Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Física
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia están focalizados na súa aplicación no ámbito da Xeografía Física (i.e. contorna do medio físico).
• Capacitar aos estudantes no traballo con información espacial complexa e multivariable
• Capacitar aos estudantes para a utilización de SIX na análise espacial e a ordenación do territorio
• Desenvolvemento avanzado de competencias na utilización de ferramentas SIX
• Capacitar sobre os parámetros derivados da análise dos modelos dixitais do terreo
• Aplicabilidade dos SIX en xeomorfoloxía, climatoloxía e bioxeografía
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Modelos Dixitais do Terreo
• Modelos Dixitais de Elevacións e derivados
• Morfometría do terreo
• Análise hidrolóxico
• Análise espacial e xeoestatístico
• Aplicacións á xeomorfoloxía
• Aplicacións á climatoloxía e meteoroloxía
• Aplicacións á bioxeografía
• Cartografía temática
Estes contidos desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de aulas expositivas:
• Tema 1. SIXs no marco da Xeografía Física (2 h)
• Tema 2. Xeoestatística básica e avanzada (3 h)
• Tema 3. Fundamentos de morfometría do terreo (4 h)
• Tema 4. Fundamentos de clima e bioxeografía (3 h)
• Tema 5. Introdución aos SIX con R (10 h)
• Tema 6. Casos aplicados (2 h)
Programa de aulas interactivas:
• Práctica 1. Ensaio sobre o estudo da morfometría do terreo (2 h)
• Práctica 2. Resolución dun problema ambiental por idoneidade mediante análise multicriterio (9 h)
• Práctica 3. Interpolación dunha variable climática (8 h)
• Práctica 4. Análise da distribución bioxeográfica dunha especie (5 h)
• Práctica 5. Identificación de áreas vulnerables por seca (6 h)
• Práctica 6. Participación nun proxecto ApS.
Práctica de campo:
• Saída terreo e desenvolvemento dun story maps e dashboard (6 h)
Bibliografía básica (* en biblioteca; ** en internet):
• Royé, D., Serrano-Notivoli, R. (2019). Introducción a los SIG con R. Universidad de Zaragoza*
• Longley, P. A., M. F. Goodchild, D. J. Maguire, D. W. Rhind (2015). Geographic Information Systems and Science. John Wiley & Sons
• Olaya, V. (2014). Sistemas de Información Geográfica. Tomo I, Tomo II**
• Bhatta, B. (2009). Remote Sensing and GIS. Oxford, Oxford University Press
Bibliografía complementaria:
• Mancebo Quintana, S., Ortega Pérez, E., Martín Fernández, L., Valetín Criado, A.C. (2009). Libro SIG: aprendiendo a manejar los SIG en la gestión ambiental: ejercicios. Madrid.
• Martínez-Llario, J.C. (2018). PostGIS: Análisis Espacial Avanzado. PostGIS 3 y PostgreSQL
• Moreno Jiménez, A., Buzai, G., Fuenzalida Díaz, M. (Coords.), 2012. Sistemas de información geográfica: aplicaciones en diagnósticos territoriales y decisiones geoambientales. Ed. Ra-Ma, Madrid
Durante o desenvolvemento da materia agárdase que os estudantes adquiran ou melloren o seu desempeño nas seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
• CG1 - Asegurar unha formación xeral e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación
• CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
• CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
• CG4 - Combinar un enfoque xeral con unha análise especializada
• CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
• CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
• CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
• CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
• CG9 - xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
• CB1 - Que os estudantes amosasen ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atopar un nivel que, se ben apoiase en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
• CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
• CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias transversais
• CT4 - Combinar as dimensións temporais e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
• CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
• CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
• CT7 - Xestionar a complexidade
• CT8 - Ordenar e sintetizar a información
• CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Competencias específicas
• CE1 - Realizar análise integrada do territorio
• CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo
• CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
• CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
A metodoloxía docente avaliará as seguintes competencias das clases expositivas e interactivas:
• Exame escrito teórico-práctico: CG2, CG4, CG5, CG7, CG8
• Prácticas interactivas de clase e saída ao campo: CB2, CB3, CB4, CB5, CT4, CT5, CT6, CT8, CT9, CE1, CE2, CE3, CE5
As metodoloxías didácticas que se aplicarán durante o desenvolvemento da materia son:
• Clases maxistrais participativas: CG2, CG4, CG5, CG7, CG8, CB5, CT5, CE1
• Prácticas na aula de informática: CB2, CB3, CE3, CE5
• Exposición de traballos prácticos: CB4, CT4, CT8, CT9
• Práctica de campo: CT6, CE2
As metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
• Utilización del aula virtual (Moodle)
• Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos
• Titorías individualizadas e colectivas
• Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos
• Seguimento de competencias mediante exercicios de control
Os programas informáticos que se empregarán son: ArcGIS, QGIS, R Studio, SAGA, CloudCompare.
A totalidade da docencia, tanto expositiva como interactiva, así como as titorías e saída a terreo, terán lugar de xeito presencial de acordo co horario oficial.
Terase en conta a asistencia a clase cun mínimo do 80% de asistencia ás aulas programadas no horario, incluíndo a saída de campo (obrigatoria), para poder superar a materia.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
• Exame escrito teórico-práctico nas datas oficiais (30%)
• Prácticas das clases interactivas e saída terreo (70%)
Para superar a materia será necesario (i) ter entregadas todas as prácticas, (ii) ter acadado unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en prácticas e 4,5 sobre 10 en exame, e (iii) ter acado unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia. Na segunda convocatoria poderase concorrer soamente coa parte suspensa. No caso de repetir materia, non se conservan as partes previamente superadas, é dicir, é preciso concorrer con toda a materia.
No caso de que sexa concedida oficialmente a dispensa de asistencia ás aulas ou saída terreo, o alumnado terá que facer o exame da materia, mentres que e a parte interactiva deberá ser compensada cun traballo específico.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A superación da materia require un tempo de dedicación por parte do alumno equivalente ao total das horas prácticas e teóricas da aula.
• Valórase moito unha actitude positiva e activa cara á aprendizaxe, así como a participación nas clases e excursións.
• Acceso do alumnado a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas na aula para facilitar a realización das tarefas encomendadas ao longo do curso. Todas estas aplicacións, non obstante, tamén se instalarán nas aulas de informática que o Centro pon a disposición do alumnado.
• Dado que as prácticas teñen un marcado carácter secuencial e de aprendizaxe progresiva, recoméndase a asistencia regular ás aulas e o seguimento continuo da teoría e da práctica.
A materia poderase impartir nos dous idiomas oficiais de Galicia: galego e castelán. Puntualmente, poderíase facer uso tamén do inglés e alemán.
Jesus Horacio Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- horacio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Garcia Palmeiro
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Correo electrónico
- antoniogarcia.palmeiro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Angel Rodes Bolumburu
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Física
- Teléfono
- 881812491
- Correo electrónico
- angel.rodes [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 06 |
19.12.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
19.12.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
16.06.2025 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |