Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 16 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Física de Partículas
Áreas: Área externa M.U en Nanociencia e Nanotecnoloxía, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Esta materia é importante tanto no módulo Básico como no módulo de Tecnoloxía de Nanomateriais, xa que contempla os fundamentos teóricos de moitas das propiedades fundamentais de materiais que logo serán estudiadas noutras materias do mestrado. De xeito específico, a materia permite comprender os aspectos fundamentais da física de estado sólido, relacionados coa estrutura electrónica e a rede cristalina que definen as propiedades dos materiais, e establecen a influencia da dimensionalidade do sistema sobre as propiedades finais.
Programa de clases expositivas (10 h)
• Tema 1: Introdución. Tipos de materiais e as súas propiedades
• Tema 2: Estructura cristalina e Difracción. Difracción de Raios X e espectroscopía Raman. Enlace químico e cuantización da enerxía. Estrutura cristalina. Difracción de RX e Espectroscopía Raman
• Tema 3: Modelos clásicos do comportamento metálico. Conductividade e capacidade calorífica. Propiedades de transporte. Implicacións na nanoescala.
• Tema 4: Superconductividade, ferroelectricidade e magnetismo.
• Tema 5: Propiedades ópticas de materiais: aspectos xerais. Metais e semicondutores nanométricos.
Programa de clases interactivas (8 h)
Nos seminarios e clases prácticas de encerado os alumnos discutirán e resolverán cuestións e problemas relacionados coa materia. Este material, nalgúns casos, estará dispoñible na páxina web da materia e noutros será proporcionado polo profesor na clase interactiva correspondente. Tamén se inclúen presentacións orais de temas previamente preparados, seguidas de debate con participación de estudantes e profesores.
Programa de clases prácticas (6 h)
Práctica 1. Espectroscoscopía Raman. Nanopartículas de óxidos de metais de transición (2h)
Práctica 2. Difracción de Raios X (1h)
Práctica 3. Espectroscoscopía Raman - SERS (3h)
Bibliografía básica
S. Elliot: "The Physics and Chemistry of Solids"
P. A. Cox: "The Electronic Structure and Chemistry of Solids"
J. M. Ziman: "Principles of the Theory of Solids"
J. B. Goodenough: "Magnetism and the Chemical Bond"
C. F. Bohren and D. R. Huffman: “Absorption and Scattering of light by small particles”
J. Singleton: “Band Theory and Electronic Properties of Solids”
Maza, Mosqueira y Veira: ”Física de Estado Sólido.
Bibliografía complementaria
Literatura científica actual (artículos tipo review e tutoriais) proporcionada polo profesorado da materia centrada en diversas técnicas e nanoestruturas específicas.
Básicas:
CB06: Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB07: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio;
CB08: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse a situación de complexidade en canto a formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas a aplicación dos seus coñecementos;
CB09: Que os estudantes sexan capaces de comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades;
Xerais:
CG01: Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co emprego de ordenador) y de análise crítica da información, en lingua galega, española e inglesa.
CG02: Saber aplicar os coñecementos a resolución de problemas no ámbito multidisciplinar da investigación e a innovación relacionada coa nanociencia e nanotecnoloxía.
CG03: Ser capaz de identificar teorías e modelos científicos e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación de materiais nanoestructurados.
CG05: Dispor de coñecementos e habilidades para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas, en contextos interdisciplinares e cun alto grado de transferencia do coñecemento.
CG10: Adquirir a formación necesaria para poder integrarse en futuros estudios de doutoramento en Nanociencia e Nanotecnoloxía, ou en ámbitos relacionados.
Transversais:
CT1: Saber propor un proxecto de investigación sinxelo de forma autónoma en lingua galega, española e inglesa.
CT2: Saber desenrolar traballos de colaboración en equipos multidisciplinares.
CT5: Saber aplicar os principios recollidos en The European Charter & Code for Researchers.
Específicas:
CE01 – Coñecer a terminoloxía propia da Nanociencia e a Nanotecnoloxía
CE02 – Interrelacionar a estructura química, a arquitectura ou ensamblado do material nanoestruturado con súas propiedades químicas, físicas e biolóxicas.
CE05- Avaliar as relacións e diferencias entre as propiedades dos materiais a escala macro, micro e nano
CE08 – Coñecer as principais aplicacións dos nanomateriais nos diversos campos de coñecemento como a física, química, enxeñería, biomedicina, biotecnoloxía, ou arte, entre outros.
Clases teóricas con participación dos alumnos.
Discusión de casos prácticos en seminarios con apoio de métodos informáticos e encerado.
Aprendizaxe baseado en problemas
Presentacións orais de temas previamente preparados, seguidas de debate con participación de estudantes e profesores
Asistencia a conferencias, worshops ou mesas redondas relacionadas.
A avaliación consistirá en:
-Exame escrito sobre contidos básicos da materia que suporá entre un 40% e un 60% da nota final. O exame da materia, que terá lugar na data indicada na guía do curso correspondente, consistirá en preguntas de resposta curta e resolución de problemas. La puntuación máxima será de 10 puntos. Requírese dunha nota mínima de 4 puntos nesta parte para que se computen as notas dos outros conceptos que se avalían.
-Participación activa nos seminarios e clases prácticas que suporá entre un 25% e un 35% da nota final. Avaliarase a participación activa en seminarios e prácticas de laboratorio. Esta avaliación levarase a cabo segundo a resolución de cuestións e problemas propostos na clase, a presentación de traballos e a intervención nos debates que poidan suxerirse.
-Presentacións orais que suporán entre un 15% e un 25% da nota final. Avaliarase a claridade expositiva e a capacidade para responder as preguntas que se propoñan.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas de actividades formativas presenciais son 30. As horas de traballo persoal do alumno estímanse en 45.
É moi importante asistir a todas as clases.
É imprescindible consultar a bibliografía e tratar de completar con aspectos avanzados os conceptos más fundamentais que se expliquen na clase.
O/A alumno/a debe evitar o simple esforzo memorístico e orientar o estudio a comprender, razoar e relacionar os contidos da materia.