Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Saber describir os procesos básicos do desenvolvemento anatómico, celular e molecular. Identificar e describir as fases de desenvolvemento embrionario características dos principais organismos modelo. Coñecer a influencia do ambiente nos procesos de desenvolvemento. Coñecer os métodos de estudo na investigación do desenvolvemento e a súa aplicación na resolución de problemas específicos. Saber analizar os resultados dos experimentos cruciais para o avance da Bioloxía del Desenvolvemento. Saber xestionar fontes de información e bibliografía especializada. Comprender a importancia da inclusión de aspectos de sexo e/ou xénero en toda a experimentación que inclúa suxeitos humanos e células ou tecidos humanos, así como animais ou tecidos e células animais utilizados como modelos de bioloxía/fisioloxía humana..
CONTIDOS
Programa de teoría - 30h de Clases Expositivas (cl. maxistrais).
INTRODUCIÓN
-TEMA 1.- Antecedentes históricos. Principais métodos de estudo. Ciclos vitais dos principais organismos modelo en estudos de desenvolvemento: Etapas do desenvolvemento. Conceptos chave. Principais métodos de estudo. 3 h
BLOQUE I: DESENVOLVEMENTO EN PLANTAS
-TEMA 2.- Produción de gametos. Fecundación. Desenvolvemento embrionario. Meristemas. A transición vexetativa a reprodutiva: xenes da identidade de meristemas florais. 1 h
BLOQUE II: DETERMINACIÓN DO SEXO, GAMETOXÉNESE E FECUNDACIÓN
- TEMA 3.- Reprodución asexual e sexual. Determinación cromosómica do sexo. Influencia de factores ambientais na determinación do sexo. Determinación dos carácteres sexuais primarios e secundarios en mamíferos. Orixe das células xerminais. 1 h
- TEMA 4.- GAMETOXÉNESE. Espermatoxénese. Ovoxénese. Viteloxénese e maduración do ovo. 2 h
- TEMA 5.- FECUNDACIÓN. Fases. Mecanismos implicados na fecundación. Significado biolóxico. Fecundación externa en ourizo de mar. Fecundación interna en mamíferos. PARTENOXÉNESE. Tipos e significado. 2 h
BLOQUE III: DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN e FORMACIÓN DO PLAN CORPORAL BÁSICO
- TEMA 6.- SEGMENTACIÓN. Patrón de segmentación e organización da blástula. Propiedades do embrión durante a segmentación: embrións reguladores e de desenvolvemento en mosaico. 2 h
- TEMA 7.- GASTRULACIÓN. Mapas de destino. Movementos morfoxenéticos durante a gastrulación. Gastrulación nos principais organismos modelo: ourizo de mar, Xenopus, peixe cebra, polo e rato. 2 h
- TEMA 8.- NEURULACIÓN EN VERTEBRADOS. Especificación da placa neural e dos seus derivados. Especificación e diferenciación dos derivados do mesoderma e do endoderma. 1 h
- TEMA 9.- ENVOLTAS EXTRAEMBRIONARIAS E PLACENTA. Formación do amnios e alantoides en amniotas. Adaptacións ó viviparismo. Implantación do blastocisto nos mamíferos e formación das envoltas extraembrionarias e da placenta.1 h
BLOQUE IV: FORMACIÓN DO PLAN CORPORAL BÁSICO
- TEMA 10.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL EN Drosophila. Especificación dos eixos corporais no embrión. Xenes do desenvolvemento implicados e súas interaccións: xenes maternos e embrionarios. Interaccións moleculares. Conservación do patrón xénico no desenvolvemento. 3 h
- TEMA 11.- DESENVOLVEMENTO DO PATRÓN CORPORAL BÁSICO EN VERTEBRADOS. Establecemento dos eixes corporais en anfibios. O Centro organizador de Nieuwkoop. O concepto de Organizador de Spemann-Mangold e a indución embrionaria. A regulación en peixes, aves e mamíferos: xenes implicados. Xeración da asimetría corporal. 2 h
BLOQUE V: ORGANOXÉNESE EN VERTEBRADOS
- TEMA 12.- DERIVADOS ECTODÉRMICOS. Sistema nervioso, órganos sensoriais e derivados cutáneos. 1,5 h
- TEMA 13.- DERIVADOS MESODÉRMICOS. Derivados do mesoderma paraxial: somitas. Derivados do mesodermo intermedio: aparato uroxenital. Derivados do mesodermo das láminas laterais: corazón e sistema circulatorio. 1,5 h
- TEMA 14.- DERIVADOS ENDODÉRMICOS. Tubos e órganos para a dixestión e respiración. 1 h
- TEMA 15.- DESENVOLVEMENTO DAS EXTREMIDADES EN TETRÁPODOS. 1 h
BLOQUE VI: DESENVOLVEMENTO POSTEMBRIONARIO
- TEMA 16.- METAMORFOSE. Modelos de crecemento. Formas larvarias e o seu significado. Control da metamorfose en insectos e en anfibios. 1 h
- TEMA 17.- REXENERACIÓN. Modelos experimentais de rexeneración. Rexeneración nerviosa. 1 h
BLOQUE VII: DESENVOLVEMENTO EN CONTEXTOS MÁIS AMPLOS
- TEMA 18.- DESENVOLVEMENTO E ENFERMIDADE. Anomalías conxénitas. Teratóxenos. Disruptores endócrinos. Cancro: terapias baseadas no desenvolvemento. 1 h
- TEMA 19.- DESENVOLVEMENTO E AMBIENTE. Defensas embrionarias para a supervivencia. Ambiente e plasticidade do desenvolvemento. 1 h
- TEMA 20.- DESENVOLVEMENTO E EVOLUCIÓN (EVO-DEVO). Estrutura do xenoma e desenvolvemento. Mecanismos de cambio evolutivo. Limitacións do desenvolvemento na evolución. Variación epixenética seleccionable. 1 h
Programa de Seminarios (12h)
Discusión dirixida e resolución de problemas e cuestións relacionadas cos contidos especificados no Programa de Teoría.
Seminario 1.- TODO O QUE XA SABÍAS SOBRE A GAMETOXÉNESE E NON ERAS QUEN DE RECOÑECER. 2 h
Seminario 2.- APLICACIÓNS DOS DESCUBRIMENTOS CLAVES SOBRE O PROCESO DE FECUNDACIÓN. 2 h
Seminario 3.- ANÁLISE DAS PROPIEDADES DOS EMBRIÓNS TEMPERÁNS. 2 h
Seminario 4.- COMO TESTAR HIPÓTESES. ESTRATEXIA “encóntrao, pérdeo, móveo”. 2 h
Seminario 5.- PATRÓN CORPORAL e ORGANOXÉNESE: CÉLULAS TRONCO, DIFERENCIACIÓN CELULAR E MORFOXÉNESE. 2 h
Seminario 6.- INTERPRETANDO A ORIXE DAS ANOMALÍAS CONXÉNITAS. 2 h
Titorías obrigatorias (1h)
Presentación da metodoloxía de traballo e do sistema de avaliación. Orientacións ás tarefas do alumnado (estudo, preparación dos seminarios, resolución de problemas, prácticas...).
Programa de prácticas (12h)
PRÁCTICA 1.- Estudo da gametoxénese en mamíferos: ooxénese e espermatoxénese (2h). Recoñecemento das características histolóxicas dun testículo de adulto e dun ovario de femia non xestante que contén folículos en distintos estados de desenvolvemento.
PRÁCTICA 2.- Estudo do desenvolvemento en ourizo de mar e en mexillón, como modelos de desenvolvemento en equinodermos e en moluscos con lóbulo polar (2h). Estudo de preparacións contendo ovos fecundados e sen fecundar, e embrións enteiros en etapas de segmentación e gastrulación.
PRÁCTICA 3.- Estudo da gametoxénese e desenvolvemento embrionario de Ascaris megalocephala (nematodo) (2h). Estudo das gónadas en preparacións contendo seccións de adultos femias e macho. Estudo de seccións do útero no que se atopan ovos en distintas etapas da fecundación e embrións en distintas etapas de desenvolvemento.
PRÁCTICA 4.- Estudo do desenvolvemento embrionario en anfibios (2h). Estudo de seccións de embrións en segmentación, gastrulación, neurulación e en etapa de botón caudal.
PRÁCTICA 5.- Estudo do desenvolvemento de polo (2h). Estudo das características externas de embrións temperáns en preparacións contendo embrións enteiros. Estudo dos derivados das tres capas xerminais en seccións saxitais e transversais de embrións en distintos estadios de desenvolvemento
PRÁCTICA 6.- Estudo da organoxénese e envoltas extraembrionarias no rato (2h). Estudo de preparacións histolóxicas con seccións a distintos niveis dun embrión de 14,5 dpc seccionado por un plano non convencional e a súa placenta.
A docencia expositiva e interactiva, incluída a titoría, será presencial.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Teoría
- Carlson BM. Embriología Humana y Biología del Desarrollo. Elsevier. 2019 RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Gilbert, S.F., Barresi. M.J.F. 2019. Developmental Biology, 12th ed., Sinauer. (A edición do 2000, 6ª ed., está dispoñible en aberto https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK9983/?term=)
- Müller, WA. Developmental biology New York, NY : Springer New York, 1997. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Webster S. Embriología - Lo esencial de un vistazo. Editorial Médica Panamericana, 2013. RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
-Wolpert L, Tickle C, Martínez Arias A. 2019. Principles of Development, 6th ed., Oxford UP. https://global.oup.com/uk/orc/xedition/wolpert5exe/
Prácticas
-Bellairs, R. and Osmond, M., 2014. The atlas of chick development. 3nd ed. Amsterdam: Elsevier.
- Mathews, W.W., 1986. Atlas of descriptive embryology, 4th ed. Englewoods Cliffs: Prentice Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Dye, FJ. Dictionary of Developmental Biology and Embryology. Wiley‐Blackwell. 2012, Second Edition RECURSO ELECTRÓNICO EN http://sfx.bugalicia.org/san/ebooksearch/
- Gilbert, S.F., Epel, D. 2009. Ecological developmental biology: integrating epigenetics, medicine, and evolution. Sunderland, Massachutsetts: Sinauer
- Gilbert, S.F., Epel, D. 2015. Ecological developmental biology: the environmental regulation of development, health, and evolution. Sunderland, Massachusetts, U.S.A.: Sinauer Associates, Inc. Publishers,
RECURSOS WEB
- Color Images of Histological Sections http://www1.udel.edu/biology/Wags/histopage/colorpage/colorpage.htm
- Society for Developmental Biology: https://www.sdbonline.org/organism_links
-Eurexpress Anatomy Atlas
http://iip.eurexpress.org/eAtlasViewer/php/eurexpressAnatomyAtlas.php
Dev Tutorials https://sophia.smith.edu/blog/barresilab/devidetorials/
-The latest movies from the journal Development
https://www.youtube.com/playlist?list=PLGebknWfAAYbGJkMP5jhWuZwDVk8OdWIn
- Coñecementos/contidos: Con01, Con03, Con04, Con06, Con08, Con09
- Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D10, H/D13, H/D14
- Competencias: Com01, Comp02, Comp03, Comp05
Utilizaranse:
- Clases maxistrais presenciais síncronas en aula (asistencia non obrigatoria, non avaliable). 30 h. Leccións sobre os temas recollidos no apartado Programa de Teoría, impartidas polas profesoras con apoio de medios audiovisuais. As actividades presenciais complementaranse con cuestionarios de autoavaliación relacionados co programa, que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual ao final de cada bloque temático. Estes cuestionarios de autoavaliación non terán peso na avaliación final pero serán unha valiosa ferramenta coa que o alumnado poderá comprobar o grao de comprensión dos contidos e reforzar os coñecementos adquiridos.
- Seminarios presenciais síncronos en aula (asistencia obrigatoria con control de asistencia mediante lista, non avaliable). 6 seminarios de 2h de duración cada un. Traballarase nos temas recollidos no apartado Programa de Seminarios a través das explicacións impartidas polas profesoras co apoio de medios audiovisuais e a participación do alumnado, que traballará en grupo en cada sesión sobre as tarefas propostas polas profesoras. As actividades dos seminarios complementaranse con exercicios ou cuestionarios de preguntas relacionadas que se facilitarán ao alumnado a través do Campus Virtual. Estes cuestionarios de autoavaliación non terán peso na avaliación final pero serán unha valiosa ferramenta coa que o alumnado poderá comprobar o grao de comprensión dos contidos e reforzar os coñecementos adquiridos.
