Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Química Orgánica
Áreas: Química Inorgánica, Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Adquirir os coñecementos básicos sobre a estrutura, os métodos de preparación, as propiedades e as
aplicacións dos materiais de interese tecnolóxico.
-Comprender as propiedades dos distintos tipos de materiais estudados: metálicos, cerámicos, compostos, nanomateriais, polímeros e xeles moleculares.
BLOQUE 1: MATERIAIS INORGÁNICOS
Tema 1. MATERIAIS METÁLICOS
Características xerais. Estruturas cristalinas. Polimorfismo. Difracción de Raios X. Imperfeccións. Difusión. Aleacións. Aceiros. Diagramas de fase. Aplicacions.
Tema 2. MATERIAIS CERÁMICOS
Características xerais. Cerámicas cristalinas. Polimorfismo. Imperfeccións. Materiais cerámicos basados nas arxilas. Materiais cerámicos especiais. Vidrios. Diagramas de fase. Aplicacións.
Tema 3. MATERIAIS COMPOSTOS
Características xerais. Materiais compostos reforzados con partículas: formigón. Materiais compostos reforzados con fibras. Propiedades e aplicacións.
Tema 4. NANOMATERIAIS BASADOS EN METAIS
Puntos cuánticos. Nanomateriais de óxidos metálicos. Aplicacións.
BLOQUE 2: MATERIAIS ORGÁNICOS
Tema 5. POLÍMEROS. SÍNTESE E PROPIEDADES
Polímeros: introdución e definicións. Clasificación dos polímeros. Nomenclatura. Peso molecular. Estereoquímica. Estrutura química e morfoloxía. Métodos de síntese de polímeros: polímeros de adición e condensación. Copolímeros. Propiedades dos polímeros. Relacións estrutura-actividade. polímeros condutores. Dendrímeros.
Tema 6. MODIFICACIÓN DE POLÍMEROS. BIOCONXUGACIÓN E QUÍMICA BIOORTOGONAL
Reaccións de bioconxugación. Modificación de aminoácidos. Click e química bioortogonal. Reacción de acoplamento azida/alquino catalizada por Cu, reaccións con alquinos deformados, reaccións con tetrazinas, acoplamento de Staudinger, reacción tiol-eno, metátese e métodos baseados na catálise organometálica. Fotoquímica con luz visible.
Tema 7. RECEPTORES MOLECULARES E MATERIAIS SUPRAMOLECULARES
Interaccións supramoleculares. Compostos supramoleculares (Anfitrión/Invitado). Ciclodextrinas, cucurbiturilos. Automontaxe. Xeles moleculares.
Tema 8. NANOMATERIAIS DE CARBONO
Materiais derivados do Carbono: Fulerenos. Nanotubos de carbono. Grafeno
Básica
Recoméndanse varios libros xerais para a materia, dado o carácter multidisciplinar desta:
- "Introducción a la ciencia e ingeniería de materiales", W. D. Callister. Reverté, 1995.
- "Polymers", D. Walton, O. Lorimer. Oxford Chemistry Primer nº 85. Oxford University Press, Oxford 2000.
- "Materials Science and Engineering: An Introduction", W. D. Callister, Jr. Wiley, 2007.
Complementaria
- "Introducción a la química de los polímeros", R. B. Seymour, C. E. Carraher, Jr. Ed. Reverté, 1995.
- "Fundamentos de la Ciencia e Ingeniería de Materiales", W.F. Smith. Mc Graw-Hill, 1996.
- "Concise Inorganic Chemistry”, J. D. Lee, 5º Ed., Wiley-Blackwell, Oxford, 1996.
- “Semiconductor Nanocrystal Quantum Dots”, A.L. Rogach, Ed., SpringerWien, N.Y., 2008.
- “Modern Supramolecular Gold Chemistry”, A. Laguna, Ed., Wiley-VCH, Weinheim, 2008
- “Gold Chemistry”, F. Mohr, Ed., Wiley-VCH, Weinheim, 2009.
Básicas e xerais
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou de outros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e plantexamento de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Transversais
CT10 – Adquirir razoamento crítico.
CT8 – Ser capaz de traballar nun contexto internacional.
CT7 – Realizar traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
Específicas
CE11 – Comprender a relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais: incluíndo macromoléculas (naturais e sintéticas), polímeros, coloides e outros materiais.
