Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 19 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar con éxito esta materia, os estudantes serán capaces de:
Explicar os modelos estruturais básicos de organización dos animais invertebrados non artrópodos.
Describir as características máis importantes da súa forma de vida e as súas adaptacións. Presentar as hipóteses actuais máis relevantes sobre a súa diversificación e relacións filoxenéticas.
Manexar terminoloxía básica e metodoloxía relacionada co seu estudo e clasificación sistemática.
Distinguir os principais grupos de animais invertebrados non artrópodos.
CLASES EXPOSITIVAS: (34 h)
Tema 1. Animais non bilaterais: Porifera, Ctenophora, Placozoa e Cnidaria (9 h)
1.1. Porifera
1.2. Ctenophora
1.3. Placozoa
1.4. Cnidaria
Tema 2. Bilaterais: Protostomia: Spiralia I ( Platyhelminthes, Gnathifera e Spiralia menores) (8 h)
2.1. Introdución aos animais bilaterais. Xenacoelomorpha
2.2. Platyhelminthes
2.3. Gnathifera
2.4. Spiralia menores
Tema 3. Bilaterais: Protostomia: Spiralia II ( Lophotrochozoa) (9 h)
3.1. Lophophorata
3.2. Nemertea
3.3. Annelida
3.4. Mollusca
Tema 4. Bilaterais: Protostomia: Ecdysozoa e Chaetognatha (3 h)
4.1. Nematoda
4.2. Ecdysozoa menores
4.2. Chaetognatha
Tema 5. Bilaterais: Deuterostomia (5 h)
5.1. Echinodermata
5.2. Hemichordata
CLASES PRÁCTICAS (12 h)
Práctica de laboratorio 1.- Observación de Poríferos e Cnidarios. (2 h)
Práctica de laboratorio 2.- Observación de Platelmintos, Rotíferos e Nematodos . (2 h)
Práctica de laboratorio 3.- Anélidos e Moluscos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. (2 h)
Práctica de laboratorio 4.- Equinodermos. Morfoloxía externa e identificación dos principais grupos. Disección. (2 h)
Práctica 5.- Disección dun Oligoqueto (2h).
Práctica 6.- Observación de invertebrados non artrópodos en mostras de musgo e aguas (nematodos, tardígrados, rotíferos) (2h).
SEMINARIOS. (7 h)
Durante o curso impartiranse seminarios que versarán sobre temas complementarios dos contidos teórico-prácticos da materia, como poden ser: técnicas de mostraxe, conservación e estudio de Invertebrados non Artrópodos, bioloxía e evolución dos Invertebrados non Artrópodos; fauna de hábitats concretos; invasions biolóxicas; eidonomía; nomenclatura, etc.
Os contidos dos seminarios serán materia de exame.
TITORÍAS OBRIGATORIAS. (1 h)
Dedicada a orientar ao estudantado sobre as actividades que requiren a súa participación, tanto na aula como a través da aula virtual, así como a resolver as dúbidas que se lle expoñan en relación con calquera aspecto da materia.
EXAMES. (3h)
Destinados á avaliación dos contidos teóricos e prácticos.
Clases expositivas, prácticas, seminarios, titorías e exames serán presenciais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Brusca, R. C. et al. 2016. Invertebrates. 3rd edition. — Oxford University Press.
Hickman, C.P. et al., 2021. Principios integrales de zoología. 18ª ed. Zaragoza: Grupo Asís.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Editorial Síntesis.
Giribet, G. y Edgecombe G.D. 2020. The Invertebrate Tree of Life. Princeton University Press.
Nielsen, C. 2011. Animal Evolution. Interrelationship of the living phyla. 3rd edition. Oxford University Press.
Campbell, A.C., 2009. Guía de la flora y fauna de las costas de España y de Europa. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Nelson-Smith, T., y Shields, C., 1998. Flora y fauna de las costas de España y de Europa: guía de identificación. Barcelona: Omega.
Hayward, P.J., Ryland, J.S., 1995. Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford: Oxford University Press.
Hickman, F.M. y Hickman, C.P., 1991. Zoología: manual de laboratorio. 7ª ed. Nueva York: McGraw-Hill Interamericana.
Lincoln, R.J. y Sheals, J.G., 1989. Invertebrados: guía de captura y conservación. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Coñecementos/contidos: Con01, Con03, Con04, Con08
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D08
Competencias: Com01, Comp02, Comp05, Comp06
A metodoloxía do ensino utiliza clases expositivas (leccións maxistrais, non obrigatorias) combinadas con actividades interactivas que requiren a participación do alumnado, a utilización do campus virtual, seminarios impartidos polo profesorado (leccións maxistrais, obrigatorias), titorías e prácticas de laboratorio (obrigatorias). Realizaranse exames para avaliar os contidos teóricos e prácticos. Todas as actividades serán presenciais.
A docencia apóiase na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado a través da aula virtual.
Avaliación continua. - As actividades que requiren a participación do alumnado utilizaranse para a avaliación continua, de maneira que a participación (oral ou escrita) dos alumnos será cualificada. Así mesmo, as prácticas de laboratorio estarán suxeitas a avaliación continua, a través da entrega dun informe de prácticas. Estas cualificacións aportarán un 30% á cualificación global da materia: un 15% da memoria de prácticas (obrigatoria) e un 15% doutras actividades interactivas (voluntarias). A non realización das actividades voluntarias implica a renuncia por parte do alumno a esa porcentaxe (15%) da nota final.
Teoría. - Realizarase un exame final complementario á avaliación continua, presencial e obrigatorio para todos os alumnos (primeira e segunda oportunidades) nas datas que programe o Decanato. Este exame avaliará os coñecementos do estudantado sobre os contidos teóricos da materia. A súa cualificación contribuirá nun 60% á cualificación final.
Prácticas de laboratorio.- A asistencia é obrigatoria. Como se mencionou antes, os contidos das prácticas de laboratorio estarán suxeitos a avaliación continua. Ademais, realizarase un exame de recoñecemento de visu de especies/ taxones representativos dos fíos estudados. Este exame (presencial obrigatorio) realizarase o mesmo día que o exame teórico e contribuirá nun 10% á cualificación final.
Avaliación: a superación da materia implica obter unha cualificación global mínima de aprobado (5), a condición de que se aproben (5) de forma independente tanto o exame teórico, coma o de prácticas (exame de visu). No caso de aprobar unicamente una das partes (teórica, práctica ou visu) o aprobado manterase unicamente para as convocatorias do curso académico correspondente. A nota de avaliación continua mantense para as dúas convocatorias (só se repíten os exames teórico e de visu). Os alumnos repetidores estarán suxeitos ás mesmas avaliacións ca os de primeira matrícula.
Os resultados do proceso de formación e aprendizaxe serán evaluados da siguiente maneira:
- Exames: Con01, Con03, Con04, Con08, H/D01, H/D03, H/D05, Comp02
- Evaluación continua-informe de prácticas: H/D02, Comp01, Comp06
- Evaluación continua-outras actividades: H/D08, Comp05
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tamén queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA.
Clases expositivas (inclúe actividades dos estudantes): 34 h
Prácticas de laboratorio: 12 h
Seminarios: 7 h
Titorías en grupos reducidos ou individualizados: 1 h
Realización de exames: 3 h
Total horas de traballo presencial: 57
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudo individual: 63 h
Realización de actividades en horario non lectivo: 15 h.
Elaboración de traballos e actividades recomendadas: 15 h.
Total horas de traballo persoal do estudante: 93 h
Asistir ás clases teóricas, prácticas e seminarios.
Consultar a bibliografía recomendada.
Realizar ao longo de todo o curso, en pequenos grupos e como iniciativa persoal do alumno, desprazamentos aos ambientes mariño, terrestre e dulceacuícola, principalmente para a observación directa dos grupos faunísticos incluídos no exame de “ visu”.
Frecuentar a visita a Museos de Historia Natural, recomendándose especialmente, pola súa proximidade e representatividade da fauna galega, o Museo de Historia Natural da USC.
Facer uso frecuente das titorías para resolver as dúbidas que se presenten ao longo do curso, tanto no que se refire a cuestións teóricas como prácticas da materia.
A materia require o coñecemento previo da diversidade e evolución dos metazoos obtido nas materias previas (especialmente, Fundamentos de Bioloxía Animal e Vexetal). A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
Fernando Cobo Gradin
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813251
- Correo electrónico
- fernando.cobo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Iglesias Piñeiro
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813359
- Correo electrónico
- fjavier.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 03. Carl Linneo |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
19.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula Magna. Santiago Ramón y Cajal |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 01. Charles Darwin |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 02. Gregor Mendel |