Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 54 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Deseñar rutas de síntese e procedementos de illamiento de compostos de coordinación.
2. Identificar a presenzaa de quiralidade en complexos de coordinación mononucleares e xustificar a súa orixe.
3. Describir os factores que permiten a activación de pequenas moléculas mediante a coordinación a centros metálicos, así como as aplicacións destas propiedades.
Tema 1. Propiedades estruturais dos compostos de coordinación. Ferramentas de caracterización estrutural.
Tema 2. Activación de pequenas moléculas por compostos de coordinación.
Tema 3. Compostos de coordinación con aplicacións en Medicina: axentes terapéuticos e de diagnóstico.
Tema 4. Compostos de coordinación no deseño de novos materiais: polímeros de coordinación e MOFs. Propiedades e aplicacións.
Básica (manuais de referencia).
J. Rivas Gispert (2000). "Química de Coordinación". Edicións Omega S.A. J. Ribas Gispert (2008). Coordination Chemistry (versión en inglés de Química de Coordinación). Willey-VCH, Weinheim.
Complementaria.
Tema 2.
-Patrick L. Holland. Metal–dioxygen and metal–dinitrogen complexes: where are the electrons? Dalton Trans., 2010, 39, 5415–5425.
-Michael P. Shaver, Michael D. Fryzuk. Activation of Molecular Nitrogen: Coordination, Cleavage and Functionalization of N2 Mediated By Metal Complexes. Adv. Synth. Catal. 2003, 345, 1061-1076
-Hiromasa Tanaka, Yoshiaki Nishibayashi, and Kazunari Yoshizawa, Interplay between Theory and Experiment for Ammonia Synthesis Catalyzed by Transition Metal Complexes, Acc. Chem. Res. 2016, 49, 987-995
Tema 3.
-James C. Dabrowiak, Metals in Medicine, 2º Ed., John Wiley and Sons LTd, 2017
-Serenella Medici, Massimiliano Peana, Valeria Marina Nurchi, Joanna I. Lachowicz,Guido Crisponi, Maria Antonietta Zoroddu. Noble metals in medicine: Latest advances. Coordination Chemistry Reviews, 2015, 284, 329–350.
-A. Merbach, L. Helm and E. Tóth, The Chemistry of Contrast Agents in Medical Magnetic Resonance Imaging: Second Edition, John Wiley & Sons, Chichester, 2013.
-Eric W. Price and Chris Orvig. Matching chelators to radiometals for radiopharmaceuticals. Chem. Soc. Rev., 2014, 43, 260-290.
Tema 4.
-Stuart R. Batten, Neil R. Champness, Xiao-Ming Chen, Javier Garcia-Martinez, Susumu Kitagawa, Lars Öhrström, Michael O’Keeffe, Myunghyun Paik Suh, and Jan Reedijk. Terminology of metal–organic frameworks and coordination polymers (IUPAC Recommendations 2013). Pure Appl. Chem., 2013, 85, 1715–1724.
-Bradley J. Holliday and Chad A. Mirkin, Strategies for the Construction of Supramolecular Compounds through Coordination Chemistry, Angew. Chem. Int. Ed. 2001, 40, 2022-2043.
-Shin-ichiro Noro, Hitoshi Miyasaka, Susumu Kitagawa, Tatsuo Wada, Takashi Okubo, Masahiro Yamashita, and Tadaoki Mitani. Framework Control by a Metalloligand Having Multicoordination Ability: New Synthetic Approach for Crystal Structures and Magnetic Properties. Inorg. Chem. 2005, 44, 133-146.
Competencias básicas e xerais.
CG2 - Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor e contextualizar un tema de investigación.
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sustentable da sociedade.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias transversais.
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
Competencias específicas.
CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da Química.
CE2 - Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas.
CE4 - Innovar nos métodos de sínteses e análises químico relacionados coas diferentes áreas da Química.
CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias.
MD1. Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de encerado, computador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
MD3. Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións co alumnado.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.).
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD10. Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información.
MD11. Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
Aplicarase un sistema de avaliación continua no que se terá en conta a participación activa e a mellora ao longo de todo o curso.
Distribución da cualificación:
(a) Exame final: 55%
(b) Traballo realizado nos seminarios (resolución de problemas e casos prácticos, entrega de exercicios): 35%. Os seminarios consistirán na resolución de exercicios propostos ou no comentario de artigos científicos propostos. As tarefas para desenvolver nos seminarios serán propostas con antelación e deberán ser entregadas por cada alumno ou serán avaliadas ao comezo do seminario correspondente mediante proba escrita.
(c) Asistencia ás clases expositivas e interactivas: 10%
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
-Exame final: CB8, CE1, CE2, CE4
-Traballo realizado nos seminarios: CG2; CG5, CG8, CB6, CB7, CB8, CB9, CT1, CT3, CT4, CE1, CE2, CE4
Distribución da actividade formativa en 3 créditos ECTS:
Traballo presencial en aula:
-Clases expositivas en grupo grande: 12 horas.
-Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios): 7 horas.
-Titorías: 2 horas.
Total horas traballo presencial na aula: 21 horas.
Traballo persoal:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 36 horas.
-Preparación de probas e traballos: 18 horas.
Total horas traballo persoal do alumno: 54 horas.
Total: 75 horas.
Para seguir con proveito este curso, os alumnos deben ter coñecementos básicos da Química da Coordinación así como nocións das teorías de enlace que se empregan para describir os compostos de coordinación, e os métodos básicos empregados para a súa caracterización.
Ademais:
-É moi importante asistir ás clases expositivas.
-É fundamental manter o estudo da materia ao día.
-A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta materia.
As clases impartiranse en castelán/galego.
Maria Matilde Fondo Busto
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814231
- Correo electrónico
- matilde.fondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 2.12 |
15.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |