cuestións fundamentais para a comprensión do experimento e que o alumno debe resolver. Ao finalizar as prácticas, cada estudante deberá presentar un caderno de prácticas co traballo realizado ou, dependendo das circunstancias, realizar unha proba escrita sobre os seus contidos que se incluirá na avaliación continua. Así mesmo, co programa de prácticas de laboratorio refórzase a habilidade de traspoñer os coñecementos teóricos a súa aplicación práctica e a elaboración de documentos científico-técnicos. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A cualificación de cada estudante se realizará a través de avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación apoiarase principalmente na realización dunha proba final escrita e común para tódolos estudantes (75 %) que constarán de resolución de cuestións teóricas e exercicios, que poderán ser feitas en forma de preguntas cortas, preguntas de elección múltiple, problemas numéricos, resolución de reaccións e preguntas de tipo temático. A avaliación continua (25 %) comprenderá o seguimento do traballo persoal do estudante ao largo do curso, e que poderá abarcar controis escritos realizados nos seminarios e/ou nas titorías en grupos reducidos, entregas, participación do estudante na aula e titorías, realización de exercicios nos seminarios (10 % en total), e a realización das prácticas nas que se terá en conta para a nota o traballo do estudante no laboratorio (5 %) e o caderno de laboratorio onde se recolla o traballo realizado e a resolución das cuestións incluídas nos guións subministrados ou, no seu caso, a nota da proba escrita sobre os seus contidos (10 %). O alumnado debe entender que ao menos ten que acadar no exame final unha nota mínima de 4,5 puntos sobre 10 para que a nota das outras partes lle sexa sumada á nota do exame final. Tendo en conta o anterior, o estudante que teña algunha nota de avaliación continua e non se presente ao exame final se lle poñerá unha cualificación de cero; mentres que será non presentado si, ademais de non presentarse ao exame final, non ten ningunha nota da avaliación continua.
Ademais, para aprobar a materia, e dado cá asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria con carácter xeral, o estudante deberá asistir a todas elas, realizar todas as prácticas que se lle asignen e alcanzar unha cualificación de apto nestas últimas.
Os estudantes que non teñan acadado o aprobado no anterior proceso de avaliación terán unha segunda oportunidade de alcanzalo realizando un novo exame, a final de curso, manténdose a cualificación da avaliación continua.
As competencias que se avaliarán nos distintos apartados anteriores son:
Exame final (75 % da nota total): C24
Participación en clase, seminarios e titorías (10 % da nota total): CB5, CG4, CT3, CE24
Prácticas (15 % da nota total): CB2, CG4, CT3, CE24
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 95 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade: Horas presenciais na aula / Horas do traballo persoal do alumno
Clases expositivas en grupo grande: 33 / 42
Seminarios: 4 / 26
Prácticas de laboratorio 12 / 6
Titorías en grupo moi reducido 2 / 2
Realización exames e revisión: 4 / 19
Total horas 55 / 95
- É aconsellable có alumnado asista ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia “ao día” e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesorado antes de comezar as prácticas de laboratorio e contestar as cuestións incluídas neles.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se lles presentan tanto na aula como no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente o aula virtual da materia, onde estará dispoñible o programa da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo.
A materia impartirase en galego e castelán.
Juan Manuel Ortigueira Amor
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
21.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
12.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |