Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumnado, empregando a terminología e vocabulario técnico pertinente sexa capaz de:
- Describir as bases histórico-dogmáticas e constitucionais do Dereito Administrativo.
- Describir os Ordenamentos xurídico-administrativos e as súas relacións.
- Identificar os suxeitos do Dereito Administrativo e describir os seus réximes xurídicos.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumnado:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios legislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia na que os contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
1. As bases do Dereito Administrativo: delimitación conceptual, evolución histórica e configuración constitucional.
2. O Ordenamento administrativo e a interconexión entre Ordenamentos.
a. As fontes do Dereito administrativo nun estado complexo. Sistema de relacións entre o ordenamento estatal e os ordenamentos autonómicos. O ordenamento da UE.
b. A potestade lexislativa do executivo.
c. O Regulamento: natureza, relacións lei-regulamento, tipoloxía, procedemento de elaboración, requisitos de validez, control dos regulamentos.
3. Os suxeitos do Dereito Administrativo.
a. A Administración Pública como persoa xurídica. Tipoloxía de entes públicos. Administracións territoriais. Administración instrumental. O exercicio privado de funcións públicas.
b. Principio de legalidade. Potestades regladas e discrecionais. Discrecionalidade técnica. Conceptos xurídicos indeterminados.
c. Principios da organización administrativa.
d. Os órganos administrativos e as súas relacións. Elementos dos órganos, órganos colexiados, relacións entre órganos e fórmulas de traslado de competencias e colaboración.
e. A teoría do administrado. Capacidade. Posicións do cidadán ante a Administración.
Bibliografía básica:
- COSCULLUELA MONTANER, Luis: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, última edición.
- ESTEVE PARDO, José: Lecciones de Derecho administrativo, última edición.
- FERNÁNDEZ FARRERES, Germán: Sistema de Derecho Administrativo, última edición.
- GAMERO CASADO, Eduardo e FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano: Manual Básico de Derecho Administrativo, última edición.
- SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho Administrativo: Parte General, última edición.
- VELASCO CABALLERO, Francisco e DARNACULLETA GARDELLA, M. (dirs.): Manual de Derecho administrativo. Editorial Marcial Pons, última edición.
Bibliografía complementaria:
- GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo e FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I, última edición.
- SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso: Principios de Derecho Administrativo General, I, última edición.
A) Competencias xerais (CG):
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
CG6.- Capacidade de resolución de problemas
CG7.- Capacidade de decisión
CG8.- Razonamiento crítico
CG9.- Compromiso ético e deontológico
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamiento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamiento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Na impartición da materia poderanse empregar os seguintes métodos docentes:
- Leccións maxistrais programadas, coa implicación do alumnado.
- Clases prácticas ou interactivas.
- Prácticas de campo: visitas programadas polo profesorado a administracións públicas, órganos xudiciais ou institucións que poidan ser de interese para a materia impartida.
A avaliación do alumnado levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
GRUPO A (PROFESOR ALEJANDRO VILLANUEVA TURNES)
- A realización dun exame teórico-práctico suporá, como mínimo, un 80% da cualificación final.
- A resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor, poderá supoñer ata un 20% da cualificación final. (será requisito a superación do exame para computar esta parte da nota).
GRUPO B (PROFESOR BELTRÁN PUENTES COCIÑA)
- A realización dun exame teórico-práctico, escrito ou oral (70% da cualificación final). Será necesario superar o exame para poder aprobar a materia.
- A participación nas clases interactivas, a través da resolución de supostos prácticos, intervencións e exposicións orais, entrega de tarefas e outras actividades programadas polo profesor (30% da cualificación final).
GRUPO C (PROFESOR LUIS MIGUEZ MACHO)
- A realización dun exame teórico, escrito ou oral, a elección do alumno, que constará de catro preguntas de desenvolvemento (80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas (20% da cualificación final).
TODOS OS GRUPOS
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ao alumnado que non concorra a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de "Non presentado".
O alumnado que teña concedida exención de docencia poderá suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas ou das tarefas indicadas, de acordo coas instrucións que lle imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo presencial na aula:
Docencia expositiva: 30
Docencia interactiva: 10
Tutorías en grupo reducido: 5
Total horas de traballo presencial na aula: 45
Traballo persoal do alumno:
Estudo individual ou en grupo: 45
Resolución de casos prácticos ou outros traballos: 15
Preparación de presentacións orais, debates e similares: 2,5
Asistencia a conferencias: 5
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5
- Asistir á clase regularmente.
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Recorrer ás titorías para calquera dúbida sobre a materia.
- Estudar con tempo e regularidade.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Luis Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Villanueva Turnes
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Beltrán Puentes Cociña
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- beltran.puentes.cocina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
23.01.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
23.01.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
10.06.2025 10:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
10.06.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
10.06.2025 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |