Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 16 Clase Interactiva: 5 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer como os alimentos funcionais interactúan en materia de nutrición humana.
- Coñecer como os alimentos interactúan no noso organismo en relación ós xenes e viceversa.
- Coñecer como o microbioma interactúa co organismo humano.
- Coñecer e saber aplicar os estándares de actividade física en relación ó balance enerxético.
Contidos Teóricos:
Tema 1. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios I.
Tema 2. Novos alimentos e novos ingredientes alimentarios II.
Tema 3. Nutrición personalizada (Introducción a nutrixenómica, nutrixenética, proteómica e microbioma humano).
Tema 4. Actividade física, deporte e nutrición.
Contidos Prácticos:
- Técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en valoración do estado nutricional (estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos).
- Gil, A. (2010). Tratado de nutrición. Tomo I: Bases fisiológicas y bioquímicas de la nutrición. Panamericana (Madrid).
- MATAIX, J. Nutrición y alimentación humana. Vol. I y II (2002). Ed. Ergon.
- Daniella Gordillo Bastidas y Elisabeth Gordillo Bastidas (2015). Nutrición Molecular. McGrawHill. México.
Competencias básicas:
CG6 - Ser capaz de intervir no deseño e desenvolvemento de alimentos máis saudables.
CG11 - Adquirir formación para desenvolver a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo la importancia e as limitacións do pensamento científico nos aspectos relacinoados coa nutrición, a seguridade e a tecnoloxía alimentaria.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a cotío nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Competencias específicas:
COP18 - Coñecer e saber aplicar os aspectos fundamentais da nutrición funcional, especial e ergoxénica.
Competencias transversais:
CT3 - Capacidade para traballar en equipo.
CT6 - Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información procedente de fontes diversas.
CT11 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
Clases teóricas maxistrais.
Nelas o profesor desenvolverá o contido do programa teórico reflexado nesta guía, utilizando os recursos didácticos e audiovisuais que estime oportunos, e favorecendo a participación dos alumnos.
Prácticas.
Clases prácticas en laboratorio sobre técnicas de bioloxía molecular e a súa aplicación en estudos nutrixenéticos, nutrixenómicos e metaxenómicos. Realización de memoria de prácticas.
Seminarios en grupo ou individuais.
Resolución de problemas relacionados cos contidos teóricos e exposición oral de traballos.
Como recurso fundamental de apoio á docencia poderase utilizar o Campus Virtual da USC (Moodle), ou a ferramenta Microsoft Teams, segundo proceda. O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán utilizarse o foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou o correo electrónico.
A avaliación do alumno incluirá:
1. Avaliación continua (suporá un 30% da calificación final: 20% expositivas + 10% prácticas de laboratorio). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CB1, CB3, CB6.
2. Traballos e exposición oral dos traballos: 40% da calificación final. Competencias avaliadas: CG6, CG12, CT3, CT6, CT11
3. Exame escrito: 30% da calificación final (pedirase alcanzar un mínimo de 40% da nota deste exame, é dicir, 4 puntos sobre 10, para sumar avaliación continua e traballos). Competencias avaliadas: CG6, CG12, CE53, CE54, CE55.
As prácticas son obligatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán utilizarse o foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou o correo electrónico.
O número total de horas de traballo do estudante nunha materia organizada en créditos ECTS é igual a 25 x nº ECTS. A asistencia e as horas de traballo do alumno distribuiranse da seguinte maneira:
- Clases expositivas: 16 h presenciais (16 x 1,5= 24 horas de estudo persoal)
- Prácticas: 2 h presenciais y 1 hora de traballo persoal
- Realización de traballos e estudo persoal (horas non presenciais: 22 horas)
- Seminarios: 2 horas e 4 horas de traballo persoal
- Realización de exemes e revisión: 1 hora presencial
- Horas presenciais totais: 24
- Horas totais de estudo e traballo persoal: 51
-Participar activa, constructiva e respetuosamente nas clases, seminarios e prácticas.
-Preparar e complementar os contidos que se vaian traballando na materia coa bibliografía básica e complementaria recomendada.
-Crear hábitos de búsqueda autónoma de información científica.
-Aproveitar os recursos dispoñibles para o alumno, da biblioteca universitaria.
-Utilizar adecuadamente as tutorías para coñecer en detalle as recomendacións do profesor e aclarar calquiera dúbida que surxa no proceso de aprendizaxe.
-Consultar con regularidade a aula virtual da materia e facer uso da mesma.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma.
Alberto Cepeda Sáez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822410
- Correo electrónico
- alberto.cepeda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Patricia Regal López
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
15.05.2025 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |
27.06.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 2 PLANTA BAIXA |