- Prácticas de laboratorio presenciais síncronas no laboratorio (asistencia obrigatoria con control de asistencia mediante lista, non avaliable). 6 prácticas de laboratorio de 2 h de duración cada unha. As profesoras poñerán a disposición do alumnado medios audiovisuais relacionados cos contidos de cada práctica do Programa de Prácticas a través do Campus Virtual cuxos contidos deberán revisar antes e durante a súa realización. O alumnado fará observacións en microscopio óptico de preparacións de seccións histolóxicas de varios modelos animais nas que se identificarán e describirán distintas etapas de desenvolvemento embrionario. As actividades das prácticas complementarase con cuestionarios de preguntas relacionadas que se facilitarán a través do Campus Virtual. Estes cuestionarios de autoavaliación non terán peso na avaliación final pero serán unha valiosa ferramenta coa que o alumnado poderá comprobar o grao de comprensión dos contidos e reforzar os coñecementos adquiridos.
- Titorías presenciais síncronas en aula (asistencia non obrigatoria, non avaliable). 1 titoría de 1 h. Orientación e apoio para explicar as tarefas do alumnado (estudo, preparación dos seminarios, resolución de problemas, prácticas...).
- Titorías individuais: Utilizaranse para aclarar dúbidas, orientar ou proporcionar información ao alumnado.
- Avaliación dos coñecementos adquiridos nas clases maxistrais, nos seminarios e nas prácticas mediante unha proba final obrigatoria presencial para cada unha de ditas partes (teoría, seminarios e prácticas).
EXAME (5 h)
-Exame dos contidos de Teoría (3 h). Presencial. Consistirá en 6 bloques de preguntas entre as que haberá preguntas tipo test, construción de frases que relacionen entre si grupos de termos, descrición ou definicións de estrutura(s) ou de concepto(s), interpretación de imaxes e descrición dos procesos que ilustran, e deseño dun experimento ou interpretación de resultados experimentais.
-Exame dos contidos de Seminarios (1 h). Presencial. Consistirá en preguntas baseadas nos cuestionarios de seminarios.
-Exame dos contido prácticos (1 h). Presencial. Consistirá no recoñecemento de visu de imaxes das mostras estudiadas no laboratorio de prácticas e a identificación dos seus compoñentes, así como de preguntas baseadas nos cuestionarios de prácticas.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A cualificación final será a media ponderada entre o rendemento nas partes nas que se avalía o traballo persoal:
- proba final de contidos teóricos (60%),
- proba final de contidos prácticos de laboratorio (20%),
- proba final de contidos dos seminarios (20%).
Avaliación dos contidos do programa de teoría:
A proba final de contidos teóricos será obrigatoria e terá carácter complementario á avaliación continua para todo o alumnado. Terá carácter presencial en aula. Suporá o 60% da cualificación final (6 puntos). Superarase cunha puntuación de 2,7 sobre 6 puntos (4,5 sobre 10). Avaliaranse os contidos abordados nas clases maxistrais.
Avaliación dos seminarios:
Será mediante unha proba final obrigatoria de contidos de seminarios que terá carácter presencial en aula nunha data a fixar unha vez rematados os seminarios. Consistirá en preguntas baseadas nos cuestionarios de seminarios. A proba suporá o 20% da cualificación final (2 puntos max.). Superarase a avaliación dos contidos dos seminarios cunha puntuación de 0,9 puntos sobre 2.
Avaliación das prácticas de laboratorio:
Será mediante unha proba final obrigatoria de contidos prácticos que terá carácter presencial no aula nunha data a fixar unha vez rematadas as prácticas. Consistirá no recoñecemento de visu de imaxes das mostras estudiadas no laboratorio de prácticas e a identificación dos seus compoñentes, así como de preguntas baseadas nos cuestionarios de prácticas. A proba suporá o 20% da cualificación final (2 puntos max.). Superarase a avaliación dos contidos prácticos cunha puntuación de 0,9 puntos sobre 2.
Para superar a materia debe superarse a proba final de teoría (de 2,7 sobre 6 puntos), a avaliación da parte práctica (0,9 sobre 2) e a avaliación dos seminarios (0,9 sobre 2).
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que na primeira oportunidade non supere algunha das partes avaliables (teoría, prácticas ou seminarios), deberá presentarse na segunda oportunidade para realizar unha proba final presencial en aula da parte ou partes que non tivera superado, coas mesmas características que na primeira oportunidade. Cada parte suporá as mesmas porcentaxes sobre o total que na primeira oportunidade.
ALUMNADO REPETIDOR
Ao alumnado repetidor que non tivera superada a proba final no curso pasado, aplicaráselle a metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación da aprendizaxe indicados nos apartados anteriores para a parte de teoría.
O alumnado repetidor que tivera asistido ás prácticas pero que non tivera superado o exame no curso anterior, non terá obriga de asistir ás prácticas presenciais pero deberá realizar a correspondente proba final na data que se fixe para o alumnado nesta circunstancia.
O alumnado repetidor que tivera asistido aos seminarios pero que non tivera superado o exame no curso anterior, non terá obriga de asistir aos seminarios presenciais pero deberá realizar a correspondente proba final na data que se fixe para o alumnado nesta circunstancia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Avaliación de competencias
Os instrumentos de avaliación sinalados arriba serán utilizados para avaliar as competencias segundo o seguinte esquema:
- Na proba final dos contidos teóricos avalíanse as competencias: Con01, Con03, Con04, Con06, Con08, Con09, H/D01, H/D02, H/D03, H/D08, H/D09, H/D13, H/D14,Com01, Comp02, Comp03
- Na proba final dos contidos dos seminarios avalíanse as competencias: Con01, Con03, Con04, Con06, Con08, Con09, H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D10, H/D13, H/D14,Com01, Comp02, Comp03, Comp05
- Na proba final dos contidos de prácticas avalíanse as competencias: Con01, Con03, Con04, Con06, Con08, Con09, H/D01, H/D02, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, H/D10, H/D13, H/D14,Com01, Comp02, Comp03, Comp05
Horas presenciais: 58 horas
- Teoría: 30 horas
- Seminarios: 12 horas
- Prácticas de laboratorio: 12 horas
- Titoría: 1 hora
- Realización de exames: 5 horas
Horas de traballo persoal: 92 horas
- Estudo: 56 horas
- Preparación para realización dos cuestionarios de seminarios: 18 horas
- Preparación para realización dos cuestionarios de prácticas de laboratorio: 18 horas
- Asistencia e participación activa nas clases.
- Consulta da bibliografía recomendada nesta guía e nos enlaces de internet que serán proporcionados coas presentacións dos distintos temas, prácticas e seminarios.
- Facer uso frecuente das titorías voluntarias para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia utilizando ben o correo electrónico, a aula virtual ou de xeito presencial en despacho.
- Recoméndase seguir as indicacións das profesoras para o estudo diario da materia e a utilización das ferramentas de autoavaliación proporcionadas ao rematar cada bloque temático.
O Campus Virtual proporciona unha vía de comunicación directa e continua co alumnado para facilitar medios audiovisuais sobre os contidos de teoría, seminarios e prácticas, para a proposta e recollida de cuestionarios, resolución de dúbidas e difusión de calquera outra información que resulte de interese para o alumnado. Haberá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do alumnado. A comunicación tamén poderá realizarse a través de canles de comunicación directa como a aplicación MS-teams cando a situación o requira.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso) sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
Maria Isabel Rodriguez-Moldes Rey
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816950
- Correo electrónico
- isabel.rodriguez-moldes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Eva Maria Candal Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Aguirre Azorin
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Correo electrónico
- pablo.aguirre.azorin [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 03. Carl Linneo |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 03. Carl Linneo |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Galego | Aula virtual |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Galego | Aula virtual |
17:00-18:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Galego | Aula virtual |
18:00-19:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Galego | Aula virtual |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |