Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física
Áreas: Química Física
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecer as vantaxes que achega o envasado de alimentos
- Coñecer as propiedades fisicoquímicas características de cada un dos materiais utilizados como envases para alimentos.
- Coñecer as interaccións envase-alimento.
- Coñecer modelos predictivos do tempo de vida dun produto envasado
- Coñecer a incidencia dos envases sobre o medio ambiente.
Tema 1. Introdución. Definición e funcións do envase. Características do envase ideal. Vantaxes do envasado.
Tema 2. Envases para alimentos. Características xerais. Envases de vidro. Envases plásticos e complexos. Envases metálicos. Papel e cartón. Envases activos e intelixentes.
Tema 3.- Tempo de vida de produtos envasados. Importancia da predición do tempo de vida dos produtos envasados. Modelos.
Tema 4.- Envases e medio ambiente. Problemática dos residuos sólidos urbanos. Optimización da relación superficie/volume. Ecobalances
- W. E. Brown, Plastics in Food Packaging. Properties, Design and Fabrication, Marcel Dekker, New York, 1992.
- Sina Ebnesajjad (Editor) Plastic Films in Food Packaging, Materials, Technology and Applications 1ª ed. Elsevier, 2012
- D. S. Lee et al. Food Packaging Science and Technology. CRC Press. 2008.
- B. Moody, Packaging in glass. Hutchinson Benham, Londres, 1977.
- G. L. Robertson, Food packaging, New York: Marcel Dekker, 3ª edición, 2012.
- C. L. Wilson, Intelligent and Active Packaging for Fruits and Vegetables. CRC,2007.
Competencias específicas de materia optativa:
COP14 - Adquirir coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo relacionadas coas tecnoloxías de envasado, materiais utilizados no envasado de alimentos, a aplicación de modelos predictivos do tempo de vida dun produto envasado e a interacción envase-alimento.
Competencias básicas e xenerais da materia optativa:
CG2 - Coñecer e ser capaz de xestionar os aspectos da trazabilidad ao longo de toda a cadea alimentaria, para a detección e o control de riscos e identificación de puntos críticos, desde a recepción das materias primas ata o momento do consumo.
CG4 - Coñecer os métodos e tecnoloxías de produción e envasado que permitan obter alimentos máis seguros, saudables e máis ecolóxicos, así como coñecer a súa repercusión na calidade global dos alimentos.
CG5 - Coñecer os métodos na produción de alimentos que faciliten a vixilancia ou monitoraxe dos sistemas de autocontrol nas empresas alimentarias.
CG6 - Ser capaz de intervir no deseño e desenvolvemento de alimentos máis saudables.
CG8 - Coñecer a lexislación alimentaria, a súa aplicación e interpretación.
CG9 - Manexar as fontes de información especializadas na nutrición e os alimentos, a súa tecnoloxía e a súa seguridade.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias transversais da materia optativa:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT5 - Capacidade para usar tecnoloxías da información e comunicación.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información proveniente de fontes diversas.
CT7 - Capacidade para a resolución de problemas.
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
CT12 - Capacidade para utilizar información en lingua estranxeira.
Nas clases de teoría explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia. Os aspectos esenciais dos temas serán facilitados en formato pdf ao alumnado mediante a aula virtual. Nas clases de seminario analízanse e discutense os problemas e questións propostos previamente, ben mediante boletíns ou nas propias clases de teoría.
Opcionalmente poderanse realizar traballos sobre actividades propostas.
Realizarase un exame final (primeira oportunidade) que valerá o 70% da nota final.
Os exames constarán de cuestións teóricas e a resolución de problemas.
A avaliación continua valerá o 30% da nota final. A resolución das actividades propostas na aula virtual e nas titorías serán consideradas contribucións para a avaliación continua do alumno. A puntuación recibida manterase para a segunda oportunidade.
Na segunda ocasión, o exame final, manterá a estrutura seguida na primeira oportunidade.
Competencias avaliadas na primeira e na segunda oportunidade: COP14, CG2, CG4, CG8, CG9, CB7, CB8, CB9, CB10, CT1, CT5, CT6, CT7, CT9, CT11, y CT12
Para MEPA:
Competencias avaliadas na primeira e na segunda oportunidade: CEOP9, CB8, CB10, CG1, CG2, CG4, CG5, CG7, CT6, CT7, CT9, CT11 yCT12.
Para MINSTA
Actividade docente Horas totais Presenciabilidade(%)
Clases expositivas 44 41
Seminarios 59 41
Titorías 4 100
Traballos 27 0
Exámenes 16 25
Recoméndase encarecidamente a asistencia ás clases, o estudo continuo ao ritmo das exposicións teóricas e a realización das actividades a medida que estas se vaian propoñendo.
A materia impartirase indistintamente en galego e castelán.
Jose Vazquez Tato
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- jose.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Aida Jover Ramos
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Correo electrónico
- aida.jover [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
28.05.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
25.06.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |