Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 37 Clase Interactiva: 12 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia, obrigatoria, é a toma de contacto co grupo de materias pertencentes ó módulo de tecnoloxía específica en Química Industrial e, por iso, é a base de outras materias que os alumnos estudarán nos seguintes semestres. Os obxetivos principais son:
* Coñecer as operacións mais habituais da industria química.
* Coñecer os principios de conservación e a sua aplicación práctica.
* Saber aplicar os balances de materia e enerxía nos procesos químicos industriais.
* Saber empregar follas de cálculo para a resolución de problemas de balances de materia e de enerxía.
Os contidos desta materia agrúpanse en 2 bloques:
*Bloque I: Xeneralidades
- A industria química e o enxeñeiro industrial de procesos.
- As operacións unitarias da industria química.
*Bloque II: Balances de Propiedade
- Sistemas e conversión de unidades.
- Expresión xeral do balance macroscópico de propiedade.
- Balances de materia sen e con reacción química.
- Balances de enerxía sen e con reacción química.
O primeiro bloque, no que se inclúen temas introdutorios ós Procesos Químicos, Enxeñaría Química e Operacións Unitarias, ten como obxectivo introducir ó alumnado nunha serie de conceptos básicos e metodoloxías sobre os que se irá afondando no desenvolvemento do programa.
O segundo bloque é a parte fundamental da asignatura, pois en moitas das asignaturas que se inclúen no plan de estudios da titulación resulta imprescindible a resolución dos balances de materia e/ou enerxía. Previamente introdúcense as técnicas fundamentais para expresar os valores das variables do sistema e plantexar e resolver as ecuacións que relacionan ditas variables.
*Bibliografía básica
- CALLEJA PARDO, G. y col., “Introducción a la Ingeniería Química”. Madrid. Ed. Síntesis, 2008. ISBN 978-84-773866-4-3. Referencia QUT 412.
- IZQUIERDO, J. F. y col., “Introducción a la Ingeniería Química: Problemas resueltos de balances de materia y energía”. Barcelona. Ed. Reverté, 2015. ISBN 978-84-291-7116-7. Referencia QUT 345.
*Bibliografía complementaria
- FEIJOO, G. y col., “Mass balances for chemical engineers”. 2020. Ed. De Gruyter. ISBN 978-3-11-062428-1. Referencia QUT 438/439.
- FELDER, R.M. and ROSSEAU, R.W. “Principios Elementales de los Procesos Químicos.” 3ª Ed. México, Ed. Limusa Wiley, 2007. ISBN 9789681861698. Referencia QUT 381.
- COSTA LÓPEZ, J. y col., “Curso de Ingeniería Química: Introducción a los Procesos, las Operaciones Unitarias y los Fenómenos de Transporte”. Barcelona. Ed. Reverté, 1999. ISBN 84-291-7126-6. Referencia QUT 164/165/221.
De todas as incluidas na Memoria do título, as que se traballarán con maior intensidade nesta materia son:
Xerais:
*CG4 - Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
*CG5 - Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
Básicas:
*CB1 - Que os estudiantes haxan demostrado poseer e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sole atoparse a un nivel que, si ben susténtase en libros de texto avanzados, inclue tamén alguns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
*CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posuan as competencias que adoitan demostrarse a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas da súa área de estudo.
*CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
*CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Transversais:
*CT1 - Capacidade de análisis e síntesis.
*CT2 - Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
*CT4 - Capacidade para traballar en equipo.
*CT9 - Capacidade para organizar e planificar.
*CT10 - Capacidade para a resolución de problemas.
*CT12 - Capacidade para o aprendizaxe autónomo.
*CT14 - Demostrar razoamento crítico (incluida en CG4).
Específicas
*CE20 - Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
A consecución da formación básica do alumno faise con 37 horas de docencia expositiva, na que se explicarán os fundamentos teóricos da materia e se resolverán exercicios e problemas que sirvan para aplicar os coñecementos teóricos. Buscaráse a participación activa do alumno, que será incentivado a intervir continuamente.
A docencia interactiva, a través de seminarios (8 horas) e prácticas na aula de informática (4 horas) plantéxase como unha actividade presencial obrigatoria, e céntrase no plantexamento e resolución de problemas de balances de materia e enerxía, de xeito que tamén se empregarán ferramentas informáticas para o cálculo e resolución de balances.
Durante a segunda semana do curso, indicarase a realización obrigatoria dun traballo en grupo, no que os estudantes, de xeito autónomo, deberán analizar e realizar os balances a un sistema químico industrial, para aprender a identificar as distintas operacións básicas e unidades e as relacións entre as distintas variables de funcionamento.
Realizaranse titorías individuais para aclarar problemas particulares de cada alumno, así como titorías en grupos reducidos (2 horas) para supervisar a aprendizaxe dos estudantes.
Ao comezo do curso, os estudantes terán á súa disposición no Campus Virtual os contidos teóricos básicos da materia, así como unha colección de exercicios, algúns xa resoltos e outros propostos, para a súa explicación e/ou realización durante as clases.
Todas as actividades docentes terán carácter presencial, agás o traballo en grupo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Só os estudantes que non participaron en ningunha das actividades de avaliación poderán recibir a nota final de Non Presentado.
A)-PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante Avaliación Continua (40%) máis un Exame Final (60%).
*A1)-Avaliación continua, a cualificación mínima exixida será de 2,0 puntos e constará de tres seccións:
1º)-Traballo en Grupo: obrigatorio, pódense obter ata 1,5 puntos. Competencias avaliadas: CB2, CT1, CT4, CT9 e CE20.
2º)-Actividades na aula (seminarios): pódense conseguir ata 2,0 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB4, CB5, CG4, CG5, CT2, CT10, CT12 e CE20.
3º)-Prácticas: obrigatorias, pódense conseguir ata 0,5 puntos. Competencias avaliadas: CB1, CB4, CB5, CG4, CG5, CT2, CT10, CT12 e CE20.
Os estudantes que non acaden a cualificación mínima requirida na avaliación continua recibirán unha cualificación final de Suspenso e serán avaliados na segunda oportunidade segundo o detallado na sección (B2).
A non asistencia y/o participación a algunha das actividades obrigatorias (traballo en grupo, prácticas e examen final) impedirá a superación da materia.
Os estudantes repetidores que por vontade propia renuncien á avaliación continua, se tamén completaron e superaron o Traballo en Grupo e as Prácticas nun dos dous cursos anteriores, serán avaliados na segunda oportunidade segundo o especificado na sección (B2).
*A2)-Exame Final, obrigatorio. Competencias avaliadas: CG4 e CE20. Farase en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: pódense conseguir ata 1,0 puntos; cualificación mínima requirida 0,4 puntos.
2ª)-Parte Práctica: pódense conseguir ata 5,0 puntos; cualificación mínima requirida 2,0 puntos.
É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia, e obter unha calificación global de alo menos 5,0 puntos.
B)-SEGUNDA OPORTUNIDADE:
*B1)-Os estudantes que obtivesen a cualificación mínima requirida na Avaliación Continua conservarán esa cualificación e realizarán un Exame Final coas mesmas características que na primeira oportunidade de avaliación (A2).
*B2)-Os estudantes que non alcanzaron a nota mínima requirida na Avaliación Continua perderán esa cualificación e deberán realizar un Exame Final, que se realizará en dúas partes coas seguintes características:
1ª)-Parte Teórica: pódense conseguir ata 2,0 puntos; nota mínima requirida 0,8 puntos.
2ª)-Parte Práctica: pódense conseguir ata 8,0 puntos; nota mínima requirida 4,2 puntos.
Competencias avaliadas: CG4 e CE20. É obrigatorio acadar a cualificación mínima requirida en cada unha das partes para superar a materia.
A materia divídese en 37 horas de docencia expositiva, 12 horas de docencia interactiva, 2 horas de titorías en grupo e 4 horas de exame.
A partir das anteriores, o estudante deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de adicación á materia: 30 horas para a parte de teoría, 56 horas para a parte aplicada (traballo en grupo, problemas, seminarios e prácticas), 3 horas para titorías e 6 horas para a preparación do exame final.
É recomendable ter coñecementos a nivel de usuario de Excel.
É moi importante levar a materia o día, así como tentar realizar todos os problemas e exercicios propostos.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Thelmo Alejandro Lu Chau
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824136
- Correo electrónico
- thelmo.lu [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo de exame | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
17.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |
19.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | 1P AULA 5 PRIMEIRA PLANTA |