CE12 – Coñecer a estrutura e reactividade das principais clases de biomoléculas e a química dos principais procesos biolóxicos.
CE14 – Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE16 – Ser capaz de evaluar e interpretar datos.
- Clases expositivas (CE): impartición dos contidos teóricos por parte do profesorado en clases presenciais, co apoio de medios audiovisuais (PowerPoint). A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero aconséllase ao alumno que asista regularmente a elas.
- Clases interactivas de seminario (CIS): o alumnado participa activamente resolvendo exercicios na aula, preparando de forma individual ou en grupo traballos monográficos sobre temas específicos, e expoñéndoos en público. A asistencia a estas clases é obrigatoria para ter dereito á avaliacion continua.
- Clases interactivas de titoría (CIT): utilizaranse para aclarar dúbidas, resolver problemas, supervisión de traballos dirixidos, etc. A asistencia a estas clases é obrigatoria para ter dereito á avaliacion continua.
A MATERIA CONTA CUNHA PÁXINA NO CAMPUS VIRTUAL conteñendo material didáctico para seguir as clases expositivas e boletíns de exercicios para as clases interactivas.
A docencia expositiva e interactiva (seminarios e titorías) serán de carácter presencial.
As probas finais serán presenciais.
A cualificación do alumnado realizarase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.
A asistencia ás clases de seminarios e titorías é obrigatoria para optar á avaliación continua. Será preciso asistir a un mínimo dun 80% de ditas clases para que a avaliación continua sexa valorada.
A avaliación da materia contará contará con dúas partes:
1. Avaliación continua (30% da cualificación). Farase mediante a valoración da participación activa do alumnado nas clases de seminario e titorías, resolvendo exercicios e cuestións previamente plantexados; de exercicios recollidos e de pequenos controis escritos periódicos; así como na preparación individual e presentación oral de traballos nos que se afondará sobre algún aspecto da materia.
2. Exame final (70% da cualificación). Versará sobre a totalidade dos contidos da materia.
Para aprobar a materia, tendo en conta a avaliación continua, será necesario acadar unha puntuación mínima dun 4 (catro puntos sobre dez) no exame final.
No caso de que o alumno ou a alumna non teña dereito á avaliación continua, a súa nota será a do exame final (100%). Para facer a media das puntuacións dos dous bloques da asignatura é necesario ter unha cualificación superior a 4 (sobre 10) en cada un.
A cualificación obtida polo/a alumno/a non será inferior á do exame final (promedio das calificaciones dos exames dos dous bloques) nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua de ambos bloques.
O alumnado repetidor terá o mesmo réxime de asistencia ás clases que o que cursan a materia por primeira vez.
Ao longo do curso avalíanse as seguintes competencias:
CB1: clases de seminarios e exame final
CG2: clases de titorías e exame final
CG3: clases de seminarios e exame final
CG4: clases de seminarios e exame final
CG5: exame final
CT7: clases de seminarios e exame final
CT8: clases de titorías
CT10: clases de seminarios, clases de titorías e exame final
CE11: clases de seminarios e exame final
CE12: exame final
CE14: exame final
CE16: exame final
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Horas de traballo presencial: 24 (CE) + 10 (CIS) + 2 (CIT)
Total de horas de traballo presente na aula: 36
Horas de traballo persoal do alumno:
Horas de estudo autónomo individual ou en grupo: 45
Horas para resolución de exercicios, ou outros traballos: 20
Horas para preparación de titorías, presentacións orais, etc.: 11,5
Total de horas de traballo persoal do alumno: 76,5
HORAS TOTAIS: 36 +76,5 = 112,5
- É necesario posuír unha boa formación básica en Química Inorgánica e Química Orgánica.
- Recoméndase revisar os contidos da materia Físicoquímica de Materiais.
- É aconsellable asistir ás clases expositivas.
- A asistencia regular ás clases de seminario e titoría é fundamental para afianzar os coñecementos adquiridos nas clases expositivas.
Maria Esther Garcia Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814241
- Correo electrónico
- mesther.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Tomas Gamasa
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881815760
- Correo electrónico
- maria.tomas [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Beatriz Pelaz Garcia
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- beatriz.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Nappi
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- manuel.nappi [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Física (planta baixa) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula Bioloxía (3º andar) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_04 (inglés) | Inglés | Aula 2.12 |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
30.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Xeral (2º andar) |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |