Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 22 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Trátase dunha materia introdutoria que representa o primeiro contacto dos alumnos coa Química Inorgánica. Consta de 6 créditos ECTS e impártese no 2º semestre do Grao en Enxeñería Química.
O seu obxectivo é o estudio dos elementos químicos e os seus compostos máis importantes a nivel industrial. En particular, a materia centrarase no estudio do hidróxeno, os metáis alcalinos e alcalinotérreos así coma dos elementos dos grupos principais (s e p) e dos gases nobres.
Obxectivos específicos:
- Explicar e predicir propiedades de familias de substancias e as súas variacións periódicas.
- Formular ecuacións químicas que reflictan métodos xerais de obtención de elementos e compostos inorgánicos de maior importancia industrial.
- Analizar e comprender as propiedades de familias de compostos, xa sexa mediante análise teórica ou como resultado de datos experimentais.
- Describir as aplicacións dos elementos e compostos de maior interese en Enxeñaría Química.
Tema 1. Propiedades periódicas dos elementos. A táboa periódica. Radio atómico. Enerxía de ionización. Afinidade electrónica. Electronegatividade. Estados de oxidación. Termodinámica. Reaccións redox e ácido base (4 h)
Tema 2. O hidróxeno. O elemento e os seus isótopos. Dihidróxeno: obtención e reactividade. Economía do hidróxeno. Estudio xeral dos hidruros. Estudio específico da auga; o enlace de hidróxeno. (3 h)
Tema 3. Elementos do grupo 1. Características xerais dos elementos do grupo. Reactividade dos compostos alcalinos. Compostos simples dos metais alcalinos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Economía do litio. Proceso Solvay. Proceso cloro-sosa. (2 h)
Tema 4. Elementos do grupo 2. Características xerais dos elementos do grupo. Reactividade dos compostos alcalinotérreos. Singularidade do berilio. Obtención a escala industrial dos elementos alcalinotérreos. Compostos simples dos metais alcalinotérreos (haluros, óxidos, hidróxidos, sales). Dureza da auga. (2 h)
Tema 5. Elementos do grupo 13. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do boro: formas alotrópicas e obtención do elemento. Combinacións hidroxenadas; diborano. O aluminio: obtención a escala industrial e propiedades. (2 h)
Tema 6. Elementos do grupo 14. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do carbono. Alotropía no carbono. Combinacións osixenadas: CO e CO2. Carbonatos e hidrogenocarbonatos. O silicio: silicatos. (4 h)
Tema 7. Elementos do grupo 15. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do dinitrógeno: estado natural e preparación a escala industrial. O amoníaco: propiedades e producción industrial (proceso Haber-Bosh). O ácido nítrico e a súa obtención mediante o proceso Otswald. O fósforo: estado natural e extracción industrial. Alotropía no fósforo. Combinacións osixenadas. (4 h)
Tema 8. Elementos do grupo 16. Características xerais dos elementos do grupo. Estudio do dioxígeno: enlace e reactividade. O trioxígeno: estrutura e enlace. Óxidos: clasificación e propiedades. O xofre: extracción industrial. Propiedades físicas e químicas. Óxidos de xofre. Oxoácidos de xofre: o ácido sulfúrico. (3 h)
Tema 9. Elementos do grupo 17. Características xerais dos elementos do grupo. Comportamento peculiar do flúor. Os estados normais dos elementos. O enlace nas moléculas X2. Métodos de preparación dos elementos a escala industrial. Propiedades físicas e químicas dos elementos. Haluros. Haluros de hidróxeno Oxoácidos e oxosales. (4 h)
Tema 10. Elementos do grupo 18. Características xerais dos elementos do grupo. Propiedades especiais do helio. Aplicacións dos gases nobres. O descubrimento da química dos gases nobres. El problema do radón en Galicia. (1 h)
Programa de prácticas:
1.- Alume potásico
2.- Síntese do hidroxenocarbonato de sodio
3.- Estudio das propiedades redox do peróxido de hidrógeno e ácido-base do hidroxenocarbonato de sodio
4.- Estudio da reactividade dos halóxenos y dalgún dos seus compostos
Desenvolvemento das actividades do curso.
Realizaránse 39 sesións entre expositivas (28 h) e interactivas tanto seminarios coma titorías (6+1= 7 h), e un exame e a súa su posterior revisión (4 h) [28 + 6 + 1 + 4 = 39 horas]. Ao comenzo de cada tema subministraráselle ao alumnado unha presentación do tema. Con antelación suficiente o alumnado terá o boletín que se traballará en cada unha das sesións interactivas. Ao longo do curso explicarase cómo será o examen final da materia.
As prácticas de laboratorio realizaranse en catro sesións de catro horas cada unha (16 horas). En cada sesión o alumnado realiza unha das prácticas. Antes das prácticas o alumnado disporá do manual de prácticas e do material explicativo para cada unha delas.
O traballo persoal do alumnado será de 95 h para preparar as diferentes actividades do curso (56 h para a docencia teórica, 24 h para a docencia interactiva de seminarios, 8 h para a docencia interactiva de prácticas, 3 h para a titoría e 4 h para o exame e a súa revisión).
Bibliografía básica (manuais de referencia):
- RAYNER-CANHAM, G., 2000. Química Inorgánica Descriptiva. 2ª edición. México: Pearson Educación. ISBN 9684443854.
- HOUSECROFT, C.E., A.G. SHARPE, 2006. Química inorgánica [en liña]. 2ª edición. Madrid: Pearson Prentice Hall. ISBN 9788483225448
- HOUSECROFT, C.E., A.G. SHARPE, 2018. Inorganic Chemistry. 5ª edition. Harlow: Pearson. ISBN 9781292134147
Bibliografía complementaria:
-PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General: Principios y aplicaciones modernas, 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
- PETRUCCI, R. H. et al., 2017. Química General: Principios y aplicaciones modernas[en liña] 11ª edición. Madrid: Pearson. ISBN: 978-84-9035-533-6
- QUIÑOA, E., R. RIGUERA, J.M., VILA. 2006. Nomenclatura y formulación de los compuestos inorgánicos. 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill. ISBN 8448146255
- RAYNER-CANHAM, G., 2014. Descriptive Inorganic Chemistry. 6ª edición. New York: Freeman. ISBN 9781464125577
- LEE, J.D., 2009. Concise inorganic chemistry. 5ª edition. Oxford: Blackwell Science. ISBN 9780632052936
- SHRIVER, D.F., Peter W. ATKINS, 2008. Química Inorgánica. 4ª edición. México: McGraw-Hill, ISBN 9789701065310
Ligazóns de interese:
https://infolibros.org/libros-de-quimica-inorganica-gratis-pdf/ pódese consultar o libro de C. E. Housecroft, A. G. Sharpe, en inglés (Inorganic Chemistry) de xeito gratuito. Neste link tamén existen libros de química xeral para aquel alumnado con dificultades en conceptos básicos de redox (axustes incluídos) e ácido-base.
Coñecementos e contidos
Con07: Coñecemento dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
Con14: Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías medioambientais e sostenibilidade.
Con18: Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Habilidades y destrezas
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
Competencias
Comp04: Capacidade para comprender e aplicar os principios dos coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería.
O desenvolvemento do programa establecido nesta asignatura realizarase na aula, no Campus Virtual (Moodle) e na plataforma MS Teams, se fose necesario. A asignatura contará cun aula virtual a disposición do alumnado, na que se colgarán calendarios, instrucións así como todo o material necesario para o desenvolvemento da materia.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesorado que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xeráis, directrices xeráis da materia…). O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos na clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do manual de referencia indicado na bibliografía.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
B) Seminarios: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumnado participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación), resolución de exercicios na aula, etc. O profesorado pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos, aínda que os estudantes non os manexarán en clase. Incluénse as probas de avaliación intermedia, se as houbese.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas. Nelas o alumnado adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumnado disporá dun guión de cada unha das prácticas a realizar. Deberá acudir a cada sesión de prácticas tendo lido atentamente ditos guións. Tras unha explicación do profesorado, o alumnado realizará as tarefas e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan. O profesorado poderá pedir ao alumnado que lle mostre o diario de laboratorio en cualquera intre. A realización das prácticas será obrigatoria. Ao final das prácticas poderá realizarse unha proba para avaliar o aproveitamiento das mesmas.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
D) Titorías en grupo reducido: Suporán 1 hora para cada alumno. Nestas clases o alumnado deberá expor, debatir ou comentar aquelas actividades previamente plantexadas polo profesorado. As actividades realizaránse individualmente ou en grupo, segundo se indique. A participación nas titorías será avaliada.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
A avaliación da materia realizarase segundo se recolle deseguido.
Exame final: 70%
Avaliación continua: 30%
A avaliación continua está distribuida nas seguintes actividades:
Prácticas: 15%
Entregas e titorías: 5%
Traballo: 5%
Probas: 5%
A calificación de cada alumno realizarase mediante avaliación continua e a realización dun exame final. A avaliación continua farase por medio da entrega de exercicios, realización dun traballo sobre algún ámbito relacionado coa materia, probas intermedias, prácticas de laboratorio e titorías. A avaliación deberá apoiarse principalmente na realización dunha proba final escrita común para todo o alumnado. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para superar a materia. Para superar a materia o alumnado deberá alcanzar a calificación de aprobado nas prácticas de laboratorio. As prácticas de laboratorio non realizadas deberán ser recuperadas, dacordo co profesorado.
No exame final programado ao final do semestre avaliarase a aprendizaxe dos contidos e a capacidade para a resolución de problemas de xeito individual. O exame final da materia será presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
b) Nos traballos realizados durante as sesións de seminario e nas prácticas de laboratorio serán avaliadas a capacidade de resolución de problemas individualmente ou en grupo e a habilidade para realizar as tarefas de laboratorio. As sesións de seminario implicarán a entrega de exercicios e a realización de traballos e probas para o que se empregará o Campus Virtual. Ao finalizar as prácticas de laboratorio poderase realizar unha proba para avaliar o grao de aproveitamento das mesmas. As prácticas de laboratorio implicarán a realización dunha libreta de laboratorio que será empregada para realizar a proba de avaliación de prácticas. No caso de que as prácticas no se poidan realizar o alumnado realizará as actividades sustitutivas que se estipulen.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
c) Nas titorías en grupo avaliarase a capacidade de análise e síntese e a capacidade para aprender de xeito autónomo algunha cuestión puntual plantexada polo profesorado.
Coñecementos e contidos: CON7, CON14, CON18
Habilidades e destrezas: H7D05
Competencias: COMP04
Para superar a asignatura haberá que obter, como mínimo, un 50% da calificación global. Para obter unha nota final como media ponderada dos distintos apartados, esixirase alcanzar unha puntuación mínima dun 40% no exame final.
Aquel alumnado que non se presente ao exame final constará coma “non presentado”. O profesorado analizará con aquel alumnado que no supere con éxito o proceso de avaliación, e así o requira, tódolos pormenores atopados na aprendizaxe dos contidos da asignatura. Estos alumnos contarán cunha segunda oportunidade. A avaliación desta recuperación farase igual que na primeira oportunidade, é dicir: realizarase un novo exame global da asignatura, que contribuirá nun 70% á nota de recuperación, mentres que as notas correspondentes á avaliación continua obtidas a longo do curso contribuirán un 30% (prácticas de laboratorio, 15%, e clases interactivas, titorías, entrega de traballos 15%).
Distribución da actividade formativa en horas (H) e en créditos ECTS.
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS (HP), HORAS TRABALLO ALUMNADO (HTA)
Docencia teórica 28 HP+ 56 HTA
Docencia interactiva: seminarios 6 HP + 24 HTA
Docencia interactiva laboratorio 16HP + 8 HTA
Titorías grupo reducido 1 HP + 3 HTA
Exame e revisión 4 +4 HTA
Subtotal 55 HP + 95 HTA
Total : 150 H, 6 ECTS
Recoméndase que a formación inicial do alumnado sexa de perfil científico-tecnolóxico. Dentro dese perfil, ademáis da Química, resulta recomendable cursar materias de Matemáticas e Física. Ademáis, o coñecemento de inglés podería ser unha ferramenta moi útil xa que permitiría ao alumnado acceder a un maior número de recursos: páxinas web específicas para os contidos ou de temas de interese relacionados cos contidos, libros, artigos científicos, etc.
Especificamente recoméndanse coñecementos previos propios de Química Fundamental, con especial atención aos conceptos de equilibrio químico, ácido-base e oxidación-redución.
Igualmente:
a) É aconsellable asistir ás clases expositivas.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase consultar os libros de texto propostos.
c) Unha vez finalizada a lectura dun tema nos libros de texto de referencia, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) É importante realizar as actividades propostas polo profesorado nas clases interactivas e nas titorías de grupo.
e) É imprescindible a preparación das prácticas, individualmente ou en grupo, antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guión da práctica e a súa explicación, intentando entender os obxetivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesorado.
As clases impartiranse en castelán.
Farase uso do Campus Virtual para subministrar aos alumnos todo o material necesario para o seguimento da materia.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814245
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A2 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
26.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
09.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |